luns, 4 de febreiro de 2013

Mañá...O Meco manda: Luvas.

Luns, 9 horas, volve a Mochila Viaxeira e comenza o ambiente de Entroido: mandiles para tod@s.



E mañá martes:
DON LIMPIÑO xa está preparado.
 E para ler sobre entroido Crocaio préstanos:
Ata mañá...nenos e nenas...

domingo, 3 de febreiro de 2013

Premede na imaxe para ver o Ciclo do Entroido e os diferntes costumes que hai en Galicia para os vindeiros días. Sabiades que hoxe é o domingo corredoiro?
Hoxe é o denominado domingo corredoiro, de corredores, tamén chamado, en Cotobade, domingo de chicotes. Recibe o nome de corredoiro por se-lo día da corrida do galo. É o domingo da sesaxésima, domingo anterior ó de entroido. En Pobra de Trives, os pais que tiñan fillos na escola acostumaban regalarlle en tal ocasión un galo ó mestre, con ocasión do domingo corredoiro. Para escolle-lo rapaz que llo ía dar, enterraban o galo na terra, coa cabeza fóra, e tapándolle os ollos ós rapaces. Aquel que atopara o galo era quen llo daba ó mestre. Vicente Risco di que o mesmo costume tiñan en Allariz. Noutros lugares era este o día no que se corrían as olas, e de aí o nome de domingo oleiro. En Castro Caldelas corríanse as maulas, carreira entre veciños atados polas costas.
Que costumes eh! algunhas xa se perderon pero ainda se conserva o noem que se lle da´ao domingo antes do de entroido.
Pero aquí temos outro dos nosos costumes que ainda mantemos: OS MANDADOS DO MECO
O venres chegou ao cole  para quedarse estes días
"DON LIMPIÑO ", o Meco que vén supervisar como vai indo o entroido e se non vai ben....
E aquí tedes para mañá LUNS:
"Por adiante ou por detrás , un mandil traerás"

venres, 1 de febreiro de 2013

O noso día da Paz

Un día especial  que compartimos co CEIP Carballal, con intercambio de chapas, marcapáxinas e videos das coreografías das cancións da Paz, unha mágoa que por falta de presuposto non puideramos xuntarnos nun cole como os outros anos, pero  ainda así sentímonos moi preto!
 Crocaio andivo moi atarefado e fixo algunhas fotos do acto de lecturas das VIDAS POLA PAZ que preparamos por ciclos. Aquí tedes ao segundo ciclo lendo a vida de Rigoberta Menchú.
 A selección de libros foi de libros de amizade, de amigos, hai moitísimos. Anímate a pedilos na BIBLIOCROCAIO!
 Vicente Ferrer foi a investigación que fixo o alumnado do terceiro ciclo.
E.Infantil: Nelson Mandela.
                                                  1º Ciclo. Teresa de Calcuta.
Fixemos os marcapáxinas das Vidas pola paz para intercambiar co cole de Carballal,faise así:

mércores, 30 de xaneiro de 2013

INVESTIGAMOS SOBRE O NOSO ENTROIDO

Webquest do entroido de Vigo
 Elaborada por Rosa González Blanco - CEIP O Pombal de Vigo
O entroido é unha festa moi divertida , a súa celebración  é unha tradición moi arraigada en galicia que se celebra de distintas formas en  aldeas,vilas e cidades.
Si te adentras nesta Web Quest aprenderás moitas cousas desta  festa tradicional na nosa cidade e ademais pasaralo moi ben! 
Merdeiros : típico disfraz de Vigo
  
Dentro hai máis actividades coma esta de colorear en liña: 

venres, 25 de xaneiro de 2013

Fina Casalderrey. Unha escritora de L.I.X. na RAG


 A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria. Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a LITERATURA INFANTIL e XUVENIL. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
 Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

domingo, 20 de xaneiro de 2013

xoves, 17 de xaneiro de 2013

30 Xaneiro : DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

O 30 de Xaneiro celebraremos o Día escolar pola PAZ e a NON VIOLENCIA
Con este xogo -Lim que nos envía Mick desde o seu recanto do cole de Costa-Castrelos podemos aprender moitas cousas sobre a Paz. Animádevos a facelo ata o final!
>Moitas grazas Julia!

domingo, 13 de xaneiro de 2013

"O mundo é grande".Mamá Cabra

Este ano malia a traballar no proxecto da BIBLIOCROCAIO sobre o noso barrio: SAMPAIO,
temos moi presente que somos cidadáns do mundo, sen fronteiras que nos separen e con cancións tan fermosas como esta de MAMÁ CABRA  que escollemos para aprender e cantar o día da Paz.
Tédela tamén na páxina de Cancións.

sábado, 12 de xaneiro de 2013

Premios: Nós tamén creamos. CRTVG




Estas foron as tres curtametraxes premiadas no concurso "Nós tamén creamos", promovido pola editorial OQO e a TVG, hoxe víronse no Xabarín Club. 
É un marabilloso traballo de nenas e nenos de 1º e 2º ciclos e dos seus mestres e mestras. Parabéns para vós! Sodes uns verdadeiros  profesionais !
Se queredes ver máis curtas AQUÍ

luns, 7 de xaneiro de 2013

LIBRO E LECTURA 2013, CALENDARIO

 Calendario que miraremos moitas veces ao longo deste 2013 e que nos vai lembrar as datas máis importantes relacionadas co libro, cos autores e coas lecturas na nosa lingua.
O teatro de Roberto Vidal Bolaño será o protagonista do "Día das Letras Galegas 2013"

 Pero polo de agora podemos xogar co LIM do conto O Coelliño Branco, feito como non por Belén Junquera, premendo na súa portada:

mércores, 2 de xaneiro de 2013

Contos para traer os Reis

A fermosa Carta dos Reis  escrita pola poeta Andrea Porto lémbranos que deixemos un agasallo na nosa lingua, un libro en galego, porque é unha lingua milenaria que non debemos deixar perder e que ten fermosas palabras como as que ela emprega no seu poema:

                            Papaventos no padal
                       Nenas, nenos, nais e pais
                       escoitade atentamente,
                        resolvede esta adiviña
                        chegada dende Oriente:
                        Derrétese na boca
                        e non é xeado,
                         que estaría moi frío
                         nestas datas do ano.
                        Debuxa bolboretas
                        que beliscan no ceo
                        das nubes anaquiños
                         para facer caramelos.
                      Se aínda non o sabedes
                      parádevos a pensar:
                        quen voa papaventos
                      no noso padal?
                      É a música que todos
                       levamos dentro, 
                       que nos arrola
                       nas noites de inverno.
                             A lingua das cantigas, 
                    das coplas e refráns, 
                    o agasallo perfecto
                    para este Nadal. 

Os libros que escolleron as profes para ler neste Nadal foron os seguintes:
Para 6º curso:

Para todo Infantil: O Carballo con Botas, posteriomente teremos un contacontos sobre este libro.








                                                  Primeiro e segundo cursos lerán :
Terceiro e cuarto terán tamén ao autor: Silvestre Gómez Xurxo para contarlles como fixo o seu libro.

mércores, 26 de decembro de 2012

Contos para contar

O LIBRO DOS REIS "O Libro dos Reis" é un libro de discursos para os Reis Magos, editado por Galaxia,
 conta con cartas dos reis magos en galego realizadas por vinteseis coñecidas
escritoras da literatura galega
Celia Parra Díaz
Eva Lozano Carpente
Yolanda Castaño
Elena Gallego Abad
Antía Otero
Rosalía Morlán Vieites
María Canosa
Lupe Gómez
Ledicia Costas
Concha Blanco
Teresa González Costa
Rosa Aneiros
Oriana Méndez
Helena Villar Janeiro
Beatriz García Turnes
Andrea Porto Mato
Clara do Roxo
María Solar
Paula Carballeira
Dores Tembrás
Inma López Silva
Mercedes Queixas Zas
Anxos Sumai
Fina Casalderrey
Ana María Fernández
Rosa Golmar 
e con fermosas ilustracións de Marina Seoane.

Realizouse co obxectivo de facilitarlle aos Reis Magos a tarefa de falarlles aos nenos nas cabalgatas.
Para iso van distribuírse entre os distintos concellos pola Rede de Dinamización Lingüística.

Se vos interesa, podedes descargalo de balde, premendo aqui


Contar contos aos nosos fillose netos é unha actividade moi especial na que disfrutan os nenos e nenas e tamén os maiores.  
Contos arredor do microondas, pretende darnos consellos e estratexias para  narrar contos na casa.
É unha publicación que se encadra dentro do espectáculo O señor das dunas, un contaconto dirixido a todos os públicos que forma parte do programa FalaRedes.
Pódese descargar premendo aqui

Propostas de contos para ler:
 Guía de recomendacións Decembro 2012, elaborada polo Centro Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Salamanca da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.


xoves, 20 de decembro de 2012

Guías de xoguetes

OS XOGUETES NO NADAL


 OS REIS MAGOS
En todas as partes do mundo cando chegan estas datas os nenos e nenas reciben xoguetes, pero como son tantos, os Reis Magos teñen moitos axudantes nos distintos lugares do mundo. Queredes coñecelos? 

   http://www.edu.xunta.es/centros/ceipisaacperal/node/301
 


A BRUXA BEFANAOS REIS MAGOS




PAPA NOELOLENTZERO











Así son os xoguetes que arrasarán este ano:



Guía do Instituto Tecnolóxico do Xoguete con información moi útil sobre xogos e xoguetes de calidade.Guía completa 2012-2013

 
Este Nadal visita a páxina http://vigo.entrefamilias.com
Axenda de ocio e tempo libre para nenos/as e familias en Vigo.Atoparás información sobre campamentos de Nadal, concertos, contacontosetc...

E LEMBRADE QUE:



venres, 14 de decembro de 2012

NADAL 2012 Recursos

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística pon ao noso alcance unha recopilación de recursos para disfrutar estes días de Nadal:
                            As Cancións 
                            A Carta aos Reis
                            O Apalpador
                            O Teatro 
                            Os Contos
                            Os Refráns
                             Os Agasallos 
Atoparás todo premendo na imaxe:

CROCAIO elexiu esta panxoliña galega para aprender:

Estoutra páxina permite crear a propia postal de Nadal en línea:
http://www.pitiflu.es/crea-tu-propia-felicitacion-de-navidad-de-plastilina/
A páxina ten tamén cociña do Nadal:
E moitas cousas máis, xa sabes preme en http://www.coordinadoraendl.org/nadal2012/recursos/index.php

xoves, 6 de decembro de 2012

112-12 2012 CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO

RECITANDO A CELSO EMILIO... DÍA DOCE DO DOCE DO DOUS MIL DOCE ÁS DOCE  
Así o fai este grupo galego.
Nós intentarémolo tamén:  
Na Bibliocrocaio podedes atopar:
E todo isto porque ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) propóñennos renderlle unha homenaxe pública cun acto colectivo de recitado público do poema "Deitado fronte ao mar" (Longa noite de pedra, 1962).

 Arquivo sonoro no que podedes escoitar a voz do poeta falando e recitando e mesmo o son da súa máquina de escribir:

 Aquí tedes un estupendo traballo escolar sobre o poeta de Celanova atopado na REDE no que non figura o centro no que foi feito pero si as alumnas que nos informan sobre a súa vida e obra e recitan o poema "Inverno":

luns, 3 de decembro de 2012

Ideas para facer e ler en nadal

Lecturas de Nadal na Rede:
O equipo da Biblioteca do CEIP Isaac Peral de Ferrol fixo unha excelente recopilación  de lecturas de Nadal nas que podemos atopar dende contos  con contidos históricos ata contos clásicos coma o "Soldadiño de Chumbo" ou "Hansel e Gretel" sen esquecer outros contos anónimos difundidos na rede.
Premendo nesta imaxe podedes acceder a esa morea de contos para ler e conta e outros para ver.
Enlaces a páxinas para manualidades de Nadal sempre creativas e de reciclaxe :


de-navidad/"> />