sábado, 29 de maio de 2021

Encontro virtual coa escritora Antía Yáñez

Este xoves o alumnado de 5º de primaria tivo unha charla virtual coa escritora Antía Yáñez, autora de Plan de rescate, libro que Papá Noel lles regalara por Nadal, e que estiveron traballando estes meses. Fixeron traballos de investigación sobre a súa biografía e sobre os persoaxes.

Antía Yáñez naceu en Burela, obtivo o III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade por Plan de rescate no 2019.





Argumento: Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que via comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Como di Noela: prepárate par vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, traballo en equipo e mesmo algo de amor.




Os alumnos e alumnas de 5º de primaria fixéronlle distintas preguntas. Ela comentou que sempre quiso escribir unha historia de aventuras onde os protagonistas foran persoaxes con necesidades especiais pero que non tratese en sí delas. 




Tamén dixo que para escribir hai que ler moito e revisar e revisar os escritos.


Moitas grazas Antía por compartir o teu tempo con nós!

sábado, 15 de maio de 2021

Cómics elaborados con poemas de Xela Arias

Como comentamos nunha entrada anterior, dende o EDLG propúxose unha serie de actividades partindo do libro Darío a diario de Xela Arias.

Unha delas foi a elaboración de cómics, partindo dunha aplicación, feitos con fotos do alumnado das distintas titorías. Completouse con versos en cada viñeta correspondentes a un poema elexido para cada titoría de dito libro. O resultado foi moi orixinal e motivador.

Ademais fíxéronse gravacións de audio de ditos poemas recitados polo alumnado.

Aquí tedes os resultados.





3 anos



4-5 anos




1º-2º primaria



3º-4º primaria



5º primaria



6º primaria


A aula hospitalaria do Álvaro Cunqueiro comparte un conto co noso colexio

Esta semana a aula hospitalaria do Álvaro Cunqueiro, co que compartimos contos elaborados polo voluntariado de biblioteca de 5º e 6º de primaria, quiso tamén compartir con todo o noso alumnado este kamishibai narrado pola encantadora Lola. 

"Feliz feroz, o lobiño riquiño"

Moitas grazas a Lola e todo o equipo docente!!

Aquí tedes o enlace ao blog da aula hospitalaria e á entrada desta actividade.

https://aulahospitalariavigo.blogspot.com/

https://aulahospitalariavigo.blogspot.com/2021/05/kamishibai-na-casa.html


xoves, 13 de maio de 2021

Semana das Letras Galegas. Xela Arias.

O 17 de maio deste ano, Día das Letras Galegas, dedícase á escritora, poeta e tradutora Xela Arias



Xela Arias naceu o 4 de marzo de 1962 en Sarria, Lugo. Alí pasou os primeiros anos da súa vida, onde seu pai era mestre de primaria. Despois viviu en Vigo, onde destinaron ao seu pai. 

Cando tiña once anos gañou o VI concurso de contos infantís O Facho da Coruña, co conto A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia




Foi escritora, poeta, tradutora e profesora en varios institutos galegos. Cando naceu o seu fillo adicoulle o libro Darío a diario, libro de poemas sobre o que estamos a facer actividades para o Día das Letras Galegas, propostas dende o Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG).





Tamén estamos a traballar con este encantador libro:



"A súa primeira achega á narrativa; un texto que é unha narrativa emocional dunha infancia que se proxecta vizosa, cara aos nosos días. Unha descuberta dunha sensibilidade magnífica. Xunto ao traballo dunha grande ilustradora como é Luz Beloso".
Outros libros de poesía destacados de Xela Arias son Tigres como cabalos, Denuncia do equilibrio, Intempériome.
Xela tamén traballou en edicións Xerais de Galicia.

Xela Arias traduciu ao galego moitos libros como As bruxas de Roald Dahl, Contos ao teléfono de Rodari e moitos outros.
Faleceu en Vigo o 1º de novembro de 2003, aos 41 anos.

Tedes máis información sobre Xela Arias nestes enlaces:

6º de primaria incubando ovos.

Que mellor invento que unha incubadora para dar vida a uns pitiños. Grazas ao colexio pola compra dunha incubadora e un ovoscopio, o alumnado de 6º de primaria observou, investigou, emocionouse e desfrutou durante dezaoito días coa incubadora, tres días coa nacedora e cinco coa criadora. Todos estes inventos xunto co ovoscopio fixeron posible o nacemento de catro pitiños que encheron de ledicia a todo o colexio.

