domingo, 24 de marzo de 2013

Somos escola PÚBLICA

Compartimos dous fermosos traballos, o primeiro do IES Pintor Colmeiro para traballar coa poesía e as árbores:

Prima Poesia

E agora o segundo: Canto traballiño polo Carballiño!!
Grazas compañeir@s pola vosa xenerosidade.

xoves, 21 de marzo de 2013



Neste Día da Poesía, no que  compartimos poesías, lemos poesías, escribimos versos en flores e adornamos as fiestras, 
vimos de recibir unha grata nova :
 A novela da escritora viguesa Ledicia Costas:
 O corazón de Xúpiter  , publicada na colección Fóra de Xogo de Xerais, acaba de gañar o Premio de Literatura Infantil e Xuvenil da AGE (Asociación Galega de Editores) 
 Unha novela que reflicte un problema moi actual. Unha moza que se refuxia nun amor a distancia, que nace e se mantén grazas a internet . Mitoloxía e estrelas como punto de unión. O encontro e desenlace. Un final duro para unha historia que non fai concesións. Un relato para ler e falar. Un relato que non deixa indiferente. Ledicia, volve á novela, despois de Unha estrela no vento que se publicara no 2000, nesta mesma colección. 
Ledicia tamén é poeta,  dun fermosísimo libro de poemas titulado Xardín de inverno, no que a espectacular fotografía de DNL, non deixa de sorprendernos páxina tras páxina e é un complemento indisoluble dos versos de Ledicia.



 "viaxar no tempo é esquecer
e escribir poesía 
para non morrer de frío"
" unha mandrágora 
foxe do invernadoiro e da maceta
e aterra no quinto banzo,
onde queda sorrindo
liberada por fin da memoria
               é a avoa"
 ...
Desde o CEIP Eduardo Pondal: Parabéns Ledicia, de corazón.

mércores, 20 de marzo de 2013

Por fin é primavera

 
Desde as primeiras páxinas vai mostrando o ciclo da naturaleza: a primavera co fin do letargo dos animais, o verán coa recolección dos froitos, o outono coa emigración das aves ...

luns, 18 de marzo de 2013

Para os PAPIS

19 DE MARZO: DÍA DO PAI

  Celebramos o Día do Pai e queremos facelo recomendando algunhas lecturas:
En primeiro lugar o fermoso libro da fotógrafa francesa Anna Lauprête

Titúlase Papás del mundo (Editorial La Galera) e conta unha viaxe polos cinco continentes a través de imaxes de gran beleza para comprobar que a paternidade e os sentimentos polos fillos non entenden de fronteiras e están por riba de  diferenzas xeográficas, económicas ou culturais. 

As numerosas imáxes  falan de como os pais sempre se preocupan por os seus fillos en todos os recunchos do planeta.

 Pais e fillos amósannos a súa cultura, os seus costumes, a súa forma de vestir... a través dunhas fotografías espectaculares.

Hai persoas moi distintas e peculiares, hai pais que se encargan das tarefas da casa.¡E logo!


                                              Papis lonxe:
Para que papá non perda ningun dos importantes acontecementos vitales a pequena vai rexistrando as súas experiencias nun caderno diario, conseguindo así que a escritura se convirta nunha útil ferramenta para superar o esquecemento da distancia.
                                            Feliz Día Papis!!!


martes, 12 de marzo de 2013

Xogos de AUGA

 
 
 
 
AQUALIA ten na súa páxina :http://www.aqualia.es  unha zona para infantil na que ademais de xogar revisades os vosos coñecementos sobre a auga e aprendedes datos novos.
Tamén tedes outra entrada con experimentos en
 


Crocaio recoméndavos esta entrada!!!

luns, 11 de marzo de 2013

Libros de éxito!

Coa mochila de volta piden outro libro de cociña....
 

2º conta a infantil e 1º na Hora de ler. Éxito total.
Os contos da rata Luísa

sábado, 9 de marzo de 2013

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

Do 11 ao 15 de marzo celébrase a semana da prensa na escola. Esta celebración permite achegar o xornal as nosas aulas.
Aquí tedes os primeiros recursos para ir traballando coa Prensa na clase:
O  PERIÓDICO:

A  NOTICIA:
E para os máis pequenos este LIM sobre os Medios de Comunicación:
E para os máis pequenos

mércores, 6 de marzo de 2013

Coeducación

En galego:
Poemiñas para colorear en galego from Patricia Pena Barbeito. Grazas por compartir tanto traballo!
En castelán:
Material para traballar o día da Muller Traballadora realizado por Ana Martínez de ”Aula TIC C.E.E. Terra del Ferrol”. Un LIM (Libros Interactivos Multimedia) basado en “Poemitas Divertidos” de Carmen Gil pensado para infantil e primeiro ciclo.

