mércores, 31 de outubro de 2018

Festa do medo!

Cos marabillosos contos de medo!






Cos marabillosos disfraces!





 Con comidas terroríficas!


E cabazas moi traballadas:







Con películas para pequenos e maiores:
Así foi a nosa festa !

mércores, 24 de outubro de 2018

Inauguracion da Biblio Crocaio

Así de ben o pasamos na festa de inauguración da Biblio Crocaio coa ximcana de xogos:
Así de chula está a nosa porta da Biblio:


martes, 23 de outubro de 2018

Día das Bibliotecas

Día grande para a Bibliocrocaio. O día 24 de outubro celebramos o "DÍA DAS BIBLIOTECAS"

Biblio Crocaio from crocaio
Para celebralo faremos unha XIMCANA DE XOGOS:
Dividiremos en oito grupos a todo o alumnado,facendo grupos de todas as idades , para que entre eles interactúen e consigan superar oito probas en  diferentes aulas, que irán percorrendo alternativamente cun tempo de dez minutos en cada unha. As probas son de todo tipo, memorísticas, de habilidade, físicas, con robots,de reciclaxe, con crebacabezas e con xoguetes de madeira.

                                        
Deberemos conseguilas todas para obter o Pasaporte lector:
                                               
Os grupos levan un coordinador que é un alumno ou alumna de sexto curso, que se encargará de que todo saia ben.
Temos oito grupos que levan nomes de montes da nosa contorna que resultaron queimados hao agora un ano, en terribles incendios:
1-VIXIADOR
2-MATAMÁ
3-AS NEVES
4-FORNELOS
5-A MADROA
6-MONTE DOS POZOS
7-GALIÑEIRO
8-ALBA
Despois, ás doce, xuntarémonos todo o cole na Biblio Crocaio para escoitar o Conto:

 contado por IAGO LÓPEZ, por xentileza de Xerais
 Repartiremos carnés, agasallos, carpetas e mochilas viaxeiras, e sobre todo xa podemos a partir de mañá levar libros en préstamo.
Temos tamén dentro da Biblio unha exposición de libros novos que Crocaio mercou xa para vós.

O Moucho de Pablo Díaz, animación de kalandraka




 DONOSIÑA "Donicela" en castelán   
                 
 Moucho "Búho" (Castelán)


                              Vacaloura
Rato

Lebre

domingo, 21 de outubro de 2018

Abrazando o monte

Acompañáronnos: a Comunidade de Montes de Valladares, que colaborou con nós en todo momento e as autoridades locales.
Deixamos a nosa pegada nunha placa co nome dos coles colaboradores entre os que está o CEIP EDUARDO PONDAL. Podedes  seguir a evolución dos carballos plantados e  facervos unha foto coa placa no monte de Sobreira, frente ao cole de Sobreira Valladares, alí foi unha zona moi afectada polos lumes  hai agora un ano.

Cadea humana de nenos e nenas no Monte dos Pozos en Valladares.
Todas as camisetas de milleiros de profes, nenos e nenas levaban o mesmo logo

xoves, 18 de outubro de 2018

Cadro colectivo


                                 
Agasallo para a Comunidade de Montes de Valladares pola colaboración cos coles na plantación que imos realizas na sída do venres 19. Cada alumno que participa deixou a súa pegada aquí temos algúns dos nosos facendo hoxe a nosa parte:
Mañá levaremos postas as osas fermosas camisetas: