venres, 12 de abril de 2013

Bat Pat DETECTIVE


 
BAT PAT: BRUJAS A MEDIANOCHE
 
Ola!!! ¡Son Bat Pat ! Aposto o que queiras a que nunca, NUNCA, coñeceras a un morcego coma min. Para empezar, son detective. Sí, sí, DETECTIVE: liche ben. Coa axuda dos irmáns Silver 
( Rebecca, Martin e Leo), conseguín resolver o caso dun misterioso encapuchado que  paseaba polo cemiterio a medianoite... Moi sospeitoso verdade? Por si todo esto parecese POUCO TERRORÍFICO, tamén tivemos que pelexar  cunhas bruxas espeluznantes (e feísimas!) que intentaban facer das súas... Xa tes a pel de galiña? Pois esto é só o principio das miñas ESCALOFRIANTES e DIVERTIDAS aventuras...
LAS ESCALOFRIANTES AVENTURAS DE BAT PATlas-escalofriantes-aventuras-
Outra aventura escalofriante de Bat Pat que inclúe adhesivos con olores.
Preguntastesvos algunha vez a que ule o aliento dun DRAGÓN asmático? ¿Credes que poderiades soportar o tufo dun TROLL?
Pois a  que esperades? Abride este libro e preparadevos para vivir unha aventura alucinante e moi, pero que moi APESTOSA!
Outros títulos entre moitos son:
BAT PAT: LA ABUELA DE TUTANKAMON
BAT PAT: UN HOMBRE LOBO CHIFLADO
BAT PAT:EL FANTASMA DEL DOCTOR TUFO
BAT PAT: LA ISLA DE LAS SIRENAS

 

luns, 8 de abril de 2013

Participa !!

QUERES SER LIBERNAUTA NO LIBERESPAZO??????


  • XA TES O TEU PASE AO LIBERESPAZO .
  • Complétao cos mellores libros lidos da BIBLIOCROCAIO ou tamén con algún outro que che gustaría ler.
  • UNHA VEZ COMPLETADO O TEU PASE ENTRÉGAO NA BIBLIO.
  • ENTRARÁS NUN SORTEO DE LIBROS ENTRE OS PASES ENTREGADOS E NO MES DE XUÑO HABERÁ AGASALLOS.



"Descubrimos que os libros se relacionan uns con outros de mil maneiras, son follas dunha mesma árbore.
 Descubrimos a literatura, como mundo animado, como universo. 
Descubrimos a galaxia Gutenberg, o liberespazo,e ao converternos en libernautas accedemos ao noso primeiro territorio libre." Carlo Frabetti
"Pase ao liberespazo", para que lectores e lectoras recollan as súas "viaxes" polos libros e, certificado pola  BIBLIOCROCAIO podes acadar a categoría de "libernautas", con dereito propio a viaxar libremente polo "liberespazo".




venres, 5 de abril de 2013

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística vén de publicar o número 6 de Ollos de Aula, unha revista mensual que busca ser unha canle de comunicación entre mestres, centros de ensino e familias para "acompañarvos na difícil tarefa de educar os vosos fillos e fillas". A revista pode descargarse en pdf ou imprimirse en A4 nunha versión deseñada ao efecto. O obxectivo da publicación é achegar "información variada ao redor da educación e convidarvos a reflexionar sobre aqueles temas que vos poden preocupar como nais e pais".

Campamentos de verán

 APÚNTATE!!
A Deputación de Pontevedra oferta, un ano máis, os campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada.
    Campamentos da Xunta de Galicia: Acción de verán

    Equipo Tigre

    EQUIPO TIGRE: Impresionante!


    CROCAIO adica esta entrada aos lectores desta colección.
    O Equipo Tigre é unha colección de libros do escritor austríaco Thomas Brezina,
    -nacido o 30 de xaneiro de 1963 en Viena- aínda vive e escribiu ¡máis de 400 libros!
    que foron traducidos a 32 idiomas.
      Si ves algún libro desta colección na "biblio", cólleo rápido, porque é como si voaran.
    Déixovos a páxina do autor, por si queredes coñecer máis sobre él ou sobre  as súas obras.

    Tamén vos deixo o trailer da peli que fixeron sobre  as aventuras deste Equipo.

    luns, 1 de abril de 2013

    Día Internacional do Libro Infantil


    2 de Abril: 
    Día Internacional do Libro Infantil
    Inauguramos o mes de Abril: mes dos libros, na BIBLIOCROCAIO con esta celebración.

    O Día Internacional do Libro Infantil  celébrase, dende 1967, o 2 de abril con actividades dirixidas a fomentar os bos libros infantiles  xuveniles e a lectura entre o público máis pequeno.O ilustrador do cartel deste ano es Ashely Bryan, e a mensaxe creada é de Pat Mora, escritora méxico-americana de contos e poesía para nenos e nenas.
    Leemos juntos, tú y yo. 

    Vemos que las letras forman palabras

    y las palabras se convierten en libros

    que estrechamos en nuestras manos.


    Oímos susurros

    y ríos bulliciosos en sus páginas,

    osos que cantan 

    graciosas melodías a la luna.


    Entramos en misteriosos castillos

    y de nuestras manos suben hasta las nubes

    árboles florecidos. Vemos niñas valientes que vuelan

    y niños que atrapan las estrellas.


    Leemos juntos, tú y yo, dando vueltas y vueltas, 

    recorriendo el mundo con la alegría en los libros.
                                                                        Poema de Pat Mora

    Esta efemérides, conmemorada por el IBBY (International Board on Books for Young People) lembra o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor dalgúns dos contos infantiles máis célebres da historia.

    … Un 2 de abril, hai 200 años, o pai de Hans Christian Andersen regalou ao seu fillo unha caixa na que o escritor comezou a gardar  os seus tesouros máis queridos: as súss marionetas, unha caixa de mistos, unha cáscara de noz… Aquel simple obxecto supoñía moito para él. Era o seu mundo secreto.
    Podemos  crear entre todos una caixa  de tesouros destinada a este inesquecible autor danés .
    O enlace a Hans Christian Andersen, é o fantástico traballo que realizaron no Colegio Ntra Sra de la Fuensanta, Murcia, sobre a obra e vida de Andersen. Podes encontrar moitas ideas e recursos para poñer en práctica e tamén ler e escoitar todos estes contos:
    El traje nuevo del Emperador El soldado de plomo La niña de los fósforos
    La sirenita La princesa y el guisante El patito feo
    La gran serpiente del mar Los zapatos rojos La moneda de plata
    La niña que pisó el pan La sombra Dentro de mil años
    The Princess and the Pea (inglés) The Ugly Duckling (inglés) The Little Mermaid (inglés)

    Aquí tedes un dos seus  fermosos contos: LAS ZAPATILLAS ROJAS

    domingo, 24 de marzo de 2013

    Somos escola PÚBLICA

    Compartimos dous fermosos traballos, o primeiro do IES Pintor Colmeiro para traballar coa poesía e as árbores:

    Prima Poesia

    E agora o segundo: Canto traballiño polo Carballiño!!
    Grazas compañeir@s pola vosa xenerosidade.

    xoves, 21 de marzo de 2013



    Neste Día da Poesía, no que  compartimos poesías, lemos poesías, escribimos versos en flores e adornamos as fiestras, 
    vimos de recibir unha grata nova :
     A novela da escritora viguesa Ledicia Costas:
     O corazón de Xúpiter  , publicada na colección Fóra de Xogo de Xerais, acaba de gañar o Premio de Literatura Infantil e Xuvenil da AGE (Asociación Galega de Editores) 
     Unha novela que reflicte un problema moi actual. Unha moza que se refuxia nun amor a distancia, que nace e se mantén grazas a internet . Mitoloxía e estrelas como punto de unión. O encontro e desenlace. Un final duro para unha historia que non fai concesións. Un relato para ler e falar. Un relato que non deixa indiferente. Ledicia, volve á novela, despois de Unha estrela no vento que se publicara no 2000, nesta mesma colección. 
    Ledicia tamén é poeta,  dun fermosísimo libro de poemas titulado Xardín de inverno, no que a espectacular fotografía de DNL, non deixa de sorprendernos páxina tras páxina e é un complemento indisoluble dos versos de Ledicia.



     "viaxar no tempo é esquecer
    e escribir poesía 
    para non morrer de frío"
    " unha mandrágora 
    foxe do invernadoiro e da maceta
    e aterra no quinto banzo,
    onde queda sorrindo
    liberada por fin da memoria
                   é a avoa"
     ...
    Desde o CEIP Eduardo Pondal: Parabéns Ledicia, de corazón.

    mércores, 20 de marzo de 2013

    Por fin é primavera

     
    Desde as primeiras páxinas vai mostrando o ciclo da naturaleza: a primavera co fin do letargo dos animais, o verán coa recolección dos froitos, o outono coa emigración das aves ...

    luns, 18 de marzo de 2013

    Para os PAPIS

    19 DE MARZO: DÍA DO PAI

      Celebramos o Día do Pai e queremos facelo recomendando algunhas lecturas:
    En primeiro lugar o fermoso libro da fotógrafa francesa Anna Lauprête

    Titúlase Papás del mundo (Editorial La Galera) e conta unha viaxe polos cinco continentes a través de imaxes de gran beleza para comprobar que a paternidade e os sentimentos polos fillos non entenden de fronteiras e están por riba de  diferenzas xeográficas, económicas ou culturais. 

    As numerosas imáxes  falan de como os pais sempre se preocupan por os seus fillos en todos os recunchos do planeta.

     Pais e fillos amósannos a súa cultura, os seus costumes, a súa forma de vestir... a través dunhas fotografías espectaculares.

    Hai persoas moi distintas e peculiares, hai pais que se encargan das tarefas da casa.¡E logo!


                                                  Papis lonxe:
    Para que papá non perda ningun dos importantes acontecementos vitales a pequena vai rexistrando as súas experiencias nun caderno diario, conseguindo así que a escritura se convirta nunha útil ferramenta para superar o esquecemento da distancia.
                                                Feliz Día Papis!!!


    martes, 12 de marzo de 2013

    Xogos de AUGA

     
     
     
     
    AQUALIA ten na súa páxina :http://www.aqualia.es  unha zona para infantil na que ademais de xogar revisades os vosos coñecementos sobre a auga e aprendedes datos novos.
    Tamén tedes outra entrada con experimentos en
     


    Crocaio recoméndavos esta entrada!!!

    luns, 11 de marzo de 2013

    Libros de éxito!

    Coa mochila de volta piden outro libro de cociña....
     

    2º conta a infantil e 1º na Hora de ler. Éxito total.
    Os contos da rata Luísa

    sábado, 9 de marzo de 2013

    SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

    Do 11 ao 15 de marzo celébrase a semana da prensa na escola. Esta celebración permite achegar o xornal as nosas aulas.
    Aquí tedes os primeiros recursos para ir traballando coa Prensa na clase:
    O  PERIÓDICO:

    A  NOTICIA:
    E para os máis pequenos este LIM sobre os Medios de Comunicación:
    E para os máis pequenos

    mércores, 6 de marzo de 2013

    Coeducación

    En galego:
    Poemiñas para colorear en galego from Patricia Pena Barbeito. Grazas por compartir tanto traballo!
    En castelán:
    Material para traballar o día da Muller Traballadora realizado por Ana Martínez de ”Aula TIC C.E.E. Terra del Ferrol”. Un LIM (Libros Interactivos Multimedia) basado en “Poemitas Divertidos” de Carmen Gil pensado para infantil e primeiro ciclo.

     

    martes, 5 de marzo de 2013

    8 de marzo: Día internacional da MULLER

    Xa está chamando á porta o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, unha das datas claves para avanzar na educación para igualdade, na formación de cidadáns e cidadás na procura dunha sociedade máis xusta.  As bibliotecas escolares achegan recursos e fan propostas de actividades, lideran iniciativas que permitan aos nenos e ás nenas, a mozas e mozos coñecer o mundo no que viven, coñecer a presenza da muller nos distintos ámbitos do saber e nos distintos momentos da historia. 
    E sobre todo, re-coñecer a importancia e a influencia do traballo da muller nos diferentes ámbitos sociais do mundo no que eles viven e medran.



    Recomendacións da Bibliocrocaio para ler nesta data e reflexionar sobre a igualdade e a corresponsabilidade e valorización das tarefas do fogar:


    PODES LELO na REDE:






    luns, 4 de marzo de 2013

    BUSCAR NA REDE. COMO?

    Velaquí un documento   de gran utilidade para Aprender a buscar na web.
      O documento nace da colaboración entre Charo Sánchez-Gabriel, a resposnable da Biblioteca do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, e Olga Rodríguez de Malpica. Grazas por compartilo.
      A presentación pode descargarse e tamén podedes modular o volume da música.
    Desaxamos que  sexa de axuda no traballo de cada día.
    E tamén na vida.
    Podedes vela premendo sobre a imaxe.