xoves, 24 de setembro de 2015

Estamos en OUTONO!





Un ano máis chegou o outono. 
A estación que precede ao inverno e que nos trae eses froitos riquísimos cos que comezamos o curso escolar: as mazás, as uvas, as castañas...

Aquí tedes a historia A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA, para  ler e contar, e así ir entrenando para o proxecto deste ano na Biblio : CANTOS CONTOS COÑECES E CONTAS?
A fin de curso farémolo reconto. mentres tanto  a ler...


xoves, 17 de setembro de 2015

Biblioteca escolar: base de exploracións

Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso 2015/2016 para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares da  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 
A imaxe responde á interpretación do lema elixido por parte do ilustrador e autor de banda deseñada FRAN BUENO
O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información; convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.  
 

mércores, 9 de setembro de 2015

Coñecedes o conto?

Este vai ser o primeiro conto do curso que comeza mañá, pero haberá mooooitos máis!




Moitos contos  para escoitar, para contar, para ler, para representar, para colorear, para recrear, para todo o que se nos ocurra!

Vai pensando Que conto sabes contar? porque este é o tema do proxecto anual da Biblio Crocaio.

Mentres ide refrescando esa memoria con esta fermosa historia:

martes, 1 de setembro de 2015

Por fin setembro!

Crocaio está impaciente por ensinarvos o libro Barxilón no mar de latón que recibimos no cole a derradeira semana de xuño así que preparade todo que axiña nos vemos!
PERO MENTRES TANTO APROVEITADE ESTES ULTIMOS DÍAS DE PRAIA!!

venres, 12 de xuño de 2015

Visita da escritora Concha Blanco :


          Portáronse como os maiores, atentos, interesados, preguntóns!

 Estupenda a charla, os contos, as adiviñas que nos ofreceu a escritora que veu de Cee, na provincia da Coruña só para visitarnos.

O seu libro "As noites de Xián" contén esa maxia que fai que os contos cheguen aos nenos  case sen decatarse e non o esquezan.

Ela , coa súa caixiña de música e o seu falar tranquilo  tamén nos ofreceu unha visita inesquecible.

Moi agradecidos ! Moita sorte cos teus novos libros!

xoves, 4 de xuño de 2015

Gañadores do concurso : "Nós tamén creamos"


CEIP Bergantiños, Carballo (A Coruña)Alumnado de Educación Infantil




Alumnado de primeiro e de segundo de Educación Primaria
  •  CEIP da Torre-Illa, Illa de Arousa (Pontevedra)



Alumnado de terceiro e cuarto de Educación Primaria
  •  CEIP Carlos Casares, Nigrán (Pontevedra)


Podedes ver todos filmes desta cuarta edición na sección infantil do web da TVG.
e para máis información
http://www.xunta.es/linguagalega/nos_tamen_creamos


mércores, 27 de maio de 2015

Visita da escritora Concha Blanco

Concha Blanco é  unha pedagoga, mestra e escritora en lingua galega. 

 Foi unha das primeiras autoras en 

facer libros didácticos en lingua galega.


As noites de Xián conta a historia dun neno chamado  Xián que:nacera nunha vila mariñeira e a súa casa estaba preto do mar. Desde o seu cuarto escoitaba o romper das ondas, que o arrolaba para coller o sono. Chegou o día no que tivo que deixar a súa vila e marchar a outro lugar. Outra vila fermosa, con montes e un río que a atravesaba, pero algo lle faltaba para poder durmir: o son do mar.
 Fermoso libro de lectura para os máis cativos que xa agardan nervioso a visita da súa autora  o próximo día 10 de xuño.

Eles xa fixeron algúns traballiños sobre o libro. Aquí tedes unha mostra :





Outros libros da autora que podedes atopar na Biblio Crocaio:

  
 
 

 E di Concha:
 Amais de ler e escribir gústame:
     Desordenar e ordenar. Escoita-la radio desde a cama. Ter encontros cos nenos e nenas. Falar por teléfono. Observa-Ia natureza. Comer tortilla de patacas ou croquetas de Ana Villar. Ver programas de entrevistas. Imaxinar por dentro as persoas. Escribir dentro do coche. Deitarme e erguerme tarde. Pasear pola praia da Langosteira, á beira do mar.
     Pero sobre todo o que máis me gusta é SOÑAR.

xoves, 21 de maio de 2015

Videorrecomendacións. Crocaio colaborou cos rapaces e rapazas de 5º e 6º e co seu profe Óscar.

E o día das Letras galegas presentáronnos este divertido vídeo recomendando algunhas lecturas que podedes atopar na BIBLIO CROCAIO
A partir de 6 anos: Unha caravana Chulísima . banda deseñada. Moi entretido.
Gol! A partir de 8 anos.Se vos gusta o fútbol e si non.
Aventuras de la Mano Negra  A partir de 8 anos. moi divertido!
Pablo Diablo... Para todas as idades  e aficións!
Heka unha viaxe máxica a Exipto. Para os maiores, para viaxar lendo e coñeceeeeer...
El mago del balón. Incrible...

Escarlatina, a cociñeira máis popular da cociña mundial, aínda que defunta.
Grandes exploradores
 

luns, 18 de maio de 2015

Cantamos e contamos

Traballo que fixo da profe Inés  para o Día das Letras 
Galegas 2015, preparou para cada curso unha
cantiga tradicional galega ademais de coñecer


Bo traballo!!



Así foi o festival: cantamos as cantigas, 
lemos sobre a vida e algún texto de X. Filgueira Valverde, o escritor homenaxeado. 
E por último , saímos a ler ao sol.
Lemos contos en galego aos máis pequenos.
Unha actividade que non por repetida deixa de sorprender,
 sempre preparan o seu conto con ilusión para que guste aos pequenos e estes están moi atentos ,
  sinon observade detidamente o a montaxe:

Noraboa a todos polo traballo ben feito!



Contos para cantar e contar é tamén uha páxina que ten mooooooitos contos.
Entra!
http://paracantarecontar.blogspot.com.es/
A nosa montaxe no Blog das bibliotecas escolares!!!!
Crocaio  superemocionado !!
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/787

venres, 15 de maio de 2015

A nosa festa das letras galegas


Estivo animada por cancións tradicionais e sobre todo por libros...

Disfrutade do Día das LETRAS GALEGAS este domingo 17 de maio.

luns, 11 de maio de 2015

Día das Letras galegas:17 de maio.


Recomendacións lectoras letras galegas 2015... por crocaio
Estas son as recomendacións lectoras da Biblio Crocaio para o Día das letras galegas 2015, que este ano homenaxea ao escritor X. Filgueira valverde. Agardamos que disfrutes da montaxe!
Todos os libros podes atopalos na BIBLIOCROCAIO!


O Aquí tes a proposta do CEIP Vilaverde para traballar sobre o escritor das letras galegas



xoves, 7 de maio de 2015

Obradoiro de maios

A Biblio Crocaio acolleu hoxe o Obradoiro de Maios ofrecido polo Concello de Vigo e o seu departamento de Normalización Lingüística. Despois da charla e vídeo na Biblio baixamos ao patio a bailar a danza tradicional de cintas de cores.
As cintas completamente entrelazadas:

mércores, 6 de maio de 2015

O noso maio

Aí vén o maio 
de flores cuberto,
puxéronse á porta cantándome os nenos,
cos puchos furados pra min estendendo,
pedíronme crocas,
dos meus castiñeiros....
Así comeza o popular poema de Curros Enríquez: O maio

 O noso maio quere representar un cubilete e un dado, que son, xunto cos taboleiros, os utensilios que utilizamos para os xogos de mesa.
 Fixémolo entre todos, coa colaboración das familias que enviaron os ramallos de xestas, fiuncho, calas, eucalipto, fentos, gladiolos, limóns e rosas; que perfuman  a entrada do cole
cun intenso arrecendo que nos fai lembrar o bo tempo, o monte e a natureza verde.
E así  din estas coplas que podemos cantar ao seu arredor :

  "Este maio que fixemos no Eduardo Pondal,
lémbranos  que a primavera esta xa a brotar,
follas, flores e froitos no verán madurarán,
 nenos e nenas  e libros tamén descansarán."

Agora só nos queda poñerlle música. Grazas ás familias pola colaboración.