domingo, 9 de febreiro de 2020

O escritor e debuxante ANXO FARIÑA na BIBLIO CROCAIO



Sexto libro da saga Megatoxos no que o escritor fai vivir ao lector unha aventura na Ría de Vigo, mergullándose na súa historia e na súa lenda:
 O 23 de outubro de 1702 librouse nas augas da ría de Vigo unha formidable batalla marítima. A Frota da Prata, composta por españois e franceses, tratou de defender de ingleses e holandeses, os seus galeóns, abarrotados de ouro, prata, xoias. . . Os Megatoxos descubrirán nesta aventura que existiu un galeón -o " Indomable " - que non figuraba nos rexistros, e que este portaba unha arma capaz de cambiar o curso da historia. No fragor da loita comprobarán o poder do amor, un sentimento polo que paga a pena o sacrificio. Un tesouro, un deus da creación e da destrución, unha batalla naval, moitos canóns e unha proposta: mudar o pasado para alterar o presente?
Escritor e ilustrador, a súa obra contén fermosas ilustracións que el mesmo crea, xa que antes que escritor  Anxo Fariña é debuxante e ilustrador


Outros libros que vos gustarán son os da saga Megatoxos e ademais:




Moitas grazas Anxo pola túa fermosa dedicatoria no libro de firmas da Biblio e pola túa amena charla!

mércores, 5 de febreiro de 2020

Visita do poeta Antonio García Teijeiro

Hoxe a Biblio Crocaio recibiu a visita do poeta do mar: ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, premio nacional de poesia infantil e xuvenil polo seu libro de poemas Poemar o mar, publicado por Xerais.

 Toda a primaria lemos e traballamos os poemas dos seus libros Poemar o mar, Vento ventiño venteiro e Bicos e non balas.
Memorizamos, ilustramos  e recitamos algúns deles e gustounos moito escoitar da súa propia voz algún poema que xa coñeciamos.A súa charla animounos a ler e a mostrar os nosos sentimentos escribindo, esforzámonos por buscar a palabra máis fermosa  e por último asinou os libros cunha dedicatoria especial a cada alumno e alumna.
 Moitas grazas Antonio. As túas palabras resoarán no noso alumnado durante moito tempo...






O Día da da paz en imaxes

Mensaxes nunha botella que nos gustaría que  chegasen  a moitos puntos do mundo nos que se precise un pouco de PAZ


Intervencións por cursos lendo poemas,  mensaxes de paz e unha pequena historia do Día da PAZ, lembrando as víctimas do Holocausto nazi e ao lider pacifista GANDHI



Murais e traballos de aula


  
                                       
                                   Agasallos para intercambiar cos centros de Candeán e Carballal
Exposición de libros relacionados:

e a canción "O veleiro verde"  de María Fumaça que foi a nosa sintonía durante ese fermoso día
Letra e música: Uxía
Tema dedicado ao Rainwow Warrior e a Greta

A terra treme, 
medran os mares,
falan os ventos,
todos son sinais.

A terra seca,
xa o dixo Greta*,
arde o planeta
e haino que salvar.

Mais hai un veleiro verde 
co arco da vella a ondear.
Hai un veleiro verde
en marcha polo clima sen parar.

E os paxaros 
caen do ceo,
medra o desxeo,
a deforestación.

Peixes, baleas
intoxicadas
de lixo e plástico
que van para o mar.

Mais hai un veleiro verde
que pregoa un novo mencer, 
hai un veleiro verde
para mudar o mundo e renacer.

Esta é unha alerta, 
unha carta aberta
que nos di
que temos a solución.

Fóra a cobiza da Amazonia,
o fume negro que asfixia o ar.

Mais só temos unha terra
e a esperanza verde a navegar.
Guerreiras do arco da vella,
viremos o rumbo agora xa.

E só temos unha terra
e a esperanza verde a navegar.
Guerreiras do arco da vella,
viremos o rumbo agora xa.

*Greta Thunberg, nena sueca con autismo que se fixo popular por promover folgas escolares en defensa do medio ambiente e que é símbolo do movemento pola xustiza climática.

martes, 28 de xaneiro de 2020

Preparando o día da Paz

E agardando a visita do noso querido poeta vigués Antonio García Teijeiro, preparamos mensaxes de PAZ para enviar aos centros escolares da zona : Candeán e Carballal, cos que todos os anos compartimos experiencias e  cos que hai xa uns anos nos xuntabámos para celebrar este día.





