venres, 31 de marzo de 2017

Oli, autor de Leocadio o león visita a Biblio Crocaio

O vindeiro luns 3 de abril, a Bibliocrocaio recibe 

unha visita moi especial: o escritor OLI, que 

recibiremos os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º.

OLI falaranos do seu libro Leocadio o león que 

coñecen moi ben. Achegamos ao alumnado ao 

proceso de creación literaria da man dun 

experto autor galego actual.



OLI naceu en Cangas en 1960. Mestre de Primaria, tradutor e especialista en literatura infantil e xuvenil.
Co-director da colección Seteleguas de Kalandraka.

A  prosa áxil de OLI capta a atención dos primeiros lectores autónomos que acompañan a Leocadio na súa traxectoria vital ata atopar o seu verdadeiro camiño, do que só imos a dar unha pista:

Leocadio é un león moi cinematográfico. Ilustrado por Teresa Novoa, evoca as películas de aventuras, lémbranos a personaxes como Tarzán, Charlot, aventuras en países exóticos...

Libros de Oli:

Mirade que montaxe espectacular fixeron os nenos e nenas de Coirón-Dena:

domingo, 26 de marzo de 2017

En MARCHA A MOCHILA VIOLETA!

CROCAIO PRÉSTANOS UNHA MOCHILA VIOLETA

            A biblioteca CROCAIO  quere poñer á vosa disposición   una selección de libros e películas que presentan una visión do mundo baseada na igualdade, a tolerancia , o respecto e a liberdade.
Un mundo onde nenas e nenos poidan escoller os seus soños e ilusións en igualdade de oportunidades.
A idea surxe doutra mochila violeta que se presta na Diputación de Granada, que editou unha guía de lectura coeducativa recopilada por Natalia Enguix e Cristina López na que se poden atopar pautas para elexir libros que eduquen en igualdade, por idades e de temáticas variadas, literatura variada, divertida que escapa de roles e estereotipos sexistas.
A nosa mochila leva esta guía como consulta para posibles compras de lecturas, tamén podedes descargala AQUÍ

A Mochila Violeta da Biblio Crocaio leva unha selección de lecturas de temática variada: diversidade familiar, prevención da violencia de xénero, identidade sexual, educación emocional, autoestima…
Esta semana comeza a circular en sexto e irá pasando polos demais cursos.
Se queremos construir una sociedade máis igualitaria debemos de coidar que as lecturas infantís rompan con esas ideas de valores dominantes, roles sexistas e relación de poder que xeracións anteriores entendían como normais.

É por iso que debemos esforzarnos por transmitir os valores de igualdade, liberdade e dignidade humana.
Apetécevos coñecer a Mochila Violeta?

Vídeo : Todos somos diferentes







xoves, 23 de marzo de 2017

Calos Casares, escritor homenaxeado nas LETRAS GALEGAS 2017

 A Real Academia Galega acaba de poñer en marcha a segunda edición do proxecto web Primavera das Letras (http://academia.gal/primaveradasletras), unha iniciativa coa que pretende fornecer a comunidade educativa de infantil e primaria de recursos didácticos e lúdicos arredor do protagonista do Día das Letras Galegas de cada ano
Todos os potenciais usuarios e usuarias debemos coñecer esta ferramenta, profesorado, as familias e demais membros da comunidade educativa.

                              Carlos Casares, o escritor que será homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017, e o seu universo vital e literario son o eixe das propostas didácticas deste ano. Un dos obxectivos de Primavera das Letras é promover que a aprendizaxe arredor desta celebración non se limite aos días previos ao 17 de maio. Deste xeito, desde finais do mes de febreiro estanse a publicar novas fichas didácticas e contidos interactivos.

