sábado, 29 de febreiro de 2020

8 de marzo : Día Internacional da Muller

O 8 de marzo é o "Día Internacional da Muller". 
Celébrase para lembrar os logros das mulleres ao longo da historia e para reflexionar sobre a súa situación actual.

Sabías que ata o ano 1933 as mulleres non tiveron dereito a votar?

Sabías que aínda hai moitas nenas que non poden ou non as deixan ir á escola?

Sabías que hai moitas mulleres que cobran menos que os homes polo mesmo traballo?

Sabías que na maioría das familias as tarefas da casa realízanas as mulleres?

Na actualidade existen leis e normas para fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes pero aínda existen barreiras invisibles que impiden ou fan difícil esta igualdade.
Abre o libro dos Bolechas pola igualdade e reflexiona sobre o seu contido:


http://igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/unidadedidactica.pdf

Ao longo da historia houbo grandes mulleres que dedicaron a súa vida á ciencia á cultura, ao arte etc..
É importante lembralas e coñecelas.Tres mulleres artistas para lembrar neste día:

A artista española  Paula Bonet, coñecémola a través de  Ana Termes, a pintora viguesa que nos ofreceu o obradoiro de igualdade na pintura:





Lembramos tamén á importantísima pintora surrealista galega que non é moi coñecida: MARUJA MALLO




Na Biblio tedes a súa biografía
Tamén podemos volver a ler nas aulas :





















https://igualdadyviolenciadegenero.carm.es/documents/202699/218388/Material+Infantil+y+Primaria+fichas+20215_150/91e17dca-9c35-4832-bc76-b69f7747f2ef


xoves, 27 de febreiro de 2020

O noso entroido mariñeiro

Comezamos recibindo na Biblio Crocaio o obradoiro dos Merdeiros, un antigo disfraz dos vigueses recuperado para o noso entroido máis popular, con carautas de cartón, chaleque de cores e faixa, levan unha vara longa e algunhas verduras na man para facer bromas que non debemos tomar a mal. Percorren as rúas do centro de Vigo os venres, domingo e mércores de entroido.

Continuamos cos mandados do meco que animaron a semana:


Por fin o gran día: desfile, postres de entroido e festa!





 O Capitn Haddock tamén asistiu:
E por suposto os pais e nais que desfilaron coa canción popular "Catro vellos mariñeiros"


Grazas pola vosa colaboración, familias !!

domingo, 9 de febreiro de 2020

O escritor e debuxante ANXO FARIÑA na BIBLIO CROCAIO



Sexto libro da saga Megatoxos no que o escritor fai vivir ao lector unha aventura na Ría de Vigo, mergullándose na súa historia e na súa lenda:
 O 23 de outubro de 1702 librouse nas augas da ría de Vigo unha formidable batalla marítima. A Frota da Prata, composta por españois e franceses, tratou de defender de ingleses e holandeses, os seus galeóns, abarrotados de ouro, prata, xoias. . . Os Megatoxos descubrirán nesta aventura que existiu un galeón -o " Indomable " - que non figuraba nos rexistros, e que este portaba unha arma capaz de cambiar o curso da historia. No fragor da loita comprobarán o poder do amor, un sentimento polo que paga a pena o sacrificio. Un tesouro, un deus da creación e da destrución, unha batalla naval, moitos canóns e unha proposta: mudar o pasado para alterar o presente?
Escritor e ilustrador, a súa obra contén fermosas ilustracións que el mesmo crea, xa que antes que escritor  Anxo Fariña é debuxante e ilustrador


Outros libros que vos gustarán son os da saga Megatoxos e ademais:




Moitas grazas Anxo pola túa fermosa dedicatoria no libro de firmas da Biblio e pola túa amena charla!

mércores, 5 de febreiro de 2020

Visita do poeta Antonio García Teijeiro

Hoxe a Biblio Crocaio recibiu a visita do poeta do mar: ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, premio nacional de poesia infantil e xuvenil polo seu libro de poemas Poemar o mar, publicado por Xerais.

 Toda a primaria lemos e traballamos os poemas dos seus libros Poemar o mar, Vento ventiño venteiro e Bicos e non balas.
Memorizamos, ilustramos  e recitamos algúns deles e gustounos moito escoitar da súa propia voz algún poema que xa coñeciamos.A súa charla animounos a ler e a mostrar os nosos sentimentos escribindo, esforzámonos por buscar a palabra máis fermosa  e por último asinou os libros cunha dedicatoria especial a cada alumno e alumna.
 Moitas grazas Antonio. As túas palabras resoarán no noso alumnado durante moito tempo...






O Día da da paz en imaxes

Mensaxes nunha botella que nos gustaría que  chegasen  a moitos puntos do mundo nos que se precise un pouco de PAZ


Intervencións por cursos lendo poemas,  mensaxes de paz e unha pequena historia do Día da PAZ, lembrando as víctimas do Holocausto nazi e ao lider pacifista GANDHI



Murais e traballos de aula


  
                                       
                                   Agasallos para intercambiar cos centros de Candeán e Carballal
Exposición de libros relacionados:

e a canción "O veleiro verde"  de María Fumaça que foi a nosa sintonía durante ese fermoso día
Letra e música: Uxía
Tema dedicado ao Rainwow Warrior e a Greta

A terra treme, 
medran os mares,
falan os ventos,
todos son sinais.

A terra seca,
xa o dixo Greta*,
arde o planeta
e haino que salvar.

Mais hai un veleiro verde 
co arco da vella a ondear.
Hai un veleiro verde
en marcha polo clima sen parar.

E os paxaros 
caen do ceo,
medra o desxeo,
a deforestación.

Peixes, baleas
intoxicadas
de lixo e plástico
que van para o mar.

Mais hai un veleiro verde
que pregoa un novo mencer, 
hai un veleiro verde
para mudar o mundo e renacer.

Esta é unha alerta, 
unha carta aberta
que nos di
que temos a solución.

Fóra a cobiza da Amazonia,
o fume negro que asfixia o ar.

Mais só temos unha terra
e a esperanza verde a navegar.
Guerreiras do arco da vella,
viremos o rumbo agora xa.

E só temos unha terra
e a esperanza verde a navegar.
Guerreiras do arco da vella,
viremos o rumbo agora xa.

*Greta Thunberg, nena sueca con autismo que se fixo popular por promover folgas escolares en defensa do medio ambiente e que é símbolo do movemento pola xustiza climática.

martes, 28 de xaneiro de 2020

Preparando o día da Paz

E agardando a visita do noso querido poeta vigués Antonio García Teijeiro, preparamos mensaxes de PAZ para enviar aos centros escolares da zona : Candeán e Carballal, cos que todos os anos compartimos experiencias e  cos que hai xa uns anos nos xuntabámos para celebrar este día.





Resultado de imagen de bicos e non balaas
A estrela das nosas botellas representa a estrela que todos os xudeus do holocausto alemán levaban cosida na súa roupa para identificalos , aparece no libro que relata a historia dunha nena que viviu esta guerra na que morreron máis de millón e medio de persoas.