domingo, 6 de novembro de 2011

CROCAIO recomenda VER e LER

Las Aventuras de Tintín: El Secreto del Unicornio‘ película de “animación”  dirixida por Steven Spielberg.

Tintín , un periodista  novo, cun inconfundible tupé é o gran protagonista e heroe das aventuras creadas por o debuxante belga Hergé. Deuse a coñecer nas  páxinas dun semanario. Aparentemente non ten familia nin problemas económicos e viaxa polos cinco continentes sempre acompañado polo seu canciño......E tamén por:
O capitan Haddock. O 29 de marzo de 1941 publicouse El cangrejo de las pinzas de oro, primeira aventura de Tintín na que aparece o entrañable lobo de mar, xerador de insultos e vello cascarrabias...
Hernández e Fernández: dous axentes da policía secreta idénticos en aspecto e vestimenta sendo a  única diferencia a forma do bigote

profesor Silvestre Tornasol un gran sabio, científico, profesor, inventor, químico, médico nuclear, biólogo,... que non oe moi ben.

Edición en Galego (1983-1992)

    Tintín editouse nunhas 100 linguas distintas en todo o mundo, editouno  Juventud en galego na década dos 80 que mantén sin edicións novas ou reedicións desde 1992.

    A edición en galego comprende os 22 álbumes clásicos en color, desde Tintín no Congo ata Tintín e os pícaros e o álbum da película Tintín e o lago dos tiburóns. Estos álbumes son similares á edición en castelán clásica co seu lombo amarelo e a única diferencia é, obviamente, o idioma.

-1983: Obxectivo: A Lúa, O caso Tornasol

-1984: O caranguexo das tenaces de ouro, O segredo do Alicornio, O tesouro de Rackham o Roxo
    A illa negra, Explorando a Lúa, Tintín e o lago dos tiburóns, O caso Tornasol (2ª edición)

-1985: Tintín no país do ouro negro, As xoias da Castafiore, Tintín e os picaros, Obxetivo: A Lúa (2ª edición)


-1986: Os xarutos do faraón, O loto azul, Stock de Coque, O caranguexo das tenaces de ouro (2ª edición), O segredo do Alicornio (2ª edición) e Explorando a Lúa (2ª edición)


-1987: Tintín en América, Voo 714 para Sidney


-1988: O cetro de Ottokar, A estrela misteriosa


                   O templo do sol y Tintín no Tibet


-1989: As 7 bolas de cristal


-1990: A orella rota


-1991: Tintín no Congo

-1992: A orella rota (2ª edición)
Participa e investiga Como se chama o seu can e de que raza é?.Trae a resposta á BIBLIOCROCAIO cun debuxo del e terás un agasalllo preparado si acertas.

 
 

mércores, 2 de novembro de 2011

medo

No CEIP Eduardo Pondal botamos fóra ao MEDO!

                     Debuxámolo:

Puxémoslle moitas cabazas:


Seleccionamos e lemos :
             

                                                     Preme na imaxe anterior e escoita  algún audiocontode medo.
E tamén fixemos O magosto



Pero hai moitos e moitas  que aínda teñen medo, para comprobalo fíxate neste conto:

Os bolechas teñen medo

Os bolechas teñen medo
É  noite e todos dormen na casa dos Bolechas. Pero Sonia espertou cun ruído e ten medo. Métese na cama de Braulio, que tamén sentiu o ruído e ten medo. Vanse para a cama de Loli, á que tamén lle entra o medo. Úneselles Pili, que tamén se asustou co ruído. E Loli. E Tatá. E Carlos. Agora, todos os Bolechas teñen medo. Saen ao corredor tremendo. O ruído vén da cociña. É Chispa, que foi aos chourizos! Vaia susto que levaron!

xoves, 27 de outubro de 2011

Inauguramos a Bibliocrocaio

O luns 24 de outubro inauguramos a BIBLIOCROCAIO
co lema: “LER, UN DEPORTE SAUDABLE
Pola BIBLIO foron pasando un a un todos os cursos e puideron
ver e tocar libros novos, recibiron os carnets e un agasallo e a continuación 
disfrutamos da  actuación
do MAGO CALI. Foi unha mañá completa!!!
Os alumnos de 6º curso colaboraron como Bibliotecarios lendo aos máis pequenos o conto:

 no que fixeron destacar a autoestima, todos temos algo bo e tamén a superación personal...
Errol era unha rata urbana. Ia á escola. Era un desastre nas sumas. Era un desastre escribindo. Era un desastre en ciencias. Era un desastre en arte. “¡Non sirves para nada, Errol!”, dicíanlle. Pero cada día, despois do colexio, Errol corría a casa para practicar algo no que era un fenómeno…O DEPORTE!!

24 outubro INAUGURACIÓN BIBLIOCROCAIO on PhotoPeach

Tamén vimos o video do conto Os Bolechas queren saber  como é unha BIBLIOTECA , de Pepe Carreiro
e fomos contando en voz alta o que podiamos atopar na Biblio, cando e como estar nela e moitas cousas máis que si premedes no libro volveredes a repasar.
Os Bolechas van á biblioteca, móstralla a bibliotecaria. Os libros poden ser de diferentes tamaños. Están ordenados por materias.  Poden localizarse mirando no ordenador.Os irmáns collen cada uno seu libro: Carlos, un cómic de superhéroe; Pili, un de piratas; Loli aprende a facer maxia; Braulio está lendo un de inventos; Sonia aprende as palabras máxicas nun libro de bruxas; Tatá dalle  ochupete á ovella que aparece no seu libro de animaiss sen letras. Como é hora de pechar e non acabaron os libros, la bibliotecaria failles o carnet de socios.

luns, 24 de outubro de 2011

24 de Outubro: Día Internacional das bibliotecas.
Desde a Biblioteca Trazo do
CPI VIAÑO PEQUENO, TRAZO - A CORUÑA compartimos esta interesante visita para celebralo e invitámosvos a coñecer o interior da Biblioteca Nacional:

Fundada en Decembro de 1711, a piques de celebrar o seu 300 aniversario, goza dunha vida intensa e dunha actividade frenética.

E para os máis pequenos estoutro video da Biblio que visita CAILLOU

xoves, 20 de outubro de 2011

ABRIMOS A BiBLIOCROCAIO Á COMUNIDADE ESCOLAR


O luns 24 de outubro inauguramos a BIBLIOCrocaio.
 Este curso traballaremos sobre o tema das Olimpiadas
co lema:       “LER, UN DEPORTE SAUDABLE
Pola BIBLIO irán pasando un a un todos os cursos e poderán
ver e tocar as novidades para todas idades relacionadas co
deporte,todos  recibirán un agasallo , ademais lembraremos
 o funcionamento e as  normas da Biblioteca.
Despois do recreo teremos, para todo o colexio, a actuación
do   MAGO CALI que nos achegará ao mundo da maxia .



             LER, UN DEPORTE SAUDABLE
“O deporte como linguaxe universal, pode ser un poderoso
vehículo para a promoción da paz da tolerancia e da comprensión.
Grazas ao seu poder de reunir á xente e de borrar as fronteiras,
as diferencias culturais e de relixión, contribúe á reconciliación.”
Durante este curso temos un acontecemento deportivo que vai unir
Biblioteca  será fonte de documentación relacionada con este tema.
Lembrámosvos que un ano máis estamos seleccionados para
formar parte dos centros PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas
Escolares) polo que contamos  cunha axuda importante no noso labor.
Convidámosvos a todos a coñecer e participar da BIBLIOCROCAIO.

E agora vexamos COMO é a BIBLIOTECA que visitan OS BOLECHAS
 

luns, 17 de outubro de 2011

Lucas recomenda

Lucas de 6º curso recomienda:
LA LEYENDA DE BONI MARTÍN de José Luis Olaizola

El libro trata de un niño que era rico muy

rico.Tenía todo lo que el quería tener porque

su padre siempre estaba de viaje y su madre


se lo permetía todo. Un día le regaló una

máquina tragaperras entonces el padre los

llevó a los dos a un psicólogo. Como el

doctor Nákera era un viejo amigo del

Sr.Martín hablaron de tú a tú y la

conversación terminó en que debería fingir

la ruina y mandarlos a un pueblo. El padre

los dejó allí y se fue muy triste. Boni vió

a sus dos primas, con la mayor (Lucía)

no empezó con buen pié pero se acostumbró.

Con el paso del tiempo Boni se enamoró

de su profesora, Alicia y de Clara su otra

prima. Un día fueron a vender perrunillas

una especie de galletas y se lo pasaron

muy bien.Su padre volvió cuando Boni

ya no era tan ambiciso y su madre se

quedó embarazada de dos gemelos.

Fin

venres, 14 de outubro de 2011

Arquitectos

Arquitectos


Ademais na páxina principal  www.cincopatas.com  atoparedes contos e máis xogos interesantes.

mércores, 12 de outubro de 2011

Na redución de residuos urbanos… Boas Prácticas!

Coa colaboración de Sogama achegámosvos unha nova peza didáctica sobre o medio ambiente.

Pica sobre a imaxe para ampliala e navegala. Ao pasar o punteiro sobre a páxina verás destacadas as imaxes e palabras que inclúen ligazóns para ampliar información en internet:

luns, 10 de outubro de 2011

Recomendamos lecturas

Adrián  de 6º recomienda:
La revista Reportero Doc Salvemos al lince ibérico.
Aprenderás dónde vive el lince y también sabrás las partes del volcán y podrás aprender a hacer un volcán de bicarbonato y verás cómics muy divertidos.

xoves, 6 de outubro de 2011

Outono

Un libro:

Más de 30 aventuras con minerales, telarañas, ríos, e máis de 30 actividades con plantas aromáticas,landras, imans, tintes e moldes que poderás facer fácilmente.
Un libro para que disfrutes de todo o que a Natureza pode ofrecernos nesta estación chea de regalos naturais.


Un xogo. Premendo no libro xogas cun LIM de outono.


Unha froita: O CAQUI.



Hoxe na clase de sexto probamos CAQUI,
unha fermosa froita de cor laranxa que
madura agora por outubro e que
estaba moi boa.


 Hai que probala...

Galicreques

Do 1 ao 9 de outubro celebrase en Santiago de Compostela a XVI edición do Festival Internacional de Títeres Galicreques
¡Estades todos invitados! 
 Aínda chegades a tempo!  Consultade a programación.