mércores, 12 de xuño de 2019

Excursión ao Parque Natural da Barosa en Barro .Pontevedra

Fomos os mellores compañeiros, axudamos, fomos ordenados e tranquilos, compartimos unha xornada excepcional en plena natureza, recibimos unha explicación sobre os muiños, sobre os grans e as fariñas que moían os muiños do río Barosa e fixemos pan cun experto panadeiro e comunicador que soubo introducirnos con moita arte no mundo do pan con explicacións detalladas de xeitos e maneiras de facer , de antes e de agora, dende os boliños dos peregrinos ata a pizza voladora.

Tamén fixemos unha andaina circular á beira do río duns dous kilómetros de sendeiro coidado polo concello no que ás veces houbo que sortear algunha árbore caída ou algúns penedos, nada importante para o arriscado alumnado de primaria do noso cole.
E trouxemos un boliño  de pan de agasallo. Pasámolo moi ben!

venres, 7 de xuño de 2019

Actividades da SEMANA DO MEDIO AMBIENTE

Na Semana do Medio Ambiente realizamos unha plantación de árdores froiteiras: pereira, mazaira, feixoa e pexegueiro;tamén prantamos trepadoras como frambuesas e grosellas, chayotas ou papas do aire e un que outro dondiego para ter tamén flores.Aquí tedes as imaxes, foi unha festa de remate do Proxecto Contamos cos bosques.








Recollemos os chícharos:





Tamén traballamos os árbores nas obras de arte pictóricas e así copiamos Frida Khalo, Mondrian,
Rousseau, Van Goh, Monet, Klimt...
                                                 
   

tamén tivemos a charla Faite eco do lóxico para todo o centro.



mércores, 5 de xuño de 2019

Premios Faro da Escola


No Pavillon dos Deportes de Vigo, recibimos hoxe os premios Faro da Escola todos os colexios participantes.Abaixo o noso alumnado co premio ao mellor Proxecto de Empresa, polo noso labor no Plan Proxecta, no que levamos varios anos traballando. Unha gran festa do xornalismo que por culpa do mal tempo foi a cuberto sendo anos pasados en Castrelos. O sr. Alcalde de Vigo e concelleiro/as entregaron algúns dos premios.





martes, 4 de xuño de 2019

SEMANA DO MEDIO AMBIENTE




O mouro Moure ( Fillo de Anxo Moure: O carballo con botas) trouxo hoxe a Biblio Crocaio as súas magníficas historias do bosque, de árbores, de lobos, de paxaros...Veu enriba dunha vara de alvedro, érvedo ou madroño en castelán  e chegou á Biblio para contar a pequenos e maiores historias que contiñan moito amor pola vida, pola natureza , polos montes e terras de Galicia.




luns, 3 de xuño de 2019

Poemas para xogar coa natureza

O baúl de Domingo Quintas» e o título dun proxecto que parte dun feito real e autobiográfico para convertirse en literatura. A obra comeza cando o narrador decide abrir o vello baúl do bisavó e atopa unha morea de poemas escritos sobre cortizas de bidueiro. Hércules de Ediciones publicou o traballo. 
O autor propón achegarse á natureza con poemas sobre animais. Cada texto está centrado nun, dende pequenos insectos aos grandes mamíferos do planeta, e iso fai que os rapaces se interesen pola natureza.

Era unha xoaniña,
barrosiña,
costureira,
voaniña,
que veu e que foi,
que dez dedos
me contou,
que un…
e que dous…
Dous puñiños me deixou
e aínda non me casou.

Fermosa dama,
a donosiña,
vaise de marcha.
Donda elegancia
nos seus andares
cando ela pasa!
·         
      * Donosiña, donosiña, come pan, come sardiña!,dicíaselle na Coruña. En Sicilia, bérranlle para que non leve as galiñas…Baddòttula, baddottulìna, nun tuccari la gaddina!
O piratiña
ten cen goridas
e nas cen xoga
ás escondidas.
Mostra o fociño,
mostra o bigote,
os dous olliños
e o rabichote.
Aí vén o gato…!
Xa está seguro
noutro burato.
·         

        * Vale máis estar fraco no souto, ca gordo no cu do outro!,dixo o rato do monte ao ver o gato na casa.