venres, 25 de abril de 2014

Homenaxe a Gabriel García Márquez

Os alumnos e alumnas do Ciclo Medio fixeron na clase 
de plástica flores amarelas : rosas e nenúfares, 
en homenaxe ao escritor Gabriel García Márquez." Premio nobel de literatura 1982" falecido o pasado 17 de abril en 
México á idade de 87 anos. 

                    UN DOS MAIORES ESCRITORES DA LITERATURA UNIVERSAL 



BIOGRAFÍA DE GABRIEL GARCÍA 
MÁRQUEZ 
Infancia cos seus avós
Naceu en 1927 en Aracataca Colombia.
A súa infancia estaría presente sempre nos seus libros. 
Foi o maior de once hermanos, sete nenos e catro nenas.
 Viviu ata a idade de oito anos cos seus avós maternos,
 Tranquilina Iguarán Cotes, muller mui imaxinativa e 
supersticiosa, e o coronel Nicolás Ricardo Márquez Mejía,
 excelente narrador, que influirían moito na súa creatividade 
e na súa pasión por ser escritor.
A súa infancia quedaría marcada pola ausencia da súa nai.


Gabriel García Márquez de neno

















Periodista
Desde moi novo escribiu contos e máis tarde novelas.
Os seus amigos sempre o chamarían Gabo
Estuvo estudiando Dereitopero debido a súa 
gran creatividade,  decidiu estudiar
 Periodismo.Traballou en xornais de Colombia.
 No diario El espectador de
 Bogotá publicou o su primeiro conto La Tercera resignación 
en 1947.
Casou con Mercedes Barcha en 1958, e tivieron dous fillos 
Rodrigo e Gonzalo.
Escritor universal 
O seu estilo literario era o realismo máxico. Él dicía:
 "El novelista puede inventar todo siempre que sea 
capaz de hacerlo creer".
A súa novela máis coñecida  Cien años de soledad (1967), 
unha obra maestra da literatura. 
Outras novelas importantes son 
El coronel no tiene quien le escriba (1961) y 
Crónica de una muerte anunciada (1981).


O noso Día do libro

Este mércores 23 de abril festexamos o Día do libro  con actividades variadas das que aquí tedes algunhas imaxes.
 Como xa sabedes o 23 de abril é  festa do libro porque nesta data morreron dous grandes escritores da literatura universal: Miguel de Cervantes Saavedra e William Shakespeare.
Unha das obras máis coñecidas de Cervantes é  EL INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA.
Á dereita un enlace lévavos  a uns xogos moi variados sobre os personaxes do Quijote que xa practicamos na aula de informática.
Exposición de libros  relacionados coas cores ou a pintura e reparto a todo o alumnado do boletín de libros recomendados de Abril:
Recuncho de autopréstamo e intercambio para Pais-Nais na planta baixa  ou entrada do cole:
 Exposición de cadros famosos de nenos e nenas lendo :
 Traballamos con eles:
 Aula de informática e ordenadores de aula xogos e fichas sobre Cervantes e Don Quijote:

 Participación das familias colaborando na ficha anunciadora do Blog por un lado e polo outro propoñendo a actividade  de debuxar ou escribir:
 Marcapáxinas de pintores:

E estamos preparando o apadriñamento lector que faremos o martes próximo na Hora de ler.
Xa vos contaremos!

martes, 22 de abril de 2014

23 de Abril: Día Mundial do LIBRO


O 23 de abril é  o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor desde a súa declaración pola UNESCO. 
A Consellería de Cultura  publica un pequeno marcapáxinas para lembrar esta data, cun texto inédito dunha autora ou autor que xenerosamente o cede para as Bibliotecas Escolares de Galicia.  Nesta ocasión o texto que inclúe  é do escritor Paco Martín, de quen se cumpren 30 anos desde a publicación do seu libro "As cousas de Ramón Lamote", primeiro premio Barco de Vapor, da Editorial SM para un texto en galego. 

O código secreto que permite o acceso á sala de 
mandos da nave espacial exploradora de futuros 
itinerarios siderais.
A bambeante escada de corda e táboas coa que 
abordar o áxil bergantín no que sucar mares ignotos 
na procura do eterno tesouro da ilusión.
 A estribeira na que pousar o pé para cabalgar o 
airoso alazán de galope tendido cara ao horizonte 
promisorio. 
A fiestra aberta ao ar vivificador, franca aos saberes, 
ao pensamento diverso, ao voo da imaxinación, á 
descuberta venturosa de novos mundos, ao espello 
substancial do propio ser....
O libro! 
                                           Paco Martín

Crocaio, pasou esta semana pensando libros fermosos e moi útiles para o boletín do Día do Libro, todos están relacionados co noso proxecto : a pintura  e case todos están na BIBLIOCROCAIO, aínda que si algún che gusta moito podes achegarte a calquer librería e mercalo, non te arrepentirás!
Son para todas as  idades:
  Preme en cada libro para ter máis información.



















