martes, 31 de marzo de 2015

2 de abril: Día internacional do libro infantil

MOITAS CULTURAS, UNHA HISTORIA
IBBY promove desde 1965 a celebración do Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril), para homenaxear e conmemorar o día do nacemento de Hans Christian Andersen. Con tal motivo cada ano unha sección do IBBY elabora un cartel e unha mensaxe.
Este ano, o país elexido é Emiratos Árabes Unidos. O deseño del cartel é da ilustradora Nasim Abaeian, e o texto, de Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi, destacada figura da literatura infantil no seu país:
Carta a los niños del mundo
“Hablamos idiomas diferentes y venimos de diferentes orígenes,
sin embargo compartimos las mismas historias”
Historias del mundo… cuentos tradicionales
Es la misma historia para todos nosotros
En diferentes voces
En diferentes colores
Pero sigue siendo la misma…
Principio…
Argumento…
Y final …
Es la misma historia que todos conocemos y amamos
Todos la escuchamos
En diferentes versiones y por diferentes voces
Sin embargo, siempre es la misma
Hay un héroe… una princesa… y un villano
No importa su idioma o sus nombres
Ni sus rostros
Siempre es la misma
Principio,
Argumento
Y final
Siempre ese héroe… esa princesa y ese villano
Sin cambios a través de los siglos
Nos acompañan
Nos susurran en nuestros sueños
Nos mecen para dormir
Sus voces desaparecieron hace tiempo
Pero viven en nuestros corazones para siempre
Porque nos unen en una tierra de misterio e imaginación
Porque todas las diferentes culturas se funden en
una Historia.



sábado, 28 de marzo de 2015

Ledicia Costas escritora viguesa visita a Bibliocrocaio

O día 9 de abril Ledicia Costas agasallaranos coa súa presenza e compartirá unha sesión de  amena conversa co alumnado de 5º e 6º do colexio.
Escritora nova pero de forte pegada, o seu libro Escarlatina a cociñeira defunta foi Premio MERLÍN o ano pasado e engaiolou aos nenos e nenas de 5º e de 6º curso así como a moitos outros alumnos e alumnas de coles galegos que ela visitou.

Escarlatina, ademais de contarnos unha  orixinal historia, vai intercalando deliciosas receitas de cociña, aptas para que os máis cativos se acheguen ao mundo dos fogóns e , coma no proxecto "O  mellor sabor dos sabores é..." no que tamén participamos, saboreen pratos novos, uns coñecidos e outros menos , como: Madalenas, Galletas, Pizza Romana...pero sobre todo aprendan lean e se divirtan con este libro.



mércores, 25 de marzo de 2015

Lectura compartida

O mércores, na Hora de Ler , os nenos e nenas de segundo curso leron para os de primeiro e utilizaron para esta lectura a revista CARACOLA, que Crocaio recibe cada mes e que tedes á vosa disposición na Biblio.
 Aquí tedes unha de mostra. 
É superinteresante!!



E aquí tedes aos lectores e lectoras e ao atento público dos nenos e nenas de 1º curso.
Escoitaron un conto e lecturas sobre os elefantiños, o invernadoiro tropical no que había iguanas e dragóns barbudos, sobre o burriño, sobre paxaros e gazapos...

Lectura compartida mércores 25 de marzo 2015 -2º le a 1º. CEIP Eduardo Pondal Vigo on PhotoPeach

mércores, 18 de marzo de 2015

Hoxe na Bibliocrocaio

O escritor Vicente Muñoz Puelles
Falounos dos seus libros, dos que lemos e de algúns outos como "La voz del árbol", premio Anaya de literatura Infantil e Xuvenil.
Repasou os seus personaxes máis coñecidos: Laura,Óscar e Ricardo; e animounos a ler para poñer en forma á imaxinación, sempre con un pouco de vivencias reais que é de onde lle veñen a el as historias que tanto nos gustan!
Firmou os seus libros e levou traballo porque había moitos.
Quedamos todos moi contentos, agradecemos moito a súa visita e desexámoslle moita sorte cos seus novos libros.

Visita do escritor Vicente Muñoz Puelles . Marzo 2015. Bibliocrocaio. Ceip Eduardo Pondal - Vigo on PhotoPeach



luns, 16 de marzo de 2015

O mércores 18 visita a Bibliocrocaio o escritor valenciano : VICENTE MUÑOZ PUELLES

Autor de  Laura y el ratón :  libro recomendado para os cursos de 1º e 2º de primaria 
 
Escritor en lingua castelá traducido a moitas linguas, autor de dezasete novelas para adultos e outros tantos libros para nenos e nenas cos que gañou moitos premios literarios.
Os seus libros recomendados pola Bibliocrocaio gustaron moito a todos os nenos e nenas que os leron porque trata temas coma os medos: á escuridade , áo descoñecido, a nadar, e tamén temas fantásticos como o rato Pérez o os dinosaurios que son temas favoritos de moitos nenos e nenas ...

BENVIDO VICENTE!!

venres, 13 de marzo de 2015

Da Ciencia á Ficción

XVI SALÓN DO LIBRO Infantil e Xuvenil de Pontevedra Ata o 28 de marzo de 2015 Pazo da Cultura de Pontevedra. Programa:

venres, 6 de marzo de 2015

Unha princesa rosa?

