martes, 19 de xuño de 2018

Noraboa aos voluntarios!

Alumnado voluntario na Biblio Crocaio recibiu hoxe os diplomas e os agasallos polo bon trabllo realizado ao longo do curso de axuda na Biblioteca, de lecturas dentro e fóra do cole.
Unha enorme aperta de agradecemento a cada un deles que durante o seu tempo dos recreos e da hora de ler fixeron tarefas que se lles encomendaron e outras voluntarias sen fallar un só día!

domingo, 17 de xuño de 2018

Noraboa aos premiados!

O venres  recibimos os premios  de debuxo de Chus Lago, Javier de 6º e Zaida de 1º

                                            Premio Chus Lago de debuxo:
Javier

En Santiago, con alumnado de toda Galicia Ángel, de 6º curso,  recibiu o Premio EduEmprende: ATRÉVETE a ter unha idea .

Ángel

mércores, 13 de xuño de 2018

O venres 15 viaxamos a Coruña!

Gran  excursión de fin de curso:  Visitaremos Os museos científicos na cidade da Coruña.
Museos Científicos Coruñeses é un servicio do Concello de A Coruña que comprende tres museos de ciencia interactivos:a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. Ofrecen estímulos para incorporar a ciencia á cultura, para comprender mellor o mundo no que vivimos.

Situada dentro do Parque de Santa Margarita, conta con un planetario e tres plantas de exposicións: experiencias de física, exposición sobre péndulos e exposición sobre a astronomía nos medios de comunicación. No oco da escaleira central oscila un péndulo de Foucault.

Domus é o  primeiro museo interactivo do mundo dedicado ao ser humano.Ten módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.


Aquarium Finisterrae, ou a  Casa dos Peixes; o seu obxectivo é o coñecemento do océano e educar actitudes favorables cara  o mar e a vida marina. O Aquarium Finisterrae ten catro salas de exposicións e unha colección biolóxica composta por 338 especies diferentes.
Crocaio pensou que sería boa idea deixarche o enlace a un montón de sinxelos e divertidos experimentos. Entra e verás:

Historia da Torre de Hércules


xoves, 7 de xuño de 2018

Exposición de Julio Verne no Museo MARCO de Vigo

A exposición, unha aventura 

A exposición JULIO VERNE.Os límites da imaxinación está concebida como unha aventura, na que o visitante pode elexir cara onde ir. Unha das seccións está adicada á relación de Julio Verne con Vigo, cidade que o autor francés visitou en dúas ocasións.

Mostra pezas únicas vinculadas á vida de Verne, cedidas por museos e coleccións particulares de Galicia, desde unha maqueta do navío Saint Michel III ata grabados holandeses da batalla de Rande e pezas orixinais de traxes de buzo do século XIX
O percorrido iníciase co globo terrestre de Monfort, un dos máis antigos que existen. Destaca ademais a primeira edición de "Vinte mil leguas de viaxe submariña" (1869) que por circunstancias foi española.
                       


 Outras edicións:


Mañá visitarémola . Xa vos contaremos!

luns, 28 de maio de 2018

Entrega de premios FARO DA ESCOLA

Hoxe, no Parque de Castrelos, tivo lugar a entrega das nominacións aos mellores xornalistas de primaria que mostraron as súas dotes facendo o xornal FARO DA ESCOLA. Eramos moios centros e todos tiveron os seus agasallos por participar . Nós recollemos tres premios:

                     

1º premio á mellos tira cómica
2º premio ao mellor artigo relacionado con Xerais: Visita de FRAN ALONSO
3º premio á mellor reportaxe sobre VITRASA


Noraboa!

venres, 25 de maio de 2018

domingo, 20 de maio de 2018

Practica co GENIALLY

Canto sabes de.....VIAXES?
Crocaio andivo moito polo mundo adiante e quere saber si serías capaz de identificar o país no que se atopan estes marabillosos monumentos. 
Unha axudiña para consultar
https://www.google.es

Anímate e repíteo ata que non teñas fallos!

xoves, 17 de maio de 2018

17 de maio DIA DAS LETRAS GALEGAS

Traballamos polo galego, escribimos, falamos e respectamos esta lingua nosa. Por mil primaveras máis para o galego! 

martes, 15 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS 2018:Mª VICTORIA MORENO

ESCOITADE A HISTORIA de Mª victoria Moreno e intentade contestar despois

preme na imaxen de Uxía para xogar coa vida e a obbra de Mª Victoria Moreno

escoita este interesante traballo sobre as linguas do mundo
http://www.touchcast.com/linguagalega/linguas_do_mundo
e agora si escoita e admira este baile en homenaxe a esta autora e  a este día:

sábado, 12 de maio de 2018

A nosa biblioteca: Biblio Crocaio

Para que nos coñezades mellor e vos animedes a colaborar con nós, agora que están circulando polas familias as enquisas que anualmente facemos con obxecto máis que nada informativo. 
Como colaborar?
Visitándonos para levar libros ou audiovisuais en préstamo, como contadores ou contadoras de contos ao curso dos vosos fillos e fillas, 
lendo con eles o libro que semanalmente levan, 
coidando o material que emprestamos, que pertenece a todos, dándonos ideas sobre lecturas.. 
Como di o refrán "todo é empezar..." 
Agardamos melloras para o próximo curso e con elas queremos traer máis vida e máis familias á Biblio! Xa vos iremos contando...



Así foi a animación á lectura de Servando Barreiro

Montaxe realizado pola profe Ángeles Formoso.

ELMER: 30 aniversario

 



Lecturas compartidas:
Elmer:

xoves, 10 de maio de 2018

Servando Barreiro na Biblio Crocaio

O músico Servando Barreiro virá ao cole mañá venres  e ofrecerá dúas sesións.
 A primeira para infantil e 1º ás dez e a segunda para 2º, 3º e 4º, ao remate da primeira.

mércores, 9 de maio de 2018

Enchemos o Parque de Castrelos de Contos

O día 8 de maio asistimos en Castrelos á Quinta quedada Literaria organizada por once colexios públicos coa axuda da Biblioteca neira Vilas e do Concello de Vigo.
 Os voluntarios e voluntarias de lectura de sexto acompañaron aos máis pequenos do cole e unha vez alí buscaron aos seus grupos para facer a lectura dos contos que levaban preparados.
Despois leron individualmente e por último atravesamos os fermosos xardíns da Finca da Marquesa para escoitar os contos de Migallas e rematar así unha radiante mañá de convivencia de mestras, mestres, nenas e nenos e contadores de contos. 
Encantounos. Repetiremos!!

Intercambiamos lecturas e marcapáxinas
Voluntarios de lecturas axudaron cos máis pequenos:
Escoitamos contacontos como Raquel Queizás:
Intercambiamos lecturas con nenos e nenas de outros coles: