luns, 24 de novembro de 2014

Lecturas compartidas: 5º e 6º leron a E. Infantil as aventuras de

DINOSAURIO BELISARIO
P. CÁCCAMO - C. ARBAT. ED. KALANDRAKA
Esta é a historia rimada dun tirano que se cría intocable: 
verde ,branco, gordo, enorme. Belisario era o terror do mundo enteiro, 
pero ás veces a vida dá sorpresas...

Mirade neste vídeo de nenos e nenas de 4º curso de outro centro as aventuras de Dinosaurio Belisario:

E así o contaron:


mércores, 19 de novembro de 2014

Charla na BIBLIO CROCAIO


O martes 25 de novembro, terá lugar na Biblio Crocaio,
unha charla sobre RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS,
 de 16.15 ata  17:45 horas.
Organizada polo Equipo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Vigo, en colaboración coa Concellería de Benestar .
Agardamos a asistencia de moitos pais e nais porque o coñecemento de estratexias de solución de problemas e a capacidade para aplicar diferentes tácticas non violentas é fundamental para lograr unha cultura de PAZ.


http://www.enredate.org/cas/educacion_para_el_desarrollo/resolucion_de_conflictos

Fíxate nesta estratexia:

sábado, 15 de novembro de 2014

Libros recén chegados á BIBLIO CROCAIO


Xogando e contando coa nosa tradición é o proxecto que fai de fío conductor para as novas adquicisións de libros da Biblio CROCAIO, aquí tedes unha pequena mostra das primeiras novidades deste curso.E ademais tamén o Premio Merlín de Literatura Infantil 2014:

Exhibición de peóns no día de San Martiño

Preme no traballo de Infantil para ver máis fotos deste día:
Traballo de investigación :
 Tempo de trompos e bólas:








domingo, 9 de novembro de 2014

Martes : Día do peón

  O martes día 11 de Novembro celébrase en toda Galicia o "Día do peón" baixo o lema "POR SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO"
Trátase con esta iniciativa de achegar o xogo tradicional ás escolas.
Na páxina web: brinquedia .net   podedes ampliar información                                         
 Nós faremos bailar os nosos peóns , trompos ou buxainas na hora de ler do martes no patio cuberto.
Nesta montaxe do CEIP de PORTO CABEIRO  descubriredes moitas curiosidades da historia do trompo:


Asociacións como Brinquedia descubríronnos o xogo do peón como un xogo universal que grazas á lingua galega convertemos nun xogo noso.
Un peón pode ser tamén buxaina, bailarete, trompo, danzarina ou sevillana.Descubrimos que para pasalo ben non precisamos de moitos cartos nin de trebellos complexos e tamén o valor de xogar xuntos, aprendendo uns dos outros, rapaces de non tan rapaces, nenos de nenas...
Se queres saber máis sobre trompos entra neste blog:

xoves, 30 de outubro de 2014

Venres ás 18.30: Onde viven os monstros, contacontos en Libros para Soñar

 LIBROS PARA SOÑAR, despide o calendario de actividades deste mes de outubro cunha sesión de contos dedicada ao Samaín. Non faltará un clásico da literatura infantil e xuvenil: ONDE VIVEN OS MONSTROS, de Maurice Sendak. Achegádevos mañá venres ás 18:30 horas!

Foi o primeiro día de Biblioteca para algúns nenos e nenas:


mércores, 29 de outubro de 2014

sábado, 25 de outubro de 2014

O NOSO DÍA DA BIBLIOTECA


O venres 24 celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares e ao memesmo tempo fixemos a inauguración ou reapertura para este curso da BIBLIO CROCAIO.
 Para poñer de relevancia ese día fixemos un montón de actividades.
 Cada curso presentou un xogo popular e unha cantiga ou unha copla de sortear, así os nenos e nenas de infantil, sortearon e xogaron despois á mariquitilla para ensinarnos como se xoga:
1º Curso  mostrounos o xogo e a canción  das bólas:
2º O Pai -fillo- nai e a canción : "Arao"

3º As Chapas e xogos de sorteo:

4º a petanca e asúa canción foi un encadeado popular:
5º O diábolo:
6º O brilé, e 5º e 6º cantaron a Canción da Biblioteca:
E por fin chegou o máis agardado : O MAGO CALI:
Tamén tivemos exposición de libros novos e de xoguetes, relacionados co proxecto dos xogos e agasallos para todos.
Un día da BIBLIOTECA FANTÁSTICO!
Mirade que contento estaba CROCAIO:

xoves, 23 de outubro de 2014

Venres 24 inauguración da Biblio Crocaio 2014-2015

Gran actuación na Biblioteca do alumnado do centro, interpretando cantigas populares e rimas para sortear os xogos que nos presenten, e despois, actuación do gran Mago Cali: A Maxia de XOGAR.
Tamén podes ler esta noticia no blog dos peques:


http://ospequesdesampaio.blogspot.com.es/2014/10/inauguracion-d:a-bibliocrocaio.html
E tamén contamos ca Maxia de ler:

mércores, 22 de outubro de 2014

Outubro : mes das BIBLIOTECAS

 Todos os anos en outubro celebramos o mes das BIBLIOTECAS  ESCOLARES.
É o momento de abrir as portas da BIBLIO CROCAIO, mostrárvola, dála a coñecer a compañeiros e pais/nais novos no cole, entregar novos carnés e poñer en marcha as distintas actividades de lectura: préstamos, maletas viaxeiras, lecturas compartidas, hora de ler etc...
Tamén neste mes de outubro, o día 24 é o DÍA Internacional DA BIBLIOTECA
Este día é unha homenaxe ó labor  dos Bibliotecarios.
Carme Solé debuxou o cartel e A. Rodríguez Almodóvar escribiu o pregón, unha lembranza entrañable de Ana Mª Matute da que vos copiei o comezo para que continuedes léndoo facendo clic no enlace.
Podedes compartir cos vosos fillos e fillas este fermoso texto facendo clic na imaxe ou aquí: http://www.amigosdelibro.com/images/preg%C3%B3n.pdf
O PREGÓN, HOMENAJE A ANA MARIA MATUTE comeza así:
-¡Ana María, despierta!
El príncipe se quedó contemplándola. Era guapa, el pelo negro, los 
ojos grandes, la boca carnosa. Luego la sacudió suavemente, por un hombro. 
Insistió: -Vamos, mujer, que ya es hora.
Ana María, solo después de un rato, empezó a moverse. Primero 
movió un dedo, luego una ceja, luego entreabrió un ojo. 
-¿Y tú… quién… eres? –preguntó, no sin gran esfuerzo. 
-¡Soy el Príncipe Azul!
-¿El qué?
-El príncipe… ¿No te acuerdas? Tenemos que amarnos.
-¿Es obligatorio?
-Claro, lo manda la tradición.
-¡Pues entonces vete a hacer gárgaras! ......

domingo, 19 de outubro de 2014

Karaoke MIGALLAS: OS XOGOS

Este venres estamos de festa: inauguramos a Biblioteca para o curso 2014-2015 e, como xa sabedes,  estamos aprendendo a canción que dá unha pista sobre o proxecto deste ano. 
Aquí tedes o Karaoke para cantar e practicar na casa, por xentileza do profe Óscar. Moitas grazas profe!

 Crocaio ten  moitas  sorpresas preparadas... Xa vos iremos contando, mentres tanto: A cantar!

xoves, 16 de outubro de 2014

Xogos de hoxe e de sempre

"As catro esquiniñas" "Unha parte importante do capital cultural de cada país reside no seu patrimonio lúdico, enriquecido polas xeracións sucesivas, mais ameazado tamén de extinción" "O neno e o xogo". UNESCO Paris 1980

Pronto recibiredes na casa unh pequena enquisa sobre os xogos e xoguetes de antes.

 Pensamos que calquera xogo do pasado aínda pode ser divertido hoxe en día.

 En tempos de consolas, da Internet, de mensaxería instantánea queremos atopar xente que siga a gozar e a transmitir os xogos tradicionais A ra, o tiro á lata, o tirapedras, a billarda...as bonecas, os carriños.
 Calquera pasatempo dos nosos avós, que facían as delicias dos cativos en calquera recuncho ou praza da vila.

luns, 13 de outubro de 2014

Xogos matemáticos

Xogos como: 4 en raia, damas, axedrez....en liña.
Xogos martemáticos que compartimos da páxina da web do CEIP Igrexa Valladares. Fai clic na imaxe e xoga:

sábado, 11 de outubro de 2014

Premios e xogos:

Premio THE WHITE RAVENS (Alemania) - 2014, un dos mellores libros infantiles  do mundo. Noraboa!

A súa espléndida cabeleira converteuse nunha cabeza pelada.
Pero Nicomedes non ten un pelo de tonto, empeza a enxeñar insólitas alternativas á súa prematura calvicie.
A grandes males, grandes remedios!
Tamén podes practicar a facer caras con este xogo de froita atopado na zona de xogos do blog:
Alí atoparas moitas páxinas sobre xogos tradicionais.

FROITA  DIVERTIDA

domingo, 5 de outubro de 2014

Preparados para xogar?

Xogamos ás BÓLAS on PhotoPeach
 Cosas que me gustan de JUGAR. Edit. SM
Este libro trata o hábito diario de xogar desde un punto de vista positivo para os nenos e nenas.
 Ao remate do libro hai unha nota informativa para os pais-nais.

mércores, 1 de outubro de 2014

Un conto e un xogo:

Di o refrán que  Por San Miguel os figos son mel.
Crocaio atopou un conto  sobre unha figueira que sabe que vos gusta moito para que o cantedes e contedes 
Mirade que ben o fan  nenos e nenas de 2º de Primaria do C.E.I.P Coirón-Dena de Meaño (Pontevedra) contan cantando a historia do malvado Pelostortos. 

E agora para que xoguedes en liña ao catro en raia déxavos este enlace: