venres, 13 de xullo de 2012

Agradecemento

Mirade o que nos chegou de tan lonxe!
 Non quixeron irse de vacacións sen agradecernos o noso humilde envío dun libro co que contribuímos a facer unha biblioteca para os nenos e nenas refuxiados nos campamentos do Sahara.

Aquí tedes en vídeo o libro que enviamos Colores y más colores de Rosa Serdio. A ver si vos gusta tamén a vós!

luns, 9 de xullo de 2012

Celso Emilio Ferreiro.Cen Anos.


"O meu primeiro Celso Emilio" from Seispés Producións Creativas on Vimeo.
Este é o magnífico booktrailer de presentación do librodisco O meu primeiro Celso Emilio, preparado por Xiana e Xose Lastra, que estará nas librarías a vindeira semana. Un proxecto para celebrar o centenario de Celso Emilio no ámbito escolar.Tomado de Brétemas.
  Un libro para primeiros lectores sobre o poeta celanovés que vai acompañado dun CD cos principais poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro.

O REI
No tempo aquil
cando os animales falaban,
decir libertá non era triste,
decir verdá era coma un río,
decir amor,
decir amigo,
era igual que nomear a primavera.
Ninguén sabía dos aldraxes.

Cando os animales falaban
os homes cantaban nos solpores
pombas de luz e xílgaros de soños.
Decir teu e meu non se entendía,

decir espada estaba prohibido,
decir prisión somente era unha verba
sin senso, un aire que mancaba
o corazón da xente.
¿Cando,
cando se perdeu,
iste gran Reino? Celso Emilio Ferreiro.

Repaso de verán para 2º e 3º ciclo.

Repaso de verán cos materiais de SM

venres, 6 de xullo de 2012

Lembranzas do curso de 6º.


Homenaxe a estas estupendas personas que deixan o cole para iniciar unha nova traxectoria no instituto.
Moita sorte rapaces e rapazas de 6º!!




Para ser grande, sé entero: nada
tuyo exageres o excluyas.
Sé todo en cada cosa. Pon cuanto eres
en lo mínimo que haces.
Así en cada lago la luna entera
brilla, porque alta vive.
                              Fernando Pessoa

luns, 2 de xullo de 2012

Participamos na homenaxe a Agustín Fernández Paz

Aqui tedes algunha das imaxes da homenaxe, os alumnos escoitan pacientemente outras intervencións mentres agardan a súa participación, os papás están entre o público e tamén a nosa directora Dna. Inés, en primeiro plano o escritor e a súa filla, e os tamén escritores Xavier Senín, Paco Martín e X. A. Neira .
 Asier leu a Cunqueiro:
Agora trobo o vento e máila lúa fría,
non o cervo do monte que a ágoa volvía.

Agora trobo o mare e máila nao veleira
non a amiga que canta só da abelaneira.

Agora trobo a lúa e máilo vento irado,
non o cervo do monte, meu amigo pasado.

Agora trobo a nao e máila mar maior,
e non aquela amiga, miña branca señor.

Palabras de Andrea:
"Agustín Fernandez Paz semella para min ser o personaxe de Fréderik, de Leo Lioni: o rato poeta que enche a súa despensa de raios de sol, cores de primavera e arrecendos de verán, para poder pasar o longo inverno  e contárllelo aos outros ratos , pero as súas palabras conteñen a forza necesaria para cambiar a vida e para cambiar o mundo."
Lucas leu un texto de Agustín:
..."Lémbrome dos cómics que os meus irmáns e mais eu liamos unha e outra vez, nunha época en que a palabra televisión aínda nos era totalmente descoñecida.
Lémbrome dos seriais que escoitabamos pola radio, sobre todo dos que eran os meus preferidos: Superman e Unha princesa de Marte.
...
Lémbrome do andel onde o meu pai gardaba os seus libros, entre os que había títulos inesquecibles como A illa misteriosa, O escaravello de ouro ou Os tigres da Malaisia.
Lémbrome do recendo a mazá madura que había nos armarios e nos chineiros da miña casa..."

Remate do acto coa interpretación do Himno Galego, ao fondo a violinista Begoña Riobó, que acompañou a Anxo Pintos e a súa zanfona (de Berrogüeto) e á cantante Uxía, as sobriñas do escritor e as profes que participamos.
Grazas Agustín por ofrecernos aos docentes e alumnos galegos esas historias tan ben contadas que nos axudan a coñecer mundos partindo sempre da nosa realidade galega e facendo do galego unha lingua universal para escribir e ler infinitas aventuras.
Agardamos ainda moitas máis!!

venres, 29 de xuño de 2012

 

Tres alumnos do noso cole
CEIP Eduardo Pondal participan 
na Homenaxe Nacional ao escritor 
galego Agustín Fernández Paz que 
se celebrará mañá, 30 de xuño, 
en Vigo.

