venres, 26 de setembro de 2014

Crocaio propónvos

Para este fin de semana escoitar esta canción tradicional que serve de promoción ao disco Pelo Gato 24 baseado nos xogos populares e nas cantigas coma esta que veñen da nosa tradición oral.
Escoitádea enteiriña e despois, máis abaixo, tedes como curiosidade a adaptación que fixeron os nenos e nenas de E. Infantil do Monte da Guía:

Para aprender e investigar, fai clic enriba destes araos para saber máis sobre esta ave en peligro de extinción que vive nas nosas costas e que foi moi perxudicado polas mareas negras dos barcos petroleiros.
E tamén   estos xogos para os máis pequenos:
Once xogos, para familiarizarse coa lingua galega dun xeito lúdico e tamén desenvolver outras capacidades (memoria visual, auditiva...). 
Xoga con Fervello!


mércores, 24 de setembro de 2014

Outras biblios:

A foto é da Biblioteca  Real Academia  Española que conta con máis de 250.000 volumes, pero si fas clic enriba entrarás no XOGO  LIM dunha Biblioteca escolar galega: a Biblio BN da Pastoriza, que fixo un estupendo traballo sobre a súa Biblio, xogamos?

xoves, 18 de setembro de 2014

Biblioteca escolar...Matemático!

Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas.
O lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean.
O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña e velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado.
Aquí tedes un video que seguro que vos gustará xa que narra interesantes aventuras matemáxicas!

sábado, 13 de setembro de 2014

50 anos de MAFALDA

Seguro que xa sabedes quen son eses personaxes que vos deron este curso a benvida , pero se aínda non o tedes moi claro esta película explícao moi ben!
 Mafalda, A película,  en castelán, subtitulada en portugués,  preséntanos varias historias baseadas nas tiras cómicas de Mafalda, personaxe do debuxante arxentino QUINO.
 
QUINO é Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2014.
Mafalda comezou a publicarse en forma de tira cómica a finais de setembro de 1964 na revista semanal arxentina Primera Plana
Unha tira cómica é unha historieta de poucas viñetas, publicada  casa día ou cada semana en periódicos, revistas ou agora tamén en internet, protagonizada por personaxes fixas.


mércores, 10 de setembro de 2014

luns, 8 de setembro de 2014

Proxecto 2014-2015: Contando e xogando coa tradición



Este curso 2015-2015  imos falar, cantar e xogar moito coa nosa tradición xa que o proxecto que con moita ilusión comezamos pretende traer ao día a día os xogos tradicionais, as cancións galegas que moitas veces os acompañan e outras veces fan referencia a épocas do ano, costumes, oficios etc..e tamén os contos máis populares e tradicionais que, todos: xogos, contos e cantigas, pasan de avós a pais e de pais a fillos , que non están escritos en libros nin se poden comprar en xogueterías. Aparecen según a época do ano, desaparecen  e volven outra vez.
O xogo tradicional exprésase oralmente e considérase parte da cultura popular do noso pobo que non debe perderse, a través deles podemos transmitir valores, formas de vida, tradicións.. polo que paga a pena mantelos vivos.
Moitos deles son tamén xogos comúns a outras rexións españolas, boa proba desto é o poema co que hoxe abrimos o curso 2014-2015 e tamén o noso proxecto:
poema Rayuela de Sagrario Pino, do seu libro La casa de los días de Sopa de Libros, Anaya Edit.
                                                             
RAYUELA
Los soles se multiplican
en una gota de agua.
En el patio del colegio            
pierde  quien pisa la raya.

Espacio cuadriculado,
una piedra desgastada,
equilibrios en el aire 
 de una niña despistada.

-¡Tú ya no puedes seguir!
-¡Pierde quien pisa la raya!

Genoveva siempre pierde
y cuando pierde se enfada,
se acurruca en una esquina
y sueña que tiene alas...

Mira la fuente del patio
y en sus ojos, tras las gafas,
los soles se multiplican
en una gota de agua.

Preparade ben todo o material , pero sobre todo deitádevos cedo para estar ben espertos  o primeiro día.Vémonos o mércores día dez ás nove!

venres, 5 de setembro de 2014


Setembro comeza cunha doble celebración relacionada con ¿A QUÉ SABE LA LUNA?
Un conto acumulativo que fala da unión de todos e da importancia dos máis pequenos.

Cúmprense 20 años da creación deste álbum tan querido polos lectores de todas as idades. Van xa 20 reimpresións en español desta obra, todo un best-seller no catálogo de Libros para Soñar.
Atoparalo na BIBLIOCROCAIO.
E ademais:
Preme na portada e poderas escoitar o conto e xogar coas actividades LIM creadas por Belén Junquera :


sábado, 5 de xullo de 2014

Infantil 3 anos:

O alumnado de Infantil de 3 anos visita a Bibliocrocaio, escolle e leva libro en préstamo así como podedes ver: Infantil 3 anos na BIBLIOCROCAIO: o gusto polos libros. on PhotoPeach Esta é o seu proxecto Kandinsky, que formou parte do proxecto anual da Bibliocrocaio. Uns verdadeiros artistas!

venres, 27 de xuño de 2014

ENTRA:Este “parque temático virtual” pretende ensinar aos escolares que unha alimentación saudable e a práctica de exercicio son hábitos saudables e divertidos.


xoves, 26 de xuño de 2014

Actividade final do proxecto:Esta Biblio Pinta ben! Felices vacacións!

Ana Mª Matute . Homenaxe a unha grande escritora española.

A Maxia dunha linguaxe rica e fermosa que sempre permanece
 Falece aos 88 anos Ana Mª Matute.





 "Hoy es un día hermoso . Abajo está todo lleno de sol y huele muy fuerte a hierba recién cortada. Yo amo la tierra, y sé muy bien, que no cambiaré nunca, aunque pase el tiempo. Porque yo soy de las montañas.
...Miro y miro la tierra y cuanto más la miro creo que comprendo mejor a los que me rodean. Cuando me marcho de aquí, sigo llevándome a al tierra dentro de los ojos......La quiero cuando llueve y forma charcas como trozos de espejo, quieto y brillante, y bajan a beber los pájaros, de sopetón, como un grito; cuando se seca bajo el sol, y allá lejos se levantan nubecillas de humo. He visto cómo la trabajan los padres de Nin, sus tíos, sus primos y todos los hombres y todas las mujeres de la aldea.me gusta ver la reja del arado, hundiéndose, y oír los gritos de los vencejos y las golondrinas, que quieren devorar la simiente. El sol, allí arriba, se pone redonso y encarnado, y los campesinos saben si hará frío o calor, si helará o bajará la nieve. Están siempre preocupados con el cielo, porque todo lo de la tierra depende de él."

Este é o fermoso final do libro Paulina de Ana Mª Matute, publicado pola editorial Lumen en Barcelona no ano 1969.
Na Bibliocrocaio nº de rexistro 826
                        Que a terra che sexa leve!

sábado, 7 de xuño de 2014

Días de arte na escola!


Coñecendo a Joan Miró traballaron os nenos e nenas de 4 e 5 anos durante todo o curso, aquì tedes o resumen deste sensacional proxecto que está enmarcado dentro do noso proxecto anual da Bibliocrocaio, xa sabedes:
Esta Biblio pinta ben!!


E tamén o Día da arte na escola o libro colectivo do proxecto da Biblio pasou por todos os cursos:




luns, 2 de xuño de 2014

Padriños e madriñas lectores

Hoxe fixemos unha Hora de ler especial, por fin un bo día para saír a ler aos máis pequenos, xa tiñamos as lecturas preparadas desde o Día das Letras Galegas pero agardabamos un día de sol e hoxe por fin chegou. A sopa verde, Uxía , Os Bolechas, Sopra neste furadiño, E ti que farías por min?, A sopa queima....foron algúns dos títulos que lemos... todos en galego !


Foi unha hora de ler estupenda! Repetiremos!

Por fín o noso libro colectivo do proxecto anual: A PINTURA

Aquí tedes un resumen dos nosos traballos , o curso que vén pasará polas vosas casas , unha a unha. Disfrutádeo! É o froito do traballo 
de todo un curso!


E tamén podes botarlle unha ollada ao noso museo.
 Todas as obras que traballamos ao longo do ano.
Eres quen de recoñecelas? Ánimo!

venres, 30 de maio de 2014

Feira do Libro de Vigo 2014

Sábado 31 e domingo 1 de xuño remata na Alameda de Vigo a Feira do Libro.
O domingo ás 19 horas temos, como acto destacado, a presentación do disco para nenos de Paco Nogueiras Brinca vai!



O músico compostelán vén de publicar o seu primeiro traballo editado por Kalandraka en formato libro cd-dvd.
Con ilustracións de David Pintor, Brinca vai! reúne doce cancións en galego dirixidas ao público infantil e familiar.
E hai moitas máis actividades ! http://espazolectura.org/feira-do-libro-de-vigo/

domingo, 25 de maio de 2014

As Maimiñas na China

Excelentes contacontos que nos acompañaron alá polo mes de marzo e que Crocaio recuperou hoxe para vós:

As nosas palabras de caramelo soan ben

Kori é un neno de oito anos que só recoñece as palabras nos movementos da boca. Por iso é capaz de saber o que lle di o seu mellor amigo, un pequeno camelo ao que trata de salvar camiño dese deserto ...

venres, 23 de maio de 2014

Coñecemos a MAFALDA?

                                     QUINO,

debuxante creador de 



premio Príncipe de Asturias de Comunicación e humanidades.                             


luns, 19 de maio de 2014

Letras galegas 2014: Xosé Mª Díaz Castro, poeta.

Este é o poema que figuraba nos marcapáxinas que fixemos:
 ESMERALDA
HERBA PEQUERRECHIÑA
QUE CON MEDO SORRÍS
AO SOL QUE VAI NACENDO
E MORRENDO EN TI,
POR QUE DE SER PEQUENA
TE AVERGONZAS TI?
O UNIVERSO SERÍA
MÁIS PEQUEÑO SEN TI!
                      Xosé Díaz Castro
 Visitounos a escritora MARÍA N.SOUTELO e compartiu con todo alumnado ao longo da mañá diferentes obradoiros de poesía.
María N. Soutelo (Pontevedra, 1982), licenciada en Historia pola USC. Participou no proxecto literario "AugasVerso", folla voandeira de poesía do Concello de A Estrada, e en  Poesía Contemporánea Tabeirós-Terra (Edicións Fervenza, 2005). 
No ano 2008, veu a luz o seu primeiro poemario Código Poético (XX Premio de Poesía "Eusebio Lorenzo Baleirón", Concello de Dodro), da man da editorial Sotelo Blanco.

 Moitas grazas María pola túa presenza  un día coma o das Letras galegas.
Déixanos unhas bandexiñas con exquisitos versos.
 Infantil e 1º Curso foron o derradeiro obradoiro, entregaronlle un agasallo a María e colaboraron así de activamente coma podedes apreciar.
Fixemos tamén unha gran cenefa polos corredores de Palabras de caramelo: palabras galegas que soan ben, lembrando a Gonzalo Moure e ao seu libro Palabras de caramelo