domingo, 4 de marzo de 2018

8 de marzo Día Internacional da MULLER

O día Internacional da Muller,conmemora a loita da muller pola súa participación en igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. 
En España o 8 de marzo ten tamén un significado especial, pois a partir dese día a muller puido acceder ao Ensino Superior e igualdade de condicións que o home, pouco despois de que Emilia Pardo Bazán fora nomeada conselleira de Instrucción publica. 
As cousas cambiaron moito desde entón pero a loita polas mesmas oportunidades para homes e mulleres continúa.
.........................
....................................

xoves, 1 de marzo de 2018

O escritor Anxo Moure visita a Biblio Crocaio



O escritor, contacontos, autor de "A xacia Luviñas", "O carballo con botas" visitou hoxe a Biblio Crocaio e fixonos disfrutar coas súas historias do Miño, da natureza, das árbores e dos animais.
Os nenos e nenas de Infantil , 1º e 2º pasárono xenial!
Moitas grazas Anxo! 
Si lembrades, a cita era para onte, pero non puido saír da súa casa a causa da neve, xa que vive nun pequeno pobo de Lugo desde o que hoxe veu en autobús e despois subiu andando ata o cole porque, como moi bo ecoloxista que é, só se desplaza en transporte público!

Tedes máis información no blog dos peques



mércores, 28 de febreiro de 2018

Viaxamos a Italia cun postre típico: TIRAMISÚ

Un postre típico italiano, con axuda de Conchi Moreira a mamá de Javier de 6º curso.
Con ingredientes autenticamente italianos elaboramos onte no comedor do cole a receita do Tiramisú.
Nenos e nenas foron tomando nota dos ingredientes e da elaboración así como dos pequenos trucos que Conchi, moi amablemente, nos ía indicando.
 Elaboramos tamén unha porción cun biscoito sen gluten para un compañeiro de 5º que ten intolerancia a este compoñente da fariña.
Estivo un par de horas na neveira e despois dimos boa conta del!
Moitas grazas Conchi pola túa entrega e paciencia, repetiremos!!
                           
Atreverémonos con outras receitas de diferentes países!



luns, 26 de febreiro de 2018

Abrimos a fiestra a Rosalía

Os nenos e nenas de 1º curso tamén participaron da actividade Abride a Fiestra a Rosalía e copiaron cadansúa estrofa do poema Adios ríos adios fontes, que recitarán ás familias.

domingo, 25 de febreiro de 2018

O contacontos Anxo Moure visita o mércores a Bibliocrocaio

Asistiremos moi atentos a súa sesión de contos, participaremos con el na actividade e despois
 asinará os libros da Xacia Luviñas que leron os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º cursos

Unha xacia triste,  xa que "...alguén ensuciara o río, alguén queimara o bosque..." conta Anxo Moure no seu conto marabilloso....


Xacia, según o dicionario de Xerais,  é un ser mitolóxico de figura humana, que habita nos pozos máis profundos dos ríos.
Segundo Anxo Moure no libro "A xacia Luviñas" dice que "...as xacias son mulleres peixe de auga doce e gústalles que os ríos estean limpos..."
Os xacios son evidentemente homes peixe de auga doce e tamén lles gusta que os ríos estén limpos.

Anxo Moure un home que leva loitando polos ríos toda a vida en Galicia...


luns, 19 de febreiro de 2018

O TENDAL DAS NOVAS FOLLAS

Actividade adiada para o 2 de marzo por cuestións de axenda! O alumnado de 5º e 6º realizamos na Biblio a lectura dos poemas nas follas e quedaron colocados na fiestra.

Actividade no Día de Rosalía: 23 de febreiro. Participarán os cursos de 5º e 6º, terá lugar na Praza do Rei.
Xuntarémonos con outros coles de Vigo e leremos poemas, propios ou de Rosalía  de Castro, relacionados coas árbores, en homenaxe á natureza á que cantou como ninguén a poeta e en lembranza de todas esas árbores queimadas ao remate do pasado verán.
 Volverán a estar tan frondosas como eran si entre todos conseguimos defender e protexer a natureza! 
E si é con poesía moito mellor!
 Cantaremos todos xuntos esta fermosa canción de María Fumaça:
Levaremos follas de árbores autóctonas pintadas con poemas escritos e  cada cole lerá tres poemas e despois faremos un tendal con eles!
Botamos man para preparar esta actividade desta magnífica selección de poemas e imaxes sobre o tema das árbores galegas preparada pola Biblio Escolar do cole Víctor Sáenz de Mazaricos (A Coruña)
https://issuu.com/marichoni/docs/a__rbore_feita_poes_a
Mentres xa van aparecendo no correo da biblio crocaio@gmail.com as vosas fotos con algúnha persona da familia e co traballo de Rosalía pegado na fiestra que prefirades. Ánimo, espallade a fermosa  poesía de Rosalía no seu día!
 Adios ríos,
adios fontes,
adios regatos pequenos
adios vista dos meus ollos 
non sei cando nos veremos!


martes, 13 de febreiro de 2018

Abride A Fiestra a Rosalía

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de CastroO 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.


Convidámosvos a celebrar o Día de Rosalía de Castro con accións colectivas de difusión da súa obra
O lema da proposta #AbrideAFiestra 
Crocaio propón para o venres 23 de febreiro que cada alumna/o elabore, nun soporte que poida ser pendurado nunha fiestra  (tea, cartolina ou similar), un pequeno cartel cun verso rosaliano da escolla da alumna ou alumno e mostrándoo nesas fiestras que, coa axuda de Rosalía, abrimos a un mundo e un tempo novo.
Esta iniciativa pretende ademais que o alumnado comparta esta celebración coa súa familia e veciñanza. Para isto faríanse fotos do alumnado, acompañado ou non das súas persoas maiores, portando entre ambos o pequeno cartel .











O entroido das Viaxes!!

Así foi o noso Entroido:
Acompañáronnos os pais e nais:

E as profes e nenas e nos da gardería infantil do barrio: