luns, 22 de outubro de 2012

Mércores 24: Festa na Bibliocrocaio

Unha  árbore, una  escola, un barrio...

                           Aprender a convivir,
              é importante para calquera nena ou neno,
               para instruirse e saber comportarse.
                   Ademáis é imprescindible
         para poder analizar, criticar, protestar, propoñer,
                debatir segundo as reglas da democracia,
               e ser un ciudadano do mundo  capaz de ver
                        o bosque máis alá das árbores
                               Do libro: Yo seré los ojos dela tierra de Alain Serres.Edelvives

Coñecedes este edificio?
E esta magnífica ábore?
Seguro que si porque están no noso BARRIO, son a Asociación de Veciños e un magnífico ciprés do Parque baixo o que nenos e nenas do barrio xogan a diario.
E este é outro dos edificios máis importantes do BARRIO:
o noso cole: CEIP Eduardo Pondal

Sampaio: Un barrio para ler e medrar.
Dicía Agustín Fernández Paz que “Semella cousa de maxia que os libros garden
tantas maravillas no seu interior:
 a emoción do inesquecible primeiro bico,
a voz pausada e sabia do ancián...”.
 Pero cantas historias máxicas gardan
os camiños do noso BARRIO?
 Durante este curso a nosa Biblioteca será fonte de difusión de historias  e investigacións relacionadas co noso barrio.
                                    
Lembrámosvos que un ano máis estamos seleccionados
 para formar parte dos centros PLAMBE: Plan de Mellora
 das Bibliotecas Escolares.
Convidámosvos a coñecer e a 
participar da BIBLIOCROCAIO.
 O mércores 24 de outubro inauguramos.
Pola Biblio iredes pasando todos os
 cursos, alí  veredes a exposición
 de libros novos,relacionados co tema
 do proxecto e ademais 
 .recibiredes un agasallo
.recolleredes o carné
.comezará  a Mochila Viaxeira
.Veredes dous contos :
          -Os Bolechas queren saber como é unha Biblioteca
 e
           -O neno comelibros.
      Despois do recreo teremos 
para todo o colea actuación do
  CONTACONTOS:
 Iago López, por xentileza de 
edicións Xerais.

Crocaio agarda que o pasedes moi ben!!

domingo, 21 de outubro de 2012

Caillou rato de Biblioteca

 Preparándonos para a gran festa da nosa Biblioteca Crocaio propónnos ver este divertido capítulo de Caillou:

domingo, 14 de outubro de 2012

Xogos de outono

Na Bibliocrocaio andamos moi ocupados preparando a inauguración, faltan pouquiños días para comezar a levar libros en préstamo, Crocaio está algo preocupado porque quería saír a facerlle fotos as rúas do barrio pero non deixa de chover... 
Algúns nenos e nenas xa fixeron o debuxo da súa casa, pronto os veredes na decoración da Biblio porque este ano imos a explorar o noso barrio: Sampaio, e a coñecelo moi , moi ben.
Compartiremos  coas familias o noso proxecto:
          Sampaio: un barrio para ler e medrar 

Pero, de quen é esta casa?

 E estoutra?
 Ademais se premes nela poderás xogar e aprender:
La Casa de Dora
 é un xogo superdivertido e educativo para nenos e nenas  especialmente a partir dos 3 anos. Dora é unha nena que fala  español e inglés enséñanos a súa casa e o que fai en cada cuarto.
  • PATIO: No patio hai un xardín onde poderás plantar varias sementes velas medrar.
  • SÁ DE ESTAR: Aqui atoparás un caixon con instrumentos para compoñer a melodía que máis che guste.
  • DORMITORIO: Un xogo no armario, no que poderás  vestir a Dora cos traxes que máis che gusten; e o outro é un bingo.
  • COCIÑA: Axudaremos a Dora e ao seu pai a cociñar unhas receitas riquísimas.
Só tes que utilizar o botón esquerdo do rato cando ao pasar por algún obxecto do cuarto se ilumine. Dora nomeará obxectos en español e inglés.

Agardamos que vos guste!!

Pero despois de xogar podedes imprimir estas casas e colorealas .
 De quen son?. Facil eh??




luns, 8 de outubro de 2012

Coñece a Pupi

 Crocaio preséntavos hoxe a PUPI:
 Pupi é un personaxe azul que vén de outro planeta pero do que vas aprender moito se xogas con el.
 