A Crocaio gustoulle moito o conto que leron e traballaron en Infantil para lembrar o Día da Muller, o 8 de marzo.
A ver que vos parece:


Pero hai máis contos cooeducativos, príncipes e princesas que saen do común, que rompen os estereotipos  e que nos axudan a tratar  tema da igualdade de xénero nas aulas:
A importancia de ser un mesmo e perseguir os propios soños:


 As princesas son persoas normales:


venres, 27 de febreiro de 2015

Recital de poemas para Rosalía

Vimos o fermoso video que realizaron os alumnos e alumnas de 5º curso tomando como guión o libro Rosalía de Helena Villar Janeiro que aínda non temos o pracer de poder mostrárvolo.
Despois curso a curso recitamos poemas, adiviñas , versos de Rosalía, da maleta de poesía e incluso algún neno de 6º recitou un poema seu. Todo en honra da máis grande poeta galega.


Rosalía , alá onde esté , tivo que sentirse moi  orgullosa hoxe do bo traballo do alumnado e profesorado do CEIP Eduardo Pondal. Crocaio estivo moi ledo e atento!!

mércores, 25 de febreiro de 2015

Así foi a visita da escritora Ana Alonso:

Residente en Ciudad Real, Ana Alonso pasa unha semana en Galicia para visitar colexios nos que os nenos e nenas disfrutan coa lectura dos seus libros.
Os nenos e nenas  de 3º e 4º cursos do Eduardo Pondal estiveron moi atentos á súa charla inicial, que acompañou con imáxenes proxectadas dos seus libros, da ilustradora Lucía Serrano, parte importante dos seus libros...


Despois contestou moi amablemente a todas as cuestións que foron surxindo dos alumnos e alumnas que saíron moi satisfeitos deste emocionado encontro.
Seguro que leremos máis libros seus que xa están expostos nos andeis da Bibliocrocaio.
Moitas grazas á escritora Ana Alonso por achegarse ao noso cole!!
Ollade esta montaxe resumen:

Ana Alonso: escritora de contos, poeta..visita a BIBLIOCROCAIO 25 de febreiro 2015 on PhotoPeach

Hoxe visíta a Bibliocrocaio a escritora Ana Alonso

Ana Alonso: autora de Como hablar con tu robot, 
libro que lemos os cursos de 3º e 4º.


"Lucas quere entrenar ao seu robot como se fora humano , pero alguén lle bota un feitizo e comeza a falar con frases feitas que o robot non entende creando situacións cómicas e aprendendo o doble sentido de moitas destas frases..."


Ana Alonso

 naceu en Tarrasa (Barcelona) en 1970, aínda que viviu en León, onde estudióu Ciencias Biolóxicas. Publicóu oito libros de poemas e recibiu moitos e moi importantes premios literarios.





Nós destacamos a colección que máis coñecemeos: PIZCA DE SAL:
A súa obra foi traducida a moitos idiomas : francés, alemán, xaponés, turco etc...
Moitas Grazas Ana pola túa presenza!!!
                 Desexámosche moita sorte  cos teus libros e que sigas así, fomentando a lectura coas túas 
espectaculares 

historias 

.

Un bico de CROCAIO:Muaaac!

sábado, 21 de febreiro de 2015

Rosalía de Castro: galega universal.

Facémoslle un agasallo a Rosalía?
A Asociación de  Escritor@s en Lingua Galega AELG  promove a conmemoración o día 24 de febreiro, do DÍA DE ROSALÍA DE CASTROaniversario do nacemento da autora.

Na BIBLIOCROCAIO para celebrar este día propoñémosvos que ao longo da semana recollades  na Biblio un marcapáxinas co poema O Moucho,  que escoitedes a canción de Migallas  do seu disco Pan de millo e que debuxedes moitos mouchos e os baixedes para encher o mural homenaxe. 
Esta é a canción de Migallas, escoitade para pillar o ritmo!!



O MOUCHO   forma parte dun poema máis longo do seu libro CANTARES GALLEGOS .
Esta é a montaxe do poema, estade atentos para entender esta 
historia de medo en forma de poema:



Outros poemas:
Negra sombra
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

Rosalía de Castro
 
(Follas novas, 1880)

Adiós , ríos; adiós, fontes;
Adiós, regatos pequenos;
Adiós, vista dos meus ollos,
Non sei cando nos veremos.

Rosalía de Castro 
(Cantares Gallegos,1863)


Paseniño, paseniño
vou pola tarde calada
de Bastabales camiño.

Camiño do meu contento;
e  en tanto o sol non se esconde
nunha pedriña me sento.

E sentada estou mirando
como a lúa vai saíndo,
como o sol se vai deitando.

Cal se deita, cal se esconde
Mentras tanto corre a lúa
Sen saberse para donde.

Para donde vai tan soia
Sin que ós tristes que a miramos
Nin nos fale nin nos oia.

Que si oirá e nos falara
Moitas cousas lle dixera
Moitas cousas lle contara.

         Rosalía de Castro 
         (Cantares Gallegos,1863)

Se o mar tivera barandas
fórate ver ó Brasil;
máis o mar non ten barandas,
amor meu, ¿por dónde hei de ir?
             
                 Rosalía de Castro 
                 (Cantares Gallegos,1863)


Tamén podedes botarlle unha ollada a estes videos que informan sobre a  obra e a vida da poeta máis universal en lingua galega e castelán: Rosalía de Castro.http://rosaliadecastro.org/planeta-rosalia/

Un dos seus poemas "rapeado":

luns, 16 de febreiro de 2015

Chegou a "Maleta de POESÍA"

Cargadiña de libros de poesía, chegou desde o Centro de Recursos de Vigo para quedarse ata o día 2 de marzo e así poder celebrar o día de Rosalía, o 24 de febreiro, con nós.
Crocaio está encantado e xa a revolveu un par de veces pero andivo moi liado co entroido e esqueceu avisarvos.
Mirade qué títulos!!

Algúns xa os coñeciamos pero outros non!

E lembrade con este video  a Rosalía de Castro, á que pronto faremos esa pequena homenaxe: