sábado, 3 de abril de 2021

Club de lectura de 5º de primaria

No club de lectura de 5º de primaria leron e falaron do libro "Plan de rescate" de Antía Yáñez, libro que traballaron neste trimestre.

Unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, compañeirismo, traballo en equipo e mesmo algo de amor.








Contos do voluntariado da Bibliocrocaio polo Día do Libro Infantil

O voluntariado segue a traballar preparando contos de maneira virtual que compartimos co resto do alumnado do colexio e tamén coa aula hospitalaria do Álvaro Cunqueiro. Aquí tedes tres preciosos contos que prepararon e escenificaron para o Día do Libro Infantil e que vos van encantar.

Grazas a tod@s!!


CINCO MINUTOS DE PAZ

por Leire, Luana, Lucía, Rosalía e Samira



O COELLIÑO BRANCO
por Luana, Lucía, Samira, Samuel e Xián



A CASA DA MOSCA CHOSCA
por Anthony, Brais, Cesc, Evelyn, Ezequiel, Izan, Noelia, Samira e Xián

venres, 2 de abril de 2021

2 de abril. Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Dende o ano 1967 celébrase o 2 de abril o Día Internacional do Libro Infantil, que coincide co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, para inspirar o amor pola lectura e os libros infantís.

Cada ano, unha sección nacional do IBBY é a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor ou escritora representativo e un recoñecido ilustrador ou ilustradora do seu país para que elaboren a mensaxe a todos os nenos e nenas do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo. 

IBBY Estados Unidos é o patrocinador deste ano, que difunde a mensaxe da escritora de orixe cubana Margarita Engle co título "A música das palabras", e o ilustrador e escritor brasileiro Roger Mello.

Esta é a tradución da mensaxe en castelán publicada na web de IBBY e o cartel.

La música de las palabras

Cuando leemos, a nuestra mente le crecen alas.
Cuando escribimos, nuestros dedos cantan.

Las palabras son tambores y flautas en la página,
pájaros cantores que alzan el vuelo y elefantes
que trompetean,
ríos que fluyen, cascadas que caen,
mariposas que revolotean
¡en lo alto del cielo!

Las palabras nos invitan a bailar:
ritmos, rimas, latidos del corazón,
ruido de cascos y aleteos,
fábulas antiguas y nuevas,
ficticias y reales.

No importa si estás cómodamente en casa
o cruzando la frontera hacia un nuevo país
y un idioma desconocido, los cuentos y poemas
son tuyos.

Cuando compartimos las palabras, nuestras voces
se transforman en la música del futuro,
en paz, alegría y amistad,
una melodía de esperanza.





As seccións que forman a OEPLI (Organización española para el libro infantil) entre as que GÁLIX representa ao ámbito lingüístico galego, decidiron realizar un vídeo conxunto coa participación de persoas de diferentes idades e sectores.


Lembrade que na nosa Bibliocrocaio tedes libros para recordar de Hans Christian Andersen, como os clásicos "Pulgarcita", "El traje nuevo del Emperador", "Cuentos de Andersen", "La sirenita", "El soldadito de plomo", " El patito feo!...
E tamén versións en galego de varios libros como estes.





FELIZ DÍA DO LIBRO INFANTIL!


Recitamos no Día da Poesía

Estes son algúns dos recitados feitos polo noso alumnado no Día Mundial da Poesía.

O alumnado de 5º de primaria recitou varios poemas dos libros que mencionamos na entrada anterior e outros da nosa Bibliocrocaio.


Nenos e nenas de 4 e 5 anos recitando o poema "O meu dron" do libro "Poemas birollos para ler cos ollos" de Fran Alonso.


3º e 4º de primaria lendo o apartado Cousas do libro "Os soños na gaiola" de Manuel María.


domingo, 21 de marzo de 2021

21 de marzo, Día Mundial da Poesía

Hoxe conmemórase o Día Mundial da Poesía e na nosa Bibliocrocaio tedes algúns libros de poemas para traballar nestes días.

Animádevos a ler poemas, crealos e compartilos...



Queremos destacar outros libros de poesía, esta vez cun apartado relacionado co noso proxecto Inventos de conto.

"Os soños na gaiola" de Manuel María onde podemos atopar o poema "As cousas" alí falan as campás, o barco, o chifre, o muíño, o fouce, o foguete, o carro, o tractor, o arado...




"Recendos de aire sonoro" de Antonio García Teijeiro, con poemas sobre os instrumentos musicais.



"Poemas birollos para ler cos ollos" de Fran Alonso, cun poema dun dron.




Contos voluntariado

Estes son outros dos contos do voluntariado para infantil e cursos baixos de primaria. Aínda que contos encantadores para todo o mundo, xa que traballan a inclusividade e respecto hacia os demais, coas súas dificultades e peculiaridades.

Moitas grazas!!

EL CAZO DE LORENZO 

por Kevin e Lucas 


ORELLAS DE BOLBORETA

por Adriana e Fanny

Club de lectura 6º de primaria

No club de lectura de 6º de primaria, fixeron lectura e posterior discusión sobre o libro "Os camiños do vento" de Xavier Estévez. Libro que regalou no Nadal a ANPA ao alumnado de 6º de primaria e que se traballou estes meses.

Unha historia sobre a amizade e sobre todo aquilo que tece os nosos soños.