Este portal web é un espacio seguro, concebido como punto de encontro de profesores, pais e alumnos, e desde onde todos tedes acceso a  contidos variados.
Pupi es un extraterrestre muy aventurero. Un día salió de su planeta Azulón y se topó con la Tierra, donde está tan a gusto que ha decidido quedarse a aprender todo lo que saben los niños de Primer ciclo de Primaria.
Pupi é un extraterrestre moi aventureiro. Un día saiu do seu planeta Azulón e topouse ca Terra, onde está tan a gusto que  decidiu quedar a aprender todo o que saben os nenos de Primeiro ciclo de Primaria. Se Conectas con Pupi poderás entre outras interesantísimas actividades ler as fichas dos libros de Pupi para saber cal te pides para ler
P

venres, 5 de outubro de 2012

DEPORTE EN FAMILIA

Campaña dirixida a nenos e nenas de 8 anos no proxecto de educación sanitaria destinado a escolares, consiste na distribución dun tebeo, que pode descargarse libre e gratuitamente desde internet, e tamén distribuirse en papel nos coles.
 As doenzas de costas afectannos a todos nun momento ou noutro da vida, e os estudos científicos realizados demostran que sufrilas durante a infancia aumenta o risco de padecelas de xeito permanente durante a madurez.
CROCAIO aproveita para lembrarvos que Os Bolechas están xa na Tele Galega.
 Será de luns a xoves, nas horas do almorzo e da merenda, e os sábados pola mañá no programa Xabarín Club, tal como anunciou a directora da Televisión de Galicia, na presentación oficial das novas aventuras da popular familia. Destacou a 'importante aposta' da TVG para ofrecer 'programación infantil en galego' .
  Uns personaxes que podedes coñeces premendo na súa imaxe e accedendo a un xogo de Lim, pronto todos eles estarán na Bibliocrocaio para a súa inauguración.



PROBA AGORA CON ESTE  DOADO PUZZLE:


domingo, 23 de setembro de 2012

Lecturas para comezar

 Lecturas compartidas do Blog BIBLIOABRAZO, que nos  axudan no noso proxecto de biblioteca:
"Un barrio para ler e medrar. Crocaio en Sampaio"

Lecturas que podedes pedir prestadas  na BIBLIOCROCAIO co tema do "cole":


Colegio from Biblioabrazo

E tamén presentamos o primeiro libro  que entra novo na biblio este curso, premendo na portada teredes máis información:
E como non un dos seus fermosos poemas:
Poema en silenzo

-Dorna feituca do berce
a navegar polo ceo
-Chsss      
                        Silenzo,
que vai espertar o neno.
                                                  Celso Emilio Ferreiro.



CHEGOU O OUTONO

  Crocaio dálle a BENVIDA ao OUTONO con poesía: 
 "FAFARRAIOS"
Conxunto de 33 poemas diferentes en tamaño e protagonismo, pero cun denominador común: a comunicación cos primeiros lectores a partir do xogo. Todo ten  vida: desde a capa de ozono a unha pataca frita, á culler, televisión, unha cebola ou un vampiro. É posible que a pombiña vaia á escola, unha lura le o xornal no autobús ou o voo das abellas vellas nun avión.
O libro é un intento de recrear a literatura popular entre os nenos coa presenza constante do humor.
Ilustracións de Xan López Domínguez
Merlín. Xerais. Premio Merlín 1990.

  O poema desta semana escollémolo do libro FAFARRAIOS,  moi axeitado polo mal tempo co que comezamos o outono, pronto o recitaremos na clase:

                    QUERIDO OSO PELUDO
                    XA VÉN O FRÍO. 
                    POÑA O ABRIGO! 
                    POÑA O ABRIGO!

                   QUERIDO OSO PELUDO 
                   XA VÉN O VENTO. 
                   MÉTASE DENTRO!
                   MÉTASE DENTRO!
                                                                  (Gloria Sánchez)

E aqui deixamos máis poemas de outono:


venres, 21 de setembro de 2012

Títeres Tanxarina

ANIMÁDEVOS!! PAGA A PENA achegarse á vila de Redondela neste fin de semana para pasar unha divertida tarde de títeres con Tanxarina!

domingo, 16 de setembro de 2012

Xogos de outono

Crocaio andivo pola rede buscando xogos de outono e atopou estes dous. A ver que vos parecen!!

Deixanos tamén dous refráns de setembro:

"Setembro é froiteiro, ledo e festeiro"
"Setembro, ou leva as pontes ou seca as fontes"


E agora un video sobre un labor propio deste mes: A VENDIMA

 

mércores, 12 de setembro de 2012

Primeiro día de escola,curso 2012-2013.

Comezamos.
Crocaio dávos á benvida a nenos e nenas do cole e deséxavos felices lecturas!
Algunhas lecturas atoparédelas na Biblio como:



E aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos o primeiro día, xogando claro!



venres, 7 de setembro de 2012

 Para DANIELA, que con só vinte día visitou hoxe o cole.
Vamos a dicirlle ao seu papá  "o profe Yago" que  lle cante esta fermosa nana :

Pero antes de durmir tamén lle pode ler libros tan fermosos coma este , que seguro que farán dela unha nena moi feliz.
Moita sorte Daniela!
Aquí tedes o vídeo:

luns, 3 de setembro de 2012

Comeza setembro e voltamos de novo á rutina. Pronto comezará o curso escolar, as profes xa voltamos ao noso traballo con moita enerxía e ganas de que Crocaio recomende xa novas lecturas, el está desexando que a Biblioteca se transforme co voso ruido. 
Seguimos contando con vós para facer feliz a Crocaio, visitándoo pronto e dándolle a benvida ao novo curso.
E para empezar un poema:
Con las hojitas del tilo,
se perfuma el cocodrilo.
Con las hojas del manzano,
llega el calor del verano.
Con hojas de membrillero,
se saca brillo el sombrero.
Con las hojitas del pino,
se hace sombra el camino.
Con las hojas del peral,
te libras de todo mal.
Amén (Floral)
  Antonio Rubio   "Versos vegetales"

Para ler máis versos de A. Rubio preme na cesta de marmelos.

luns, 20 de agosto de 2012

Contando Cuentos

Tomado do CEIP Gerardo Diego de Los Corrales de Buelna en Cantabria, déixanos esta marabillosa aplicación de "Contos para o verán".
Utilizando a fabulosa colección de narracións que ofrece Esther de Lorenzo na páxina do seu programa "Contando Cuentos" de RNE-Radio5.

 Primeiro premedes na imaxe e a continuación non tedes máis que pinchar sobre o lombo do conto que queirades escoitar.

martes, 14 de agosto de 2012

Chegan os Xogos Paralímpicos Londres 2012

Rematados os Xogos Olímpicos de Londres 2012, pronto comezarán os Xogos Paralímpicos, a ceremonia de apertura será o mércores 29 de agosto e se clicades na mascota paralímpica podedes obter toda a información que precisades para seguir estes xogos.  España estará representada por 142 deportistas que con moito esforzo levan tempo preparando as súas mellores marcas.

 En Madrid entrenou o nadador vigués Chano Rodríguez que vai participar nestas olimpiadas. Para saber un pouquiño máis da súa vida déixovos este interesante vídeo:
 


Espero que vos gustara a canción do grupo Muse que foi a canción oficial destes Xogos de Londres 2012.
Aquí a tedes.

mércores, 1 de agosto de 2012

Planeta Verde tamén no verán.

Aínda que estamos de vacacións, envirónnos o quinto capítulo da serie de videocontos do Planeta Verde de Sogama http://player.vimeo.com/video/46731302  para que o poidades ver.
Neste capítulo, a familia Trebón coñece a praia, o mar, os peixes, etc, e aprenden a bucear, pero descubren moito lixo nos fondos mariños, o que entristece aos peixes (os delfíns choran). Deciden recoller os residuos e deixar todo limpo (os peixes son agora felices). Tamén recordan que tras merendar na praia, hai que recoller os restos e levalos para a casa, depositalos nas papeleiras ou nos contedores específicos.
Esperamos que vos guste.

venres, 13 de xullo de 2012

Agradecemento

Mirade o que nos chegou de tan lonxe!
 Non quixeron irse de vacacións sen agradecernos o noso humilde envío dun libro co que contribuímos a facer unha biblioteca para os nenos e nenas refuxiados nos campamentos do Sahara.

Aquí tedes en vídeo o libro que enviamos Colores y más colores de Rosa Serdio. A ver si vos gusta tamén a vós!

luns, 9 de xullo de 2012

Celso Emilio Ferreiro.Cen Anos.


"O meu primeiro Celso Emilio" from Seispés Producións Creativas on Vimeo.
Este é o magnífico booktrailer de presentación do librodisco O meu primeiro Celso Emilio, preparado por Xiana e Xose Lastra, que estará nas librarías a vindeira semana. Un proxecto para celebrar o centenario de Celso Emilio no ámbito escolar.Tomado de Brétemas.
  Un libro para primeiros lectores sobre o poeta celanovés que vai acompañado dun CD cos principais poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro.

O REI
No tempo aquil
cando os animales falaban,
decir libertá non era triste,
decir verdá era coma un río,
decir amor,
decir amigo,
era igual que nomear a primavera.
Ninguén sabía dos aldraxes.

Cando os animales falaban
os homes cantaban nos solpores
pombas de luz e xílgaros de soños.
Decir teu e meu non se entendía,

decir espada estaba prohibido,
decir prisión somente era unha verba
sin senso, un aire que mancaba
o corazón da xente.
¿Cando,
cando se perdeu,
iste gran Reino? Celso Emilio Ferreiro.

Repaso de verán para 2º e 3º ciclo.

Repaso de verán cos materiais de SM

venres, 6 de xullo de 2012

Lembranzas do curso de 6º.


Homenaxe a estas estupendas personas que deixan o cole para iniciar unha nova traxectoria no instituto.
Moita sorte rapaces e rapazas de 6º!!




Para ser grande, sé entero: nada
tuyo exageres o excluyas.
Sé todo en cada cosa. Pon cuanto eres
en lo mínimo que haces.
Así en cada lago la luna entera
brilla, porque alta vive.
                              Fernando Pessoa

luns, 2 de xullo de 2012

Participamos na homenaxe a Agustín Fernández Paz

Aqui tedes algunha das imaxes da homenaxe, os alumnos escoitan pacientemente outras intervencións mentres agardan a súa participación, os papás están entre o público e tamén a nosa directora Dna. Inés, en primeiro plano o escritor e a súa filla, e os tamén escritores Xavier Senín, Paco Martín e X. A. Neira .
 Asier leu a Cunqueiro:
Agora trobo o vento e máila lúa fría,
non o cervo do monte que a ágoa volvía.

Agora trobo o mare e máila nao veleira
non a amiga que canta só da abelaneira.

Agora trobo a lúa e máilo vento irado,
non o cervo do monte, meu amigo pasado.

Agora trobo a nao e máila mar maior,
e non aquela amiga, miña branca señor.

Palabras de Andrea:
"Agustín Fernandez Paz semella para min ser o personaxe de Fréderik, de Leo Lioni: o rato poeta que enche a súa despensa de raios de sol, cores de primavera e arrecendos de verán, para poder pasar o longo inverno  e contárllelo aos outros ratos , pero as súas palabras conteñen a forza necesaria para cambiar a vida e para cambiar o mundo."
Lucas leu un texto de Agustín:
..."Lémbrome dos cómics que os meus irmáns e mais eu liamos unha e outra vez, nunha época en que a palabra televisión aínda nos era totalmente descoñecida.
Lémbrome dos seriais que escoitabamos pola radio, sobre todo dos que eran os meus preferidos: Superman e Unha princesa de Marte.
...
Lémbrome do andel onde o meu pai gardaba os seus libros, entre os que había títulos inesquecibles como A illa misteriosa, O escaravello de ouro ou Os tigres da Malaisia.
Lémbrome do recendo a mazá madura que había nos armarios e nos chineiros da miña casa..."

Remate do acto coa interpretación do Himno Galego, ao fondo a violinista Begoña Riobó, que acompañou a Anxo Pintos e a súa zanfona (de Berrogüeto) e á cantante Uxía, as sobriñas do escritor e as profes que participamos.
Grazas Agustín por ofrecernos aos docentes e alumnos galegos esas historias tan ben contadas que nos axudan a coñecer mundos partindo sempre da nosa realidade galega e facendo do galego unha lingua universal para escribir e ler infinitas aventuras.
Agardamos ainda moitas máis!!