martes, 12 de novembro de 2013

Obradoiro de Plastilina

Aquí tedes unha copia do famoso cadro de Velazquez Las Meninas, feito en plastilina.Se premedes nel veredes as fotos do obradoiro de Plastilina que tiveron Os peques de Sampaio hoxe na aula de 4 e 5 anos.
E agora outras versións sorprendentes das Meninas:
 Unha Menina de Pablo Picasso:
 Unha das moitas versións que fixo o gran pintor Pablo Picasso, que sentía fascinación polo cadro de Velázquez!
 As Meninas de Salvador Dalí, moi surrealistas!!

Esta é a orixinal:

venres, 8 de novembro de 2013

Papis e mamis: Charla moi importante o vindeiro luns ás cinco. Na BIBLIO CROCAIO. Mirade na columna da dereita.

Actividades desta semana nunhas pouquiñas  fotos, máis adiante con máis tempo , Crocaio preparará as montaxes nas que saídes tod@s, pero aquí está un resume:
Visita ao IFEVI : Os dinosaurios











Contacontos para primaria, Marta González, por xentileza da Editorial SM contounos o conto do valente ollomol Molito:
Magosto e exposición de fabulosos calacús:
Ponte as pilas agora para resolver este xogo de LIM sobre o magosto. Escolle ben o teu ciclo!!
http://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/MAGOSTO/magosto.html

luns, 4 de novembro de 2013

Os dinosaurios

Mañá mércores,  iremos a ver os Dinosaurios en 3D no IFEVI de Vigo.
 Veremos máis de 200 dinosaurios animatrónicos, 50 de tamaño real, recrearán a era Mesozoica nun percorrido no que se mistura o lúdico co educativo e que está dividido en varios apartados: area interactiva, areneiro, mesas de debuxo, zona de excavación, dinosaurios interactivos, dino shop, dino ride e, por último, dino foto.
 Mentres tanto, vaite preparando con este xogo e con este libro: https://www.cajastur.es/clubdoblea/diviertete/juegos/losdinosaurios.htmhttps://www.cajastur.es/clubdoblea/diviertete/juegos/losdinosaurios.html
Neste libro interactivo desvelarás  o mundo dos dinosaurios. Todas as curiosidades destes grandes e antigos animais son analizadas neste libro, con  rodas que xiran, ventás que se abren e solapas que se desplegan.

domingo, 3 de novembro de 2013

O pai do Xabarín, Miguelanxo Prado, gaña o premio nacional de banda deseñada 2013
Miguel Anxo Prado ven de recibir o Premio Nacional do Cómic por Ardalén.
O xurado destaca o seu carácter poético e a mestría técnica no uso das cores.
Visita a súa páxina web e atoparás miles de debuxos e de historias.http://www.miguelanxoprado.com/
 Noaraboa.
Aquí tedes un dos clips do Xabarín debuxado por Miguelanxo Prado. Escoitade a mensaxe!

 
O leite mola! (Xabarín & Xababanda) from Xeración Son Goku on Vimeo.

domingo, 27 de outubro de 2013

Día da BIBLIOTECA

Un día moi especial foi o que vivimos o venres 25 no cole: a festa da BIBLIO CROCAIO.
 Dámos moitas grazas a PEPE CARREIRO pola amabilidade e a paciencia que mostrou, debuxando e falando cos nosos nenos e nenas e compartindo con todos nós este día.
Os seus libros formaban parte da exposición do corredor.
As NOVIDADES tamén estaban expostas.
Así estivemos de atentos.
 

Os nenos e nenas de tres anos pasárono moi ben.

E chegou o momento das interminables firmas con debuxo e dedicatoria para tod@s. 


As Mochilas viaxeiras en marcha, con libros de PEPE CARREIRO e tamén un libro especial de PINTURA en cada unha.
  Sobraron pegatinas de cadros así que cando veñades a coller libro levaredes unha de agasallo.

xoves, 24 de outubro de 2013

A Biblio Crocaio pinta ben !!

