luns, 5 de febreiro de 2018

O Meco anda para mañá martes...


                                            

Mira o disfraz da Señora Simpson: 

  O CADRO ORIXINAL DE JOHANNES VERMEER 1665-1667

venres, 2 de febreiro de 2018

Homenaxe a Mortadelo e Filemón porque cumplen 60 anos


Superaxentes da T.I.A., que viaxan nesta aventura de aniversario ao país de Kolea D´Aliba para resolver uns cantos conflictos internacionais.
Mortadelo cos seus milleiros de disfraces vainos achegando ao tempo do entroido que xa está aquí!!
Lembrámosvos que o mandado do Meco para o próximo luns:
 Traer algún sombreiro orixinal 
  co que cubramos a cabeza,
 gorro, chapeu, pamela, 
  turbante, chino, pirata, 
          de fada, aviador, boina galega,  
         médico, vaqueiro ou  espacial...
   porque empeza o CARNAVAL!!
                                                 
Que disfraz che gusta máis? Vota!

 








xoves, 1 de febreiro de 2018

Día da Paz

Día da Paz, dedicado a Martin Luther King e Carreira Solidaria a favor da ONG Save the Children



 Exposición de fotos de escolas e lugares do mundo

 Exposicións de libros relacionados con outras culturas e coa paz


 A palabra paz noutras linguas


mércores, 24 de xaneiro de 2018

Unha pequena carreira, unha gran experiencia

Kilómetros de solidariedade
O próximo martes 30 de xaneiro, coincidindo coa celebración colectiva do Día Escolar pola PAZ e a non Violencia levaremos a cabo a XII Carreira Solidaria Save The Children.
https://www.savethechildren.es/kilometros-de-solidaridad
Esta acción pretende chamar a atención sobre unha ONG que dedica o seu labor á infanciae que invirte en programas para defender os dereitos dos máis vulnerables: os nenos e nenas.
Recibimos dorsais, carnés , diplomas e todo por unha moi boa causa.
O circuito estará dentro do cole e podemos participar todos, pais, nais, profes e elumnado xa que haberá cinco categorías:
Miñocas: Infantil
Tartarugas: 1º e 2º
Golfiños:3º e 4º
Baleas:5º e 6º
 e 
Cachalotes:pais, nais e mestres
A Biblio Crocaio faise eco desta noticia porque somos unha Biblio Solidaria que desexa para todos os nenos e nenas do mundo as mesmas oportunidades e que desexaría que os nosos nenos e nenas fosen tamén solidarios.
 O día da carreira haberá no colexio unha Hucha para recaudar fondos para a ONG  "Save the children" 

https://www.savethechildren.es/centros-educativos/kilometros-de-solidaridad/materiales-educativos
Entre outros materiais educativos que podedes atopar na páxina está este conto "Déixame en paz" de Carmen Gil , sobre o acoso; que podedes ler e descargar .

Descarga aquí o conto de Carmen Gil sobre o acoso:
Animádevos a participar!

obradoiro de lectura de xaneiro

Cada alumno e alumna recomendaba un dos seus libros favoritos aos demais, lendo un fragmento entretido superior a 25 liñas:
A profe recomendou:
La lección de August  de R. J. Palacio, publicado por Nube de Tinta, dunhas 400 páxinas.
Conta a historia dun neno de 10 anos August Pullman que naceu cun transtorno xenético polo que sempre se sentiu discriminado.
A historia está contada polos distintos personaxes que aparecen no libro e cada un dá a súa persoal visión da mesma historia.
Moi recomendable tamén a película, aquí tedes o trailer:

sábado, 20 de xaneiro de 2018

30 de Xaneiro Día escolar pola Paz e a non violencia

O día 16 de xaneiro Martin Luther King cumpliría 89 anos, pero morreu asasinado en 1968 cando a súa loita pola igualdade de negros e brancos era recollida e respaldada por millóns de persoas en Norteamérica. A súa mensaxe foi merecedora do Premio Nobel da Paz de 1964, sendo recoñecido como o principal militante da NON VIOLENCIA contra a discriminación racial e contra a lexislación americana que a permitía.
Crocaio preséntavos un libro no que a protagonista é unha muller negra Rosa Parks, que representa a loita polos dereitos os negros:
A canción que cantaremos no día da paz, todos xuntos será:
E para comprobar como é de grande o mundo e tamén como hai nenos e nenas que loitan duramente polo dereito a ter unha educación, unha formación que lle permita ter as mesmas oportunidades veremos este documental que conta os perigros e adversidades que atopan cada día estes nenos e nenas só para poder ir á escola. É algo longa pero moi entretida e sobre todo conmovedora porque nos fai pensar nas desigualdades que existen según onde un nace.

Os martes de contacontos voluntarios

Tamén preparamos as visitas dos autores cos libros de nadal:






Contacontos de 5º en 1º curso :

venres, 12 de xaneiro de 2018

Visitamos o aeroporto de Peinador

Hoxe tocou dentro do noso proxecto das Viaxes visitar o aeroporto da nosa cidade: PEINADOR. Alí, a pesar da baixa temperatura, fomos moi ben recibidos e guías, bombeiros, conductor e mesmo o cetreiro que podedes ver no vídeo co seu falcón femia, fixeron un gran traballo para mostrarnos con entusiasmo o aeroporto e a misión de cada un deles alí.

mércores, 10 de xaneiro de 2018

Visita a exposición Pergameo Vindel

O martes día 9 de febreiro , os cursos de 5º e 6º visitamos o Museo do Mar, na Avenida Atlántida de Vigo para ver oa exposición do Pergameo Vindel que estará ata o mes de marzo. Estupenda visita guiada na que, despois de visitar por libre as diversas salas do museo, unha guía nos acompañou pola sala do pergameo e nos foi informando da historia dos obxectos medievais que, ademais do pergameo, forman a exposición.

luns, 8 de xaneiro de 2018

Visitamos o Museo do Mar para coñecer o PERGAMEO VINDEL

O pergamino ou pergameo Vindel é un texto copiado a finais do século XIII ou comezos do XIV que contén as sete cantigas de amigo de MARTÍN CÓDAX, con notación  musical todas menos unha.
O comerciante de libros antigos Pedro Vindel atopouno por casualidade servindo de forro a un libro de Cicerón.
Exponse no Museo do Mar ata o mes de marzo.
O texto e a música das cantigas eran compostas polos trobadores e entregadas en follas soltas aos xograres para que as interpretaran.
Os trobadores eran poetas que compoñían nas cortes os seus poemas entre os séculos XI ao XIII
ONDAS DO MAR DE VIGO é un dos poemas máis coñecidos.
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus, se verrá cedo!
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus, se verrá cedo!
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus, se verrá cedo!
Se vistes meu amado,
por que ei gran coidado?
E ai Deus, se verrá cedo!

Hai máis de setecentos anos que estes trobadores crearon poesía en lingua galega, de aí o seu valor histórico e hoxe son considerados os pais da nosa literatura dos que outros poetas como Rosalía, Cunqueiro ou Bouza Brey colleron inspiración.