                                              Lucas Méndez Puga, Andrea Guisande Moreira, os dous de 6º curso e Asier Rodríguez Rodríguez de 3º curso lerán cadanseu texto na homenaxe ao escritor galego Agustín Fernández Paz .

Lucas lerá o texto do libro Contos por palabras de cando o autor fala de si, no que fai unha vista atrás lembrando a súa infancia.
Andrea lerá unha pequena composición na que nos conta algunhas experiencias vitais do autor e a súa traxectoria como mestre.
 Asier lerá un dos seus poemas favoritos, o poema de Álvaro Cunqueiro: "Agora trobo o vento e maila lúa fría..."
   O acto, de entrada libre, está organizado pola plataforma cidadá ProLingua e será conducido por Rosa Aneiros. Comezará as 12.30 no Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia de Vigo.
Agustín Fernández Paz  suscita  unha admiración unánime en Galicia. Son milleiros e milleiros os adolescentes (e adultos) que ao longo dos anos leron os seus libros, e son milleiros tamén os que destacarán del outras cuestións, coma o seu compromiso coa defensa e proxección da lingua e cultura galegas (hai tres semanas vímolo na Praza da Quintana lendo o manifesto de Queremos Galego) e o seu traballo persoal e apoio noutras iniciativas sociais.
 


luns, 25 de xuño de 2012

A disfrutar deste verán olímpico!!

Crocaio atopou no Recanto de Mick este maratón de xogos divertidos para eses momentiños do verán nos que nos apeteza abrir o blog e xogar a algo.
Lembrade que xa están a piques de comezar os Xogos Olímpicos de Londres 2012, nos que seguramente haberá moitos récords batidos.
Ánimo e a superar o voso propio récord con estes xogos!
Preme na imaxe para xogar.
Xogos educativos preparados polo Portal Educativo da   Junta de Castilla y León. Este enlace se abrirá en una ventana emergente.

sábado, 23 de xuño de 2012

Ler no verán...


 Aprezadas familias;

Chega o verán, pronto poderemos disfrutar de todo ese deporte olímpico que traballamos ao longo do curso. Entre TODOS fixemos da Biblioteca un lugar cheo de cor, imaxinación e vida.
Foi moi especial este curso disfrutar da visita de Fina Casalderrey, pero o libro máis especial do ano  foi o que fixemos  sobre os Xogos Olímpicos .
Agora disfrutade das merecidas vacacións facendo algo de deporte e tamén algo de lectura.
Escollemos para vós uns cantos  libros  fantásticos, premendo na imaxe da súa portada atoparedes máis información sobre cada un.
Tamén  vos deixamos unha páxina Web especial para papis e mamis : www.solohijos.com.


Para os máis pequenos, Infantil e 1º Ciclo, primeiros lectores:
 AUDIOCONTOS de Galaxia: Os contos de toda a vida con CD
           Oso atrapabolboretas. Susana Isern

Se eu fose un gato.Paloma Sánchez
A Familia Caravana.Pepe Carreiro
Pulse para ampliar la imagen
O aniversario de Pupi . María Menéndez.
Se vende papá.Care Santos

O gran libro dos medos de Rato Pequeno
 Para lectores afianzados 2º e 3º ciclo:

Juegos y pasatiempos para días de sol. Los Simpson.
LOS SIMPSON: JUEGOS Y PASATIEMPOS para dias de sol









O misterio do Faro Vello. Fina Casalderrey


Esperando o leiteiro. Xosé Neira Vilas

A chave da Atlántida. Anxo Fariña.
A chave da Atlántida
Xoeliki. Abrahan Carreiro


Cartas de amor de 0 a 10. Susi Morgestern

 Lede e xogade moito cos vosos fillos e fillas este verán!!
Felices vacacións!!










xoves, 21 de xuño de 2012

Fotos excursión fin de curso

Aquí tedes algunhas das fotos destes días tan cheos de actividades interesantes. Premede nelas para ver máis. Arriba as alumnas de patinaxe na súa exhibición final.
Abaixo no Parque forestal de Beade, perto do Colexio Universitario de Vigo, un parque con vistas excepcionales á Ría de Vigo e con moitas posibilidades para pasar un bo día de campo. E non nos pillou a chuvia!

venres, 15 de xuño de 2012

Vídeo de animación á lectura realizado desde a biblioteca do IES Chano Piñeiro de Forcarei.

 "Fomentamos a lectura porque cremos nela como un Valor. Ese Valor ausente na nosa sociedade de consumo sen reparos en ser deshonestos cunha soa relixión: o diñeiro.

Cremos na lectura como solución. Cremos na lectura como viaxe, como multiplicación, como evasión, como interese, como sabedoría.
 Cremos na lectura como universo. Como o don da racionalidade, da fantasía, da grandeza, do horizonte sen fin.
 Cremos na lectura como CULTURA.

E sobre todo cremos na lectura no noso idioma, na nosa lingua."

Adaptación do tema de Manu Chao "Clandestino" (Virgin France). Letra: Gracia Santorum e Anxo Fernández Voz: Anxo Fernández Edición e montaxe: Anxo Fernández.

Grazas ao IES Chano Piñeiro por compartir este traballo.

mércores, 13 de xuño de 2012

Lendo na natureza: en galego.

 Saimos ao patio na hora de ler, todo estivo moi ben organizado porque é unha actividade que xa fixemos outras veces e que disfrutan facéndoa, tanto os que len como os que escoitan.
Os patios de recreo enmudecen , escoitase a música "Juego de niños" de Bizet, hai un leve rumor de fondo. O sol acompaña sen molestar e resulta un placer ver as cariñas e os oídos prestando atención ao seu padriño ou madriña contadores e tamén nos resulta moi grato sentir o esforzo dos que len para facer agradable a lectura ao outro.
A suxerencia de traer un pequeno peluche para acompañar foi seguida maoiritariamente e no  video da actividade podedes velos .
Vese nas súas caras que a lectura engaiola, por eso recomendamos que contedes contos, todos os que poidades mentres teñan idade de escoitarvos, ademais de aprender disfrutaredes moito, non importa a idade!

Lendo na natureza: en galego. on PhotoPeach

Marcos S. Calveiro Premio Merlín 2012

O escritor Marcos S. Calveiro co seu libro Palabras de auga gañou este ano o premio Merlín de literatura infantil e xuvenil. A súa novela conta unha historia africana, o protagonista un neno chamado Amadou de once anos conta as experiencias que vive a causa da fame, a sequía e a explotación dos nenos polo traballo nas minas.Un neno coma calquera outro coas súas inquedanzas de neno pero vivindo nunha realidade moi dura na que a vida non é máis que unha aventura diaria na súa loita pola supervivencia. Escrita coa fluidez necesaria para que sexa lida polos nenos e nenas a partir de nove anos, conta cun montón de palabras en swahili que van sendo explicadas ainda que engade un pequeno diccionario aofinal como curiosidade.
Reside en Vigo,onde traballa como avogado. Comezou a publicar de forma serodia, con máis de 35 anos, e fíxoo inicialmente no eido da literatura infantil e xuvenil. Tamén ten escrito poesía e, en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida a un público adulto, Festina lente. En decembro de 2009 gaña o premio Lazarillo cunha novela en galego.

Outras obras de Marcos Calveiro coas que podedes disfrutar e descubrir novos mundos e que son de recomendación en moitos institutos son:






Na entrega dos premios Merlín lembramos a figura doutro escritor moi importante da nosa lingua : Celso Emilio Ferreiro, poeta de Celanova do que este ano celebramos o centenario do seu nacemento.
Aqui vos deixo un Edilim feito por Julia Pérez para que xoguedes e coñezades algo máis da súa vida e obra. Premede no selo.

domingo, 10 de xuño de 2012

PREMIO MERLÍN -XERAIS


Onte, sábado día 9 de xuño, tivo lugar na Illa de San Simón, en plena Ría de Vigo, a entrega dos premios de Literatura de Xerais: o Merlín de literatura Infantil e Xuvenil e o premio de Novela. Tiven a sorte de formar parte do xurado que otorgou os premios e aí me vedes á beira de escritoras tan destacadas como Ledicia Costas, Marilar Aleixandre, axeonllados están Anxo Fariña e Fran Alonso e no medio, como non, os gañadores: Marcos Calveiro, o gañador do Merlín e  Manuel Lorenzo e a súa filla María Lorenzo, pai e filla gañadores do premio de novela; aparecen tamén na foto os representantes de Xerais e outros membros do xurado.
O día estivo gris e chuvioso.O meu agradecemento a Xerais por permitirme compartir esta ocasión con persoeiros tan importantes da literatura galega e por animarnos, unha vez máis, a escribir e a ler na nosa lingua e a defendela nestes dificiles tempos de "primas " e "rescates".
 Xurxo Souto animou a velada co seu acordeón e coa súa lembranza dos cen anos do nacemento de "Celso Emilio Ferreiro", poeta galego de Celanova. Xurxo fixo que batésemos palmas e cantásemos a coro o seu "Como un irmau che falo" o
fermoso poema, que fala de amizade e de union entre persoas que pensan diferente e que  podemos escoitar nas voces de Fuxan os Ventos.



