mércores, 30 de novembro de 2016

Hoxe a Bibliocrocaio en Facebook e en Twiter con Ana Celia Vázquez, presentadora do Tempo da Galega

Portada de Facebook:



https://www.facebook.com/otempotvg


  1. Un verdadeiro pracer poder amosar os nosos traballos do tempo a Ana Celia. Moitas grazas pola visita e a clase maxistral.

  2. Volvemos ás aulas do de para falar das cousas da meteoroloxía co seu alumnado de 4º,5º e 6º de ESO

martes, 22 de novembro de 2016

25 Novembro Día Internacional para a eliminación da violencia contra as Mulleres

A conmemoración deste  día ten como obxectivos:
Educar en igualdade como instrumento para previr todo tipo de violencia cara as mulleres, potenciando actitudes de respecto cara o feminino.
Reflexionar sobre todos aqueles mitos que minimizan o problema da violencia de xénero

Vídeo para concienciar da importancia de quererse e aceptarse como cada quen é.

Ensinar a nenas e nenos que a verdadeira beleza é unha actitude e cada quen é
fermosa ou fermoso cando é auténtico.

Reflexionamos  sobre o modelo de beleza imposto, e sobre o que nos ensina o documento visual sobre ser unha mesma / un mesmo.

Crocaio recomenda tamén esta fermosa película de 1995 dirixida por Alfonso Cuarón, nominada ao premio Óscar en 1996

Sara é unha pequena mimada que vive comodamente co seu pai , o capitán R.Crew, quen a chama agarimosamente "princesiña". Por mor dun destino fatal a pequena será despoxada dos seus privilexios. "A princesiña" conta unha historia de superación a pesar das dificultades, na que a amizade e a autoestima teñen moita importancia .

Recursos para fomentar a AUTOESTIMA:
http://www.educarueca.org/spip.php?rubrique13

¿ALUMNOS? ¡PERSONAS!

Sábado 24 de marzo de 2007 por Yolanda JB - http://www.educarueca.org

10 recursos educativos para combatir o acoso escolar

Sábado 21 de noviembre de 2015 por Yolanda JB - http://www.educarueca.org

Dinámica -O NOVELO

Miércoles 30 de noviembre de 2005 por Yolanda jb

Dinámica - ENTREVISTA

de 2006 por Yolanda jb

Dinámica - A FOLLA DE PAPEL

de 2006 por Yolanda jb

Dinámica - OS TRES SALTOS

Sábado 10 de diciembre de 2005 por Yolanda jb

Dinámica -  Véndenme

Lunes 29 de octubre de 2007

Me

 por Yolanda JB - http://www.educarueca.org

Dinámica - PRACTIQUEMOS A AUTOAFIRMACIÓN

Jueves 23 de marzo de 2006 por Yolanda jb

Dinámica - PERO QUÉ BOX SON!

Sábado 18 de marzo de 2006 por Yolanda jb

EL EFECTO PIGMALION

Domingo 19 de noviembre de 2006 por Yolanda jb

O SÍNDROME DE IMPOTENCIA APRENDIDA.

Lunes 15 de junio de 2009 por Emilio

Listado de cualidades

Martes 15 de diciembre de 2015 por Yolanda JB - http://www.educarueca.org





E por último Crocaio remata recomendándovos a divertida historia dunha raíña que ten moito 
traballo  pero non esquece encher de bicos e agarimos aos máis pequenos.
 Pilota a súa propia avioneta ...
Podes atopar máis en:

luns, 21 de novembro de 2016

luns, 14 de novembro de 2016

Taller de lectura!!

Actividade de lectura conxunta na Biblioteca, uns len a outros os seus libros preferidos, practican lectura, escoita, comprensión e expresión e coñecen moitos libros nunha soa sesión!
 E preparan, practican na casa a súa lectura. 
Utilizan a biblioteca de aula, do centro ou da súa casa e poñen moito empeño en facelo moi ben!

Unha vez ao mes, imos preparando xa a de decembro, será o luns día 12.


sábado, 12 de novembro de 2016

A volta ao mundo en 80 días! Julio Verne

Película  superdivertida e moi entretida, baseada na novela de Julio Verne.
Os protagonistas van percorrendo o mundo dando a volta enteira en oitenta días  por unha aposta. Gañarán ou perderán esa aposta? 
Aproveita o domingo para vela!
Máis pelis na páxina deste blog"Películas":
E tamén na páxina do proxecto:

mércores, 9 de novembro de 2016

Mañá visitaremos a Biblioteca pública de Vigo "Juan Compañel".

Mañá , os cursos de 4º, 5º e 6º , visitaremos a Biblioteca Pública de Vigo "Juan Compañel", que está na Rúa Joaquín Yáñez, no medio do casco vello de Vigo. 
Podes facer unha visita virtual premendo na imaxe:

Comezamos este curso os Obradoiros de Igualdade para Infantil, 2º, 4º e 6º cursos.

 En sexto de primaria, Elsa,
 a monitora explicounos como foi a vida da matemática galega María Wonenburguer,
 que nacida a comezos do século vinte,
non gozou de iguais oportunidades na súa carreira polo feito de ser muller.
Neste mes de novembro celébrase o Mes da Ciencia en Galego. Esta é a nosa pequena homenaxe.

Para saber máis escoitamos con atención este  interesantísimo vídeo sobre María Wonenburguer:
“Camiña Con Nós pola Igualdade” é un programa educativo promovido pola Concellería de
Igualdade do Concello de Vigo. Destinado á sensibilización e formación na igualdade de oportunidades de nenas e nenos.

 O alumnado  é  moi  receptivo;  trátase  dunha  etapa  educativa  idónea  para  traballar  a  igualdade de xénero.

  O  programa  elaborado,  e  impartido  por  dúas  pedagogas  que,  ten  como  base  o  traballo  feito  nas  edicións anteriores, e dende unha perspectiva de xénero, desenvolven catro obradoiros temáticos
para cada etapa  educativa. Neles, a  través  dunha metodoloxía lúdica e  participativa,  búscase promover a igualdade entre  homes e mulleres.

domingo, 6 de novembro de 2016

DRÁCULA de Bram Stoker, para nenos e nenas.

Novidade:
A editorial Baía ofrece un moi bo álbum ilustrado baseado na novela de Bram Stoker, Drácula, con adaptación de Dominique Marion e ilustracións de Jérémy Fleury
 Con ilustracións que enchen a dobre paxina e que achegan un texto clásico e fantástico a un lectorado máis novo. E o máis importante aínda, que está na nosa lingua.
Un agasallo perfecto!
Sinopsis: O mozo pasante de notario, Jonathan Harker, marcha a Transilvania para finalizar a venda dunha mansión en Londres para o conde Drácula. Personaxe inquietante, con costumes extraños. Drácula provoca que o mozo se atope cada vez máis a desgusto, sentíndose prisioneiro da súa maléfica empresa. En Inglaterra, a bela Lucy loita contra o mal misterioso que a corroe pouco a pouco, coa axuda do Dr. Van Helsing, experto en criaturas fantásticas...
Concluindo, é un bo libro que sirve para introducir aos nenos e nenas na literatura máis propia dos adultos, en temáticas ou enfoques axenos a eles, e que pode contribuir ao desenvolvemento do seu interese pola lectura no futuro. Ademais disto, as ilustracións están cheas de cores moi vistosos que namoran ata aos máis maiores.

xoves, 27 de outubro de 2016

Chegou o Samaín, para ver e ler!

Unha verdadeira festa coa que disfrutaremos e para participar, Crocaio seleccionou cancións,
 libros , pelis e puzzles...Adiante!
Video elaborado pola Biblioteca Mestres Goldar coa canción do grupo Mamá Cabra
Xoga con este Lim de Ana Mª Fernández facendo Clic nas cabazas e aprenderás sobre O Samaín:
LIBROS E PELIS, unha sorpresa en cada imaxe:



Consigue facer este puzzle:
Feliz Samaín!!

mércores, 5 de outubro de 2016

Gran festa da Bibliocrocaio!

Ola amigas e amigos :
O próximo luns día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares!
A Biblio Crocaio, despois de vestirse de gala, vai a celebralo por todo o alto.
Este ano o lema escollido dende a Consellería de Cultura e Educación para os centros educativos é: 
Biblioteca escolar : territorio das artes

Convidando a explorar fórmulas para espertar nos lectores e lectoras o interese por achegarse ao mundo das artes e poder experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a literatura, as artes visuais: cine, cómic, videoxogos...    



