xoves, 16 de xuño de 2011

Boletín 2º Ciclo Xuño 2.011






BIBLIOTECA CROCAIO

                                                         OLA BIBLIOCOLEGAS!     



            Xa estamos a piques de concluir o curso escolar.  Crodila e mais eu queremos agradecerlles os BiblioCrocaios  o traballo realizado ao longo do curso.
Tamén a todos vós: nenos e mestres, que conseguíchedes enriquecer a nosa biblioteca cun poema semanal ao longo do curso, cheo de cor, imaxinación e vida. 
O libro mais especial do ano  foi o confeccionado por todos vós sobre as distintas culturas: Cuba, China, Canadá, Etiopía, Ecuador e Brasil, Arxentina e Nepal.
Agora que cada un vai disfrutar dunhas merecidas vacacións, imos recomendarvos uns libros  especialmente escollidos para vos.



EL BOSQUE DE MI ABECEDARIO.  
Villar Sánchez, Pedro. Il Calatayud, Miguel. Ed. Diálogo.
         Este libro trata de letras y palabras. Letras y palabras que juegan a combinarse. 
Un juego al que te invitamos a participar. Veamos: ¿has pensado alguna vez en las palabras que más te gustan? ¿Y las que menos? ¿Te has fijado en que contemplada en un espejo la letra m sigue siendo m y en cambio la letra b se convierte en d...?




EL MUNDO EN UN SEGUNDO.

Minhós Martins, Isabel. Il Cóbralo, Bernando. Ed Intermón  O.

         Cada vez que un segundo atraviesa el mundo (siempre corriendo, siempre deprisa) suceden millones de cosas; aquí, allí, en todas partes... Este libro muestra la diversidad, las distintas costumbres, sucesos y formas de vida en la tierra.




LA MANSIÓN MISTERIOSA.
Carmen Gil. Il Blanco R. Ed. Cómbel.
 ¿Qué tipo de personas viven en esta casa tan misteriosa? Fantasmas, brujas, dragones, vampiros..., un sinfín de criaturas terroríficas aparecen en este álbum ilustrado tan especial. Pero, ¿son de verdad, estos personajes? Unos textos rimados con mucho humor que dejarán escapar más de una sonrisa.



O ESPANTALLO.
Agrelo Hermo, Xosé. Il Carreiro, Pepe.Toxosoutos.


Dous paus cravados,
un feixe de palla, unha chaqueta da cor do vento
e un sombreiro cheo de buratos:
ESE SON EU.


Se queres coñecerme, invítoche a ler o libro.  


 



LA SIESTA DE LOS ENORMES.
Bruno, Pop. Il. Pudalov, Natalia. OQO Editora.

          Un día deciden ir a la playa y se dan cuenta que han olvidado el libro de cuentos para Enormes que duermen la siesta en la playa. El padre se ve obligado a contar una fantástica historia para satisfacer su curiosidad.: ¿por qué hay olas en el mar?, ¿por qué los peces son de colores?, ¿quién cura a los animales del mar? o ¿por qué la nubes tienen 
formas?

BAILAR NAS NUBES.
Vanina Stakoff. Trad. Manuela Rodríguez.
Kalandraka.
            A través do soño dunha nena que desexa bailar coas nubes, este libro reflexiona sobre a importancia do intercambio cultural e do respecto entre persoas de diferentes procedencias.
Disfrutade do verán coa  familia , os amigos, o deporte, e diariamente cos libros no voso tempo de lecer.
CROCAIO
Un saúdo lector
E FELIZ VEran

Boletín 1º Ciclo Xuño 2.011

BIBLIOTECA CROCAIO

OLA  BIBLIOCOLEGAS !

Xa estamos a piques de concluir o curso escolar. Crodila  e mais eu queremos agradecerlles os BiblioCrocaios o traballo realizado ao longo do curso.

Tamén a todos vós: nenos e mestres, que conseguíchedes enriquecer a nosa biblioteca cun poema semanal ao longo do curso, cheo de cor, imaxinación e vida.

O libro mais especial do ano foi o confeccionado por todos vós sobre as distintas culturas: Cuba, China, Canadá, Etiopía, Ecuador e Brasil, Arxentina e Nepal.

Agora que cada un vai disfrutar dunhas merecidas vacacións, imos recomendarvos uns libros especialmente escollidos para vosotros.


A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR.



Aliaga, Roberto. Il Cimatoribus, Alessandra. Tr: Núñez Marisa. OQO Editora.
A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Pero os seus amigos non deixan de chamar á súa porta para traerlle agasallos que a acompañen no período de sono...







AGUSTINA SE MUDA AL POLO NORTE.


Mélanie Watt. Ed. Juventud. Album ilustrado.
Para Agustina no es nada fácil mudarse del polo Sur al polo Norte. Allí se encuentra diferente y sola. Echa de menos su habitación de siempre, a sus amigos, y, sobre todo, a la abuela y al abuelo. Pero con sus dibujos pronto consigue romper el hielo y hacer nuevos amigos.