Así é  nosa Biblioteca:
Este venres teremos a visita do ilustrador  Pepe Carreiro:
Xosé Carreiro Montero, máis coñecido como Pepe Carreiro, é un humorista gráfico, debuxante e guionista de banda deseñada.
 Foi fundador das revistas Can sen Dono e XO! "a voz que para a bestas".
 Publicou dous libros de humor gráfico: Fraga na Galiza (Laiovento) e Mellor que onte, pero mellor que mañán (Fervenza); e publicou viñetas e tiras en medios tan diversos como A voz do Pobo (na sección "O fillo de Breogán"), Teima (na sección "O galo Camilo"), O Paspallás, Mundo Obreiro, O Pobo Galego ("O galo Camilo"), Folla do Luns de Vigo, Faro de Vigo ("Maxistérico")...
  Como debuxante e guionista de cómic publicou tres álbums da serie Os Barbanzóns: 
Baroña ou morte, 
 Non solpor da prehistoria e
 A noite de Samaín.
Pepe Carreiro é un escritor, debuxante e ilustrador infantil creador da serie Os Bolechas (editada por A Nosa Terra) para nenos no 1980.
No 2013 recibiu o premio Bo e Xeneroso da AELG.
Benvido ao cole Pepe, agardámoste impacientes!
 Veremos tamén estoutro vídeo elaborado polo CEIP Curros Enríquez de Celanova para o Día da Biblioteca escolar, con debuxos de Pepe Carreiro do libro:

E agora podedes ver neste vídeo o que lle sucede a Peppa no MUSEO:

sábado, 19 de outubro de 2013

Cores e máis cores

Seguimos traballando arreo para que todo estea preparado para o vindeiro venres 25 no que faremos a gran festa da Biblioteca. 
As profes atarefadas coas compras de libros novos,a decoración da Biblio, preparando as mochilas viaxeiras,os carnets novos... 
Ricardo traballa tamén para deixar preparadas novas estanterías.. 
Crocaio está repasando os videos do traballo sobre o noso barrio que fixemos o curso pasado porque agora toca velo todo con calma. 
Xa sabemos quen nos vai acompañar neste día, será o ilustrador Pepe Carreiro, que compartirá con nós esta xornada festiva e contaranos algún que outro secreto dos seus famosos personaxes: Os Bolechas.
  
Aquí tedes un dos libros que pasarán polas aulas co tema do traballo deste curso: A pintura

E aquí outro fermoso video sobre a importancia da colaboración: Todos somos importantes!

venres, 11 de outubro de 2013

Mans á obra!

Mirade con que entusiasmo comezamos o traballo para o noso proxecto deste curso:
  A BIBLIO CROCAIO pinta ben !!
Aportación do profe Yago de Educación Física, para a decoración  da Biblio e para aprender onde temos que buscar un libro seguindo a CDU: Clasificación Decimal Universal .
Para reforzar o que imos aprender sobre a biblioteca, déixovos unhas actividades moi divertidas sobre a CDU, elaboradas por Lupe González e Luz Díaz. Preme na imaxe para empezar:

Grazas á colaboración da profe Isabel de PT teremos na nosa entrada unha enorme MENINA que pintaremos entres tod@s.
 

Traballamos tamén  nos autorretratos:

Infantil comezou un dos seus proxectos: MIRÓ
Os libros de arte e de cores comezan a verse por todo o cole, coma este El arenque rojo de Gonzalo Moure e Alicia Varela  de SM



Esteas onde esteas, perto de ti hai historias. Moitas historias. Tantas coma persoas. Pero vémolas? As veces sí. Neso consiste este libro. A primeira vez, só verás o arenque vermello.... http://www.literaturasm.com/El_arenqu...

mércores, 9 de outubro de 2013

Xogamos cos Bolechas

Este é Pepe Carreiro, o debuxante de banda deseñada galega,creador dos BOLECHAS.
Preme nas imaxes e atoparás divertidos xogos:

XOGAMOS COS BOLECHAS: