domingo, 29 de setembro de 2013

Outubro: mes das BIBLIOTECAS




























           Axiña chegará aos coles o cartel que a Consellería de Cultura, EOU edita todo os anos para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) .
O lema elixido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca .

  Aprender a valorar a información que se atopa en internet con criterios de credibilidade, veracidade, cientificidade, etc., é imprescindible para o noso alumnado; identificar, por exemplo, a pseudociencia entre a inxente cantidade de contidos audiovisuais que circulan por internet resulta difícil (ás veces incluso para os adultos), pero só a alfabetización mediática e informacional pode dotalos de recursos para poder facelo. 
   A ilustración é de PATRICIA CASTELAO.

domingo, 22 de setembro de 2013

Ven vindo outono dourado,,,

Preme neste cadro de outono do pintor impresionista francés Camille Pissarro e atoparás un entretitdo puzzle:
Ven vindo outono dourado
coa túa frautiña de vento
e o teu pantalón mollado.

 
Brinca no medio dos montes
co arrecendo no pelo

das espigas e das fontes.


Cóllelle a dianteira ao frío
acastañando nas cores

da beira do río.

Ven vindo, outono dourado,
cos petos cheos de noces
e de ourizos regañados.


Poema de Ana Mª Fernández 

O pintor holandés Vicent Van Gogh tamén pintou  moitos cadros   co tema do outono.
Preme para facer o puzzle agora un pouco máis difícil: 


E para os máis pequenos xogos de outono:

venres, 13 de setembro de 2013

A única revista en galego

O Xabarín Club foi un fito para varias xeracións.
Ese personaxe creado por Miguelanxo Prado entrou nos fogares, a través da pantalla, para quedar nos ollos dos maís novos da casa. Así se foi construíndo o club dos xabaríns.
Agora, aparece de novo o Xabarín con "Oink!”, a revista destinada aos nosos rapaces e rapazas, a única revista en galego.

 Aí atoparán  novas, reportaxes, pasatempos, música, seccións divulgativas, de entretemento e moita, moita banda deseñada,  coa colaboración de Miguelanxo Prado, Andrés Meixide, Miguel Porto, Fran Bueno, Miguel Robledo, Jacobo Fernández, Kohell, Victor Rivas e Pinto & Chintocomandados por Kiko da Silva.
      O seu prezo 3€, a súa periodicidade mensual.

xoves, 12 de setembro de 2013

luns, 9 de setembro de 2013

Carlos Maside pintor galego

Mercado,óleo de Carlos Maside, podemos contemplálo no Museo de Castrelos en Vigo.
Como vedes xa comezamos a preparar o noso proxecto deste curso. 


Tamén vos dámos a benvida, só queda un día para madrugar e comezar os trafegos diarios da escola. Crocaio prepara moitas sorpresas!!!

Move xa un pouqiño a túa mente completando as figuras con pezas   do Tan gram:



venres, 28 de xuño de 2013

Libro colectivo Sampaio: un barrio para ler e medrar. 2012 -2013

Así quedou o noso LIBRO COLECTIVO.
 Resumen do proxecto anual sobre o noso Barrio. 
O vindeiro curso percorrerá un por un todos os fogares para que o vexades detidamente. 
 Foi un fermoso traballo facer protagonista ao barrio de Sampaio de case todas as actividades do ano escolar.
 Agradecemos desde aquí a colaboración desinteresada de pais, nais, empresas, conserxe, veciñas e veciños que colaboraron co centro para que as actividades tiveran un desenvolvemento satisfactorio. 
Moitas grazas a todos e  feliz verán .

mércores, 26 de xuño de 2013

Sons de Sampaio

Atención a este fermoso traballo, recoñecedes os sons?
Son os sons do noso barrio e as voces e debuxos dos nosos nenos e nenas de Educación Infantil:
NA AULA DE EDUCACIÓN MUSICAL CADA NENO OU NENA COA AXUDA DA SÚA

FAMILIA ESCOLLEU CATRO SONS DO BARRIO, DEBUXOU E ESCRIBIU O SEU NOME E SON.
A partir desta proposta surxiu o conto coa axuda da profesora de música Inés Acuña.

domingo, 16 de xuño de 2013

EXCURSIÓN FIN DE CURSO: VIGO ZOO e Monte Vixiador



Pasámolo xenial e xa vedes, sen ir moi lonxe, case no noso barrio temos un dos mellores parques zoolóxicos de Galicia:VIGO ZOO . (Buscade na súa páxina nas actividades que preparan para o verán: campamentos,inglés...)
Contamos con tres monitoras que repartiron 25 nenos e nenas cada unha e que nos explicaron con detalle todo o que viamos e tamén aclararon moitas dúbidas. Foron moi amables.


E despois fomos a xogar ao fabuloso Parque Forestal do Monte Vixiador, preparado para pasar un bo día de campo ou dar longas camiñadas polos seus sendeiros. 
Alí atopamos entre outras cousas:



Foi unha xornada estupenda!!

mércores, 12 de xuño de 2013

Hoxe visitamos a Asociación de Veciños do noso barrio: Sampaio.
Coñecemos por dentro o edificio que vemos a diario, atendéronnos amablemente.
O presidente da asociación e  Rosi , a persoa que atende a cafetería, explicáronnos todo moi ben.


Estivemos na súa Biblioteca, no salón de actos, no ximnasio... e por fin xogamos no parque.

Este é o noso parque a principios do curso:


Aquí xogamos nós: Parque de Sampaio on PhotoPeach
E así foi a nosa visita:
By Slide.ly - SlideShow Maker

martes, 11 de xuño de 2013

Abremente , o xogo que te fará pensar



Abremente é  un libro de preguntas e respostas, con orixinal forma de abano, práctico e doado de trasladar . Fácil de usar, poden xogar solos, xa  que as   instruccións son moi sinxelass. As preguntas teñen  a  respuesta na folla seguiente.
Adaptadas ás habilidades de aprendizaxe de cada idade.
Para los más pequenos, as preguntas e respostas son en imáxenes fácilmente recoñecibles, e un personaxe va guiando o xogo.
Para os máis grandes, as preguntas e  respostas están basadas en temáticas escolares, acompañadas de ilustracións a toda cor.
Estimula de forma divertida a intelixencia, o cerebro e a curiosidade.


sábado, 8 de xuño de 2013

Traemos do Blog dos peques esta verdadeira contacontos.
 Sentada no sillón de contar da Bibliocrocaio, con só tres anos está moi cómoda contándolle aos compañeiros o conto de Luisa Aguilar: Orellas de Bolboreta,de Kalandraka.
Gústanos moito escoitala !
 Mara, simplemente ten orellas grandes, e que?
E os seus libros están moi usados porque mil mans máis os acariñaron...


venres, 7 de xuño de 2013

Obradoiro de Pan a cargo de Javi e Mari, donos da Panadería "El Maíz" de Sampaio.

O xoves pasado, e por xentileza da nosa ANPA, dentro do proxecto de traballo que promeve a Biblio Crocaio sobre o barrio de Sampaio tivemos a inmensa sorte de que o noso panadeiro  viñese ao cole a facernos un obradoiro de pan  en dúas sesións!!!
Pasaron polo comedor do cole os nenos e nenas de E. Infantil que disfrutaron como nunca coas mans na fariña ou coas mans na masa. A inmensa paciencia e bo facer do panadeiro Javi e a súa dona Mari non rematarían con estes cativos porque despois do descanso do recreo repetiron o obradoiro para o primeiro ciclo.
Só tedes que mirar as súas caras para comprender o entusiasmo e atención que suscitou, fixeron un boliño, un donuts, unha trenza incrible e gardaron a masa para volver a traballala na casa, tamén levaron un boliño que traían xa feito.
O noso agradecemento a estes profesionais  en todos os sentidos!!
Do Blog dos peques:



By Slide.ly - SlideShow Maker


«O Paraíso» é  a pastelería de doña Remedios, nela fabrican con esmero auténticas delicias. Unha vez ao mes, edesde hai algún tempo, sempre acontece algo fatídico, provocando que parte das encargas acaben irremediablemente no lixo. Tal feito coincide coa visita do sobriño de doña Remedios, Luís, un neno curioso e inquedo.
Unha historia de Agustín Fernández Paz sobre unha pastelaría real que el coñeceu de neno e sobre a que moitos anos despois faría un libro.

martes, 4 de xuño de 2013

5 de Xuño Día mundial do Medio Ambiente

O Día Mundial do Medio Ambiente pretende  ser unha garantía para preservar o planeta e que as persoas se comprometan coa protección dos animais e as plantas, cun uso razonable dos recursos da Terra, na reciclaxe e a reducción dos residuos.
Preme na imaxe e descubre 20 TIPS para coidar o planeta:
Busca na BIBLIOCROCAIO:

XOGA
E  agora a    reciclar  !

xoves, 30 de maio de 2013

Coñecemos outros deportes: O BÉISBOL

Hai uns días tivemos no cole a unha representante do Clube de Béisbol Halcones de Vigo que, dentro do prograna XOGADE, moi amablemente ofreceu unha longa  sesión para explicar aos nenos e nenas de 2º ata 6º como se xoga ao Béisbol.
O obxectivo do béisbol é golpear unha pelota  cun bate (batear), desplazándoa a través do campo e correr polo campo interno de terra buscando alcanzar a maior cantidade de bases posibles ata dar a volta á base desde onde se bateou e lograr anotar o tanto coñecido como carreira.
Gustou moito este deporte descoñecido para case todos e para outros xogado nos videoxogos!!!
Mirade que ben o pasaron:
 
O deporte pode axudarnos a desenvolver a nosa personalidade, a formarnos como personas e a ser fisicamente máis fortes e sans, senón mirade o que lle pasou ao protagonista do conto de Anthony Browne titulado Willy el tímido