domingo, 28 de maio de 2017

A que sabe as lúa. As familias contan!

CHARLOT

 Charles Chaplin "ME LLAMO... CHARLES CHAPLIN" É UN LIBRO DE LUIS LUQUE E CARLES ARBAT DA EDITORIAL PARRAMON.

Conta a  biografía dun dos máis importantes e xeniais cómicos do século XX chamado Charles Chaplin. Foi un actor fantástico do cine mudo. As súas películas están cheas de sentimentos e de crítica.
Charlie Chaplin: The kid.
BIOGRAFÍA DE CHARLES CHAPLIN
Infancia difícil e pobre Charles Chaplin naceu o 16 de abril de 1889 en Lamberh, Londres, nunha humilde familia de actores. O seu  pai abandonounos moi pronto e a  súa mai sufría unha enfermidade mental e tivo que ser internada nun sanatorio en varias ocasións. A vida de Charles foi moi difícil, vivían pobremente e   tivo que empezar a actuar aos cinco anos para ganar unhas cantas moedas. A súa nai  ensinoulle  cómo ser un bon mimo
Charles Chaplin Actor xenial 
Charlie Chaplin e o seu irmán Sydney viviron en orfanatos durante anos. Cuando xa non os aceptaron, viveron na miseria actuando na rúa. Un golpe de sorte foi cando a Sydney o contrataron na compañía teatral de Fred Karno. Despois  tamén sería contratado Charlie. A partir de 1914 protagonizou unha multitude de películas do cine mudo.  Convertiuse no máis xenial actor do século XX.
Charlot,  foi un actor que humanizou o séptimo arte con emocións e sentimentos, con comedia e crítica. Nas  películas solía aparecer como un vagabundo cun pequeno bigote, uns grandes zapatos, un bombín e un bastón. DE http://rimasdecolores.blogspot.com.es/2014/05/me-llamo-charles-chaplin.html
PELÍCULAS DE CHARLES CHAPLIN
EL CHICO
EL GRAN DICTADOR
E MOITAS MÁIS

xoves, 25 de maio de 2017

Percorrido polo Vigo de JULIO VERNE

Guiados polo periodista do Faro de Vigo Eduardo Rolland, o alumnado de 4º, 5º e 6º fixo hoxe a ruta relacionada co Vigo de Julio Verne, desde a fortaleza do monte do Castro fomos baixando ata o Náutico onde rematou o noso percorrido na estatua de Julio Verne. Estupenda visita!


Para  ver esta fin de semana estas dúas películas sobre os libros de Julio Verne:

mércores, 24 de maio de 2017

luns, 22 de maio de 2017

Quedada literaria de Castrelos 2017

Mañá martes  terá lugar no Parque de Castrelos de Vigo a IV Quedada literaria de colexios de Vigo para compartir lecturas e asistir a un espectáculo de música e contacontos.
Diptico vi quedada literaria 2017 de crocaio
Compartiremos lecturas cos coles Chans Bembrive  alumnado de 1º e 2º e co cole da Doblada os de 3º curso.
Pasarémolo moi ben!

Comezaron as mamis contacontos no mes das letras galegas

Montse, nai de Adriana de E. Infantil de tres anos, relatounos un divertido conto: "Felipe tiene gripe".
Quedamos encantados, foi moi divertido. Ao final deunos un pequeno agasallo. 



                                                Esperámoste outra vez. Moitas grazas Montse!!!

venres, 19 de maio de 2017

mércores, 17 de maio de 2017

Letras galegas 2017

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES

Acto de celebración das Letras Galegas na Biblio Crocaio:
5º : RAP : A galiña azul
2º e 3º : Representación do conto O peixe azul e laranxa
1º : A formiga esquiadora
Infantil 4 e 5: Rap Carlos Casares
6º Biografía en Power Point e lecturas
E para pechar o acto e lembrando que traballamos o proxecto do cine , vimos a curta : A última moeda, da escritora Fina Casalderrey, na que intervén como un dos actores o actual director da Editorial Galaxia Francosco Castro, e lembramos que Carlos Casares foi tamén director desa editorial.
Moito traballo feito nas aulas e marabillosa curta que tedes colgada nunha anterior entrada neste blog .

luns, 15 de maio de 2017

Vida e obra de Carlos Casares

Realizada en diapositivas de Power Point polo alumnado de 6º :
Algúns textos  curiosos de Carlos Casares:

E en homenaxe á súa famosísima Galiña azul cantamos esta canción:
Vídeo incluído no libro-disco XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ. María Fumaça, Editorial Galaxia, 2014

venres, 12 de maio de 2017

CINEMA GALEGO PARA O DIA DAS LETRAS GALEGAS

ESCRITA E DIRIXIDA POLA ESCRITORA FINA CASALDERREY, QUE VISITOU A BIBLIO CROCAIO HAI UNS ANOS, CHEGOU ÁS REDES ESTA FERMOSA CURTA QUE VEREMOS NO ACTO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS: A ÚLTIMA MOEDA
O CINEMA GALEGO LEMBRA SEMPRE POR ESTE DÍA UNHA DAS SÚAS PRIMEIRAS CURTAS DO DIRECTOR, XA FALECIDO, CHANO PIÑEIRO: MAMASUNCIÓN
UNHA VISIÓN SOBRE  O RURAL GALEGO E A EMIGRACIÓN 

mércores, 10 de maio de 2017

Obradoiro de cine

Obradoiro de cine, impartido polo director de curtas Óscar Suárez, que nos ensinou o proceso de facer unha película. Pronto veremos o resultado.

martes, 9 de maio de 2017

O cine que lle gustaba ao escritor galego Agustín Fernández Paz

Montaxe con algúns dos filmes favoritos de Agustín Fernández Paz, proxectada durante a homenaxe nacional que se lle tributou o sábado 30 de xuño de 2012 en Vigo. Edición a cargo de Eloy
Domínguez Serén.




luns, 1 de maio de 2017

MARTES 2: Contacontos Iago López

Iago López , o autor de O cociñeiro Martiño, que foi lectura de nadal en E. Infantil , estará mañá martes na Biblio Crocaio, ás 10.30 h.
                                                         
Presentará e asinará os libros aos nenos e nenas e pasaremos un momento divertido escoitando as aventuras de Martiño.
 O cociñeiro lémbranos que para conseguir algo que non temos moi doado o mellor é a perseverancia; a constancia e o traballo son os mellores amigos  para conseguir os nosos soños.

venres, 28 de abril de 2017

5º e 6º vistan o CIFP Manuel Antonio de Vigo

Dentro do programa Eduemprende da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, os cursos de 5º e 6º visitaron hoxe o CIFP Manuel Antonio de Vigo.
Recibidos polo Orientador do Centro, visitamos en primeiro lugar o viveiro de empresas, unhas oficinas nas que nacen e se desenvolven nos seus primeiros pasos as empresas que crean os novos emprendedores que saen do Centro.
Alí recibimos o agasallo que nos gustou moito, unha mochila e un pen drive de 4G para cada un.
A continuación pasamos a unha sala na que nos agardaba o emprendedor Manuel Montes, que nos mostrou moitas ideas creativas.
A visita ás instalacións foi moi interesante, visitamos a aula de téxtil, na que  nos recibiu unha unha mestra pero nese momento non había alumnos. Pasamos á sala de formación dos protésicos dentais , e alí disfrutamos un montón coa amabilidade dos alumnos e alumnas que nos deixaron o seu asiento para manipular os seus aparatos e nos fixeron unha demostración de como facer un molde dental.
No obradoiro de pastelería, no que a visita foi moi rápida porque estaban moi atarefados agasalláronnos cun cangrexo de hoxaldre e chocolate recén feito.

E por último visitamos a súa espectacular biblioteca.
Todo esto podédelo ver nas imaxes do vídeo:

María Carrera : Contacontos

luns, 24 de abril de 2017

LER CONTA MOITO

 A festa do LIBRO remata este vindeiro mércores 26 coa 
contacontos MARÍA CARRERA, do grupo teatral
"Pinga teatro" que vai representar para o alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º a obra 
"O recuncho dos contos"

SERÁ NA BIBLIO CROCAIO ás 10 h.
Por xentileza da editorial SM

venres, 21 de abril de 2017

Padriños e madriñas lectores para homenaxear ao LIBRO


Xa é de día vou ao andel collo un libro póñome a ler. Dunha aventura vou gozar na miña casa sen me
Letra da canción do vídeo:
O LIBRO

Xa é de día
vou ao andel
collo un libro
póñome a ler.
Dunha aventura 
vou gozar
na miña casa
sen me ausentar.

Unha princesa 
unha páxina está
 cun dragón 
moi anoxada. 
Un rei cego 
quiere casar
 sen ter reino 
onde morar.
 Un cabaleiro
 noutra historia
 non ten cabalo
 nin ten espada. 
Unha bruxa 
quere viaxar 
sobre un cepillo
 para fregar.
 Sobre un castelo
 cae un raio 
e co bruído 
case caio.
 Quéimase o libro
 páxina a páxina,
que pouco me dura
 esta aventura. 
Collo outro libro
 moito máis gordo,
 xa me despido
 desde o seu lombo.
  Cousas de papá. Raúl Gómez Pato. Xerais.

luns, 17 de abril de 2017

Domingo 23 de abril: Día do LIBRO

                                    
O próximo domingo 23 de abril lectores e lectoras, institucións en xeral celebramos o Día do Libro , fomentamos a lectura co obxectivo de chegar ao acceso universal á cultura a través dos libros. Podes ler AQUÍ a mensaxe da Directora xeral da UNESCO sobre este día.
Comezamos esta semana as actividades do DÍA DO LIBRO, participamos deste día a través das actividades que vos contamos a continuación pero, cada un de vós, pode participar individualmente se así o desexa, con actividades como estas por exemplo:

1.-Coñece a Biblioterca Xeral da Unesco e descarga os libros que che interesen gratis UNESCODOC

2.-Agasalla un libro e unha rosa a unha persoa achegada.                                                                    3.-Aproveita este día para ler algo diferente do que normalmente les.                                              
 4.-Nunca tires un libro! Nin un libro de texto! Participa en campañas ou busca como donalos a países e asociacións que os recollen.
 5.-Deixa un libro no banco dun parque ou no asiento do autobus cunha nora que diga: Feliz día do libro!
 6.- Durante esa semana visita unha biblioteca e colle un libro en préstamo.

O día 20 de abril visita a BIBLIOCROCAIO o escritor ANXO FARIÑA do que xa fixemos unha entrada anterior pero hoxe lémbrovos os libros sobre o personaxe do libro de Miguel de Cervantes  : Don Quixote:
http://www.anxofarina.com/portfolio/don-quijote-y-breogan/


O venres 21 presentaremos  o vídeo de LECTURA DO PRIMEIRO CAPÍTULO DE DON QUIJOTE polos alumnos e alumnas do cole.
Tamén presentaremos a montaxe dos LIBROS ESTRELA  da Bibliocrocaio deste curso. 

 Faremos os apadriñamentos lectores, os maiores len aos máis pequenos  no recuncho do patio que eles elixan.
Repartiremos o BOLETÍN DE LECTURAS recomendadas para que saibades que mercar se vos achegades a unha librería .
E como remate da CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO , o día 26 de abril teremos unha magnífica contacontos para os cursos de Infantil, 1º, 2º  e 3º que nos ofrece a editorial SM.
Estupenda semana, comezamos....
E Tamén podemos xogar con DON QUIXOTE: