xoves, 17 de decembro de 2015


Recomendacións lectoras para os agasallos de nadal.

 Que libro podemos regalar por nadal?
Crocaio fixo unha selección de libros para todas as idades e tamén música , que seguro acertaredes si os elexides. Moitos deles estan relacionados co proxecto  de traballo deste ano da biblio Crocaio, os contos.As imaxes enlazan con outra páxina na que tedes máis información.

O rei oso branco e outros contos marabillosos de Kalandraka ilustrados por Óscar Villán co seu inconfundible estilo.
Contos do mundo, sobre reis e princesas, mundos fantásticos e animais parlantes. O humor e a ledicia, a tenrura, o medo e o terror, están presentes nestas historias que nos permiten facer viaxes imaxinarias ata fragas enmarañadas, vales profundos ou altas montañas, para coñecer personaxes inauditos e experimentar aventuras trepidantes.
POESÍA ILUSTRADA
Outra volta sobre un clásico entrañable da Literatura Infantil e Xuvenil galega, con poemas  que evocan os campos, o bulir da fauna dos bosques e dos ríos, e a vida cotiá da infancia no medio rural.


Kalandraka, libro moi premiado, conta unha historia que pode pasarlle a calquera, pero quen foi?


Kalandraka Editorial.
Conto popular que mantén toda a oralidade e frescura.


Editorial SM. Autor Agustín Fernández Paz. Barco de vapor.
Unha novela centrada na amistade que manteñen Diana, unha nena de oito anos, e Goewin, unha pequena fada verde, a única da súa especie que sobrevive a un terrible incendio que arrasa o bosque onde vivía.


Editorial Everest: Contos clásicos con finais sorprendentes, en verso e prosa de Juan Carlos Martín
Ramos.


El joven caballero Ausencio está locamente enamorado de la princesa Áurea, pero solo puede conseguir su mano si le arranca al mago Guarismundo su mayor secreto: el número primo más grande conocido en todo el reino. 
Autor: Carlo Frabetti
Editorial edebé






Unha mañá apareceu un coello, un coelliño branco,  ben recheo, sonrosadiño, un coelliño branco que ía tan contento caminño del mercado ecolóxico, a comprar 3 kilos de cenorias frescas. Cando de súpeto o lobo deu un gran salto e berrou: "¡AHHHHHHHH! ¡VOY A COMEDTE AHODA MIDMO CONEJITO BLANCO!Texto: Jean-Marc Derouen.
Ilustraciones: Laure du Faÿ.
Editorial: Kókinos.


COLECCIÓN DE POESÍA EN FORMATO  ÁLBUM ILUSTRADO. 
Un magnífico libro ilustrado para descubrir os personaxes do mundo da fantasía a través da poesía.
Carmen Gil e carlos Reviejo. SM

Edicións Xerais.
Autor:Agustín Fernández Paz. Sopa de libros.
Os dous extensos relatos contidos neste libro están narrados seguiendo as pautas dos cuentos marbillosos da tradición oral, con  elementos propios dos contos de medo e misterio.


Ed. Xerais. Autor Antón Cortizas
Rosalía ten seis anos...da súa boca saen bolboretas.


Hacer un trabajo de clase no consiste en copiar información de un libro o de Internet, sino en seleccionar, estructurar y redactar información sobre un tema para luego transmitirla oralmente o por escrito.
 Editorial Anaya. Coleción Mundopizca. Autora:Ana Alonso




Mamá Cabra canta poemas para a PAZ de Carmen Gil.


klops é un gato que descobre unha estrela e pensa un desexo , pero...
Hércules Edicións

A cantante Uxía e Magín Blanco fan unha visión moderna dos versos de Manuel María , poeta galego ao que dedicaremos as Letras Galegas 2016.


Conto popular con escenarios de teatriño en pop-up. Ed. Combel
Como abordar o complexo mundo das emocións e os sentimentos . Para papis e mamis. Editorial Galaxia. Autora Julia Fernández, viguesa que traballou moitos anos en aulas hospitalarias.

Lembra que En Nadal, o mellor agasallo é un libro!
Boas lecturas de Nadal!





venres, 11 de decembro de 2015

Libros de Lectura para ler en Nadal:

Desde a Biblio Crocaio do Ceip Eduardo Pondal:
Repetimos a experiencia de comprar un libro para ler durante as vacacións de Nadal que máis adiante será traballado nos obradoiros de lectura de cada aula.
Este ano todos os cursos participan: Infantil e  Primaria e ademais  algún dos seus autores visitarán a Biblio Crocaio e  falarannos  dos seus libros e de cómo escriben unhas historias tan chulis.
É una gran honra para nós contar con estes autores e pola experiencia de anos anteriores todos disfrutamos moito con esta actividade, por iso,  queremos ofrecervos xa os títulos para que poidades reservalos nas libreirías máis próximas.

O alumnado de  Educación  Infantil  disfrutará si lles ledes:
En galego ou castelán.
Para 1º curso de Primaria , un autor que lles gusta moito Vicente Muñoz Puelles e o seu libro: Laura y el ratón de Edicións Xerais colección Sopa de libros.