  A BiblioCrocaio xa traballou a pintura , os xogos e a música tradicional, e agora atrevémonos co sétimo arte: O CINE!    


Pasaremos todos os cursos pola BIBLIO, recibiremos os carnés de lector, as carpetas e os agasallos, cestas de libros e mochilas viaxeiras, alí, todos xuntos veremos a montaxe que preparamos sobre o libro de Pepe Carreiro: Os Bolechas queren saber como se fai o cinema, que tedes arriba premendo no director de cine e tamén no actor-Bolecha.

Veremos tamén a curtametraxe:

The fantastic flying books, gañadora dun Oscar á mellor curtametraxe animada.


  Croaio  anímavos a ler para
 ser bos críticos  e
             aprender todo o posible!!

domingo, 2 de outubro de 2016

Minúsculos

Rebuscando na rede cine interesante para o noso proxecto, ademais do cine que podedes ver na páxina:  http://crocaiodesampaio.blogspot.com.es/p/proxecto-o-cine.html,
 Crocaio atopou este marabilloso documental que forma parte dunha serie:
"Minuscule" de animación francesa de 78 episodos onde insectos e outros invertebrados “animados” son os verdadeiros protagonistas en escenarios reais. Nesta obra de arte consíguese  un achegamento ao mundo máis pequeno, ao que casi nunca prestamos atención, a non ser para “pisalos”. Sen diálogos e con zumbidos,  vai a gustar a pequenos e maiores. 
http://www.luzdeluciernagas.com/category/series-y-documentales-en-valores/

mércores, 28 de setembro de 2016

Pronto celebraremos o Día Das Bibliotecas

Fada da Lectura
(María Rosa Serdio)

Hai algún tempo
que, nesta escola,
está presente
voa que voa.

Vixía andeis,
conta os libros,
mira quen anda
polos pasillos.

Queda sentada
mentras ti entras,
le no teu libro
sin que o saibas.

Anda lixeira
e non ten présa.
Soña contigo,
baila na risa...

Inventa contos,
canta ¡e rapea!
Busca o silencio
na Biblioteca.

Ella é a raiña
de túa cultura.
Ela é a Fada
da Lectura.

martes, 13 de setembro de 2016

100 anos de Roald Dahl


 

O escritor Roald   Dahl cumpliría hoxe 100 anos.
Desde aquí lembramos títulos como:
As bruxas
Matilda
Charlie e a fábrica de chocolate
A marabillosa medicina de Jorge
James e o melocotón xigante
O xigante bonachón
Case todos levados ao cine e lidos e relidos moitas veces, constatan que aínda segue de plena actualidade.
Libros de lectura que recomendamos e que non poderás deixar de ler ata rematalos porque son super entretidos e interesantes. Sempre o tema da infancia, nenos e nenas protagonistas envoltos en mil e unha aventuras.

luns, 12 de setembro de 2016

Así foi o primeiro día

 Teremos como artistas invitados neste curso de cine a Carlos Casares, Maruja Mallo...entre outros!
 Visitas de ex alumnos
 Xogos nos recunchos
 Os novos alumnos xa integrados
 Disfrutamos do sol e dos amplios patios

 Novo xoguete: a area!

 E coma sempre...

Feliz curso a tod@s!

martes, 6 de setembro de 2016

Un Pondal de película!!!


"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
 Crocaio pegou un bo chimpo de ledicia porque a el gústalle moito o cine, e este vai ser o tema do noso Proxecto Documental Integrado deste curso 2016-2017.
 Lecturas de cine! Lectores de película!

xoves, 1 de setembro de 2016

Preparados...

Hoxe comeza  o mes de setembro.
Imos poñendo en marcha o necesario para que o inicio das clases nos pille preparados...Mochilas, libros, material diverso...
Lemos ou relemos algo nos libros..
Crocaio dávos a benvida  ao Blog coas fermosas ilustracións de libros infantiles da escritora Fiep
Westendorp da que se cumplen 100 anos do seu nacemento e que nos proporciona a cabeceira do noso blog.