A poesía

domingo, 19 de marzo de 2017

21 de marzo : Día mundial da POESÍA


O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, creado pola UNESCO co fin de protexer a lírica como importante vía de expresión para todas as linguas.
Crocaio convídavos a coñecer e disfrutar da poesía, a descubrir a tradición oral, para que saibades que a poesía está máis preto de vós do que pensades.
 Este ano celébranse  os cen anos do nacemento dunha excepcional poeta para nenos e maiores : 
                               GLORIA FUERTES
: ...Un niño con un libro de poesía en las manos nunca tendrá de mayor un arma entre ellas…”
Por eso queremos propoñervos unha actividade sobre a súa poesía
POEMAS DE PELÍCULA!
Na biblioteca, atoparedes negativos de película baleiros para que, os que queirades,  copiedes  unha pequeña estrofa de dous, tres o catro versos de Gloria Fuertes. 
Por favor, ben escrito, repasado con rotulador negro e co  nome da poeta posto. 
Tamén tedes que poñer o voso nome por detrás.
Podedes consultar as páxinas seguintes:



Poemas: 
.Mi Cara
En mi cara redondita
tengo ojos y nariz,
y también una boquita
para hablar y para reír.
Con mis ojos veo todo,
con la nariz hago achís,
con mi boca como como
palomitas de maíz
. Parejas
Cada abeja con su pareja.
Cada pato con su pata.

Cada loco con su tema.
Cada tomo con su tapa.

Cada tipo con su tipa.
Cada pito con su flauta.

Cada foco con su foca.
Cada plato con su taza.

Cada río con su ría.
Cada gato con su gata.

Cada lluvia con su nube.
Cada nube con su agua.
Cada niño con su niña
Cada piñón con su piña.
Cada noche con su alba.


. En el árbol de mi pecho
En el árbol de mi pecho
hay un pájaro encarnado.
Cuando te veo se asusta,
aletea, lanza saltos.
En el árbol de mi pecho
hay un pájaro encarnado.
Cuando te veo se asusta,
¡eres un espantapájaros!
. Dediqué mi libro
 Dediqué mi libro a una niña de un año,
 y le gustó tanto, que se lo comió.

. Al borde
Soy alta;
en la guerra
llegué a pesar cuarenta kilos.
He estado al borde de la tuberculosis,
al borde de la cárcel,
al borde de la amistad,
al borde del arte,
al borde del suicidio,
al borde de la misericordia,
al borde de la envidia,
al borde de la fama,
al borde del amor,
al borde de la playa,
y, poco a poco, me fue dando sueño,
y aquí estoy durmiendo al borde,
al borde de despertar.
                                                       Felicidades Gloria.....

sábado, 4 de marzo de 2017

8 de Marzo: Día da Muller

Actividades relacionadas co día da muller, 8 de Marzo. Día da Muller 2017
"Sempre houbo mulleres valientes e decididas que pensaron, imaxinaron e inventaron, que empuñaron  a pluma, o pincel, a gubia ou o violonchelo para escribir, pintar, esculpir e facer música, pero casi todas foron empuxadas durante séculos ao esquecemento." 
Ángeles Caso. Las olvidadas.


Xogamos!








Reflexionamos para modificar costumes de desigualdade:






Veremos a película BRAVE (Indomable) e realizaremos unhas fichas elaboradas polo grupo de traballo de Coeducación e Igualdad da provincia de Málaga, e uns marcapáxinas de Brave.
  FICHA DE TRABAJO PARA EL ALUMNADO
FICHA DE TRABAJO PARA EL PROFESORADO









Enlaces a lecturas e actividades relacionadas con este día:



venres, 3 de marzo de 2017

VOLUNTARIOS: Cada venres un conto!



Animamos ás familias a que se acheguen a contar contos; xa o fixeron  algunhas mamás con  gran éxito o curso pasado, non tedes máis que achegarvos os venres na hora de ler, (12.00 h.) e teredes un público disposto e agradecido para escoitarvos. Tamén podedes coller un conto prestado na Biblio Crocaio para contalo. Moi fácil!

xoves, 16 de febreiro de 2017

Proposta da AELG para a celebración do Día de Rosalía

24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro
 ROSALÍATE !

"O  lema da proposta #RosalíaTe  pode desenvolverse a través de actividades que permitan a cada alumna ou alumno converterse na Rosalía de Castro da que se sinta máis próxima/o. Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da autora, e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa das súa obra, propoñemos para o venres 17 de febreiro que cada alumna/o elabore unha máscara de Rosalía de Castro

 Esta iniciativa pretende, ademais, que unha vez feito este traballo, o alumnado o comparta coa súa familia e, particularmente, cos seus maiores (sexan familiares, veciñas e veciños…). Para isto faríanse fotos do alumnado caracterizado de Rosalía acompañado das súas persoas maiores, portando entre ambos un pequeno cartel cun verso rosaliano da escolla da alumna ou alumno. 


 A documentación gráfica sería subida á rede polo centro de ensino antes do 24 de febreiro, coa etiqueta #RosalíaTe. Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.

Mais ó que ben quixo un día. Rosalía de Castro

Mais ó que ben quixo un día,
si a querer ten afición,
sempre lle queda unha mágoa
dentro do seu corasón.

I

Aló nas tardes serenas,
aló nas tardes caladas,
fanse máis duras as penas
que nas brandas alboradas.

Aló nas tardes sombrisas,
aló nas tardes escuras,
fanse máis cortas as risas,
máis negras as desventuras.

Que non hai sera tranquila
para quen remorsos garda,
e máis presto se aniquila
canto máis á noite agarda.

II

Eu ben sei destos secretos
que se esconden nas entrañas,
que rebolen sempre inquietos
baixo mil formas extrañas.

Eu ben sei destes tormentos
que consomen e dovoran,
dos que fan xemer os ventos,
dos que morden cando choran.

........................

I anque hora sorrindo canto,
anque hora canto con brío,
tanto chorei, chorei tanto
como as auguiñas de un río.

Tiven en pasados días
fondas penas e pesares,
e chorei bágoas tan frías
como as auguiñas dos mares.

Tiven tan fondos amores
e tan fondas amarguras,
que eran fonte de dolores
nacida entre penas duras.

III

Ora río, ora contento
vou polas eiras cantando,
vendo de onda vén o vento
cando vou levar o gando.

Ora con grande sosiego
durmo na beira das fontes,
durmo na beira dos regos,
durmo na punta dos montes.

Mais ó que ben quixo un día
si a querer ten afición,
sempre lle queda unha mágoa
dentro do seu corasón.

    Rosalía de Castro . Cantares Gallegos. 



mércores, 15 de febreiro de 2017

Visita de Tamara Echegoyen

Inesquecible a visita desta deportista de élite que deixará pegada no alumnado, para competir de maneira sana, para non renderse ata conseguir os  obxectivos propostos,para que a lectura estea presente ao longo da vida.
Un exemplo a seguir.

luns, 13 de febreiro de 2017

Támara D. Echegoyen

Foi  campiona de Europa en 2000 e 2004, e campiona do
mundo en 2001, 2002 y 2005 da clase Vaurien.1

Visitamos o auditorio Mar de Vigo para entrevistar a

Iago Aspas, por xentileza de Faro da Escola.
Eramos moitos coles, uns 1.200 nenos e nenas, que ordenadamente fomos subindo ao escenario a facerlle ao xogador do Celta de Vigo as preguntas que levabamos preparadas.
Ao tempo Luis Dávila, o debuxante, facía unha caricatura e o chiste do día e un redactor escribía a entrevista que podíamos seguir pola gran pantalla.
Gustounos moito. Do noso cole tocoulle por sorteo a Mamadou e a Sabela subir ao escenario.




Hora de ler compartida

Alumnado de 5º e 6º, voluntario en labores de biblioteca, achéganse ás aulas dos máis pequenos a ler, todos os venres:

martes, 7 de febreiro de 2017

Visita de Antonio García Teijeiro


O poeta vigués Antonio García Teijeiro visitou hoxe a Biblio crocaio e ofreceu unha charla chea de experiencia e sabiduría sobre POESÍA, na que nos dixo "aos nenos e nenas gústalle a poesía moito máis do que pensamos".
Recomendoulles ler un poema cada noite, porque así ao longo do ano teremos 365 poemas lidos.
Tamén recitou poemas que nos resultaron coñecidos porque o seu libro POEMAR O MAR  traballámolo nas aulas de segundo a sexto.
Foi unha charla que nos foi engaiolando e cando nos tocou o turno de preguntarlle resultaron unhas preguntas moi interesantes, felicitounos por estar tan atentos pero é que foi moi doado.
Sacou da súa maletiña ao rato Honorato, que estaba namorado da lúa e  ao soldado Dado que non tiña armas porque quería a Paz.

Moitas grazas Antonio pola túa amabilidade!