martes, 16 de febreiro de 2021

Venres de Entroido. Grazas familias.

Despois dos mandados do Meco, chegou o venres de Entroido. E, como non, seguindo a temática do noso proxecto "Inventos de conto" tivemos que inventarnos o noso propio disfrace.




Debido á situación sanitaria actual, este ano os disfraces os confeccionaron na casa coa axuda das familias. Cada alumn@ inventouse o seu. 

MOITAS GRAZAS FAMILIAS!

O venres, como non podemos mesturar as aulas, desfilamos polo patio unha aula de cada vez e o resto do alumnado o viron por webex na pantalla das súas aulas.




Tamén fixemos caretas, antifaces e outras manualidades, e limos poesías do libro "É tempo de Entroido".




Aquí vos deixamos algunhas fotos e un vídeo resumo no noso Entroido.











luns, 15 de febreiro de 2021

Chega o Entroido. Mandados do Meco dos inventos.

Os días 8, 9, 10 e 11 de febreiro seguimos os mandados do Meco elaborados polo voluntariado de 6º de primaria, e así de ben cumprimos con eles.



                                 


Luns: colar de flores








Martes: televisor no pé




Mércores: bombilla na cabeza












































Xoves: muíño na man

























































11 de febreiro Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. ODS da Axenda 2030. Voluntariado en acción.

O 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Esta data estableceuna a ONU para recoñecer o rol que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e na tecnoloxía, e así ter unha participación equitativa na ciencia e lograr a igualdade de xénero.

A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030.

O voluntariado da nosa Bibliocrocaio fixo varias actividades para traballar esta data: 

O alumnado de 6º de primaria presentounos algúns dos libros cos que poder traballar, investigar e ler nesta data e que están na nosa biblioteca.





Tamén investigaron e buscaron información escoitando audios de historias biográficas de mulleres científicas da páxina do CSIC.

Este é o enlace por se queredes saber máis.

Cuéntame cómo dedicarme a la ciencia




O voluntariado de 5º de primaria traballaron con estes dous libros e investigaron buscando información sobre mulleres científicas. Fixeron un mural con algunhas delas.










O resto das aulas tamén traballaron este día. 
O alumnado de 3º e 4º de primaria leron as biografías de Jane Goodall e de Marie Curie.



En infantil leron e falaron sobre o libro "Las chicas pueden con todo"


sábado, 13 de febreiro de 2021

Día da Ilustración

Aínda que despois do Día da Paz, estivemos xa iniciando a preparación do Entroido, queremos lembrar o Día da Ilustración que tamén celébrase o 30 de xaneiro. 

Esta data coincide co día do nacemento de Castelao. Unha data para recoñecer o valor dos ilustradores e ilustradoras, que enchen de vida as páxinas dos libros e contos cos seus debuxos e imaxes.

A Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, quere recoñecer o traballo dos ilustradores e ilustradoras ao longo de 13 anos de creación dos carteis anuais para as nosas bibliotecas escolares, e que cada ano temos nos nosos centros educativos.

Aquí vos deixamos un vídeo de Bea Lema, ilustradora e creadora do cartel deste curso, explicando como o fixo.




domingo, 31 de xaneiro de 2021

Día da Paz con inventos e mensaxes por Webex

O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e da non Violencia e, como coincide en sábado, o noso colexio celebrouno o venres.

Seguindo o proxecto deste curso "Inventos de conto" decoramos a entrada do colexio cun muíño de vento coa frase "Que o vento leve os nosos desexos de paz" coa colaboración do noso voluntariado de 5º e 6º de primaria.








Todo o alumnado do colexio fixo un catavento pequeno para que leve as nosas mensaxes de paz a todo o mundo.



En primaria fixeron, nunha ficha modelo, un traballo sobre algún invento que modificaron como elemento de paz, por exemplo este avión de 2º que lanza flores.




Debido á situación sanitaria celebramos o Día da Paz de forma virtual cunha reunión por Webex. Despois do recreo conectámonos todas as aulas e curso por curso lemos as nosas mensaxes e algunhas fichas cos inventos para a paz.


Aquí vos deixamos un vídeo resumo das actividades feitas.


xoves, 28 de xaneiro de 2021

Libros para o Día da Paz

Entre as novidades que mercamos para a Bibliocrocaio queremos destacar un libro encantador que se titula: 

El árbol de la amistad

Neste libro descubrirás que a amizade é como unha árbore máxica e preciosa que só crece se se rega con cariño e amabilidade hacia os outros.




Hoxe viron o conto alumnado de infantil e gustoulles moito, falando das cousas boas e malas que se fan.





Tamén para este día queremos destacar estes libros, algúns novidades e outros non tanto, pero igual de encantadores.








domingo, 24 de xaneiro de 2021

Máis novidades na Bibliocrocaio

Deixámosvos esta montaxe con novos libros adquiridos este mes. Historias, emocións, sentimentos, inventos, natureza, banda deseñada, libros en inglés...


50 inventos en Reportero Doc

A revista Reportero Doc deste mes ven acompañado deste mural que podedes aproveitar para seguir traballando o proxecto dos inventos. Podedes velo na porta da nosa Bibliocrocaio. 

50 inventos que cambiaron o mundo.



Tamén podedes experimentar partindo do invento do helicóptero, de cal é o secreto polo cal voa. Animádevos a bucear na revista para saber máis dos helicópteros.




martes, 12 de xaneiro de 2021

Día das usuarias e usuarios das bibliotecas

Onte día 11 de xaneiro conmemorouse o Día das usuarias e usuarios das bibliotecas, que son os que dan vida ás nosas bibliotecas.