xoves, 28 de febreiro de 2013

Entra nunha lectura diferente

Busca olores e sabores,
Hainos bos e mellores
 E disfruta a comida
 porque é moi divertida.
 Xoga con este Lim baseado no libro que presenta adiviñas sobre sabrosos platos.


luns, 25 de febreiro de 2013

Así foi a nosa homenaxe a Rosalía de Castro

A nosa homenaxe a Rosalía de Castro resultou un tanto especial xa que colaborou con nós Ce,el hombre orquesta, que hoxe daba unha sesión para os máis pequenos.
Aí nos tedes acompañados espectacularmente por César Freiría, un rapaz de Valadares(Vigo), que colabora coa Normalización Lingüística do noso concello co seu espectáculo de música e cancións populares galegas que engaiolaron a todos os que o escoitabamos.

Outra artista nova, nacida tamén no barrio de Beade ofrece a súa particular versión de Adiós ríos, adiós fontes.  
Aid, do seu disco RAPOEMAS Eu, como profe que hoxe escribe esta crónica, estou especialmente emocionada e orgullosa xa que estas dúas personas,estes dous artistas, foron alumnos meus en distinta época , pero no mesmo cole, no CEIP Otero Pedraio de Carneiras-Vigo.

sábado, 23 de febreiro de 2013

Rosalía de Castro, poeta galega universal.

Toda Galicia celebra o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro en galego na época do Rexurdimento da literatura galega.
Nós tamén o faremos o luns co recitado  de dous dos seus poemas: Adiós ríos, adiós fontes e Has de cantar.
Para saber máis aquí tes dous enlaces e unha fermosa canción de Luís Emilio Batallán na que lembra a Rosalía de Castro:


A Bibliocrocaio

Ti tamén podes ser Carballo con Botas


 Entrañable visita de Anxo Moure á nosa BIBLIO.
O seu libro:O Carballo con Botas,
fala da importancia de coidar o medio ambiente, do amor á natureza e do perigo dos incendios. Pero  tamén afonda na crueldade da guerra e da soidade no medio das cales   sempre xorde a esperanza, a vida, o futuro.
 E se os bosques teñen árbores, nós teremos contos. Que sería do ser humano sen os contos? Este libriño convértese nun imprescindible para que os rapaces e rapazas  entendan certos valores que nunca debemos esquecer.
Instruccións para facer Carballos con Botas:
Anxo Moure: O Atrapacontos, na BIBLIOCROCAIO.Febreiro 2013 on PhotoPeach







martes, 19 de febreiro de 2013

Nós tamén estivemos nos premios GOYA

Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura
Blancanieves foi a gran ganadora da noite dos Goya, cos premios á mellor película, mellor actriz (no personaxe da bruxa), mellor dirección de fotografía, mellor música, mellor dirección artística, mellor actriz revelación (nun dos papeis de Blancanieves), mellor deseño de vestiario, mellor maquillaxe e perruquería e mellor guión orixinal. Ao recoller este último premio, Pablo Berger, dedicoullo a todos os pais e nais que cada noite contan un conto aos seus fillos. A el contáronllos, por iso se denominou contador e... posiblemente por iso conseguiu unha noite como a de onte.
Un alegato a favor das contadas e da literatura para os máis pequenos.
Por iso, podemos dicir que nós tamén estivemos nos Goya, e os pais e nais do noso alumnado.

domingo, 17 de febreiro de 2013

O ATRAPACONTOS: Anxo Moure


O MARTES 19 DE FEBREIRO
        VISITA A BIBLIOCROCAIO 
             ANXO MOURE:

Máis imaxes de Anxo Moure
 Un personaxe moi interesante.
 Coñecedes a Anxo Moure? 
 Líchedes algún dos seus contos?
 Algúns seguro que líchedes O Carballo con Botas,  para saber como naceu premede na portada   e atoparedes a real  fermosa  historia do conto:

 Coñecedes a  historia de Anxo Moure? As súas preocupacións e intereses?

Recoméndovos que  botedes unha ollada aos enlaces que aparecen a continuación para saber algo máis del. Resulta unha persoa chea de ilusións e soños, con iniciativas emprendedoras para mellorar o noso mundo. 
A iniciativa Contos Solidarios.
O bici-taxi solidario.
Entrevista a Anxo Moure en Radio Lugo.
Anxo Moure no blogue Ponte Louco.

venres, 15 de febreiro de 2013

24 de Febreiro día de Rosalía de Castro"



  • 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
  •  A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega  (AELG) anima a tod@s  a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro
Este ano cúmplense 150 da publicación de Cantares Gallegos.


luns, 11 de febreiro de 2013

Así foi a nosa festa do entroido:

                      
 
Este ano o noso barrio tivo todo o protagonismo na festa do Entroido. Saimos desfilando ata o centro, onde está o Peto de ánimas:
Alí cantamos as coplas ao noso barrio que ensaiamos toda a semana e seguimos desfilando cara a Asociación de Veciños, sempre acompañados de pais e nais que facían máis doado o noso labor cos nenos e nenas. De novo cantamos e volta ao cole! Foi unha experiencia moi positiva xa que todo o barrio compartiu con nós a alegría e o ritmo da festa do Entroido.

xoves, 7 de febreiro de 2013

RISCOS EN INTERNET


Odía 22 de xaneiro  e  dentro do III Plan Director tivemos ocasión de contar coa presencia dun policía especializado nos riscos en internet para asesorar e escoitar ao alumnado de 5º e 6º de Primaria .

O Plan Director é un programa de gran interese para toda a comunidade educativa.
 Un policía especializado informa e motiva aos alumnos na adopción de conductas pro-activas e facilita aos pais e mestres, pautas de detección e reacción .
Unha primeira sesión co alumnado de 5º e 6º de educación primaria  tivo lugar no mes de xaneiro.
 Outra  sesión cos pais, nais, titores legais interesados no tema e mestres será o día 7 de maio no CEIP Eduardo Pondal, na Biblioteca Crocaio ás 16:00 h.

Os riscos existentes son moitos e as familias teñen un papel fundamental no correcto emprego de internet na casa. Consideramos de gran  relevancia esta actividade  para as familias e o alumnado.  Agardamos a vosa presenza nesta charla que anunciaremos previamente.

Dende o CEIP Eduardo Pondal, agradecemos á Policía a súa colaboración en programas deste tipo que nos axudan a todos utilizar correctamente e sen riscos internet.

ALIMENTACIÓN E SAÚDE por D. Carlos Leirós Orge

 

O martes 29 de xaneiro contamos coa presencia de D. CARLOS LEIRÓS ORGE, técnico Superior en Dietética e Nutrición.
Foi unha charla de interese para todos: pais, nais e mestres.
Extraemos da mesma os seguintes consellos para unha alimentación saudable:
-         Máis vale prevenir que lamentar.
-         Realizar 5 ou 6 comidas ao día.
-         Beber auga durante todo o día, entre 1,5 e 2 litros.
-         Aumentar o consumo diario de  froitas, verduras e hortalizas.
-         Empregar aceite de oliva .
-         Comer alimentos variados, aportarán os nutrientes e a enerxía necesarios.
-         Non saltarse nunca o almorzo, proporcionará os nutrientes e enerxía para comezar o día.
-         Moderar o consumo de carne grasa, bollería, azúcares, etc,…

      O ALMORZO é IMPRESCINDIBLE e debe ser  completo. É cando máis enerxía precisa o noso organismo e se non a ten o vai buscar doutro xeito. Se esta dinámica é habitual pode provocar problemas de saúde, de feito iste é un dos factores que pode chegar a provocar obesidade.

      Outros aspectos que favorecen a nosa saúde:
-         Realizar formas de cocción sanas (reducindo a inxesta de grasa) como: vapor, plancha, forno.
-         Reducir fritos, estofados rebozados.
-         Comer sentados e en compañía, pouco a pouco e mastigando ben os alimentos.
-         Realizar exercicio diario.
   Agradecemos D. CARLOS LEIRÓS ORGE, a súa presencia no CEIP Eduardo Pondal .
   
Selección de  lecturas sobre alimentación:



Xoves, mandado:

Así chegaban ao cole:

DON LIMPIÑO MANDA:

luns, 4 de febreiro de 2013

Mañá...O Meco manda: Luvas.

Luns, 9 horas, volve a Mochila Viaxeira e comenza o ambiente de Entroido: mandiles para tod@s.



E mañá martes:
DON LIMPIÑO xa está preparado.
 E para ler sobre entroido Crocaio préstanos:
Ata mañá...nenos e nenas...

domingo, 3 de febreiro de 2013

Premede na imaxe para ver o Ciclo do Entroido e os diferntes costumes que hai en Galicia para os vindeiros días. Sabiades que hoxe é o domingo corredoiro?
Hoxe é o denominado domingo corredoiro, de corredores, tamén chamado, en Cotobade, domingo de chicotes. Recibe o nome de corredoiro por se-lo día da corrida do galo. É o domingo da sesaxésima, domingo anterior ó de entroido. En Pobra de Trives, os pais que tiñan fillos na escola acostumaban regalarlle en tal ocasión un galo ó mestre, con ocasión do domingo corredoiro. Para escolle-lo rapaz que llo ía dar, enterraban o galo na terra, coa cabeza fóra, e tapándolle os ollos ós rapaces. Aquel que atopara o galo era quen llo daba ó mestre. Vicente Risco di que o mesmo costume tiñan en Allariz. Noutros lugares era este o día no que se corrían as olas, e de aí o nome de domingo oleiro. En Castro Caldelas corríanse as maulas, carreira entre veciños atados polas costas.
Que costumes eh! algunhas xa se perderon pero ainda se conserva o noem que se lle da´ao domingo antes do de entroido.
Pero aquí temos outro dos nosos costumes que ainda mantemos: OS MANDADOS DO MECO
O venres chegou ao cole  para quedarse estes días
"DON LIMPIÑO ", o Meco que vén supervisar como vai indo o entroido e se non vai ben....
E aquí tedes para mañá LUNS:
"Por adiante ou por detrás , un mandil traerás"

venres, 1 de febreiro de 2013

O noso día da Paz

Un día especial  que compartimos co CEIP Carballal, con intercambio de chapas, marcapáxinas e videos das coreografías das cancións da Paz, unha mágoa que por falta de presuposto non puideramos xuntarnos nun cole como os outros anos, pero  ainda así sentímonos moi preto!
 Crocaio andivo moi atarefado e fixo algunhas fotos do acto de lecturas das VIDAS POLA PAZ que preparamos por ciclos. Aquí tedes ao segundo ciclo lendo a vida de Rigoberta Menchú.
 A selección de libros foi de libros de amizade, de amigos, hai moitísimos. Anímate a pedilos na BIBLIOCROCAIO!
 Vicente Ferrer foi a investigación que fixo o alumnado do terceiro ciclo.
E.Infantil: Nelson Mandela.
                                                  1º Ciclo. Teresa de Calcuta.
Fixemos os marcapáxinas das Vidas pola paz para intercambiar co cole de Carballal,faise así:

mércores, 30 de xaneiro de 2013

INVESTIGAMOS SOBRE O NOSO ENTROIDO

Webquest do entroido de Vigo
 Elaborada por Rosa González Blanco - CEIP O Pombal de Vigo
O entroido é unha festa moi divertida , a súa celebración  é unha tradición moi arraigada en galicia que se celebra de distintas formas en  aldeas,vilas e cidades.
Si te adentras nesta Web Quest aprenderás moitas cousas desta  festa tradicional na nosa cidade e ademais pasaralo moi ben! 
Merdeiros : típico disfraz de Vigo
  
Dentro hai máis actividades coma esta de colorear en liña: 

venres, 25 de xaneiro de 2013

Fina Casalderrey. Unha escritora de L.I.X. na RAG


 A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria. Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a LITERATURA INFANTIL e XUVENIL. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
 Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

domingo, 20 de xaneiro de 2013

xoves, 17 de xaneiro de 2013

30 Xaneiro : DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

O 30 de Xaneiro celebraremos o Día escolar pola PAZ e a NON VIOLENCIA
Con este xogo -Lim que nos envía Mick desde o seu recanto do cole de Costa-Castrelos podemos aprender moitas cousas sobre a Paz. Animádevos a facelo ata o final!
>Moitas grazas Julia!