2º curso de primaria lerán O lapis de Rosalía, de Antón Cortizas, de Edicións Xerais

3º e 4º cursos lerán As fadas verdes de Agustín Fernández Paz, da editorial SM da colección Barco de Vapor
Tamén de Agustín Fernández Paz será o libro que lerán 5º e 6º cursos: O segredo da Illa Negra, de Edicións Xerais.


Lembrade que:  UN LIBRO É O MELLOR AGASALLO

10 de decembro día dos dereitos humanos nas Bibliotecas Escolares

domingo, 29 de novembro de 2015

Xosé Neira Vilas: escritor.

"Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña". 
O escritor Xosé Neira Vilas faleceu o día 27 de novembro na súa casa de Gres, en  Pontevedra, á idade de 87 anos. Estivo casado coa tamén escritora cubana Anisia Miranda coa que viviu en Cuba trinta e un anos.

O seu libro máis importante: Memorias dun neno labrego chegou a súa 35 edición, vendeu máis de 600.000 exemplares.
               Está dedicado "A todos os nenos que falan galego"

Tomamos prestado este estupendo xogo LIM do Blog do CEIP de FRIAN sobro o seu libro.
Tamén do Ceip Frian, esta liña do tempo axúdanos a coñecer os momentos máis importantes da súa vida.
Importante escritor en lingua galega.O inicio do seu libro Memorias  dun neno labrego é xa un dos máis coñecidos da literatura galega por xeracións e xeracións de lectores.Con esta novela nace a literatura infantil en galego e foi o primeiro libro que leron miles e miles de galegos:

"Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña". 

venres, 27 de novembro de 2015

Proxecto colaborativo co cole de Candeán

Intercambiamos materais relacionados co PDI da Biblioteca.
O noso cole recibiu unha mensaxe nunha botella, o alumnado de Infantil  acolleuno con misterio e ledicia , abriu a mensaxe e soubemos que... están traballando o tema do mar e comunicáronse con nós pola mensaxe da botella.
Nós enviámoslle outro agasallo relacionado  e ademais uns códigos QR que esperamos lles gustasen!
Tedes toda a información no Blog dos pequenos:
http://ospequesdesampaio.blogspot.com.es/



Charlas para alumnos e pais na Biblioteca

Esta semana por xentileza da policía local do Concello de Vigo tivemos dúas interesantes charlas para os alumnos e alumnas de 5º e 6º cursos:
A primeira o martes, dentro do programa Plan Director 2015-16, para mellorar a convivencia e a seguridade no centro escolar e no seu entorno: O ACOSO ESCOLAR
 O vindeiro martes 1 de decembro as 17:00 horas terá lugar a charla dirixida as familias sobre o acoso escolar.
 
 
 

 
 O xoves tivemos a charla de EDUCACIÓN VIARIA para concienciarnos de ser uns condutores e peóns respectuosos coas normas e os sinais evitando así a maoiría dos accidentes que se producen poer estes motivos.
Moitas grazas aos axentes pola súa profesionalidade e paciencia.

domingo, 22 de novembro de 2015

25 de Novembro Día da igualdade de xénero e contra a violencia machista


Lecturas na mochila violeta, libros de lectura non discriminatoria para infantil e primaria .
A educación é a principal ferramenta para conseguir que nenas e nenos sexan capaces de identificarse libremente con roles, con sentimentos e emocións  sen condicionamentos de ideas sexistas preconcebidas.
Unha educación en igualdade prepáranos contra o sexismo e  é a mellor prevención da violencia de xénero.
Fai clic para ver esas lecturas.

Na BiblioCrocaio podedes atopar entre outras estas lecturas para este día:





xoves, 19 de novembro de 2015

Experimenta coa Ciencia !

Novembro,  mes da ciencia nas Bibliotecas escolares:
Visitamos o centro arqueolóxico Salinae de Vigo

 Investiga:
Como simular a erupción dun volcán con bicarbonato e vinagre?Reacción química ácido - base:
http://educaconbigbang.com/2014/02/experimento-del-volcan-de-vinagre-y-bicarbonato/


Experimento da presión do aire:
http://educaconbigbang.com/2013/10/experimento-de-presion-del-aire-infla-un-globo-dentro-de-una-botella/
Máis experimentos desde infantil a primaria:

sábado, 14 de novembro de 2015

1º ,2º e 3º visitan a Biblioteca Pública Juan Compañel de Vigo

 Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Joaquín Yáñez, 6
36202 Vigo
biblio.publica.vigo@xunta.es
Facebook: BibliotecaPublicaCentralVigo
Twitter: @bibliotecavigo

Atópase no Casco Histórico de Vigo, perto da zona portuaria e da Concatedral.
Se facedes Clic no edificio podedes entrar no seu portal de internet e facer calquera consulta.

DEBE O SEU NOME AO EDITOR E IMPRESOR  DA OBRA DE ROSALÍA DE CASTRO CANTARES GALLEGOS EN 1863, QUE TIÑA O SEU TALLER NA RÚA REAL, PERTO DA BIBLIOTECA.
Nunha soleada mañá de novembro visitamos as instalacións da Biblioteca Pública de Vigo e como podedes observar no vídeo, despois dunha amena charla de presentación da Biblioteca, puidemos disfrutar dos libros máis máxicos que hai nela, e non podiamos parar ...Volveremos!
Ao remate paseamos pola zona do porto, vimos unha fragata e fixemos unha foto no monumento a Julio Verne que hai no paseo marítimo.