martes, 3 de outubro de 2017

O poeta Antonio García Teijeiro premio Nacional de Literatura Infantil 2017 polo seu poemario "POEMAR O MAR"

O mestre e poeta Antonio García Teijeiro, que visitou o febreiro pasado a Biblio Crocaio acada hoxe o Premio Nacional de Literatura Infantil  e Xuvenil co seu poemario POEMAR O MAR

Parabéns de toda a comunidade do Ceip Eduardo Pondal! 
É moi boa noticia para a poesía  e para a literatura en lingua galega.
Lembrades aquel rap cun dos poemas do seu libro Poemar o mar

venres, 29 de setembro de 2017

SABÍAS QUE.....
Gerónimo Stilton é un ratiño nacido en Ratonia (Illa dos Ratos), é o editor xefe do xornal "O Eco do Roedor"....pero en que lugar do mundo situarás esa cidade... a ver si che podemos axudar...






Países, cidades, libros e cancións para esta finde.

MAPAS DE ESPAÑA E DO MUNDO

CROCAIO ESPERA QUE VOS GUSTEN ESTES MAPAS DE ESPAÑA E DO MUNDO PARA NENOS DO BLOG DE LOS NIÑOS
DE XEITO AMENO E DIVERTIDO PODEDES COÑECER AS MONTAÑAS, OS RÍOS, AS CIDADES, XOGOS DE XEOGRAFÍA, MAPAS MUDOS DE ESPAÑA, EUROPA, AMÉRICA E O MUNDO


E tamén unha canción:

mércores, 20 de setembro de 2017

mércores, 13 de setembro de 2017

Novos espazos nas Bibliotecas Escolares

Comeza o curso e comeza a materializarse un pequeno proxecto piloto no que participan 4 centros educativos integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, e situados, ademais, en zonas rurais.
 Estes centros van axudar a explorar novos avances na configuración da biblioteca escolar como "centro creativo das aprendizaxes".
 Este Proxecto LIA.2, esténdese ao longo do presente curso 2017/2018 coa utilización plena das bibliotecas renovadas e a posta en marcha de proxectos que implican o uso extensivo de todos os recursos e posibilidades da biblioteca escolar.
 O seguimento desta pilotaxe e as valoracións obtidas, permitirá novos avances na Rede de bibliotecas escolares de Galicia. Unha das liñas de traballo marcadas é a inclusión dun espazo maker na biblioteca, que ten comezado en moitos casos coa presenza dos "escornabots", pero que garda moitas outras posibilidades.

 Vemos un excelente exemplo nesta Inauguración do ESPAZO FEDELLEIRO, da EEI de Barrionovo (Arteixo), un dos centros participantes desta pilotaxe.
ESTREAMOS O ESPAZO FEDELLEIRO DA BIBLIOBN from biblio BN on Vimeo.

Atopades a Crocaio ?



Comezamos un novo proxecto:
                          Viaxamos con Crocaio polo mundo!
 Preparade as mochilas e os cadernos de viaxe para anotar todo o que aprendamos nas viaxes, reais e imaxinarias  que faremos  polo mundo ao longo do curso escolar 2017-2018.



domingo, 10 de setembro de 2017

Estades preparados para iniciar un novo curso?
Mañá comeza a nosa viaxe
Libros na maleta!
Lectura aventura!
Viaxamos polo mundo con Crocaio!
 Todo é ao fin unha viaxe, que comeza  e remata despois de vivir novas experiencias, a lectura é unha viaxe de aventuras, de descubrimentos que ao seu remate nos aporta  inquedanzas, emocións... son os souvenirs, lembranzas que se van engadindo á equipaxe da vida.
 Viaxar é unha experiencia que tamén se pode facer a través da lectura e que nos axudará a ampliar a nosa forma de ver o mundo.

 O tema das viaxes, viaxes no tempo, viaxes de vacacións, viaxes imaxinarios, viaxes a cidades e países importantes... será o  proxecto que levaremos a cabo este ano desde a Biblio Crocaio.


Vémonos mañá!

luns, 4 de setembro de 2017

E por que non un poema para darvos a Benvida a este novo curso escolar. Pois aí vai. 
É dun dos libros recomendados para ler neste verán e como non podía ser doutro xeito, o poema escollido, unha xoia,  fala da estación que axiña se achega: o outono. 
Versos da tarde laranxa de Ana Mª Fernández.
 Colección Árbore, ilustrado por María Ruiz Castelain, é un libro de poemas para nenas a partir de 8 anos.
                                                                   Días de outono:
Nos días de outono
hai follas de cores
e ventos que escriben
polos corredores
maiúsculas verdes,
puntos amarelos, 
carreiros de pingas,
letras de marmelos,
gráficos de ramas,
marxes de erbedelos,
alfabetos de auga,
conversas dos regos.
Nos días do outono,
tranquilos e moitos, 
hai cores nos campos, 
nas nubes, nos froitos.

                               Ana Mª Fernández



Erbedelos: érbedos, en castelán madroños, árbores das fresas.

Ide preparando as mochilas que xa falta pouquiño para comezar o curso 2017-2018

luns, 10 de xullo de 2017