xoves, 26 de xuño de 2014

Ana Mª Matute . Homenaxe a unha grande escritora española.

A Maxia dunha linguaxe rica e fermosa que sempre permanece
 Falece aos 88 anos Ana Mª Matute.





 "Hoy es un día hermoso . Abajo está todo lleno de sol y huele muy fuerte a hierba recién cortada. Yo amo la tierra, y sé muy bien, que no cambiaré nunca, aunque pase el tiempo. Porque yo soy de las montañas.
...Miro y miro la tierra y cuanto más la miro creo que comprendo mejor a los que me rodean. Cuando me marcho de aquí, sigo llevándome a al tierra dentro de los ojos......La quiero cuando llueve y forma charcas como trozos de espejo, quieto y brillante, y bajan a beber los pájaros, de sopetón, como un grito; cuando se seca bajo el sol, y allá lejos se levantan nubecillas de humo. He visto cómo la trabajan los padres de Nin, sus tíos, sus primos y todos los hombres y todas las mujeres de la aldea.me gusta ver la reja del arado, hundiéndose, y oír los gritos de los vencejos y las golondrinas, que quieren devorar la simiente. El sol, allí arriba, se pone redonso y encarnado, y los campesinos saben si hará frío o calor, si helará o bajará la nieve. Están siempre preocupados con el cielo, porque todo lo de la tierra depende de él."

Este é o fermoso final do libro Paulina de Ana Mª Matute, publicado pola editorial Lumen en Barcelona no ano 1969.
Na Bibliocrocaio nº de rexistro 826
                        Que a terra che sexa leve!

sábado, 7 de xuño de 2014

Días de arte na escola!


Coñecendo a Joan Miró traballaron os nenos e nenas de 4 e 5 anos durante todo o curso, aquì tedes o resumen deste sensacional proxecto que está enmarcado dentro do noso proxecto anual da Bibliocrocaio, xa sabedes:
Esta Biblio pinta ben!!


E tamén o Día da arte na escola o libro colectivo do proxecto da Biblio pasou por todos os cursos:




luns, 2 de xuño de 2014

Padriños e madriñas lectores

Hoxe fixemos unha Hora de ler especial, por fin un bo día para saír a ler aos máis pequenos, xa tiñamos as lecturas preparadas desde o Día das Letras Galegas pero agardabamos un día de sol e hoxe por fin chegou. A sopa verde, Uxía , Os Bolechas, Sopra neste furadiño, E ti que farías por min?, A sopa queima....foron algúns dos títulos que lemos... todos en galego !


Foi unha hora de ler estupenda! Repetiremos!

Por fín o noso libro colectivo do proxecto anual: A PINTURA

Aquí tedes un resumen dos nosos traballos , o curso que vén pasará polas vosas casas , unha a unha. Disfrutádeo! É o froito do traballo 
de todo un curso!


E tamén podes botarlle unha ollada ao noso museo.
 Todas as obras que traballamos ao longo do ano.
Eres quen de recoñecelas? Ánimo!

venres, 30 de maio de 2014

Feira do Libro de Vigo 2014

Sábado 31 e domingo 1 de xuño remata na Alameda de Vigo a Feira do Libro.
O domingo ás 19 horas temos, como acto destacado, a presentación do disco para nenos de Paco Nogueiras Brinca vai!



O músico compostelán vén de publicar o seu primeiro traballo editado por Kalandraka en formato libro cd-dvd.
Con ilustracións de David Pintor, Brinca vai! reúne doce cancións en galego dirixidas ao público infantil e familiar.
E hai moitas máis actividades ! http://espazolectura.org/feira-do-libro-de-vigo/

domingo, 25 de maio de 2014

As Maimiñas na China

Excelentes contacontos que nos acompañaron alá polo mes de marzo e que Crocaio recuperou hoxe para vós:

As nosas palabras de caramelo soan ben

Kori é un neno de oito anos que só recoñece as palabras nos movementos da boca. Por iso é capaz de saber o que lle di o seu mellor amigo, un pequeno camelo ao que trata de salvar camiño dese deserto ...

venres, 23 de maio de 2014

Coñecemos a MAFALDA?

                                     QUINO,

debuxante creador de 



premio Príncipe de Asturias de Comunicación e humanidades.                             


luns, 19 de maio de 2014

Letras galegas 2014: Xosé Mª Díaz Castro, poeta.

Este é o poema que figuraba nos marcapáxinas que fixemos:
 ESMERALDA
HERBA PEQUERRECHIÑA
QUE CON MEDO SORRÍS
AO SOL QUE VAI NACENDO
E MORRENDO EN TI,
POR QUE DE SER PEQUENA
TE AVERGONZAS TI?
O UNIVERSO SERÍA
MÁIS PEQUEÑO SEN TI!
                      Xosé Díaz Castro
 Visitounos a escritora MARÍA N.SOUTELO e compartiu con todo alumnado ao longo da mañá diferentes obradoiros de poesía.
María N. Soutelo (Pontevedra, 1982), licenciada en Historia pola USC. Participou no proxecto literario "AugasVerso", folla voandeira de poesía do Concello de A Estrada, e en  Poesía Contemporánea Tabeirós-Terra (Edicións Fervenza, 2005). 
No ano 2008, veu a luz o seu primeiro poemario Código Poético (XX Premio de Poesía "Eusebio Lorenzo Baleirón", Concello de Dodro), da man da editorial Sotelo Blanco.

 Moitas grazas María pola túa presenza  un día coma o das Letras galegas.
Déixanos unhas bandexiñas con exquisitos versos.
 Infantil e 1º Curso foron o derradeiro obradoiro, entregaronlle un agasallo a María e colaboraron así de activamente coma podedes apreciar.
Fixemos tamén unha gran cenefa polos corredores de Palabras de caramelo: palabras galegas que soan ben, lembrando a Gonzalo Moure e ao seu libro Palabras de caramelo

Penélope, poema de Díaz Castro cantado por FUXAN OS VENTOS

Gonzalo Moure agasalla á Bibliocrocaio co libro "Ritos de jaima"

Papis e mamis, xa está á vosa disposición no recuncho dos vosos préstamos aínda que os beneficios da venta deste libro van destinados a soster o proxecto Bubisher nos Campamentos de Refuxiados Saharauis.

Limam Boicha mestura neste libro prosa e poesía. Conta as traducións saharauis como se de lendas antigas se tratara, cunha prosa limpa e sinxela moi doada de entender, que está fraguada nas raíces máis profundas da vida do deserto.
É un libro sobre a cultura do Sahara Occidental.
"Jaima es la palabra más sustanciosa en el kitab, libro oral saharaui. Una palabra que no solamente se refiere a la tienda de campaña, el habitáculo tradicional de los nómadas hecho de pelo de cabra o dromedario. No sólo es la casa donde vive, come, duerme, reza y se reúne la familia saharaui. Es mucho más que eso".  Limam Boicha
Editorial Bubisher
Autor Limam Boisha.
Prólogo Javier Reverte

xoves, 15 de maio de 2014

Videoconto

Aquí tedes o novo videoconto da Familia Trebón. 
Nesta ocasión, trátase dun
Xa está á vosa disposición na páxina web de Sogama www.sogama.es e na plataforma educativa de Caderno Verde www.cadernoverde.com.

  http://player.vimeo.com/video/94450568 
Agardamos que vos guste e que vos resulte de interese.

domingo, 11 de maio de 2014

Gonzalo Moure visitounos

  Emocionante, ainda que curta visita á Bibliocrocaio do escritor Gonzalo Moure:

Compartiu un pouco do seu tempo cos alumnos de 2º e 3º ciclo que leron os seus libros.
 Falounos de como as súas historias proceden da vida real, de personaxes que a el lle provocan sensacións e sentimentos dignos de contar e de compartir.
O seu libro "Palabras de caramelo" está basado na historia dunha nena saharaui xordomuda que falaba co seu camelo. O escritor  viña de  visitar outro cole de Vigo e contounos  que un alumno chamado Hugo lle entregou unha carta de amor para que lla lera , desa emocionante carta sacou outra historia que contar, seguro que moi emotiva e interesante.
Moitas grazas Gonzalo pola túa visita.
 Gonzalo Moure colabora activamente coa asociación " Escritores por el Sahara- Bubisher" para que os nenos e nenas do Sahara teñan Bibliotecas e unha escola digna, podedes saber máis neste ligazón:
http://www.bubisher.org/somos
No seguinte video podedes ver como as bibliotecas son unha realidade  nos campamentos saharauis grazas a esta asociación e lembrade que hai dous cursos tamén a Bibliocrocaio enviou un libro para o Sahara.

luns, 5 de maio de 2014

Este venres visitará a Bibliocrocaio o escritor GONZALO MOURE TRENOR


A Bibliocrocaio ten este venres unha importantísima visita para o alumnado do 2º e 3º Ciclo o escritor Gonzalo Moure Trenor , autor entre outros dos libros que recomendamos en  Nadal : Palabras de caramelo e Cama e conto.

Gonzalo Moure Trenor (Valencia 1951)é un escritor español dedicado á literatura xuvenil, campo no que gañou importantes premios como o Gran Angular, o Ala Delta, o primavera ou o Barco de Vapor entre outros.
Antes de dedicarse por completo á escritura, Moure traballou como xornalista, guionista e publicista. A súa obra é coñecida pola atención que presta aos problemas de tipo social e tamén á relación entre pais e adolescentes.
Aqui tedes algunhas das súas obras coa posibilidade de lelas na rede ou descargalas:







domingo, 4 de maio de 2014

Pronto celebraremos a homenaxe de todos os anos as Letras Galegas

Este ano toca lembrar a un poeta o escritor Xosé Mª Díaz Castro nacido en Guitiriz , provincia de Lugo e que cumpliría cen anos este 2014.
Máis información
en http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro

http://www.poetadiazcastro.com/

http://www.realacademiagalega.org/50-anos-das-letras-galegas/-/asset_publisher/T8k5/content/xose-maria-diaz-castro

Este é un xogo LIM que nos ofrece xentilmente o CEIP de Mallón en Nigrán para ir traballando algo sobre o poeta, este é para infantil e 1º ciclo pero podedes facelo todos para ir coñecendo algo do escritor:



sábado, 3 de maio de 2014


Feliz día Mamis!!


M, de mamá
Mi mamá se fue a la mar
en un barco de vapor,
con tinta de calamar
me escribe cartas de amor.

Mi mamá se fue al amor
en un barco calamar
y con tinta de vapor 
me escribe cartas de mar.

Mi mamá se fue al vapor,
en un barco de la mar
con la tinta del amor
me escribe en un calamar.
                                                                             Raúl Vacas do seu libro de poesía Abcé diario, con ilustracións de Elena Queralt

Abecé diario é un inventario de letras e palabras, ordenadas alfabéticamente, que contén un puñado de historias: os feitizos do amor, qué fai os domingos a muller do presidente, o breve que foi a vida de Fugaz, qué ocurriu con Don Gato despois de  resucitar coa olor das sardiñas, como se enamoraron o Conde Xeado  e  Doña Comtessa...





xoves, 1 de maio de 2014

Padriños e madriñas lectores

Gabriel de 3º de primaria con Natalia de Infantil
 Joseph de 5º con María de Infantil y Sandra de 2º:
E así estes grupos de pequenos lectores e escoitadores de contos que vedes na montaxe seguinte, todos fixeron un esforzo tremendo para ler ben e foi unha actividade moi agradable, que resultou moi ordenada porque eles xa sistematizaron, de outras veces que o fixemos, como buscar aos compañeiros, cando e donde contar, que facer despois cos libros e ao rematar cada un foi indo a súa aula, soando Vivaldi de fondo, só nos faltou a compañía do sol, que gratamente acudiu outras veces e puidemos facer a actividade fóra.Aínda así eles buscaron recunchos, algún deles ben curioso:
Apadriñamento lector abril 2014 on PhotoPeach http://ospequesdesampaio.blogspot.com.es/2014/04/abril-tempo-de-ler.html