venres, 30 de novembro de 2012

En Pontevedra: Feira da CULTURA. Achégate!!

Fabricamos un pequeno conto
Premendo na imaxe podes acceder á unha páxina  moi boa de recursos educativos lúdicos de todas as materias e de todas idades: http://www.actiludis.com.
Crocaio escolleu para que te entreteñas este fin de semana facendo dous mini libros que podes imprimir colorear e montar, se premes na imaxe podes ver outros contos para montar e como se fai o proceso.


mércores, 28 de novembro de 2012

Lecturas dixitais

Unha biblioteca dixital internacional para os nenos e nenas do mundo:unha colección de obras completas dixitalizadas
 en diversos idiomas, ilustracións e reseñas de cada lectura.  
Promove a tolerancia e o respecto á diversidade cultural ofrecendo acceso ao mellor da literatura infantil do mundo enteiro.


Pero sen ir tan lonxe temos a   Biblioteca Virtual Galega  na que podemos atopar unha entrada a unha listaxe de obras de literatura infantil e xuvenil ás que podemos acceder directamente. 
Snoopy na Biblioteca :

sábado, 24 de novembro de 2012

Camiña con nós pola igualdade

25 de Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 No cole tivemos a oportunidade de contar nesta semana cos obradoiros:
Camiña con nós pola igualdade,   o programa 
educativo da Concellería de igualdade do Concello
 de Vigo, nos que participaron os alumnos e
alumnas de Primaria.
  TOD@S debemos implicarnos neste camiño pola
 igualdade de oportunidades entre nenos e nenas.
Aqu vos deixamos as mellores imaxes:

Enlaza Vigo: domingo 25.
Un fermoso libro sobre o tema para ler nas aulas :

Vivo en una casa malva

 Casa Malva existe. Atópase  na cidade de Gijón, é unha institución
 pública que atende a mulleres que escapan da violencia.
  Pero A Casa Malva é tamén un fogar, un lugar desde
o que estas mulleres e as súas  fillas e fillos poden atopar
 a tranquilidade  necesaria para mirar cara a diante.


Traballo realizado no IES Lama das Ouendas de Chantada sobre este tema que pode servir 
de debate e concienciación sobre a violencia de xénero
 

Xoga ao xogo da igualdade:


xoves, 22 de novembro de 2012

SANTA CECILIA: PATRONA DOS MÚSICOS

Felicidades a todos!!! Porque todos temos algo de músicos:
disfrutamos cantando, bailando, tarareando melodías,
escoltando música, creándoa,…


Nun día tan especial vos recomendamos un libro de teatro musical
“Os músicos do Val Miñor” , unha publicación adaptada ás
discapacidades visuais e intelectuais que transmite o esforzo
de 43 alumnos do centro de educación especial Juan María de
Parada e o Instituto Escolas Proval, unidos pola música
e o teatro. A integración social que posibilitou este traballo ,
dirixido pola mestra Dna Paula Carreras, mereceu o premio
CreArte do Ministerio de Cultura.




REGUEIFANDO NO OBRADOIRO

Grazas ao Equipo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, os nosos alumnos tiveron a posibilidade de disfrutar e participar no obradoiro de regueifas con Luis o Caruncho e Pinto D´Herbón.
No obradoiro foron os rapaces , seguindo os pasos destes grandes regueifeiros e comunicadores os que construíron as regueifas.
Aquí tedes unha mostra do mesmo:

luns, 19 de novembro de 2012

Obradoiros no cole

A semana pasada veu cargadiña de actividades diferentes:
-Visitáronnos dous regueiferos moi populares Luís Caruncho e Pinto d'Herbón unha explosión de música de zanfona e canto invadiu o cole, foi un exitazo!!

As regueifas, que son?
Aqui vos deixo unha que o explica:
Temos unha boa nova
En Sampaio imos ter
regueifeiros de primeira
que non quererás perder

A regueifa é unha arte
na que hai que improvisar
escollendo da linguaxe
as palabras a empregar.
A regueifa é a manifestación máis estendida no noso país do secular arte popular da improvisación oral en verso .
Unha  manifestación máis  moderna é o Hip-Hop .
Aqui vos deixo imaxes de outros dous obradoiros superinteresantes:
Obradoiro de papel reciclado.Ceip Eduardo Pondal -Vigo -Novembro 2012   
 Claro que tamén podes buscar na Biblio máis formas de coidar o noso planeta.Achégate!!
Obradoiro de PAN. CEIP Eduardo Pondal Vigo-Novembro 2012 on PhotoPeach


Premendo nesta fermosa imaxe de trigo e pan podes ver como se elabora o pan  en moitas casas de Galicia que teñen forno de leña e ainda amasan na artesa de madeira:

venres, 16 de novembro de 2012

Museos para o fin de semana

O Museo Etnográfico Liste de Vigo abre de novo as súas portas.
O Concello aproba destinar 146.000 euros a un convenio para garantir a actividade desta entidade, que pasará a xestionar tamén o Centro de Artesanía Tradicional (CAT) da Cidade Olívica.
Para a nosa cidade é unha moi boa nova.


 No Museo MARCO de Vigo


Exposición: A BALEA NEGRA , un proxecto expositivo que toma como punto de partida a crise provocada polo accidente do buque Prestige o 13 de novembro de 2002, o mesmo día que se inauguraba o MARCO. Para conmemorar os dez anos. Recoméndovola!

Pero si non vos queredes mover da casa podedes visitar virtualmente moitos museos:
 Museo Nacional del Prado en Madrid
 
 

 E, desde a casa tamén podedes aprender moito sobre As Meninas de Velázquez premendo na imaxe da Infanta Margarita:

mércores, 14 de novembro de 2012

Benvidos ao Mundo : Antía e Diego

A profe Marisol está moi leda porque todo saiu moi ben e xa ten na casa aos seus bebés xemelgos: Antía e Diego nacidos hai uns días e que pronto revolucionarán a súa casa,terá que cantarlles moitos arrolos
 para poder durmilos , como este:


Crocaio non  esquece a Gabriel, o irmán maior, que tamén está moi feliz, para el este video de Caillou :



E para lerlles aos tres, Crocaio recoméndalles estes fermosos contos:
CONTOS DE RATIÑOS
-Papá, xa estamos todos na cama -dixeron os ratiños-. Anda, cóntanos un conto.
-Farei algo mellor -dixo o Papá-. Contareivos sete contos, un para cada un...



domingo, 11 de novembro de 2012

Xornadas de Bibliotecas

 Educar para unha lectura comprensiva e crítica dos medios de comunicación social na actualidade.

Este ano, a BIBLIOCROCAIO estivo representada por tres membros do noso Equipo, asistimos o venres pola tarde e todo o día do sábado,  aprendemos moitas cousas novas e tamén levamos a grata sorpresa de reencontrármonos con profes que pasaron outros anos polo cole como a profe Josefa e a profe Mª José.

 Compartimos  as experiencias que se están a facer nas  bibliotecas escolares galegas, grazas ó traballo desinteresado, gratuíto e, moitas veces, fóra do horario laboral, dos profesores e profesoras que constitúen os Equipos de Biblioteca Escolar.
Houbo ponencias moi interesantes como as de Fabio Tropea e Tiscar Lara , rematamos con Luís González da Fundación Germán Sánchez Ruipérez de Salamanca.
 Profes de toda Galicia falaron sobre proxectos do seu cole, prensa, cómic, videoxogos, contos etc..

Déixovos o enlace ao traballo que coñecemos gracias á ponencia da editora, periodista e autora Eva Mejuto, curtas sobre contos da editorial OQO  que moitos coles presentaron a concurso e que todos mereceron o premio. NÓS TAMÉN CREAMOS.Concurso de curtas en colaboración coa RTVG.
Marabillosos traballos!




Agradecer ás persoas que fixeron posible estas fantásticas Xornadas e agardar que fagan moitas máis.

xoves, 8 de novembro de 2012

IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Os días 9 e 10 de novembro de 2012 terán lugar, en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos), as IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, cita anual do colectivo de profesores e profesoras comprometidos coa biblioteca escolar e a lectura nos centros públicos galegos. 

domingo, 4 de novembro de 2012

O noso Samaín

Samain 2012. Cabazas, libros, castañas... on PhotoPeach

 E xa pasaramos polo túnel do medo!!!
Magosto 2012. CEIP Eduardo Pondal.Vigo on PhotoPeach
CADA LIBRO TEN UNHA SORPRESA. A VER SE AS ATOPAS TODAS!!




Exposición libros de medo

sábado, 27 de outubro de 2012

24 de Outubro, Día Das Bibliotecas

Así foi o noso día grande:
 Bibliocrocaio 2012-2013-24 de Outubro : Día das Bibliotecas on PhotoPeach


 **No mural que situamos na entrada da biblio colocamos debuxos das vivendas
do alumnado feitas en colaboración cas familias.
**Na entrada  colocamos fotos de recunchos do barrio para facer unha caza do tesouro.
**Noutra parede as fotos dos servizos do barrio.
**A réplica en cartón -pedra  (feita pola profe Isabel), do Peto de ánimas,o máis destacado
e coñecido do barrio está na entrada do colexio.

**Na primeira planta os debuxos das vivendas dos demais alumnos, forman o barrio,
coas rúas principais e os principais destinos dos arredores: aeroport, zoo, centro...
**Fixemos unha exposición de novidades que todo o alumnado puido tocar e desordenar
(por un día...).
**A Bibliocrocaio está decorada con fotos do noso alumnado, fotos do nome das rúas do barrio
e tamén fotos antigas aportadas polas familias.
**Foron pasando por cursos a recoller os carnés,as  carpetas e bolsas cos agasallos: pegatinas,
globos, marcapáxinas...e viron na pantalla dous contos :
Os Bolechas queren saber como é unha Biblioteca 
e
O incrible neno comelibros, do Blog
Despois do recreo asistimos ao contacontos Iago López, por xentileza de Xerais .
 Toda unha festa!!!
O noso agradecemento ás familias pola súa colaboración.
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2012

Bibliocrocaio:LIBROS DO TRINQUE Otubro 2012 on PhotoPeach



luns, 22 de outubro de 2012

Mércores 24: Festa na Bibliocrocaio

Unha  árbore, una  escola, un barrio...

                           Aprender a convivir,
              é importante para calquera nena ou neno,
               para instruirse e saber comportarse.
                   Ademáis é imprescindible
         para poder analizar, criticar, protestar, propoñer,
                debatir segundo as reglas da democracia,
               e ser un ciudadano do mundo  capaz de ver
                        o bosque máis alá das árbores
                               Do libro: Yo seré los ojos dela tierra de Alain Serres.Edelvives

Coñecedes este edificio?
E esta magnífica ábore?
Seguro que si porque están no noso BARRIO, son a Asociación de Veciños e un magnífico ciprés do Parque baixo o que nenos e nenas do barrio xogan a diario.
E este é outro dos edificios máis importantes do BARRIO:
o noso cole: CEIP Eduardo Pondal

Sampaio: Un barrio para ler e medrar.
Dicía Agustín Fernández Paz que “Semella cousa de maxia que os libros garden
tantas maravillas no seu interior:
 a emoción do inesquecible primeiro bico,
a voz pausada e sabia do ancián...”.
 Pero cantas historias máxicas gardan
os camiños do noso BARRIO?
 Durante este curso a nosa Biblioteca será fonte de difusión de historias  e investigacións relacionadas co noso barrio.
                                    
Lembrámosvos que un ano máis estamos seleccionados
 para formar parte dos centros PLAMBE: Plan de Mellora
 das Bibliotecas Escolares.
Convidámosvos a coñecer e a 
participar da BIBLIOCROCAIO.
 O mércores 24 de outubro inauguramos.
Pola Biblio iredes pasando todos os
 cursos, alí  veredes a exposición
 de libros novos,relacionados co tema
 do proxecto e ademais 
 .recibiredes un agasallo
.recolleredes o carné
.comezará  a Mochila Viaxeira
.Veredes dous contos :
          -Os Bolechas queren saber como é unha Biblioteca
 e
           -O neno comelibros.
      Despois do recreo teremos 
para todo o colea actuación do
  CONTACONTOS:
 Iago López, por xentileza de 
edicións Xerais.

Crocaio agarda que o pasedes moi ben!!