sábado, 9 de xuño de 2012

Libro Olímpico colectivo


Aquí tedes unha pequena  mostra do traballado nas aulas de E.Infantil e  E.Primaria ao longo do curso sobre o tema do noso proxecto de Biblioteca: Os Xogos Olímpicos
Ler, un deporte saudable. Xogos Olímpicos Londres 2012 on PhotoPeach


Esperamos que vos guste!!

mércores, 6 de xuño de 2012

Se premes nesta fermosa BUBELA podes facer o Lim sobre os paxaros de Galicia e así coñecerás moitos dos paxaros que podemos escoitar polo noso fermoso barrio de Sampaio.
Tamén che pode axudar o libro de Anxo Fariña As linguas dos animais publicado por A nosa terra e no que ademais de paxaros debuxa outros animais como elefante, panteira, musaraña, ra, corvo etc.. e nos ensina como se chama o son que fai cada un .
 A ver se adiviñas como fai o grilo?                 
      E o oso?

 Sabes que animal é este e como se chama o son que fai?
 Se pasas pola Biblio poderás descubrilo!!

luns, 4 de xuño de 2012

Xogo de Comprensión Lectora para 1º curso.

LiM cedido polo CEIP Agro do Muiño

ACTIVIDADES DE LECTURA E COMPRENSIÓN, FEITAS EN LIM, SOBRE O CAPITULO DE "EL HELADO" CORRESPONDENTE AO LIBRO "SAPO Y SEPO, UN AÑO ENTERO" DE ARNOLD LOBEL,  EDITADO POR ALFAGUARA INFANTIL









domingo, 3 de xuño de 2012

Ler na Natureza

LENDO NA NATUREZA    MAIO 2012

Lemos en GALEGO, a nosa homenaxe ao escritor Valentín Paz Andrade.
-    6º Ailén  -  3 ANOS Samuel Vega –  2º Xabier
-          6º Diego -  3 ANOS Daniela Vázquez –  2º Aarón
-          6º Andrea  - 3 ANOS Daniela Toimil –  2º Alexander
-          6º Amanda - 3 ANOS Eduardo –   2º Verónica
-          6º Laura Madelen – 3 ANOS Pablo –  2º Gael
-          6º Lucas – 3 ANOS Sergi  –  2º Alejandro Lobato
-          6º Laura Montenegro – 3 ANOS  Zaira – 2º Óscar Otero.
-          6º Adrián  Posada – 3 ANOS Kevin– 1º Álvaro
-          6º Jennifer – 3 ANOS Paula – 1ºEva
-          6º Nicolás –4 ANOS Samuel de Sousa – 1º Daniel Fernández

-          5º Andrés - 5 ANOS   Isabel
-          5º José –  5 ANOS   Elena
-          5º Laura –    5 ANOS Uxía 
-          5º Alba –   5 ANOS   Naiara Blanco
-          5º Samuel – 5 ANOS  Raúl  - 1º Lian         
-          5º Daniel –  5 ANOS  Noelia -   1º Gabriel
-          5º Victor –  5 ANOS  Javier      -  1º Roy
-          5º Máximo –  5 ANOS  Sandra - 1º Gil
                    
-          4º David Almeida – 5 ANOS   Lola
-          4º Carolina –  5 ANOS   Pelayo         
-          4º Adrián Collazo – 5 ANOS   María
-          4º Joseph –   5 ANOS   Iván
-          4º David Fernández –  5 ANOS   Ángel
-          4º Claudia - 4 ANOS  Ainhoa
-     4º Ana Belén –  4 ANOS   Melani
-          4º Óscar – 4 ANOS  Candela
-          4º Raúl – 4 ANOS  Natalia
-          4º Noemí – 4 ANOS Mara  
-          4º Breogán –  4 ANOS Mara  
-          3º Lucía –  4 ANOS Naiara
-           3º Damián - 4 ANOS  Alba 
-            3º Antía – 4 ANOS  Lucía
-          3º Area - 4 ANOS  Sabela
-          3º Mario –   4 ANOS Aitana                
-          3º Asier –  4 ANOS Omar