 

martes, 5 de marzo de 2013

8 de marzo: Día internacional da MULLER

Xa está chamando á porta o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, unha das datas claves para avanzar na educación para igualdade, na formación de cidadáns e cidadás na procura dunha sociedade máis xusta.  As bibliotecas escolares achegan recursos e fan propostas de actividades, lideran iniciativas que permitan aos nenos e ás nenas, a mozas e mozos coñecer o mundo no que viven, coñecer a presenza da muller nos distintos ámbitos do saber e nos distintos momentos da historia. 
E sobre todo, re-coñecer a importancia e a influencia do traballo da muller nos diferentes ámbitos sociais do mundo no que eles viven e medran.



Recomendacións da Bibliocrocaio para ler nesta data e reflexionar sobre a igualdade e a corresponsabilidade e valorización das tarefas do fogar:


PODES LELO na REDE:






luns, 4 de marzo de 2013

BUSCAR NA REDE. COMO?

Velaquí un documento   de gran utilidade para Aprender a buscar na web.
  O documento nace da colaboración entre Charo Sánchez-Gabriel, a resposnable da Biblioteca do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, e Olga Rodríguez de Malpica. Grazas por compartilo.
  A presentación pode descargarse e tamén podedes modular o volume da música.
Desaxamos que  sexa de axuda no traballo de cada día.
E tamén na vida.
Podedes vela premendo sobre a imaxe.

 

xoves, 28 de febreiro de 2013

Entra nunha lectura diferente

Busca olores e sabores,
Hainos bos e mellores
 E disfruta a comida
 porque é moi divertida.
 Xoga con este Lim baseado no libro que presenta adiviñas sobre sabrosos platos.


luns, 25 de febreiro de 2013

Así foi a nosa homenaxe a Rosalía de Castro

A nosa homenaxe a Rosalía de Castro resultou un tanto especial xa que colaborou con nós Ce,el hombre orquesta, que hoxe daba unha sesión para os máis pequenos.
Aí nos tedes acompañados espectacularmente por César Freiría, un rapaz de Valadares(Vigo), que colabora coa Normalización Lingüística do noso concello co seu espectáculo de música e cancións populares galegas que engaiolaron a todos os que o escoitabamos.

Outra artista nova, nacida tamén no barrio de Beade ofrece a súa particular versión de Adiós ríos, adiós fontes.  
Aid, do seu disco RAPOEMAS Eu, como profe que hoxe escribe esta crónica, estou especialmente emocionada e orgullosa xa que estas dúas personas,estes dous artistas, foron alumnos meus en distinta época , pero no mesmo cole, no CEIP Otero Pedraio de Carneiras-Vigo.

sábado, 23 de febreiro de 2013

Rosalía de Castro, poeta galega universal.

Toda Galicia celebra o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro en galego na época do Rexurdimento da literatura galega.
Nós tamén o faremos o luns co recitado  de dous dos seus poemas: Adiós ríos, adiós fontes e Has de cantar.
Para saber máis aquí tes dous enlaces e unha fermosa canción de Luís Emilio Batallán na que lembra a Rosalía de Castro:


A Bibliocrocaio

Ti tamén podes ser Carballo con Botas


 Entrañable visita de Anxo Moure á nosa BIBLIO.
O seu libro:O Carballo con Botas,
fala da importancia de coidar o medio ambiente, do amor á natureza e do perigo dos incendios. Pero  tamén afonda na crueldade da guerra e da soidade no medio das cales   sempre xorde a esperanza, a vida, o futuro.
 E se os bosques teñen árbores, nós teremos contos. Que sería do ser humano sen os contos? Este libriño convértese nun imprescindible para que os rapaces e rapazas  entendan certos valores que nunca debemos esquecer.
Instruccións para facer Carballos con Botas:
Anxo Moure: O Atrapacontos, na BIBLIOCROCAIO.Febreiro 2013 on PhotoPeach







martes, 19 de febreiro de 2013

Nós tamén estivemos nos premios GOYA

Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura
Blancanieves foi a gran ganadora da noite dos Goya, cos premios á mellor película, mellor actriz (no personaxe da bruxa), mellor dirección de fotografía, mellor música, mellor dirección artística, mellor actriz revelación (nun dos papeis de Blancanieves), mellor deseño de vestiario, mellor maquillaxe e perruquería e mellor guión orixinal. Ao recoller este último premio, Pablo Berger, dedicoullo a todos os pais e nais que cada noite contan un conto aos seus fillos. A el contáronllos, por iso se denominou contador e... posiblemente por iso conseguiu unha noite como a de onte.
Un alegato a favor das contadas e da literatura para os máis pequenos.
Por iso, podemos dicir que nós tamén estivemos nos Goya, e os pais e nais do noso alumnado.

domingo, 17 de febreiro de 2013

O ATRAPACONTOS: Anxo Moure


O MARTES 19 DE FEBREIRO
        VISITA A BIBLIOCROCAIO 
             ANXO MOURE:

Máis imaxes de Anxo Moure
 Un personaxe moi interesante.
 Coñecedes a Anxo Moure? 
 Líchedes algún dos seus contos?
 Algúns seguro que líchedes O Carballo con Botas,  para saber como naceu premede na portada   e atoparedes a real  fermosa  historia do conto:

 Coñecedes a  historia de Anxo Moure? As súas preocupacións e intereses?

Recoméndovos que  botedes unha ollada aos enlaces que aparecen a continuación para saber algo máis del. Resulta unha persoa chea de ilusións e soños, con iniciativas emprendedoras para mellorar o noso mundo. 
A iniciativa Contos Solidarios.
O bici-taxi solidario.
Entrevista a Anxo Moure en Radio Lugo.
Anxo Moure no blogue Ponte Louco.

venres, 15 de febreiro de 2013

24 de Febreiro día de Rosalía de Castro"



  • 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
  •  A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega  (AELG) anima a tod@s  a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro
Este ano cúmplense 150 da publicación de Cantares Gallegos.


luns, 11 de febreiro de 2013

Así foi a nosa festa do entroido:

                      
 
Este ano o noso barrio tivo todo o protagonismo na festa do Entroido. Saimos desfilando ata o centro, onde está o Peto de ánimas:
Alí cantamos as coplas ao noso barrio que ensaiamos toda a semana e seguimos desfilando cara a Asociación de Veciños, sempre acompañados de pais e nais que facían máis doado o noso labor cos nenos e nenas. De novo cantamos e volta ao cole! Foi unha experiencia moi positiva xa que todo o barrio compartiu con nós a alegría e o ritmo da festa do Entroido.

xoves, 7 de febreiro de 2013

RISCOS EN INTERNET


Odía 22 de xaneiro  e  dentro do III Plan Director tivemos ocasión de contar coa presencia dun policía especializado nos riscos en internet para asesorar e escoitar ao alumnado de 5º e 6º de Primaria .

O Plan Director é un programa de gran interese para toda a comunidade educativa.
 Un policía especializado informa e motiva aos alumnos na adopción de conductas pro-activas e facilita aos pais e mestres, pautas de detección e reacción .
Unha primeira sesión co alumnado de 5º e 6º de educación primaria  tivo lugar no mes de xaneiro.
 Outra  sesión cos pais, nais, titores legais interesados no tema e mestres será o día 7 de maio no CEIP Eduardo Pondal, na Biblioteca Crocaio ás 16:00 h.

Os riscos existentes son moitos e as familias teñen un papel fundamental no correcto emprego de internet na casa. Consideramos de gran  relevancia esta actividade  para as familias e o alumnado.  Agardamos a vosa presenza nesta charla que anunciaremos previamente.

Dende o CEIP Eduardo Pondal, agradecemos á Policía a súa colaboración en programas deste tipo que nos axudan a todos utilizar correctamente e sen riscos internet.

ALIMENTACIÓN E SAÚDE por D. Carlos Leirós Orge

 

O martes 29 de xaneiro contamos coa presencia de D. CARLOS LEIRÓS ORGE, técnico Superior en Dietética e Nutrición.
Foi unha charla de interese para todos: pais, nais e mestres.
Extraemos da mesma os seguintes consellos para unha alimentación saudable:
-         Máis vale prevenir que lamentar.
-         Realizar 5 ou 6 comidas ao día.
-         Beber auga durante todo o día, entre 1,5 e 2 litros.
-         Aumentar o consumo diario de  froitas, verduras e hortalizas.
-         Empregar aceite de oliva .
-         Comer alimentos variados, aportarán os nutrientes e a enerxía necesarios.
-         Non saltarse nunca o almorzo, proporcionará os nutrientes e enerxía para comezar o día.
-         Moderar o consumo de carne grasa, bollería, azúcares, etc,…

      O ALMORZO é IMPRESCINDIBLE e debe ser  completo. É cando máis enerxía precisa o noso organismo e se non a ten o vai buscar doutro xeito. Se esta dinámica é habitual pode provocar problemas de saúde, de feito iste é un dos factores que pode chegar a provocar obesidade.

      Outros aspectos que favorecen a nosa saúde:
-         Realizar formas de cocción sanas (reducindo a inxesta de grasa) como: vapor, plancha, forno.
-         Reducir fritos, estofados rebozados.
-         Comer sentados e en compañía, pouco a pouco e mastigando ben os alimentos.
-         Realizar exercicio diario.
   Agradecemos D. CARLOS LEIRÓS ORGE, a súa presencia no CEIP Eduardo Pondal .
   
Selección de  lecturas sobre alimentación: