martes, 5 de novembro de 2019

Aprendemos sobre Darwin





O próximo día 7, o alumnado de 3º a 6º visitaremos o Museo do Mar, alí faremos o Itinerario Darwin acompañados polos monitores e monitoras que nos explicaránas claves mariñas da orixe da vida no planeta. Esta investigación levouna a cabo o científico DARWIN, por eso hoxe imos aprender algo sobre el. 

Tamén visitaremos o acuario e faremos un obradoiro de plástica no que elaboraremos unha réplica de fósil mariño.

 


xoves, 31 de outubro de 2019

SAMAÍN 2019



EXPOSICIÓN DE CABAZAS:
LECTURAS DE MEDO:

 

                                       REPOSTERÍA FEITA POLAS FAMILIAS:
                                                               DISFRACES:
                                                    MERENDA COMPARTIDA:
                                                              XOGOS:
E POLA TARDE COA  AMPA MOITO MÁIS!

xoves, 24 de outubro de 2019

24 de Outubro, Día das BIBLIOTECAS ESCOLARES

No día das bibliotecas
Decía  o pedagogo italiano Francesco Tonucci:
"Un neno debería comezar a ler porque desexa ler, porque viviu a experiencia fascinante da escoita da lectura de libros que un adulto lle agasallou días e días"
A Bibliocrocaio está en obras e comezará a funcionar proximamente pero hoxe lembramos este día inaugurando os barcos que forman o mural do corredor para lembrarnos que o traballo do noso proxecto anual é o mar,tilulámolo:
                 "Mergúllate nun mar de contos"
Investigaremos sobre o noso mar, os peixes, os oficios, os barcos, a contaminación...e moito máis!
Aquí tedes aos máis pequenos facendo a botadura do barco que leva o nome do noso cole:







Libros para os máis pequenos:




Lámina para descargar e colorear:


luns, 21 de outubro de 2019

NAIS CONTADORAS

COMPARTIMOS DO BLOG DOS PEQUES A PRIMEIRA NAI CONTADORA QUE SE ANIMOU CON DOUS CONTOS DE MEDO:


Moitas grazas Cristina!
Agardamos máis mamis  ou papis, ou....que se animen!




luns, 7 de outubro de 2019

Biblioteca escolar: VIVEIRO DE CIDADANÍA

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, dá a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía". Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar. 
"Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas. 
A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta. "