venres, 11 de decembro de 2015

Libros de Lectura para ler en Nadal:

Desde a Biblio Crocaio do Ceip Eduardo Pondal:
Repetimos a experiencia de comprar un libro para ler durante as vacacións de Nadal que máis adiante será traballado nos obradoiros de lectura de cada aula.
Este ano todos os cursos participan: Infantil e  Primaria e ademais  algún dos seus autores visitarán a Biblio Crocaio e  falarannos  dos seus libros e de cómo escriben unhas historias tan chulis.
É una gran honra para nós contar con estes autores e pola experiencia de anos anteriores todos disfrutamos moito con esta actividade, por iso,  queremos ofrecervos xa os títulos para que poidades reservalos nas libreirías máis próximas.

O alumnado de  Educación  Infantil  disfrutará si lles ledes:
En galego ou castelán.
Para 1º curso de Primaria , un autor que lles gusta moito Vicente Muñoz Puelles e o seu libro: Laura y el ratón de Edicións Xerais colección Sopa de libros.



2º curso de primaria lerán O lapis de Rosalía, de Antón Cortizas, de Edicións Xerais

3º e 4º cursos lerán As fadas verdes de Agustín Fernández Paz, da editorial SM da colección Barco de Vapor
Tamén de Agustín Fernández Paz será o libro que lerán 5º e 6º cursos: O segredo da Illa Negra, de Edicións Xerais.


Lembrade que:  UN LIBRO É O MELLOR AGASALLO

10 de decembro día dos dereitos humanos nas Bibliotecas Escolares

domingo, 29 de novembro de 2015

Xosé Neira Vilas: escritor.

"Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña". 
O escritor Xosé Neira Vilas faleceu o día 27 de novembro na súa casa de Gres, en  Pontevedra, á idade de 87 anos. Estivo casado coa tamén escritora cubana Anisia Miranda coa que viviu en Cuba trinta e un anos.

O seu libro máis importante: Memorias dun neno labrego chegou a súa 35 edición, vendeu máis de 600.000 exemplares.
               Está dedicado "A todos os nenos que falan galego"

Tomamos prestado este estupendo xogo LIM do Blog do CEIP de FRIAN sobro o seu libro.
Tamén do Ceip Frian, esta liña do tempo axúdanos a coñecer os momentos máis importantes da súa vida.
Importante escritor en lingua galega.O inicio do seu libro Memorias  dun neno labrego é xa un dos máis coñecidos da literatura galega por xeracións e xeracións de lectores.Con esta novela nace a literatura infantil en galego e foi o primeiro libro que leron miles e miles de galegos:

"Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña". 

venres, 27 de novembro de 2015

Proxecto colaborativo co cole de Candeán

Intercambiamos materais relacionados co PDI da Biblioteca.
O noso cole recibiu unha mensaxe nunha botella, o alumnado de Infantil  acolleuno con misterio e ledicia , abriu a mensaxe e soubemos que... están traballando o tema do mar e comunicáronse con nós pola mensaxe da botella.
Nós enviámoslle outro agasallo relacionado  e ademais uns códigos QR que esperamos lles gustasen!
Tedes toda a información no Blog dos pequenos:
http://ospequesdesampaio.blogspot.com.es/



Charlas para alumnos e pais na Biblioteca

Esta semana por xentileza da policía local do Concello de Vigo tivemos dúas interesantes charlas para os alumnos e alumnas de 5º e 6º cursos:
A primeira o martes, dentro do programa Plan Director 2015-16, para mellorar a convivencia e a seguridade no centro escolar e no seu entorno: O ACOSO ESCOLAR
 O vindeiro martes 1 de decembro as 17:00 horas terá lugar a charla dirixida as familias sobre o acoso escolar.
 
 
 

 
 O xoves tivemos a charla de EDUCACIÓN VIARIA para concienciarnos de ser uns condutores e peóns respectuosos coas normas e os sinais evitando así a maoiría dos accidentes que se producen poer estes motivos.
Moitas grazas aos axentes pola súa profesionalidade e paciencia.

domingo, 22 de novembro de 2015

25 de Novembro Día da igualdade de xénero e contra a violencia machista


Lecturas na mochila violeta, libros de lectura non discriminatoria para infantil e primaria .
A educación é a principal ferramenta para conseguir que nenas e nenos sexan capaces de identificarse libremente con roles, con sentimentos e emocións  sen condicionamentos de ideas sexistas preconcebidas.
Unha educación en igualdade prepáranos contra o sexismo e  é a mellor prevención da violencia de xénero.
Fai clic para ver esas lecturas.

Na BiblioCrocaio podedes atopar entre outras estas lecturas para este día:





xoves, 19 de novembro de 2015

Experimenta coa Ciencia !

Novembro,  mes da ciencia nas Bibliotecas escolares:
Visitamos o centro arqueolóxico Salinae de Vigo

 Investiga:
Como simular a erupción dun volcán con bicarbonato e vinagre?Reacción química ácido - base:
http://educaconbigbang.com/2014/02/experimento-del-volcan-de-vinagre-y-bicarbonato/


Experimento da presión do aire:
http://educaconbigbang.com/2013/10/experimento-de-presion-del-aire-infla-un-globo-dentro-de-una-botella/
Máis experimentos desde infantil a primaria:

sábado, 14 de novembro de 2015

1º ,2º e 3º visitan a Biblioteca Pública Juan Compañel de Vigo

 Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Joaquín Yáñez, 6
36202 Vigo
biblio.publica.vigo@xunta.es
Facebook: BibliotecaPublicaCentralVigo
Twitter: @bibliotecavigo

Atópase no Casco Histórico de Vigo, perto da zona portuaria e da Concatedral.
Se facedes Clic no edificio podedes entrar no seu portal de internet e facer calquera consulta.

DEBE O SEU NOME AO EDITOR E IMPRESOR  DA OBRA DE ROSALÍA DE CASTRO CANTARES GALLEGOS EN 1863, QUE TIÑA O SEU TALLER NA RÚA REAL, PERTO DA BIBLIOTECA.
Nunha soleada mañá de novembro visitamos as instalacións da Biblioteca Pública de Vigo e como podedes observar no vídeo, despois dunha amena charla de presentación da Biblioteca, puidemos disfrutar dos libros máis máxicos que hai nela, e non podiamos parar ...Volveremos!
Ao remate paseamos pola zona do porto, vimos unha fragata e fixemos unha foto no monumento a Julio Verne que hai no paseo marítimo.

xoves, 12 de novembro de 2015

Festa do magosto 2015

 A CASTAÑA: teatro lido , polos alumnos e alumnas de 5º e 6º:
 As CANTAREIRAS de SAMPAIO :
 Moitas grazas  por animar a nosa festa.
       Fantásticas!
 Castañas, chourizos e xogos para todos: avoas, avós mamis e pais., curmáns...
 Pasámolo moi ben. Como debe ser  en todo magosto!

Moitas grazas tamén ás mamis "castañeiras"

mércores, 11 de novembro de 2015

Gran festa do Magosto, día 12 de novembro

Festa de convivencia coas familias, abriremos as portas ás 11.45, para todo@s @s que queirades compartir con nós esta festa de MAGOSTO.
Haberá castañas asadas, chourizos á brasa con pan, auga e sobre todo moitos xogos para tod@s!
Animádevos!
Así fomos preparando nas aulas as actividades:



Aprendemos un poema de Manuel María:
 O ourizo
Co seu ouro vello, mol,
O ourizo ouriceiro
Toma o sol
No bico dun castiñeiro.

Tal un señor moi mandón:
                                No bico dun castiñeiro                                   
O ourizón
Toma o sol moi riseiro.

O ourizo está moi ledo
Coa súa casa ben pechada
-Ouh, que medo!-
De espiñas ben cercada.

Quere botar una risada
E os seus dentes arregaña
Case un nada:
E xa fuxiu a castaña!

                                              Manuel MaríaOs soños na gaiola.

Escribimos outros contos con estas mesmas imaxes:

Na Biblio Crocaio podemos ler:

xoves, 5 de novembro de 2015

COMO SE COLOCAN OS LIBROS NUNHA BIBLIOTECA


Repasamos con este xogo LIM do ceip de Pedrouzos (Brión) a ordenación dunha biblioteca , para saber colocar no seu sitio os libros que devolvemos:

mércores, 4 de novembro de 2015

Texto do científico Jorge Mira Pérez   con motivo da celebración do Mes da Ciencia
 "Para un humano primitivo, un cadro de Picasso só sería un trapo, untado con graxas de cores, e un libro de Rosalía de Castro, un montón de papeis con manchas negras. Para nós iso xa non é así, por mor da educación que recibimos, que nos fai posible percibir beleza nesas obras.
 O universo tamén posúe, unhas leis que o gobernan, unha beleza extraordinaria. Pero non é doado percibila: vai agromando ao longo da historia, grazas ao traballo de brillantes heroes e, ademais, está agochada para aquela persoa non formada cientificamente. O descubrimento desa beleza foi un feito clave na vida das persoas que máis tarde decidiron traballar na ciencia. Marabilláronse con ela e comprenderon que tanto descubrila como crear con base nela son o meirande reto intelectual e unha fonte de pracer diferente.
Afortunadamente, con ese proceso de descubrimento e creación melloraron as nosas condicións de vida. Un dos signos máis evidentes do avance humano é o seu progreso científico e tecnolóxico. Cando un neno pequeno descobre algo que lle encanta, enseguida corre a dicirlles aos seus pais: “Mirade isto!”.
Ese mesmo instinto é o que lanza a moitos científicos a divulgaren o seu coñecemento, a intentar que os que os rodean vexan o mesmo que eles ven. Ocorre, porén, que ás veces transmitir ese coñecemento non é trivial. Cómpre, polo tanto, un esforzo de axeitada tradución da ciencia para poderllo contar á maior cantidade de persoas. Nese proceso, a lingua, como soporte das ideas, xogará un papel fundamental.
O galego, tanto pola riqueza que lle dá o seu milenio de historia, como pola súa condición de porta aberta a centos de millóns de persoas da lusofonía, é vehículo esencial para transportar masivamente a ciencia e o labor dos moitos científicos de excelencia que temos en Galicia.

Prezadas bibliotecas públicas e bibliotecas escolares de Galicia: grazas por vos converterdes nas prazas públicas nas que isto se fará posible ao longo do mes de novembro".
Recopilación de materiais de ciencia en galego
Na Biblio Crocaio:


Xoga con este pasapalabra de ciencias naturais: