luns, 30 de abril de 2012

Visita a Balaídos

 O pasado venres día 20 viñeron ao cole a dar unha charla  as xogadoras de fútbol femenino de primeira división do equipo O Olivo de Vigo.
 Foron moi amables , animaron ás nosas alumnas a xogar ao fútbol, e contáronnos que hai moitas mulleres que xogan ao fútbol en España pero non poden ser profesionales porque a federación non admite ainda que as mulleres futbolistas sexan profesionales.Case todas teñen estudios e non viven do fútbol, é unha afición pola que pelexan día a día para continuar. Déixovos este video para que as vexades xogar e opinar sobre por que lles gusta o fútbol:

O alumnado de 6º traballamos este tema porque vimos a película "Quiero ser como Beckham", na que a protagonista é unha moza á que a propia familia pon moitas trabas para practicar o fútbol.
E ademais, o martes 24 todos os alumnos e alumnas de Primaria
visitamos   BALAÍDOS :  campo de fútbol do equipo da nosa cidade.
Aqui tedes algunhas imaxes :



Mirade con atención como conta o conto de Pinocho Zoe de 4 anos do cole de Quintela  (Moaña):

sábado, 28 de abril de 2012

Lecuras Olímpicas

DA BIBLIOCROCAIO Á NATUREZA, 2ª EDICIÓN.

LECTORES OLÍMPICOS. ABRIL 2.012 Esta é o segundo cuso que repetimos unha actividfade lectora na que participan todos os alumnos do noso cole.O luns, na Hora de ler, sairemos todos ao patio a contar contos uns a outros.O conto leva unha semana preparado , agardando un día de sol. Non nos dá chegado o momento!
Xa vos contaremos!!









 
ESTES SON OS NOSOS LECTORES OLÍMPICOS:

 

6º Ailén – 3 anos Zaira – 1º Álvaro           
6º Diego – 3 anos Kevin – 1º Eva

 6º Andrea – 3 anos Paula – 1º Daniel      
6º Amanda – 3 anos Sergi – 1º Roy
 6º Laura Madelen – 3 anos Pablo -1º Lian   
6º Lucas – 3 anos Eduardo – 2º Alexander

  6º Laura Montenegro – 3 anos Daniela Toimil – 2º Verónica
6º Adrián Posada – 3 anos Daniela Vázquez – 2º Gael
 6º Jennifer – 3 anos Samuel Vega – 2º Alejandro Lobato
 6º Nicolás – 4 anos Samuel de Sousa – 2º Óscar Otero
 
5º Laura – 4 anos Omar – 2º Xabier.   
  5º Alba – 4 anos Aitana – 2º Aarón.
  5º Daniel – 4 anos Alba – 5 anos Javier   
   5º Samuel – 4 anos  Mara
 5º Victor – 4 anos Lucía             
  5º Andrés – 4 anos Sabela
  5º Jose – 4 anos Naiara                     
 5º Máximo – 4 anos Ainhoa

 




4º David Almeida – 4 anos Melani      
  4º Carolina – 4 anos Candela
 4º Adrián Collazo – 4 anos Natalia        
      4º Joseph – 5 anos Raúl.
4º David Fernández – 5 anos Uxía           
 4º Claudia – 5 anos Naiara B
 4º Ana Belén – 5 anos Noelia                          
  4º Óscar – 5 anos Elena
 4º Raúl – 5 anos Sandra                               
   4º Noemí – 5 anos Isabel
 4º Breogán – 5 anos Iván                              
   3º Lucía – 5 anos Lola
 3º Damián – 5 anos Ángel                        
 3º Antía – 5 anos Pelayo
 3º Area – 5 anos María                               
 3º Mario – 1º Gil
 3º Asier – 1º Gabriel


 

Algunhas lecturas serán : Garavanciño, O gato con botas, Os Bolechas, Manu,Eu non fun, Os sete cabritiños etc...

xoves, 26 de abril de 2012

Galego en Londres

Recollido do Blog "Fala Londres",un neno de orixe galega, contador de contos en inglés. Brian de Londres. Hoxe presentámosvos a Brian en corpo e voz. A súa profesora de infantil pediulle que lles fose contar o conto en galego aos 50 nenos de infantil que estudan no Cañada Blanch de Londres. E deste acto, agasállannos co vídeo de abaixo. Brian ten 8 anos. Naceu en Londres e leva os seus 8 anos de vida en Londres. Os seus pais son de Mazaricos. E como veredes é un artista. Contacontos, profesor de galego, profesor de arte dramática capaz de atraer atención de 50 cativos de 5 anos. Brian tennos conquistado. É o noso conquistador e o noso futuro. Necesitamos moitas e moitos coma el.

luns, 23 de abril de 2012

Recomendacións lectoras Abril 2012

LEDE  CON  ELES!!
Quedan menos de cen días para os Xogos Olímpicos de Londres, o tema deste curso arredor do que xiran as nosas actividades .
Os libros de deportes foron os máis lidos  e estamos preparando o libro colectivo no que deixaremos unha pequena mostra do traballo da BIBLIOCROCAIO. 
Con estas recomendacións lectoras, como tamén o facemos coas mochilas viaxeiras, queremos facer partícipes ás familias do noso traballo e animalas a “LER XUNTOS”, polo que neste boletín escollemos especialmente
LECTURAS PARA FACER COS NENOS para que a familia amose interés pola lectura e contaxie aos nenos e nenas, para crear hábitos de lectura nos máis pequenos que beneficien os seus resultados académicos.


 INVENTARIO ILUSTRADO DE ANIMAIS  
Sobre un cento de exemplares de fauna representativa de todo o mundo, tanto vertebrados -mamíferos, aves, peixes, anfibios, réptiles como invertebrados, que con más de 60 clases, representan o 95 das especies animais.
De cada un indícase o seu nome científico e común, e engádese unha descrición que acompaña a ilustración. Factoría K.



ALMANAQUE MUSICAL. Kalandraka. 
Contén doce poemas, un para cada mes do ano,
nos que o fío condutor é a  música clásica
cos intérpretes dunha peculiar orquesta de instrumentosde corda. Con versos de Antonio Rubio e publicado por Kalandraka.
 
O   CULLARAPO  CROQUE.  Miguel  A. Alonso Diz
O cullarapo serve de fío condutor entre os poemas que viven neste libro. 80 páxinas cheas de poesía, de fermosas ilustracións e sobre todo de moita dozura. Os autores:
Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, conseguen achegar aos nenos e nenas temas como o respecto aos demais, os soños...

CONTOS PARA IR DURMIR. Galaxia
Roi Mendez sorprende ao lector cunha serie de historias que , a modo de fábulas, van deixar a mente contenta e o corazón preparado para máis e máis contos.
Contos para dormir, pero sobre todo para soñar…

  OS XOGOS OLÍMPICOS DE NINGURES. Pinto e Chinto. Galaxia.
         O país de Ningures organiza os XXOO que pasarán á historia por ser os mellor organizados, por ser os que máior número de marcas atléticas se bateron, pero tamén por ser os máis estrambóticos e divertidos, con situacións cheas de anécdotas.

  LAS AVENTURAS DE ULISES.Stilton
   ¿Estades listos para afrontar uha viaxe extraordinaria con Geronimo Stilton e o lexendario heroe Ulises? ¡Navegaredes por mares tempestuosos, visitaredes terras descoñecidas e encontraredes criaturas misteriosas, entre peligros e emboscadas espeluznantes! ¡Unha historia cautivadora eemocionante, chea de sorpresas e aventuras inesquecibles!
 UN CABALO DE LUME. Fina Casalderrey.  
O lume avanza imparable e un ancián intenta calmar ao neno, aterrado polo caballo de lume que baixa do monte, contándolle que é o Ave Fénix, un paxaro de lume que aparece cada 500 anos, e que un pequeno carballo que planta nun  penico descende do que lle deu a sombra a San Ero, baixo o que se quedou dormido casi 300 anos... O  neno durme tranquilo e soña con paxaros de lume que parecen cabalos y aniñan nun carballo centenario.
Enton el pensa en cando choverá un pouco de cordura sobre o mundo, e unhas gotas de auga comezan a caer do ceo.
 POR QUÉ DEBO HACER EJERCICIO?  
 Libro que explica a importancia de cuidar a saúde. O texto, moi accesible, con fotografías específicas de cada tema , diseño claro y colorista, mostrarán aos nenos como e por que deben cuidarse e o que pode pasar si non o fan. Completase cun glosario de términos e un índice de palabras de interés para súa fácil localización. Este título, fará que non olvides a relación entre exercicio e  saúde, ademáis de incluir unha serie de exercicios que los pequenos poderán facer sen axuda. Ed. Everest

 SAÚDOS LECTORES de CROCAIO

domingo, 22 de abril de 2012

Los Fantásticos Libros Voladores del Sr Morris Lessmore

Este cortometraje  “The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore“. o en español "Los Fantásticos Libros Voladores del Sr Morris Lessmore" es una conmovedora y humorística animación que se hizo y se llevó a casa una estatuilla en la reciente entrega de los Premios Óscar. Inspirada en el desastre del huracán Katrina, Buster Keaton, El Mago de Oz, y un amor por los libros, el corto ofrece 15 minutos de dulzura y sentimiento increíbles junto con una buena dosis de estética ya que para su creación se usaron una variedad de técnicas (miniaturas, animación por ordenador, animación 2D).

sábado, 21 de abril de 2012


 O venres día 20 tiveron lugar en Santiago de  Compostela os Encontros dos responsables das Bibliotecas do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Alí, ademais de moitas ideas, novas traemos unha prácticos marcapáxinas  cos que vos agasallaremos o luns, que nos lembran o que o día 23 de abril é o Día Mundial do Libro.(Preme para facer unha caza do tesouro sobre o Dia do Libro)

Abril é o mes no que os libros e a lectura está máis presente, como chamada de atención sobre a importancia dunha actividade que é esencial na formación do alumnado como cidadáns activos e críticos, como estudantes eficaces, como persoas felices. 
Gústame ler e... recomendo: on PhotoPeach




A parte posterior do marcapáxinas ten un texto de Agustín Fernández Paz, escrito especialmente para este día. e que remata así:
"Abrir un libro e deixarse levar pola fervenza de voces, de linguas, de recendos, de paisaxes...Unha maxia secreta e inesgotable, que a nón nos corresponde descubrir"