martes, 28 de xaneiro de 2020

Preparando o día da Paz

E agardando a visita do noso querido poeta vigués Antonio García Teijeiro, preparamos mensaxes de PAZ para enviar aos centros escolares da zona : Candeán e Carballal, cos que todos os anos compartimos experiencias e  cos que hai xa uns anos nos xuntabámos para celebrar este día.





Resultado de imagen de bicos e non balaas
A estrela das nosas botellas representa a estrela que todos os xudeus do holocausto alemán levaban cosida na súa roupa para identificalos , aparece no libro que relata a historia dunha nena que viviu esta guerra na que morreron máis de millón e medio de persoas.



mércores, 22 de xaneiro de 2020

Máis contos de peixes




Lonxe, en mar aberto, vivía un peixe.
Pero non era un peixe calquera. 
Era o peixe máis bonito de todo o océano. O seu vestido de escamas brillaba
con todas as cores do arco da vella. Os demais peixes admiraban o seu relucente vestido de escamas multicolor…
O escintileo das súas escamas iluminaba a auga ao seu paso
e chamaba a atención dos demais peixes, que o admiraban
e chamaban por el para xogaren xuntos, pero o peixe Arcodavella ignorábaos. Mais todo cambiou cando, con moito desaire,
lle negou unha das súas escamas brillantes a un peixiño azul; dende entón, todos lle deron as costas e o peixe Arcodavella quedou só e triste.
ZAIDA e MARA de terceiro cpntaron:
El pez Arco Iris en Infantil. Busca neste enlace ao Blog dos peques a montaxe do seu conto:


http://ospequesdesampaio.blogspot.com/2020/01/cada-semanaun-conto_20.html

sábado, 18 de xaneiro de 2020

Voluntariado lector: comparte contos con Infantil


O casco de Franklin: Zaira, Pablo e Kevin contárono en Infantil de catro e cinco anos

O monstro de Ricardo: Daniela e Samuel contárono ao alumnado de tres anos.

  O máis terrorificamente divertido que lle pode pasar a Ricardo ao ir durmir é que apareza un monstro debaixo da súa cama... E que lle faga cóxegas nos pés ata que non poida parar de rir! 
                                       

 O alumnado voluntario de 5º e 6º  traballa a diario para que a biblioteca estea ordenada, coloca, forra, clasifica e fai préstamos si se dá o caso, aquí tedes o seu traballo de colocación dos libros despois da reforma.

Carmen, redeira do porto de A Guardia, mostrounos a arte do seu traballo

Carmen, a avoa de Julia, alumna de primeiro curso, redeira xubilada , que traballou desde os doce anos reparando as redes do seu home mariñeiro do porto de A Guardia, mostrounos como era o seu traballo diario, traballaba todo o día cosendo as redes, os seus fillos cociñaban e arranxaban a casa porque as mulleres tiñan que ter as redes preparadas para cando as precisasen.


Hai redes de río, para róbalos, salmóns, lampreas, e redes de mar, con pesados plomos para chegar ao fondo, para sardiña, pescada e outros peixes da nos ría.
Tróuxonos mostras de agullas de madeira , máis antigas , e de plástico e cores, as actuais e reparounos a rede da portería moi amablemente. Foi unha visita inesquecible.

Acompañárona os papás de Julia,o seu fillo Lucas e a súa nora.
Lucas fíxo dous obradoiros de nudos mariñeiros, un para os maiores e outro para os cursos baixos.
 Moitas grazas familia por mostrarnos toda a sabiduría dunha profesión tan dura como fermosa.

venres, 10 de xaneiro de 2020

Mirade que veleiro máis creativo!  É o veleiro verde de María Fumaça.
Escoita aquí as cancións do seu novo traballo:
https://www.youtube.com/playlist?list=OLAK5uy_l3qxnbft4hC0ifPrvgaCXT3ryYoraGkOk

O día 3 de xaneiro presentou no Auditorio mar de Vigo o novo espectáculo de María Fumaça :
                                              O veleiro verde
Unha nova viaxe por mar coas bodegas ateigadas de amizade, agarimo e cancións para compartir de xeito inclusivo. Unha mirada ao mundo da música integradora, variada e intercultural.

Podes embarcarte nesa viaxe  e levalo en préstamo pois xa o temos na BIBLIOCROCAIO.

venres, 20 de decembro de 2019

Para ler neste Nadal

Agardamos para o segundo trimestre a visita á Biblio Crocaio de escritores e escritoras dos libros que traballamos nas aula, a ser posible relacionados co Proxecto anual da Biblio: Mergúllate nun mar de libros
O primeiro escritor en visitarnos será ANXO FARIÑA, xa que o alumnado de 5º e 6º  leu o seu libro :


O 23 de outubro de 1702 librouse nas augas da ría de Vigo unha formidable batalla marítima. A Frota da Prata, composta por españois e franceses, tratou de defender de ingleses e holandeses, os seus galeóns, abarrotados de ouro, prata, xoias... 
Os Megatoxos descubrirán nesta aventura que existiu un galeón -o " Indomable " - que non figuraba nos rexistros, e que este portaba unha arma capaz de cambiar o curso da historia. No fragor da loita comprobarán o poder do amor, un sentimento polo que paga a pena o sacrificio.
Un tesouro, un deus da creación e da destrución, unha batalla naval, moitos canóns e unha proposta: mudar o pasado para alterar o presente?
Para aprender historia da nosa cidade e exercitar a imaxinación.

En xaneiro ou febreiro visitará a Biblio Crocaio o poeta ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO do que traballaremos en 4º o seu libro:
Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017

E en 5º e 6º leremos Vento, ventiño venteiro: 
                                                   
Nestes poemas escóitase o vento que percorre diferentes ambientes e mundos: o mar, o sol e as estrelas, as follas das árbores, as flores e as abellas, os nenos e as nenas. Ventos falangueiros, mentireiros, bailadores; ventos de berce e de aloumiño; ventos magos; ventos e ventiños; ventos a durmir, contadores de estrelas; ventos lacazáns, fungóns, peregrinos, latriqueiros; ventos dos soños.

 En Educación Infantil compraremos o libro:
E contaremos coa súa autora Eva Mejuto, por xentileza de ed. Xerais.

 El abrazo de la sirena traballarémolo en 1º, 2º e 3º. Un fermoso libro que nos conta :
 A clase de Miguel lchega unha nova compañeira, Sabina, que está moi triste, pois  a súa mai  morreu hai pouco. Ela cre que se foia vivir coas sereas, e que desde algún lugar coida dela, algo que provoca risas e comentarios entre algúns nenos. Pero Miguel será  o seu amigo e...

Tamén  en 4º 5º e 6º podedes ler e si conseguimos mercalo moitos a súa autora virá o centro acontarnos como se lle ocurriu esta fermosa e fantástica historia: 

Estes son  libros que deberemos comprar e ler en Nadal.
Aproveitade estas vacacións para disfrutar da lectura un ratiño cada día!!

As familias comparten

O proxecto anual que propoñemos desde a Biblio Crocaio ten como non, a colaboración das familias.
Estupendo traballo o realizado con obxectos de reciclado no que colaboraron nenos e nenas coas súas familias para compartir momentos de lecer creando xoguetes que non se valoran polo seu prezo, nin teñen pantallas interactivas, nin probas que superar pero no que se aprecia o esforzo e a orixinalidade e sobre todo as marabillosas familias que son o eixe do noso centro.

   MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!!   SOBRESAÍNTE A TODAS NESTE  TRABALLO!!
Podedes comprobalo:





E para o vindeiro trimestre gustaríanos que pasases polas aulas contando contos , historias de vida, memorias, traballos...preparade nestes días e propoñede unha data aos titores, si pode ser relacionado co mar, coa nosa ría, mellor, pero aceptamos calquer tema...GRAZAS!

mércores, 4 de decembro de 2019

Outras actividades da Inauguración da Biblio Crocaio

 Boletín de Formación de usuarios que todo o alumnado levou a casa, carpetas para levar os libros en préstamo, carnés e agasallos para todos:
Teatro de sombras, representado na Biblioteca para todo o alumnado e profesorado a cargo do profe de música: Cándido Cabaleiro:

Mochilas viaxeiras, repartidas en todas as aulas polo alumnado voluntario de 5º e 6º:
Bolsas e pegatinas:
E por último o Contacontos Iago López con dúas sesións, na dos maiores contoulles o conto: Tarzán de goma. Encantoulles!