xoves, 30 de outubro de 2014

Venres ás 18.30: Onde viven os monstros, contacontos en Libros para Soñar

 LIBROS PARA SOÑAR, despide o calendario de actividades deste mes de outubro cunha sesión de contos dedicada ao Samaín. Non faltará un clásico da literatura infantil e xuvenil: ONDE VIVEN OS MONSTROS, de Maurice Sendak. Achegádevos mañá venres ás 18:30 horas!

Foi o primeiro día de Biblioteca para algúns nenos e nenas:


mércores, 29 de outubro de 2014

sábado, 25 de outubro de 2014

O NOSO DÍA DA BIBLIOTECA


O venres 24 celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares e ao memesmo tempo fixemos a inauguración ou reapertura para este curso da BIBLIO CROCAIO.
 Para poñer de relevancia ese día fixemos un montón de actividades.
 Cada curso presentou un xogo popular e unha cantiga ou unha copla de sortear, así os nenos e nenas de infantil, sortearon e xogaron despois á mariquitilla para ensinarnos como se xoga:
1º Curso  mostrounos o xogo e a canción  das bólas:
2º O Pai -fillo- nai e a canción : "Arao"

3º As Chapas e xogos de sorteo:

4º a petanca e asúa canción foi un encadeado popular:
5º O diábolo:
6º O brilé, e 5º e 6º cantaron a Canción da Biblioteca:
E por fin chegou o máis agardado : O MAGO CALI:
Tamén tivemos exposición de libros novos e de xoguetes, relacionados co proxecto dos xogos e agasallos para todos.
Un día da BIBLIOTECA FANTÁSTICO!
Mirade que contento estaba CROCAIO:

xoves, 23 de outubro de 2014

Venres 24 inauguración da Biblio Crocaio 2014-2015

Gran actuación na Biblioteca do alumnado do centro, interpretando cantigas populares e rimas para sortear os xogos que nos presenten, e despois, actuación do gran Mago Cali: A Maxia de XOGAR.
Tamén podes ler esta noticia no blog dos peques:


http://ospequesdesampaio.blogspot.com.es/2014/10/inauguracion-d:a-bibliocrocaio.html
E tamén contamos ca Maxia de ler:

mércores, 22 de outubro de 2014

Outubro : mes das BIBLIOTECAS

 Todos os anos en outubro celebramos o mes das BIBLIOTECAS  ESCOLARES.
É o momento de abrir as portas da BIBLIO CROCAIO, mostrárvola, dála a coñecer a compañeiros e pais/nais novos no cole, entregar novos carnés e poñer en marcha as distintas actividades de lectura: préstamos, maletas viaxeiras, lecturas compartidas, hora de ler etc...
Tamén neste mes de outubro, o día 24 é o DÍA Internacional DA BIBLIOTECA
Este día é unha homenaxe ó labor  dos Bibliotecarios.
Carme Solé debuxou o cartel e A. Rodríguez Almodóvar escribiu o pregón, unha lembranza entrañable de Ana Mª Matute da que vos copiei o comezo para que continuedes léndoo facendo clic no enlace.
Podedes compartir cos vosos fillos e fillas este fermoso texto facendo clic na imaxe ou aquí: http://www.amigosdelibro.com/images/preg%C3%B3n.pdf
O PREGÓN, HOMENAJE A ANA MARIA MATUTE comeza así:
-¡Ana María, despierta!
El príncipe se quedó contemplándola. Era guapa, el pelo negro, los 
ojos grandes, la boca carnosa. Luego la sacudió suavemente, por un hombro. 
Insistió: -Vamos, mujer, que ya es hora.
Ana María, solo después de un rato, empezó a moverse. Primero 
movió un dedo, luego una ceja, luego entreabrió un ojo. 
-¿Y tú… quién… eres? –preguntó, no sin gran esfuerzo. 
-¡Soy el Príncipe Azul!
-¿El qué?
-El príncipe… ¿No te acuerdas? Tenemos que amarnos.
-¿Es obligatorio?
-Claro, lo manda la tradición.
-¡Pues entonces vete a hacer gárgaras! ......

domingo, 19 de outubro de 2014

Karaoke MIGALLAS: OS XOGOS

Este venres estamos de festa: inauguramos a Biblioteca para o curso 2014-2015 e, como xa sabedes,  estamos aprendendo a canción que dá unha pista sobre o proxecto deste ano. 
Aquí tedes o Karaoke para cantar e practicar na casa, por xentileza do profe Óscar. Moitas grazas profe!

 Crocaio ten  moitas  sorpresas preparadas... Xa vos iremos contando, mentres tanto: A cantar!

xoves, 16 de outubro de 2014

Xogos de hoxe e de sempre

"As catro esquiniñas" "Unha parte importante do capital cultural de cada país reside no seu patrimonio lúdico, enriquecido polas xeracións sucesivas, mais ameazado tamén de extinción" "O neno e o xogo". UNESCO Paris 1980

Pronto recibiredes na casa unh pequena enquisa sobre os xogos e xoguetes de antes.

 Pensamos que calquera xogo do pasado aínda pode ser divertido hoxe en día.

 En tempos de consolas, da Internet, de mensaxería instantánea queremos atopar xente que siga a gozar e a transmitir os xogos tradicionais A ra, o tiro á lata, o tirapedras, a billarda...as bonecas, os carriños.
 Calquera pasatempo dos nosos avós, que facían as delicias dos cativos en calquera recuncho ou praza da vila.

luns, 13 de outubro de 2014

Xogos matemáticos

Xogos como: 4 en raia, damas, axedrez....en liña.
Xogos martemáticos que compartimos da páxina da web do CEIP Igrexa Valladares. Fai clic na imaxe e xoga:

sábado, 11 de outubro de 2014

Premios e xogos:

Premio THE WHITE RAVENS (Alemania) - 2014, un dos mellores libros infantiles  do mundo. Noraboa!

A súa espléndida cabeleira converteuse nunha cabeza pelada.
Pero Nicomedes non ten un pelo de tonto, empeza a enxeñar insólitas alternativas á súa prematura calvicie.
A grandes males, grandes remedios!
Tamén podes practicar a facer caras con este xogo de froita atopado na zona de xogos do blog:
Alí atoparas moitas páxinas sobre xogos tradicionais.

FROITA  DIVERTIDA

domingo, 5 de outubro de 2014

Preparados para xogar?

Xogamos ás BÓLAS on PhotoPeach
 Cosas que me gustan de JUGAR. Edit. SM
Este libro trata o hábito diario de xogar desde un punto de vista positivo para os nenos e nenas.
 Ao remate do libro hai unha nota informativa para os pais-nais.

mércores, 1 de outubro de 2014

Un conto e un xogo:

Di o refrán que  Por San Miguel os figos son mel.
Crocaio atopou un conto  sobre unha figueira que sabe que vos gusta moito para que o cantedes e contedes 
Mirade que ben o fan  nenos e nenas de 2º de Primaria do C.E.I.P Coirón-Dena de Meaño (Pontevedra) contan cantando a historia do malvado Pelostortos. 

E agora para que xoguedes en liña ao catro en raia déxavos este enlace:

venres, 26 de setembro de 2014

Crocaio propónvos

Para este fin de semana escoitar esta canción tradicional que serve de promoción ao disco Pelo Gato 24 baseado nos xogos populares e nas cantigas coma esta que veñen da nosa tradición oral.
Escoitádea enteiriña e despois, máis abaixo, tedes como curiosidade a adaptación que fixeron os nenos e nenas de E. Infantil do Monte da Guía:

Para aprender e investigar, fai clic enriba destes araos para saber máis sobre esta ave en peligro de extinción que vive nas nosas costas e que foi moi perxudicado polas mareas negras dos barcos petroleiros.
E tamén   estos xogos para os máis pequenos:
Once xogos, para familiarizarse coa lingua galega dun xeito lúdico e tamén desenvolver outras capacidades (memoria visual, auditiva...). 
Xoga con Fervello!


mércores, 24 de setembro de 2014

Outras biblios:

A foto é da Biblioteca  Real Academia  Española que conta con máis de 250.000 volumes, pero si fas clic enriba entrarás no XOGO  LIM dunha Biblioteca escolar galega: a Biblio BN da Pastoriza, que fixo un estupendo traballo sobre a súa Biblio, xogamos?

xoves, 18 de setembro de 2014

Biblioteca escolar...Matemático!

Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas.
O lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean.
O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña e velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado.
Aquí tedes un video que seguro que vos gustará xa que narra interesantes aventuras matemáxicas!

sábado, 13 de setembro de 2014

50 anos de MAFALDA

Seguro que xa sabedes quen son eses personaxes que vos deron este curso a benvida , pero se aínda non o tedes moi claro esta película explícao moi ben!
 Mafalda, A película,  en castelán, subtitulada en portugués,  preséntanos varias historias baseadas nas tiras cómicas de Mafalda, personaxe do debuxante arxentino QUINO.
 
QUINO é Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2014.
Mafalda comezou a publicarse en forma de tira cómica a finais de setembro de 1964 na revista semanal arxentina Primera Plana
Unha tira cómica é unha historieta de poucas viñetas, publicada  casa día ou cada semana en periódicos, revistas ou agora tamén en internet, protagonizada por personaxes fixas.


mércores, 10 de setembro de 2014

luns, 8 de setembro de 2014

Proxecto 2014-2015: Contando e xogando coa tradición



Este curso 2015-2015  imos falar, cantar e xogar moito coa nosa tradición xa que o proxecto que con moita ilusión comezamos pretende traer ao día a día os xogos tradicionais, as cancións galegas que moitas veces os acompañan e outras veces fan referencia a épocas do ano, costumes, oficios etc..e tamén os contos máis populares e tradicionais que, todos: xogos, contos e cantigas, pasan de avós a pais e de pais a fillos , que non están escritos en libros nin se poden comprar en xogueterías. Aparecen según a época do ano, desaparecen  e volven outra vez.
O xogo tradicional exprésase oralmente e considérase parte da cultura popular do noso pobo que non debe perderse, a través deles podemos transmitir valores, formas de vida, tradicións.. polo que paga a pena mantelos vivos.
Moitos deles son tamén xogos comúns a outras rexións españolas, boa proba desto é o poema co que hoxe abrimos o curso 2014-2015 e tamén o noso proxecto:
poema Rayuela de Sagrario Pino, do seu libro La casa de los días de Sopa de Libros, Anaya Edit.
                                                             
RAYUELA
Los soles se multiplican
en una gota de agua.
En el patio del colegio            
pierde  quien pisa la raya.

Espacio cuadriculado,
una piedra desgastada,
equilibrios en el aire 
 de una niña despistada.

-¡Tú ya no puedes seguir!
-¡Pierde quien pisa la raya!

Genoveva siempre pierde
y cuando pierde se enfada,
se acurruca en una esquina
y sueña que tiene alas...

Mira la fuente del patio
y en sus ojos, tras las gafas,
los soles se multiplican
en una gota de agua.

Preparade ben todo o material , pero sobre todo deitádevos cedo para estar ben espertos  o primeiro día.Vémonos o mércores día dez ás nove!

venres, 5 de setembro de 2014


Setembro comeza cunha doble celebración relacionada con ¿A QUÉ SABE LA LUNA?
Un conto acumulativo que fala da unión de todos e da importancia dos máis pequenos.

Cúmprense 20 años da creación deste álbum tan querido polos lectores de todas as idades. Van xa 20 reimpresións en español desta obra, todo un best-seller no catálogo de Libros para Soñar.
Atoparalo na BIBLIOCROCAIO.
E ademais:
Preme na portada e poderas escoitar o conto e xogar coas actividades LIM creadas por Belén Junquera :


sábado, 5 de xullo de 2014

Infantil 3 anos:

O alumnado de Infantil de 3 anos visita a Bibliocrocaio, escolle e leva libro en préstamo así como podedes ver: Infantil 3 anos na BIBLIOCROCAIO: o gusto polos libros. on PhotoPeach Esta é o seu proxecto Kandinsky, que formou parte do proxecto anual da Bibliocrocaio. Uns verdadeiros artistas!