luns, 30 de decembro de 2013

Outro conto de Nadal

Esta biblio pinta ben!

            Actividades do primeiro trimestre na BIBLIOCROCAIO:
ceip Eduardo Pondal Vigo by Slidely Slideshow
 Compartindo lecturas, actividade da derradeira semana, 1º curso leron a 2º utilizando o kamishibai: La zanahoria gigante, -Conto tradicional de Rusia:
"Unha mañá un granxeiro decide recoller  as súas cenorias pero atopa unha tan grande que lle resulta imposible arrincala . Primeiro pide axuda a súa muller, logo á súa neta, despois ao can, ao gato e ata ao rato. Xuntos intentarán sacar cenoria xigante da tierra.

Un conto con xigante para escoitar e contar:

luns, 23 de decembro de 2013

No Nadal un conto. Vigo en galego.

Este Nadal, o Centro de Interpretación da Oralidade ten preparadas máis de trinta actividades en dezaoito puntos da nosa cidade. Historias contadas para público familiar, para xente miúda e mesmo para bebés, pensadas para pór en valor a palabra falada e a lingua galega. Actividades atractivas, creativas e plásticas para os cativos, contos de moitas cores, do tranvía, de carteiros… creando por medio da oralidade momentos máxicos nos que deixar voar a imaxinación aproveitando os días libres das vacacións. Todas estas actividades serán de balde e na programación que vedes a continuación podedes atopar o nome de cada actividade, a idade recomendada e o enderezo de cada espazo no que se levará a cabo.
http://www.vigolowcost.com/2013/12/17/no-nadal-un-conto-historias-para-todas-as-idades-ata-o-4-de-xaneiro/
http://snl.vigo.org/

mércores, 18 de decembro de 2013

Actividades na Biblioteca:Compartindo lecturas e falando de xoguetes

Moi recomendable : para ler antes de comprar os xoguetes.
 Recomendacións de consumo. Premede na imaxe.
 A charla de consumo axudounos a comprender aos profes que consumen demasiados videoxogos, non sempre baratos e non sempre axeitados a súa idade. Atención pais e mamis !
http://www.consumoresponde.es/articulo-cr/recomendaciones-sobre-juguetes
Lecturas compartidas
Martes: 3º e 4º cursos contaron a Infantil de 3 anos.
 Mércores: 2º curso leu a 1º.
 Estupenda experiencia. Repetiremos! 


luns, 16 de decembro de 2013

A tope na Biblio!

Estes días de decembro a Bibliocrocaio está que ferve, tivemos
* dúas charlas para 3º ciclo
*unha exposición de pinturas ao óleo pola que pasaron todos os nenos e nenas
*os axudantes comezaron o seu labor durante algún recreo, sellando as novidades e aprendendo a facer as signaturas dos libros, colocando e reordenando, sempre con interese
e sobre todo moitos préstamos, personales e tamén de aula, que levaron para facer as lecturas compartidas que comezamos esta semana.
Hoxe luns  o 3º ciclo baixou a ler a infantil 4 e 5 anos, durante a hora de ler, foi unha estupenda! hora de ler para todos que repetiremos na derradeira semana de cada mes. Aquí están algunhas fotos.Tamén podedes ver as do blog de Infantil  premendo aquí.
A pintura e o pintor na Biblio:






martes, 10 de decembro de 2013

Compartindo lecturas

Compartimos lecturas as derradeiras semanas de cada mes, comezamos o próximo luns día 16.
Na HORA DE LER:
Luns 16 : 5º e 6º de primaria len a 5º e 6º de Infantil.
Martes 17: 3º e 4º  len a  4º de Infantil
Mércores 18: 2º le a 1º.
Xoves 1º len a 2º.
Moi importante para  compartir lecturas preparalas moi ben previamente; podemos levar os nosos contos favoritos, ler entre varios un conto ou ler algunha lectura informativa, algunha adiviña etc...
¿ Cal é o teu libro favorito?
En 1º curso de primaria algunhas xa o teñen claro:



