sábado, 13 de febreiro de 2021

Día da Ilustración

Aínda que despois do Día da Paz, estivemos xa iniciando a preparación do Entroido, queremos lembrar o Día da Ilustración que tamén celébrase o 30 de xaneiro. 

Esta data coincide co día do nacemento de Castelao. Unha data para recoñecer o valor dos ilustradores e ilustradoras, que enchen de vida as páxinas dos libros e contos cos seus debuxos e imaxes.

A Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, quere recoñecer o traballo dos ilustradores e ilustradoras ao longo de 13 anos de creación dos carteis anuais para as nosas bibliotecas escolares, e que cada ano temos nos nosos centros educativos.

Aquí vos deixamos un vídeo de Bea Lema, ilustradora e creadora do cartel deste curso, explicando como o fixo.




domingo, 31 de xaneiro de 2021

Día da Paz con inventos e mensaxes por Webex

O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e da non Violencia e, como coincide en sábado, o noso colexio celebrouno o venres.

Seguindo o proxecto deste curso "Inventos de conto" decoramos a entrada do colexio cun muíño de vento coa frase "Que o vento leve os nosos desexos de paz" coa colaboración do noso voluntariado de 5º e 6º de primaria.








Todo o alumnado do colexio fixo un catavento pequeno para que leve as nosas mensaxes de paz a todo o mundo.



En primaria fixeron, nunha ficha modelo, un traballo sobre algún invento que modificaron como elemento de paz, por exemplo este avión de 2º que lanza flores.




Debido á situación sanitaria celebramos o Día da Paz de forma virtual cunha reunión por Webex. Despois do recreo conectámonos todas as aulas e curso por curso lemos as nosas mensaxes e algunhas fichas cos inventos para a paz.


Aquí vos deixamos un vídeo resumo das actividades feitas.


xoves, 28 de xaneiro de 2021

Libros para o Día da Paz

Entre as novidades que mercamos para a Bibliocrocaio queremos destacar un libro encantador que se titula: 

El árbol de la amistad

Neste libro descubrirás que a amizade é como unha árbore máxica e preciosa que só crece se se rega con cariño e amabilidade hacia os outros.




Hoxe viron o conto alumnado de infantil e gustoulles moito, falando das cousas boas e malas que se fan.





Tamén para este día queremos destacar estes libros, algúns novidades e outros non tanto, pero igual de encantadores.








domingo, 24 de xaneiro de 2021

Máis novidades na Bibliocrocaio

Deixámosvos esta montaxe con novos libros adquiridos este mes. Historias, emocións, sentimentos, inventos, natureza, banda deseñada, libros en inglés...


50 inventos en Reportero Doc

A revista Reportero Doc deste mes ven acompañado deste mural que podedes aproveitar para seguir traballando o proxecto dos inventos. Podedes velo na porta da nosa Bibliocrocaio. 

50 inventos que cambiaron o mundo.



Tamén podedes experimentar partindo do invento do helicóptero, de cal é o secreto polo cal voa. Animádevos a bucear na revista para saber máis dos helicópteros.




martes, 12 de xaneiro de 2021

Día das usuarias e usuarios das bibliotecas

Onte día 11 de xaneiro conmemorouse o Día das usuarias e usuarios das bibliotecas, que son os que dan vida ás nosas bibliotecas.




sábado, 26 de decembro de 2020

Nadal 2020 e regalo de libros de Papá Noel

Este Nadal foi un tanto especial debido a que non puidemos celebrar o festival como noutros anos. Pero a colaboración das familias foi a mesma de sempre e así nolo demostraron. Aquí tedes un vídeo coas folerpas que decoraron na proposta deste ano, suxeitas por un invento tan simple como é unha pinza, e a decoración que fixemos no colexio.

Por outro lado darlle as grazas a Papá Noel que, a través da ANPA, regalou a cada nena e neno un libro que aproveitaremos para ler e traballar no segundo trimestre e, se é posible, procuraremos a visita do autor ou autora para que nos fale del, presencial ou virtualmente.

Abaixo vos deixamos os títulos dos libros que nos regalou Papá Noel.

Moitas grazas ás familias e a Papá Noel!

FELICES FESTAS











Libros que regalou Papá Noel:

- Para educación infantil


- Para 1º e 2º de educación primaria


- Para 3º e 4º de educación primaria


- Para 5º de primaria


- Para 6º de primaria





Guía de lectura Nadal

 Estas son as recomendacións lectoras para este Nadal.




domingo, 13 de decembro de 2020

Novidades libros novembro na Bibliocrocaio

 

Quen inventou a escola?

Como sabedes a Bibliocrocaio está adscrita a varias revistas: Reportero Doc, Caracola e O Papagaio.  Seguindo co noso proxecto Inventos de conto, queremos achegarvos o último número da revista Caracola onde fala de: 

Quen inventou a escola?

Se queredes investigar ou saber sobre o tema non tedes máis que ir a solicitala á biblioteca.










xoves, 10 de decembro de 2020

10 de decembro Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Hoxe día 10 de decembro celébrase o Día Universal dos Dereitos Humanos.

Aquí tedes esta edición ilustrada por Yacine Ait Kaci (YAK). Pinchade no debuxo e utilizade os botóns para ver as páxinas da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.



O ano pasado o cantante estadounidense Lenny Kravitz dirixiu o seu primeiro videoclip da canción Here to love, que loita contra o racismo e a xenofobia, reafirmando o principio universal que establece que "todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos"



Versión subtitulada:


Alumnado de 5º de primaria traballando os dereitos humanos.




Queremos deixarvos aquí uns libros da Bibliocrocaio que falan de respecto, amizade, dereitos, igualdade...










martes, 8 de decembro de 2020

Proposta Nadal familias

Comezamos o mes do Nadal e como todos os anos pedimos a vosa colaboración para facer en familia unha manualidade navideña, este ano relacionada cos inventos. O venres o alumnado levou para as súas casas a explicación do que podedes facer. 

Como recordatorio deixámola aquí tamén.