Pinga, Dobi, Neve e Ce, pitiños de raza piñeira naceron os pasados 6 e 7 de maio, logo de 21 días de incubación. Onte, 12 de maio, despedímolos xa que marchan á granxa de Mondariz onde viven as súas nais e pais.

Todo foi posible grazas ao traballo feito polo alumnado de 6º de primaria e á inestimable axuda da súa titora Ana e a mestra Ángeles F. titora de 3 anos , que vixiaron nas horas non lectivas que humidade e temperatura foran as correctas, incluídas nas fins de semana, así como a colaboración do persoal de limpeza.







100 anos da morte de Emilia Pardo Bazán

Este mércores cumplíronse 100 anos da morte da novelista, dramaturga e poeta coruñesa Emilia Pardo Bazán, nacida o 16 de setembro de 1851 e que faleceu o 12 de maio de 1921. Pasou a súa infancia entre bibliotecas. Foi unha precursora nas súas ideas sobre os dereitos das mulleres e o feminismo.

Na Bibliocrocaio podedes ler este libro sobre a escritora.


Resumo
"Emilia Pardo Bazán nace cun don: a curiosidade, o afán de saber. É filla única e os seus amigos van ser os libros. Le todo o que encontra, incluso os papeis de envolver as pedras de azucre..."
María Xosé Queizán, autora do libro, convídanos a percorrer a época en que viviu Pardo Bazán, gran narradora e pensadora galega,  e achéganos a súa vida e obra dunha maneira sinxela e entretida. 

venres, 30 de abril de 2021

Vídeos das lecturas do Quixote no Día do Libro.

Estas son as lecturas do Quixote feitas polo alumnado de primaria no Día do Libro. 

A lectura corresponde aos catro primeiros capítulos dunha versión adaptada de "Don Quijote de la Mancha" de Miguel de Cervantes da editorial Anaya.


Capítulo 1. Don Quijote sale en busca de aventuras y es armado caballero

Lectura do alumnado de  1º e 2º de primaria



Capítulo 2. El caballero vuelve a casa y queman sus libros.
Lectura da titora e alumnado de 3º e 4º de primaria



Capítulo 3. Primeras aventuras de Don Quijote y su escudero.
Lectura de 5º de primaria



Capítulo 4. Amo y criado buscando dónde descansar.
Lectura de 6º de primaria

luns, 26 de abril de 2021

Actividades polo Día do Libro

Debido a situación sanitaria este ano non fixemos apadriñamento lector no patio como en anos anteriores, para non mezclar aulas. Pero celebramos esta data con outras actividades:

Visionado nas aulas dos Book Tubers da entrada anterior, levamos o tríptico da guía lectora polo Día do Libro para as nosas casas, o alumnado de primaria por aulas fixo lectura de varios capítulos dunha adaptación de "Don Quijote de la Mancha" na entrada do colexio (subiremos os vídeos dentro duns días) e infantil viu o episodio dos muiños e colorearon debuxos.






Primaria leu os catro primeiros capítulos desta adaptación do Quixote.

1º e 2º de primaria



3º e 4º de primaria


5º de primaria



6º de primaria


Infantil viu o capítulo dos muíños en debuxos animados e colorearon debuxos.






venres, 23 de abril de 2021

23 de abril Día do Libro. Book Tubers, guía de lectura e outras novidades.

Hoxe celebraremos o Día do Libro lendo O Quixote de Miguel de Cervantes, que como sabedes faleceu neste día do ano 1616. Na próxima entrada falaremos desta actividade que levaremos a cabo diante do muíño de vento que temos na entrada do colexio, como parte do proxecto dos inventos.

Mentres deixamos estes BookTubers elaborados esta semana polo noso alumnado cos libros que lles gustaron para que vos animedes na súa lectura.



Tamén hoxe levaremos o tríptico da guía lectora polo Día do Libro.



E estas son as últimas adquisicións feitas para a Bibliocrocio.


xoves, 22 de abril de 2021

22 de abril. Día da Terra.

O primeiro Día da Terra tivo lugar en 1970, cando 20 millóns de persoas de Estados Unidos saíron á rúa a protestar pola crisis ambiental. Dende ese momento se conmemora todos os anos o Día da Terra.

Este ano céntrase na importancia da diversidade biolóxica para protexer a saúde do noso planeta. Un millón de especies están en perigo de extinción, debido á actividade humana. 

Deixamos esta imaxe de Greenpeace para que fagamos de todos os días un Día da Terra e protexamos o noso planeta.


Na nosa Bibliocrocaio tedes libros relacionados con este tema. Aquí tedes algúns deles que vos poden servir para aprender a coidar o noso planeta.