Resultado de imagen de bicos e non balaas
A estrela das nosas botellas representa a estrela que todos os xudeus do holocausto alemán levaban cosida na súa roupa para identificalos , aparece no libro que relata a historia dunha nena que viviu esta guerra na que morreron máis de millón e medio de persoas.



mércores, 22 de xaneiro de 2020

Máis contos de peixes




Lonxe, en mar aberto, vivía un peixe.
Pero non era un peixe calquera. 
Era o peixe máis bonito de todo o océano. O seu vestido de escamas brillaba
con todas as cores do arco da vella. Os demais peixes admiraban o seu relucente vestido de escamas multicolor…
O escintileo das súas escamas iluminaba a auga ao seu paso
e chamaba a atención dos demais peixes, que o admiraban
e chamaban por el para xogaren xuntos, pero o peixe Arcodavella ignorábaos. Mais todo cambiou cando, con moito desaire,
lle negou unha das súas escamas brillantes a un peixiño azul; dende entón, todos lle deron as costas e o peixe Arcodavella quedou só e triste.
ZAIDA e MARA de terceiro cpntaron:
El pez Arco Iris en Infantil. Busca neste enlace ao Blog dos peques a montaxe do seu conto:


http://ospequesdesampaio.blogspot.com/2020/01/cada-semanaun-conto_20.html

sábado, 18 de xaneiro de 2020

Voluntariado lector: comparte contos con Infantil


O casco de Franklin: Zaira, Pablo e Kevin contárono en Infantil de catro e cinco anos

O monstro de Ricardo: Daniela e Samuel contárono ao alumnado de tres anos.

  O máis terrorificamente divertido que lle pode pasar a Ricardo ao ir durmir é que apareza un monstro debaixo da súa cama... E que lle faga cóxegas nos pés ata que non poida parar de rir! 
                                       

 O alumnado voluntario de 5º e 6º  traballa a diario para que a biblioteca estea ordenada, coloca, forra, clasifica e fai préstamos si se dá o caso, aquí tedes o seu traballo de colocación dos libros despois da reforma.

Carmen, redeira do porto de A Guardia, mostrounos a arte do seu traballo

Carmen, a avoa de Julia, alumna de primeiro curso, redeira xubilada , que traballou desde os doce anos reparando as redes do seu home mariñeiro do porto de A Guardia, mostrounos como era o seu traballo diario, traballaba todo o día cosendo as redes, os seus fillos cociñaban e arranxaban a casa porque as mulleres tiñan que ter as redes preparadas para cando as precisasen.


Hai redes de río, para róbalos, salmóns, lampreas, e redes de mar, con pesados plomos para chegar ao fondo, para sardiña, pescada e outros peixes da nos ría.
Tróuxonos mostras de agullas de madeira , máis antigas , e de plástico e cores, as actuais e reparounos a rede da portería moi amablemente. Foi unha visita inesquecible.

Acompañárona os papás de Julia,o seu fillo Lucas e a súa nora.
Lucas fíxo dous obradoiros de nudos mariñeiros, un para os maiores e outro para os cursos baixos.
 Moitas grazas familia por mostrarnos toda a sabiduría dunha profesión tan dura como fermosa.

venres, 10 de xaneiro de 2020

Mirade que veleiro máis creativo!  É o veleiro verde de María Fumaça.
Escoita aquí as cancións do seu novo traballo:
https://www.youtube.com/playlist?list=OLAK5uy_l3qxnbft4hC0ifPrvgaCXT3ryYoraGkOk

O día 3 de xaneiro presentou no Auditorio mar de Vigo o novo espectáculo de María Fumaça :
                                              O veleiro verde
Unha nova viaxe por mar coas bodegas ateigadas de amizade, agarimo e cancións para compartir de xeito inclusivo. Unha mirada ao mundo da música integradora, variada e intercultural.

Podes embarcarte nesa viaxe  e levalo en préstamo pois xa o temos na BIBLIOCROCAIO.