 Crocaio tamén ten un libro favorito pero quere que o o adiviñedes para iso leríavos este fragmento si algún día o invitamos a ir á aula :
  "La noche siguiente, después de bañarme, mi abuela me llevó otra vez al cuarto de estar para contarme otra historia.
—Esta noche —me dijo—- voy a contarte cómo reconocer a una bruja cuando la veas.
—¿Se puede estar siempre seguro de reconocerla? —pregunté.
—No —dijo—, no se puede. Ese es el problema. Pero puedes acertar muchas veces.
Dejaba caer la ceniza del puro sobre su falda y yo confié en que no empezara a arder antes de contarme cómo reconocer a una bruja.
—En primer lugar —dijo—, una BRUJA DE VERDAD siempre llevará guantes cuando la veas.
—Seguramente no siempre —dije—. ¿También en verano, cuando hace calor?
—Hasta en verano —contestó—. No tiene más remedio. ¿Quieres saber por qué?
—¿Porqué?
—Porque no tiene uñas. En vez de uñas, tiene unas garras finas y curvas, como las de los gatos, y lleva los guantes para ocultarlas. Lo que pasa es que también muchas señoras respetables llevan guantes, sobre todo en invierno, así que eso no sirve de mucho.
—Mamá llevaba guantes.
—En casa, no —dijo la abuela—. Las brujas llevan guantes hasta en casa. Sólo se los quitan para acostarse.
—¿Cómo sabes todo eso, abuelita?
—No me interrumpas —dijo—. Entérate bien de todo. La segunda cosa que debes recordar es que las BRUJAS DE VERDAD son siempre calvas"...
Título: ???

venres, 6 de decembro de 2013

Ata sempre Nelson Mandela!

A educación é unha  arma moi poderosa que podemos usar para cambiar o mundo.http://www.elmundo.es/internacional/2013/12/05/52a0f34e61fd3d90708b4579.htmlNinguén  nace odiando a outra persoa pola cor da súa pel, a súa orixen, ou a súa relixión.

Escoita con atención este RAP DA CONSTITUCIÓN

6 DE DECEMBRO DÍA DA CONSTITUCIÓN
 APRENDEMOS ESTE RAP DE LA CONSTITUCIÓN :

 LA CONSTITUCIÓN TE HACE CONOCER
 CUAL TU DERECHO Y CUAL ES TU DEBER

 YO TENGO DERECHO A PODER JUGAR
 Y DEBO LAS NORMAS SIEMPRE RESPETAR

YO TENGO DERECHO A LA EDUCACIÓN
 Y DEBO EN LA ESCUELA PRESTAR ATENCIÓN

 YO TENGO DERECHO A VIVIR EN PAZ
A TENER AMIGOS Y NUNCA PELEAR

LA CONSTITUCIÓN TE HACE CONOCER
CUAL ES TU DERECHO Y CUAL ES TU DEBER.

AQUÍ TEDES OUTRA VERSIÓN DUN COLEXIO DE CASTILLA:

domingo, 1 de decembro de 2013

Xoga co Museo do pintor Vincent Van Gogh

 O idioma holandés non é impedimento para comprender este curioso xogo cos cadros do pintor Vicent Van Gogh:
http://www.vangoghmuseum.nl/kijkdoos/

E si queres curiosear polo seu museo oficial en Holanda preme aquí:

http://www.vangoghmuseum.nl/vgm/index.jsp?page=98&lang=en





mércores, 27 de novembro de 2013

Compartir lecturas, contar contos, medrar xuntos...

“El papá que no sabía contar cuentos“, de Pepe Monteserín e Miguel Tanco. Publicado na editorial Pintar y pintar.
Non todos somos capaces de facelo todo ben, nin tenemos os mesmos puntos fortes e debilidades. Eso non implica que ninguén sexa mellor ou peor que o resto. Cada un é como é, e iso, está ben.

Para pais/nais  que a diario aprenden a:
-recuperar o pracer de estar cos fillos e fillas,
-gozar mirando e observándoos,
-escoitando e atendendo as súas demandas,.
-compartindo vivencias
-falando e medrando xuntos.
Grandes obxectivos, que malia que todos pensemos que son inherentes ao rol de pai ou nai, hai que desenvolvelos e exercitalos, pero non todo o mundo sabe como facelo.
http://www.cuentosinteractivos.org/

Gústanos sempre recomendar publicacións que xiran arredor dos pais e dos contos. (Imaxe Leandro Lamas),
 http://lecturanarede.blogspot.com.es/

http://www.crtvg.es/infantil/contos

http://paracantarecontar.blogspot.com.es/

 http://www.cuentosinteractivos.org/

http://www.cesarsalgado.net/contos/

E para ler con eles este fermoso conto:
Roger Olmos: El cuadro más bonito del mundo
miro

O libro escrito por Miquel Obiols é  moi interesante polas ilustracións feitas por Roger Olmos, e polo  tema, que aborda a aventura da historia.
 Un libro que axuda aos nenos a achergarse a arte, a ter curiosidade polo mundo das pinturas, das cores e das obras do pintor catalán, Joan Miró.Presenta o mundo das cores de Miró dunha maneira moi divertida.
  Este tipo de libros que fomentan a arte son moi importantes na vida dun neno.
O estilo de Miquel Obiols fai ver este álbum moitas veces, rir, disfrutar cada páxina.

luns, 25 de novembro de 2013

Artur e Clementina

 Este foi o conto deste luns 25 " Día internacional para o fin a violencia contra as mulleres "

 " ... - Que te aburriches!- berraba Artur indignado- Só os parvos se aburren"
"... A Clementina dáballe vergoña ser tan parva"
" ... _ Que vas tocar ti a frauta! Estou seguro que non vas ser capaz"
" ... - Pero que che pasa agora? outra idea ridícula. Non pensarás que es artista? Vaia parvada"
"...non vaia ser o demo que Artur se farte de ter unha esposa tan burra.Esforzareime por falar o menos posible"
"... -Que farías ti sen min?- dicíalle el.

...CANDO UNHA MAÑÁ DE PRIMAVERA CLEMENTINA DECIDIU QUE A SÚA VIDA NON PODÍA SEGUIR ASÍ.
...AS CRÍTICAS DE ARTUR XA TANTO LLE TIÑAN...
...E UN DÍA AO REGRESAR ARTUR ATOPOU A CASA BALEIRA.

sábado, 23 de novembro de 2013

25 de novembro: Día internacional polo fin da violencia contra as mulleres

http://www.unwomen.org/es/news/in-focus/end-violence-against-women
Pinta o mundo de laranxa en 16 días
 A campaña do Secretario General das Nacións Unidas ÚNETE para poñer fin á violencia contra as mulleres proclamou o 25 de cada mes Día Laranxa.
http://www.un.org/es/women/endviolence/orangeday.shtml
 Entre outras actividades, nese día invítasenos a levar algunha prenda ou un lazo desa cor para resaltar o chamamento a erradicar a violencia contra a muller sen reservas, equívocos ou demora.

 Este ano a campaña ÚNETE extende ese Día Laranja a 16 días de activismo contra a violencia baseada no xénero, desde o 25 de novembro en que se conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, ata o 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos. 
http://issuu.com/euducandoenigualdad/docs/pequediccionarioigualdad/1?e=0 
a) A violencia física, sexual e sicolóxica que se produza na familia, incluidos os malos tratos, o abuso sexual das nenas no fogar, a violencia relacionada coa dote, a violación polo marido, a mutilación xenital feminina e outras prácticas tradicionais nocivas para a muller, os actos de violencia perpetrados por outros membros da  familia e la violencia relacionada coa explotación...

Reflexiona sobre o tema  despois de ver este conto:

Leremos tamén:
Adela Turín comenzou a publicar en Italia a colección «Dalla parte delle bambine»,  editada en España co  título «A favor de las niñas». É unha escritora de referencia para temas de igualdade. 
 La historia de los bonobos con gafas, de Adela Turín y Nella Bosnia.Editado por Kalandraka.
O bonobos vivían nun bosque de manglares mascando baias, gromos e sementes que as bonobas recollían para todos. Un día deciden que os catro bonobos máis guapos deben marchar a instruirse e aprender idiomas.
 A súa volta, enseñan a todos o que aprenderon e as bonobas, que quedan fora do xogo desta aprendizaxe, abandonan o lugar  instalándose noutro bosque. ¿Qué farán entón os bonobos?...

domingo, 17 de novembro de 2013

Para ler cos fill@s:

  Crocaio vén de recibir entre outras novidades o seguinte e recomendable libro para ler cos teus fillos e fillas:
Curioso e instructivo este libro de Anaya co que aprenderemos moito sobre as obras de arte e os pintores máis famosos.
A arte ten  moito en común cos nenos e nenas, si non, que lle pregunten a María, a nena que descubriu as pinturas da cova de Altamira. 
Este libro fala de pintura para que os cativos poidan entender e gozar con ela.
Os seus autores  guíannos nun percorrido por diferentes cadros que forman parte da historia da pintura, pasando por artistas como Leonardo da Vinci, Van Gogh, Kandinsky, Dalí ou Picasso, cos que o lector se achega ao mundo da arte.
A Gioconda, Os cazadores na  neve, As Meninas.... son algunhas das moitas obras reseñadas no libro, onde se explican  as técnicas de realización dos mesmos, experimentos para intentar imitar algunha das obras, e unha pequena historia dos acontecementos que rodean a cada cadro.Con divertidos debuxos e fotografías.

De Juan Ramón Brotóns e Ximena Maier.


Tamén recomendamos para 3º ciclo: