sábado, 14 de febreiro de 2015

Entroido tradicional no Eduardo Pondal!

Non temos que ir a Laza
E moito menos a Verín.
Cigarróns coas súas chocas 
Xa escoitamos por aquí.
Xa escoitamos por aquí
As comparsas deste ano.
Incluidas as das nais
E sempre con moito xeito
Este ano acompañáronnos 
O Entroido Tradicional
Estivo fenomenal,
Ainda que tivemos choiva
Comimos orellas e filloas.

Larpeiradas a fartar.
E o ano que vén voltar!!

mércores, 11 de febreiro de 2015

O Meco manda para mañá xoves:

Cinto para suxeitar as chocas:
 Chocas para facer ruido:
Anímate a participar no concurso dos Bolechas!
Velaquí tes ao seu Peliqueiro:

Entra e verás!



martes, 10 de febreiro de 2015

O Meco manda para mércores:

CHALEQUE
E xa falta pouco para o desfile! 
Hoxe ensaiamos as Regueifas de entroido e tamén o Bugui e a Carrasquiña para que todo saia ben.
As regueifas son cantos populares nos que dúas ou máis persoas cantan disputando sobre un tema determinado. Son improvisacións que teñen moita dificultade e hai que ser moi bo rimador para realizalas correctamente. Son semellantes ao RAP actual pero máis populares.
Lembrades estes regueifeiros que estiveron no cole? Aquí os tedes dando unha clase no IES de Beade co seu instrumento máis  tradicional:a zanfona

Son Luis Caruncho e Pinto de Herbón

luns, 9 de febreiro de 2015

sábado, 7 de febreiro de 2015

O personaxe máis típico do entroido galego:

Este vai ser o noso disfraz:


CIGARRÓN: personaxe do Entroido, tamén coñecido como peliqueiro, choqueiro ou chocalleiro, segundo os lugares, típico da zona de Verín e Laza. 
É en Verín onde se tende a designar como cigarrón, que golpea a xente cun látego ou cun pau rematado nunha vexiga, levántalles as saias ás rapazas e obriga a quen captura a convidalo a viño. 
É “intocable” por parte do público e mantén a súa identidade no anonimato. 
Viste camisa branca, gravata vermella, chaquetiña curta de seda con adornos dourados e panos de cores, faixa de seda sobre a que vai un cinto de coiro con cinco ou seis chocas de gran tamaño, calzón curto de seda con borlas de la de variadas cores, ligas, medias brancas de fantasía e zapatos baixos e negros. Leva unha carauta feita de madeira cunha especie de mitra de latón na que están pintados distintos animais.

Para saber máis
 http://www.xunta.es/linguagalega/entroido
 Seguro que nestes días probaremos estas deliciosas orellas e filloas típicas do entroido galego.Premendo nelas  teredes a receita.

Chegou o Entroido!

Se premes no cartel terás toda a programación do Entroido de Vigo:
O noso Meco Peliqueiro manda para o luns unha GRAVATA




O sabor da aventura está no mar


Video resume da visita ao Porto de Vigo, museo do mar e posterior degustación de comida con productos do mar no cole.

xoves, 5 de febreiro de 2015

Entroido no Caderno Verde de Sogama

Capítulo 23: O Entroido from Ronsel de Ideas on Vimeo.
No Caderno Verde de Sogama poden atoparse ademais estampas para colorear: a escola, o Anselmo Peliqueiro ou unha carauta.

SON SAN: Raquel Queizás na BIBLIOCROCAIO


Co seu espectáculo SON SAN. 
 Raquel trouxo uns monicreques construídos con material de refugallo 
(vasos e pratos de cartón), con música e algunha coreografía para bailar. 
Xan, o monicreque protagonista ensinounos o importante que é levar
 unha vida saudable, cun bo almorzo e unha alimentación variada así 
como, de forma divertida, descubriunos como levar a cabo unha boa 
hixiene. 
Estivo moi interesante e entretido!!

Grazas Raquel!  Volve cando queiras...

sábado, 31 de xaneiro de 2015

Así foi o noso Día Da Paz:

A PAZ NON É UN XOGO!!
Este Día Escolar pola Paz 2015 estreamos na Bibliocrocaio o vídeo que dirixiu o profe Óscar  no que participamos todos e que nos fixo reflexionar sobre os comportamentos habituais para animarnos a colaborar, compartir, ceder, reflexionar etc...e sobre todo a RESPECTAR en situacións cotiás que vivimos a diario.
Traballamos esas palabras nos "diálogos" do vídeo e tamén nas pegatinas que repartiu Crocaio.
Disfrutade do vídeo!


Tamén aprendimos " O baile da Carrasquiña" e así de ben o bailamos:

E aí quedan esas preciosas imaxes de compañeirismo, colaboración  e traballo compartido que foi para nós a celebración deste día:
Lendo o Manifesto pola Paz elaborado e lido polo alumnado de 5º e 6º cursos:

xoves, 29 de xaneiro de 2015

Venres 30 de Xaneiro : Día escolar pola PAZ


Este venres 17 celebramos o Día Escolar pola PAz no 67 cabodano da morte de Gandhi.
Aproveitamos esta data para fomentar as boas relacións  nas actividades cotidianas como nos xogos, na aula, na familia e tamén a resolución pacífica dos pequenos e grandes conflictos que se presentan a diario. Para eso elaboramos un video que estrearemos mañá no que aparece todo o noso alumnado en situcións de conflito resoltas pacificamente.
Queremos tamén lembrar aos dous derradeiros Premios Nobel da Paz e sobre todo a MALALA, unha rapaza pakistaní de 17 anos galardoada co Nobel da Paz pola defensa do dereito á educación das mulleres.


Nobel da paz 2014 from bibliotecadocole
Agradecemos a Bibliotecadocole de Moaña a información sobre  os premios Nobel.


Mañá tamén bailaremos e cantaremos todos o baile da CARRASQUIÑA. E sabedes o que é unha carrasquiña? Pois esto:


CARRASQUIÑA O INSTRUMENTO POPULAR PARA TOCAR -Está feito de alambre e chapas de botellas machacadas, para suxeitala puxéronlle cinta plástica para non mancar as mans.

mércores, 28 de xaneiro de 2015

martes, 27 de xaneiro de 2015

luns, 26 de xaneiro de 2015

Domingo fareleiro abriu o Entroido:

Todo sobre o Entroido Galego:
O Entroido  é unha festa popular que ten a súa orixe como anuncio do fin do inverno e comezo da primavera.
O Domingo Fareleiro de Xinzo de Limia , que foi este domingo pasado, abre o Entroido en Galicia que durante un mes prepara  esta grande festa.




luns, 12 de xaneiro de 2015

Xogar axúdanos a medrar e a soñar


Pronto celebraremos o Día escolar pola paz e non violencia.
Achegámonos a ese día con estos Xogos coas palabras da Web http://www.rinconsolidario.org/palabrasamigas/ 
 e as súas Palabras amigas, fai clic e xoga con puzzles, crucigramas, o aforcado e tamén hai un apartado de xogos pola PAZ, búscaos e divírtete!
Xoga coas palabras: 
e tamén podemos pedir na Bibliocrocaio libros coma este:

venres, 9 de xaneiro de 2015