luns, 30 de abril de 2018

As familias tamén contan!

Inauguramos as sesións de contacontos das familias coa mamá de Sara de 1º curso que hoxe visitou a Biblio Crocaio para contar a º e 2º:
 NO tengo nada de sueño y NO QUIERO ir a dormir de Lauren Child da editorial Serrés
Juan ten unha irmá pequena que se chama Tolola. Ás veces ten a difícil misión de deitala. Pero a Totola encántalle quedarse de pé ata tarde e imaxinar mil situacións disparatadas antes de asumir que ten que deitarse...
Un libro precioso como podes comprobar!  Moitas grazas mami, podes volver cando queiras!

luns, 23 de abril de 2018

Padriños e madriñas lectores

                           
Hoxe, 23 de abril celebramos o Día Mundial do LIBRO, na Hora de ler saímos ao sol a compartir unha lectura cos máis pequenos, con música das Maimiñas de fondo, limos contos e escoitámolos sentados libremente ao sol ou á sombra.
Despois asistimos na Biblio á representación do conto "Cinco minutos de paz" polos alumnos voluntarios de 5º e 6
                             
                             
Ao rematar vimos o vídeo dos Book Tubers do Pondal, alumnado que recomenda libros que gustaron moito.
                                         
                                         
                                          
E rematamos cantando O libro máxico de Migallas.

sábado, 21 de abril de 2018

Preparamos o Día do Libro


 O poeta Fran Alonso redactou este texto especialmente para as Bibliotecas Escolares no Día Mundial do Libro

PREPARAMOS O DÍA DO LIBRO FACENDO ESTAS ESPECTACULARES RECOMENDACIÓNS LECTORAS:
Fixemos tamén un mural colectivo na entrada no que lembramos   a data e a necesidade de vir á biblio Crocaio e levar un libro en préstamo, xa que cos libros viaxamos polo mundo e aprendemos moito.

Na parte inferior do mural deixamos un espacio que chamamos EXPRÉSATE para que os nenos e nenas escriban  a resposta a 
Cal foi un libro que che encantou? deixamos rotuladores de cores para que escriban.

-Faremos exposición de libros de viaxes e novidades .
Na  HORA DE LER : Padriños e madriñas lectores, sairemos a ler ao aire libre, os maiores lerán por grupos aos pequenos.
Ao rematar xuntarémonos na Biblio Crocaio para
1.-Ver algunha representación dos contos xa contados polos Voluntarios a infantil.
2.-Lembraremos as partes dun libro  (vídeo)e repartiremos o Boletín de lecturas recomendadas.
3.-Veremos o vídeo das recomendacións lectoras feito por todos os cursos.
4.-Repasamos a canción O libro máxico, de MIGALLAS xa que será a que levemos á Quedada literaria do día 8 de maio en Castrelos  e poñeremos o vídeo do espectáculo de Migallas así titulado:

Montaxe feita coas fotos do apadriñamento lector de abil 2017:

xoves, 19 de abril de 2018

Pere Tobaruela visitou a BIBLIO CROCAIO

   O escritor Pere Tobaruela, autor dos libros de FORMIGAS visitounos hoxe.Recibímolo na BiblioCrocaio o alumnado de 3º, 4º 5º e 6º.

Contounos moitas anécdotas do seu traballo de escritor, fíxonos participar da súa charla e respondeu amablemante as preguntas que lle fixemos. O que máis nos chamou a arención foi que é de orixe catalán e que aprendeu a falar galego para poder falar cos seus veciños xa que vive nun pobo pequeno cerca de Santiago. 

Díxonos que temos moita sorte de ter dúas linguas, porque sempre enriquecen os nosos coñecementos, el falounos algo en italiano e catalán.

Contounos un segredo: o FORMIGAS número 5 vai a  suceder en  COMPOSTELA.
Moitas grazas Pere pola túa amabilidade!!





OUTROS LIBROS DE PERE TOBARUELA ADEMAIS DE FORMIGAS:




domingo, 15 de abril de 2018

Hoxe é un bo día para visitar o Salón do Libro en Pontevedra

Escritoras, ilustradoras, nais e avoas que contan contos, mestras, libreiras, bibliotecarias… Elas e outras tantas son as protagonistas de Mulleres de conto, o lema da XIX edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, un evento de case un mes de duración que este ano se abre ao mundo grazas á presenza de México como país convidado.


mércores, 11 de abril de 2018

Os martes CONTO! Voluntariado de Biblioteca

MAGNÍFICOS!

A alpinista e exploradora Chus Lago cóntanos as súas viaxes aos POLOS!!

Charla para toda a Primaria da alpinista Chus Lago na Biblio Crocaio.
 Falounos dos avances da tecnoloxía dende hai uns anos e mostrounos a evolución das gafas para protexerse da radiación da luz na neve. Fixo un pouco de historia da conquista dos polos polo home e falounos das fazañas de grandes exploradores, dos primeiros que se atreverosn a internarse nos desertos de xeo.
Roald Amundsen, explorador noruego que dirixiu a expedición á Antartida que acadou por vez primeira o Polo Sur. Formou pqarte da primeira expedición que
sobrevoou  o Polo Norte.


 Mostrounos na esfera terrestre os puntos dos polos nos que estivo.Foi unha charla moi amena que se nos fixo moi curta, ainda que durou unha hora e quedáronnos moitas preguntas por facer.
Tamén nos falou dos inuits, os pobos que habitan nos polos aos que xa non se lles chama esquimales, senón inuitsEl pueblo inuit








luns, 9 de abril de 2018

O SALÓN DO LIBRO de PONTEVEDRA achéganos a México

DO 6 AO 29 DE ABRIL no Pazo da cultura de Pontevedra
Cremos que os libros son unha ferramenta fundamental para promover a igualdade e o respecto, para       entender, cuestionar e transformar o mundo que nos rodea. Apostamos pola lectura como unha maneira de coñecer e valorar a nosa identidade, a nosa cultura, pero tamén para achegarnos a outras realidades.
México é, nesta XIX edición,  país convidado. Catorce persoas que cruzan o Atlántico para traernos o mellor das súas letras, da súa arte, promoción lectora, produción editorial, que nos farán coñecer unha cultura ancestral cunha inmensa riqueza lingüística e, como non podían faltar, as cores, aromas e sabores dunha gastronomía que é xa Patrimonio da Humanidade.
Programa do Salón
http://www.salondolibro.gal/web2017/wp-content/uploads/2018/03/Programa_salon_2018_web.pdf
Contos que cruzan océanos, Bea Campos, Alondra Ramírez e María Guiexhooba
Libros de cartón, María Guiexhooba
Árbore ten nome de muller Anxo Moure
OBRADOIRO Máscaras mexicanas Amanda Mijangos
A lectura é un arma cargada de futuro: a poesía Acompañamento musical: Su Garrido Alonso Antonio García Teijeiro
OBRADOIRO 5 minutos de poesía María Lado. Auga Editora
CONCERTO Radio Bule Bule Paco Nogueiras
 •TEATRO O secuestro da Bibliotecaria Sarabela Teatro

E moito máis. Consulta a programación e achégate a Pontevedra ao XIX Salón do libro.


mércores, 4 de abril de 2018

Visita da deportista CHUS LAGO

O vindeiro día 10 de abril visitará a Biblio Crocaio a alpinista viguesa Chus Lago
Converteuse, no ano 1999, na segunda muller española en escalar o Everest, despois de Araceli Segarra.
 En 2009 acadou o POLO SUR despois de 59 días de travesía en solitario a través da Antartida.

                      
Ten varios libros publicados sobre as súas experiencias:
Traballa polo medio ambiente no Concello de Vigo, pero  seguro que  ten máis  proxectos que nos contará na entrevista que entre todo o alumnado lle faremos na Biblio Crocaio  e que  publicaremos no Faro da Escola.

Traballos magníficos relacionados con países aos que viaxar

Creativos de cuarto presentaron traballos de investigación e manualidades coma estes de Breogan sobre Venecia e Exipto. 
Noraboa  polo teu bo traballo Breogán!
Están expostos na Biblio Crocaio.





Visita a AQUALIA


Aqualia é a compañía de servicios públicos de auga de Vigo, onte visitamos as súas instalacións na Rúa Cantabria en Vigo. Alí puidemos escoitar unha charla na que nos lembraron o ciclo da auga cun vídeo e participamos nun xogo para coñecer o uso responsable que facemos da auga.
Despois saímos ao exterior a coñecer as súas instalacións e alí vimos a boca do túnel polo que entra a auga directamente da presa de Eiras, travesando a famosa "Ruta da auga", un sendeiro moi coñecido para nós porque  o percorremos camiñando  ou en bici, xa que é moi chan e vai ata máis alá de Redondela .
Despois explicáronnos o proceso de decantación polo que recollen toda a suciedade que trae a auga e os posteriores procesos para que a auga chegue ao noso fogar  perfectamente limpa. Vimos un inmenso depósito  e comprendimos canta auga se gasta diariamente na nosa cidade!!

Despois mostráronnos o museo no que ademais de máquinas, contadores antigos etc. teñen rochas que extraeron das excavacións dos túneis polos que pasaron. Tamén nos agasallaron cuns dvd para a biblioteca e unha gorra a cada un!
Tamén nos lembraron que este mesmo día se inauguraba a nova  depuradora de augas residuais do Lagares en Vigo que é unha importante obra para a nosa cidade:

               
Na Biblio Crocaio temos moitos libros que nos falan das mil formas da auga por exemplo Versos de auga de ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, poeta que nos visitou e que está nomeado "Vigués distinguido ", entregado hoxe de mans do noso alcalde, e que tamén recolleu a escritora LEDICIA COSTAS.
          A nosa noraboa a estes escritores moi coñecidos das nosas bibliotecas!!