xoves, 31 de xaneiro de 2019

Día da Paz e a non violencia

Lembramos a figura do pacifista e activista pola non violencia Gandhi
Cantamos o Rap pola paz:

Lemos entre todos desexos de paz e frases de Gandhi sobre a non violencia:


Lemos os poemas que nos agasallou o cole de Candeán:
Agasallo do cole de Carballal:
Video agasallo aos coles de Candeán e Carballal, proxecto colaborativo:

luns, 28 de xaneiro de 2019

Cada semana un conto!

Os biblioaxudantes continúan co seu labor de axuda diaria na biblioteca e contacontos os martes:

           


domingo, 27 de xaneiro de 2019

Moi pronto teremos a Ledicia Costas con nós

Xaneiro tróuxonos á Biblio Crocaio

Xa temos doble ventanal:

Estes días  tivemos obras na Biblio, colocáronnos un doble verntanal nas dúas ventanas polas que xa non entrará nin a chuvia nin o frío e xa puidemos comprobar que se está moito máis quentiño que antes, así que xa non tes excusa para non visitar a Biblio  Crocaio!

Servicio de Protección de la Naturaleza (SEPRONA)

Dous Gardas Civís do SEPRONA visitan a Biblio Crocaio e ofrecen unha charla ao alumnado de 5º e 6º sobre as infraccións contra o Medio Ambiente  e sobre as causas e consecuencias dos incendios:




Charla moi interesante porque vai concienciando sobre os delitos máis frecuentes,  e como ademais de perxudicar seriamente ao medio ambiente, os que o cometen sempre teñen a súa sanción.

11 de XANEIRO Día do usuario.
Moitas grazas aos usuarios da nosa Biblio, tamén todos e todas vós tedes un día especial.
O calendario do LIBROe  da LECTURA, déixanos as datas especiais que durante este ano 2019 dedicaremos  aos libros, as lecturas, aos lectores, ilustradores e autores de libros. 

https://rbgalicia.xunta.gal/sites/default/files/documents/aviso/poster_calendario_do_libro_2019_1.pdf

luns, 14 de xaneiro de 2019

30 de xaneiro,Día da Paz e non violencia

Recursos:
https://sites.google.com/site/recursospazceipvictorsaenz/


"O 30 deXANEIRO celebramos nos colexios o Día da Paz e a non Violencia co fin de inculcar desde a infancia os valores de paz,  tolerancia,  respecto,  solidaridade,  concordia e non violencia. 
Este día  enseña a importancia de convivir en armonía con persoas de distintas culturas, relixións ou cualquera outra condición.

A eleción desta data non é casual, conmemora o aniversario da morte de 
Mahatma Gandhi, líder pacifista recoñecido internacionalmente, asasinado por defender a paz e a resistencia non violenta. Como podes celebralo?
Nesta páxina  https://blog.oxfamintermon.org/    tes un montón de ideas:
Tes outras opcións para elexir:


E tamén temos moitas lecturas relacionadas co tema na Biblio Crocaio, por exemplo estas:

Fermosas ilustracións que fan desta novela adaptada a banda deseñada unha obra única.
Anne Frank Fonds, doa parte dos beneficios da súa venda a UNICEF,  o papel utilizado  foi  fabricado a partir de madeira procedente de bosques e plantacións xestionadas cos máis altos estándares ambientais. Por este motivo, Greenpeace acredita que este libro cumple os requisitos ambientais e sociais necesarios para ser considerado un libro «amigo dos bosques».
Trala invasión de Holanda, a familia Frank  ocultouse nunha buhardilla . Alí permaneceu desde xuño de 1942 ata agosto de 1944. Nese lugar e nas máis precarias condicións, Anne, unha nena de trece anos, escribiu o  seu estremecedor Diario: un testimonio único sobre o horror e a barbarie nazi.

Unha longa viaxe é, o testemuño dunha realidade que millóns de persoas viven cada día e que preferimos esquecer unha e outra vez porque é máis doado vivir entre os noso soños e o noso mundo doado. 
Para que botar a ollada tan alá? Por iso sempre son tan importantes estes libros: para nos lembrar unha e outra vez:
 Que calquera podería vivir esa mesma situación.
 Que debemos tender unha man e non agochala. 
Que somos máis xenerosos cos animais que cos nosos conxéneres. 
Que o noso egoísmo non ten límites. 
Que as fronteiras marcámolas sen necesidade da súa existencia.








Kati ten unha caixiña chea de bicos doces e un gran sorriso. Cando vai para o colexio, sempre leva algún na súa bolsa do almorzo. A súa nai, ó despedírense, sempre lle dá algún máis. Sabe que é moito tempo o que bota na escola.
Kati regala os seus bicos ós seus amigos: a César cando chora porque a súa nai se marcha para casa; ó guerreante de Diego…...Os bicos de Kati son como palabras máxicas para tódolos seus compañeiros de clase. Tamén a Kati os seus compañeiros danlle bicos cando o necesita. E é que unha manchea de bicos é o mellor para sentirse feliz.




Un libro sinxelo , que usando puntos consigue concienciar sobre a desigualdade no mundo, a inmigración o respecto e a convivencia en paz.

xoves, 10 de xaneiro de 2019


Tintín acaba de cumplir 90 anos. 
O personaxe de Hergé apareceu por primeira vez o 10 de xaneiro de 1929 na revista 'Le Petit Vingtième' Tintín vendeu máis de 250 millóns de exemplares e foi  traducido a máis de 120 idiomas


PROFESOR SILVESTRE TORNASOL:
HERNÁNDEZ E FERNÁNDEZ




CAPITÁN HADDOCK








luns, 24 de decembro de 2018

LECTURAS PARA PEDIR EN NADAL

A BIBLIO CROCAIO do Ceip Eduardo Pondal de Vigo deséxavos 
BO NADAL  E PRÓSPERO ANINOVO!
GUÍA DE LECTURA PARA ESTE NADAL 2018.
POLO NADAL PIDE LIBROS!
Fai clic en cada libro e atoparás máis información!

                                              














Xogo de cartas para aprender os nomes das árbores autóctonas galegas: