sábado, 19 de xuño de 2021

Viví Escrivá, Premio Nacional de Ilustración 2021

O Premio ás mellores ilustracións infantís e xuvenís, Premio Nacional de Ilustración dende 2008, entrégase en España dende 1978.
A valenciana Victoria (Viví) Escrivá Palacios foi galardoada este xoves co Premio Nacional da Ilustración 2021, pola súa traxectoria de calidade gráfica, que comezou nos anos 70, e por adicar a súa enerxía e experiencia a loitar polos dereitos dos profesionais da ilustración, influíndo en xeracións de lectores.


Su libro Cuando Lía dibujó el mundo, fue seleccionado en el año 2000 como una de las 100 obras de literatura infantil españolas del siglo XX.


Imaxes dalgúns dos seus libros e ilustracións:







mércores, 9 de xuño de 2021

Encontro virtual co escritor Xavier Estévez

Esta semana o alumnado de 6º de primaria, tivo o encontro por webex co escritor Xavier Estévez, autor de  Os camiños do vento, libro que traballaron este curso e do cal fixeran Club de lectura.



Argumento: Lucas e Sara regresan á literatura cunha nova historia sobre a amizade e sobre todo aquilo que tece os nosos soños. Comezan o novo curso xuntos no instituto. O cambio a ESO non será doado, e menos cando un novo misterio peta nas súas portas. Unha pequena ladroa de peixe aparece no peirao onde adoitan ir pasear.




Xavier Estévez falou da creación do libro, dos seus persoaxes, é a segunda novela cos mesmos persoaxes, da migración, da amizade...




sábado, 5 de xuño de 2021

Inventos ecolóxicos

Ao longo deste curso traballamos, investigamos, buscamos información, elaboramos manualidades... en torno ao proxecto deste ano sobre os inventos.

Inventos de conto

Hoxe, Día Mundial do Medio Ambiente,  queremos deixar algúns exemplos de inventos feitos polo noso alumnado con materiais reciclados.







 

5 de xuño Día Mundial do Medio Ambiente

Hoxe día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.

O 5 de xuño de 1974, a Organización de Naciones Unidas (ONU) organizó a primeira gran conferencia de su historia sobre medio ambiente cunha loita ecoloxista. Tres anos máis tarde a ONU nomeou o día 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente. Esta data convertiuse nun símbolo ecoloxista. Cada ano celébrase baixo un lema diferente que reivindique problemas e solucións frente á emerxencia climática: desertización, deshielo, consumo sostible, economía verde... e un país é o anfitrión do evento. Este ano é Pakistán, que fixo un gran esforzo para reforestar e que planea plantar 10.000 millóns de árbores nos próximos cinco anos. 

O Día Mundial do Medio Ambiente 2021 céntrase na restauración dos ecosistemas baixo o lema "Xeración Restauración: reimaxina, recrea, restaura"

ONU Medioambiente publicou esta guía práctica onde explica como podemos contribuír para restaurar o planeta. Pinchade no manual.


O noso colexio contribúe ao longo do ano con medidas como: a nosa horta ecolóxica, temos Voz Natura, o coidado das árbores, algunhas das cales prantamos fai un par de anos, o reciclaxe de papel e plástico, elaboración de manualidades con material reciclado...









Relacionado co lema deste ano da restauración dos ecosistemas, o alumnado de 1º e 2º de primaria fixeron un estudo e recreación en plastilina de distintos ecosistemas.





Ao longo deste curso e como proposta do EDLG, fixemos un proxecto sobre as árbores do noso colexio e puxémoslle a cada árbore un código QR que enlaza coa investigación feita por cada aula da súa árbore.

Por último deixamos algúns exemplos de libros da nosa Bibliocrocaio sobre o coidado medio ambiente.





xoves, 3 de xuño de 2021

Contacontos Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo

Este luns infantil, 1º e 2º de primaria recibiron a visita de Mar, contacontos da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo. 

Como este ano pola situación sanitaria non puidemos ir á biblioteca municipal fixeron eles a visita ao noso colexio.

Mar, partindo do libro Villanos, narrounos contos todos eles baseados nos persoaxes máis famosos dos contos, como a bruxa, o ogro, o lobo...



Estes son algúns dos que nos narrou:

¡Si no comí nada!
Guapa
Nombre de ogro
¡Qué llega el lobo!
Os tres porquiños







Moitas grazas Mar, encantáronnos os teus contos!

sábado, 29 de maio de 2021

Encontro virtual coa escritora Antía Yáñez

Este xoves o alumnado de 5º de primaria tivo unha charla virtual coa escritora Antía Yáñez, autora de Plan de rescate, libro que Papá Noel lles regalara por Nadal, e que estiveron traballando estes meses. Fixeron traballos de investigación sobre a súa biografía e sobre os persoaxes.

Antía Yáñez naceu en Burela, obtivo o III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade por Plan de rescate no 2019.





Argumento: Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que via comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Como di Noela: prepárate par vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, traballo en equipo e mesmo algo de amor.




Os alumnos e alumnas de 5º de primaria fixéronlle distintas preguntas. Ela comentou que sempre quiso escribir unha historia de aventuras onde os protagonistas foran persoaxes con necesidades especiais pero que non tratese en sí delas. 




Tamén dixo que para escribir hai que ler moito e revisar e revisar os escritos.


Moitas grazas Antía por compartir o teu tempo con nós!

sábado, 15 de maio de 2021

Cómics elaborados con poemas de Xela Arias

Como comentamos nunha entrada anterior, dende o EDLG propúxose unha serie de actividades partindo do libro Darío a diario de Xela Arias.

Unha delas foi a elaboración de cómics, partindo dunha aplicación, feitos con fotos do alumnado das distintas titorías. Completouse con versos en cada viñeta correspondentes a un poema elexido para cada titoría de dito libro. O resultado foi moi orixinal e motivador.

Ademais fíxéronse gravacións de audio de ditos poemas recitados polo alumnado.

Aquí tedes os resultados.





3 anos



4-5 anos




1º-2º primaria



3º-4º primaria



5º primaria



6º primaria