E ademais recomendamos  este fermoso libro-cd-dvd que reúne fotografíasmúsicas  baixo a dirección da cantante galega  Uxía.

Recomendar tamén unha peli que se estrena o día 25 de abril:

mércores, 16 de abril de 2014

ABRIL, mes do libro

 Recursos para traballar na aula durante este mes

Grazas á Biblioteca escolar do CEIP Víctor Sáez por poñer ao noso alcance este  fantástico traballo no que hai un xogo sobre libros e ao mesmo tempo preséntanos a obra de Gonzalo Moure Trenor, o escritor que teremos moi pronto na Bibliocrocaio:

luns, 14 de abril de 2014

XOGOS PARA APRENDER ARTE

Divertida montaxe para promocionar a canción pero atrévete a chegar ata o final porque
 SEGURO QUE COÑECES ALGÚN DESTES CADROS!:
Premendo nas meninas entras na páxina para practicar estes días as manualidades:

/

COLORES COLORES da editorial KOKINOS, estupendo libro que atoparás doadamente nos recunchos de arte de calquer librería ou biblioteca, fíxate que estupenda portada:
Xoga agora coas cores  da Tate Galery, o museo de arte contemporánea de Londres, un xogo superfácil para colorear:
Pero si queres quedar máis perto aqui tes un xogo de memoria que nos propón o Museo do Prado de Madrid:
·El jardín de las delicias:
El jardín de las delicias é  unha das obras máis coñecidas do pintor holandés Hieronymus Bosch (El Bosco). É un tríptico pintado ao óleo sobre táboa de 220 x 389 cm a táboa central e 220 x 97 cada unha das dúas  laterais (pintadas nos dous lados) que se poden pechar sobre aquela.

venres, 4 de abril de 2014

A escritora viguesa Alicia Borrás visitou a Bibliocrocaio

E compartiu con nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º curso uns momentos de cancións, risas, apertas...todo o que poideron xogar co seu libro. 
Un encontro agardado que levaban preparando coa lectura do nseu libro " O señor corpo quere xogar".
Alicia Borrás propón aos máis pequenos con este libro, descubrir as partes do corpo e as súas funcións.
Despois de falar, recitar, cantar e bailar todos coas rimas do seu libro, sacou ao seu peluche o pato Pico e con el falounos das partes do corpo dun ave , diferentes do corpo humano.
A continuación asinou exemplares da súa obra facendo en  cada libro un dibuxo diferente. Asinou tamén no libro de visitas da Biblio.
Só nos queda dicirlle: MOITAS GRAZAS,  ALICIA, PASÁMOLO MOI BEN!!

mércores, 2 de abril de 2014

Qu é o AUTISMO?

Tamén había globos na BIBLIOCROCAIO
Presta moita atención a este entretido capítulo de Caillou no que se explic COMO SE SINTE UNHA PERSOA AUTISTA:


PARA AXUDARLLE A COMPRENDER : TARXETAS VISUAIS:

martes, 1 de abril de 2014

Hoxe, 2 de abril, día do libro infantil e xuvenil

Para este día que mellor que a canción  que nos fala do libro como fondo das imaxes da lectura compartida  do 1º Ciclo do mes de marzo
Aprendete a  letra da canción de Pablo Díaz: UN LIBRO, é superfácil! Dí así:

Un libro está sempre comigo
e así pode ser o meu amigo.

Hai que ter un libro a carón da cama
 para poder ler toda a semana,

E nas bibliotecas pódennos prestar 
os fermosos libros que nos fan soñar 

 Un libro está sempre comigo 
e así pode ser o meu amigo...

Lectura compartida 1º Ciclo con E. Infantil. Marzo 2014 on PhotoPeach


CROCAIO prestounos, para ensinarvos hoxe, un dos seus libros preferidos:


 VAMOS A BUSCAR UN TESORO  de Janosch. Alfaguara editorial.
Este está en castelán e xa ten moitos anos!
 E  é a historia dun pequeno oso e dun pequeno tigre que buscaban a felicidade. Eles pensaban que a felicidade era ser ricos para poder comprar todo o que quixeran. Así, decidiron buscar un tesouro.

Pero... dun xeito sinxelo, compartindo as súas cousas cos amigos, disfrutando das pequenas cousas da vida, pequeno oso e pequeno tigre encontraron a felicidade escoitando como 
cantaban os paxaros na súa casa.

Tamén o tedes en galego en Kalandaka:
.

 Si queredes  coñecer mellor a Janosh, oautor deste maravilloso libro fai click aquí. Google 

Tamén temos as aventuras dos seus personaxes no seguinte video que está en inglés pero ten abaixo a
traducción  así tamén practicades ....