MI CASA AZUL. Serres Alain. Kókinos

            Un acercamiento al mundo que parte del espacio pequeñito de una habitación y que recorre países, continentes, hasta el universo con sus planetas, estrellas y misterios.



 

RODRIBICO VAI AO CIRCO.  
Guisande Manuel. Il: Tomás Xosé. Ed. Baía.

                
            Rodribico é un paxariño ao que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras.
            Unha soleada mañá, um circo instálase preto do seu niño. Por suposto, Rodribico non pensa deixar escapar a ocasión de ir ver o animal mais fero do mundo...
            Uff, que medo!!
 






ME ENCANTA LEER. Tango Books.  Il: Saunders Katie.  Combel Editorial. Libro con pop-ups.
 Como a muchos niños de su edad, a la protagonista de este libro le encanta leer. En el suelo, en la cama, en una mecedora… ¡en todas partes! Lee libros sobre animales, hadas, caballeros, princesas y muchas cosas más.




Enriquecémonos cos xogos, tradicións, comidas, lecturas,... dos rapaces e rapazas doutras culturas, continuade facéndoo. 


Disfrutade do verán coa  familia , os amigos, o deporte, e diariamente cos libros no voso tempo de lecer.
 
CROCAIO



Un saúdo lector




mércores, 15 de xuño de 2011

Boletín Educación Infantil Xuño 2.011

BIBLIOTECA  CROCAIO
                                                                             Xuño 2.011.



                OLA BIBLIOCOLEGAS!

        Xa estamos a piques de concluir o curso escolar. Crodila  e mais eu queremos agradecerlles os BiblioCrocaios o traballo  realizado ao longo do curso.
        Tamén a todos vós: nenos e mestres, que conseguíchedes enriquecer a nosa biblioteca cun poema semanal ao longo do curso,
cheo de cor, imaxinación e vida.
        O libro mais especial do ano foi o confeccionado por todos vós sobre as distintas culturas: Cuba, China, Canadá, Etiopía,
Ecuador e Brasil, Arxentina e Nepal.


Agora que cada un vai disfrutar dunhas merecidas vacacións, imos recomendarvos uns libros especialmente escollidos para vos.

  LA CAMA MÁGICA. Autor: Burningham John. Ed. Kókinos.

Mario necesitaba una cama más grande. Entonces su papá compró una muy especial. Pronunciando unas palabras mágicas, Mario podía viajar a lugares insospechados y vivir arriesgadas aventuras. Con una cama así ningún niño protestaría a la hora de acostarse.



MAMÁ ELEFANTE ES GENIAL. Autora: Keselman Gabriela. Il Bielinsky Claudia. Ed Alfaguara infantil.
Mamá Elefante se acompleja por culpa de su enorme trompa y observa con envidia a las otras madres. Sus hijos le devuelven la confianza en sí misma porque, puede hacer muchas cosas buenas con la trompa que las otras madres sin trompa no pueden hacer. Las diferencias son lo que hace especial a una persona, por eso hay que aceptarlas y buscar su lado más positivo.



10 VIAJES Y 1 SUEÑO. Autor: Martí Meritxell. Il. Salomó Xavier. Tr. Gil, Carmen. Ed. Cómbel. Un Un libro pop-up para viajar y soñar despiertos.

En cada página se despliegan el escenario de un emocionante viaje y el vehículo que nos lleva. Once paisajes llenos de color y de poesía, para recorrer en bicicleta, en tren, en helicóptero...¡incluso en trineo!
El viaje está a punto de empezar.



EL MENSAJE SECRETO DE CUMPLEAÑOS. Autor Carle Eric. Ed. Kókinos.
Es el cumpleaños de Tomás, y en lugar de un paquete, recibe una misteriosa carta ¡escrita en código! Tomás –y el lector- siguen las pistas. Y al final, el tesoro escondido ¡es un maravilloso regalo de cumpleaños!



 

 
SPLASH. Autor: Pérez Escrivá Victoria. Il Panucci Claudia. Ed. Edelvives.


A la manguera del señor Tomás no le gusta que los vecinos siempre estén peleando. Un día, harta de tanta riña, decide entrar en acción y riega a todos con un con un gran chorro de agua fría. Es tal el interés que levanta su actuación que se convoca una rueda de prensa. Sin embargo, ...




Enriquecémonos cos xogos, tradicións, comidas, lecturas,... dos rapaces e rapazas doutras culturas, continuade facéndoo.


Disfrutade do verán coa familia , os amigos, o deporte, e diariamente cos libros no voso tempo de lecer.

CROCAIO

Un SAÚDO LECTOR  e Feliz Verán

mércores, 8 de xuño de 2011

Xoga co medio ambiente

Convídovos a disfrutar deste xogo sobre Medio Ambiente e reciclaxe realizado pola nosa compañeira Belén Junquera. A divertirse!!!


domingo, 5 de xuño de 2011

AMIGOS DA TERRA SOMOS!!!


O 5 de Xuño de cada ano  celébrase, en todo o mundo, o Día Mundial do Medio Ambiente. Foi establecido pola Asamblea Xeral de Naciones Unidas no 1972

O Día Mundial do Medio Ambiente é un dos principais modos de estimular a sensibilización mundial arredor do medio ambiente e intensificar a atención e a acción de todos.
Baixo o lema "Coidemos a Terra"  CROCAIO anímavos a celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, o 5 de xuño.

 Recomenda aportar cada un de nós o pouquiño que poidamos que vai ser moito:

·Se é posible, fagamos os percorridos a pé.

·Utilicemos a ducha en lugar do baño.
 
·Non deixemos as billas abertas, nin goteando.

·Utilicemos bolsas de tea para mercar, 
en lugar das bolsas de plástico.

 ¡Entre todos podemos facer un mundo máis saudable!

BUSCA os  xogos escondidos polo bosque:

venres, 3 de xuño de 2011

A poesía feita música


Hoxe traemos á portada cancións dun músico moi especial, Leonard Cohen, ao que nombraron Príncipe das Letras e que canta a Federico García Lorca, un dos poetas máis importantes da literatura en lingua castelá e tamén  Príncipe do noso corazón literario.
Non vos perdades o video.




E para que practiquedes cantando e a un tempo xogando con outro idioma velaquí este divertido Karaoque con letra de G. Rodari, o noso Príncipe da Fantasía.
Animádevos a cantar,alto e forte!!

mércores, 1 de xuño de 2011

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS


Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:
Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.

Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.
                   Colectivo coordinadores/as Plambe

luns, 23 de maio de 2011

Letras Galegas 2011

A actividade de lectura de contos de uns a outros resulta ser unha fenomenal animación á lectura.
Cada un buscou o seu sitio e intentou facelo o mellor posible.
Non defraudaron as expectativas, cando remataron pedían facelo outro día e algúns desexaban manter o mesmo contador, outros cambiar...
Esta vez foron todos  os contos en galego.


venres, 20 de maio de 2011

Presentación Libro colaborativo do proxecto de Biblioteca

 Moito aprendemos co noso proxecto de Biblioteca. 
Hoxe venres, fixemos a presentación na Biblioteca. Antes, na  Hora de Ler amadriñamos  contos en galego, contamosos maiores aos máis pequenos do cole.
Deixamos algunha imaxen dos dous actos e o traballo do libro para que vexades:
Canto traballamos! E que chulo nos quedou!
 E sobre todo que descubrimos moitas cousas doutros países dos que temos compañeiros e compañeiras no cole:
 Melani, Liam,Víctor, Ana Belén, Madelén, María e Ailén e a súa familia.

Respecto para CONVIVIR  CEIP Eduardo Pondal  Vigo on PhotoPeach





Soaba por megafonía a música de Vivaldi.



Xa na Biblioteca Crocaio:



luns, 16 de maio de 2011

Lois Pereiro

LETRAS GALEGAS: O ANO DE LOIS PEREIRO


O día das Letras Galegas foi instituído pola Real Academia Galega no ano 1963, para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou polo emprego do noso idioma. Este ano 2011, o 17 de maio adícaselle a Lois pereiro, pola modernidade da súa poesía.



Lois Ángel Sánchez Pereiro naceu en Monforte de Lemos (Lugo) o 16 de febreiro de 1958 e morreu na Coruña en 1996.

Escoita con atención algún dos seus poemas


Poesía dunha intensidade poco común, é facil lembrar moitos dos versos de Lois, quedan impresos na memoria porque son versos que van directos ao corazón e penetran nel, pola verdade do sentimento que transmiten, pola forza e expresividade das súas imaxes.
Un poeta fondo, emocionante, para lelo devagar e revisitalo a miúdo.


EXPOSICIÓN NO MUSEO VERBUM DE SAMIL EN VIGO
“Estou vivindo un soño repetido nas noites dos que me seguen querendo”.
“A amizade protexe e o amor cura, o odio contaxia e fire, a indiferencia mata”. 
Son fragmentos dun poema de Lois Pereiro, que conta desde onte e ata o 26 de xunio cunha exposición no Museo Verbum de Samil. Súmase ao “Vento Lois” que soplou en toda Galicia á mesma hora cun recital de poesía.



E para coñecelo mellor, podedes ver a fermosa  presentación  feita por Elvira Roiz.






venres, 6 de maio de 2011

El Pez Arco Iris

Este conto tamén está na Bibliocrocaio.
Pero podedes escoitalo aquí e máis abaixo xogar con el.
É a historia dun peixe un chisco fachendoso...



     Premendo no conto atoparedes  os xogos :
Preme aquí e atoparás  unha páxina de manualidades para facer o peixe :



                             E agora máis xogos sobre:

xoves, 5 de maio de 2011

Actividades LIM


Xa os temos na biblio. Son cinco.
Entra na súa páxina xa verás que diver!
                                                      



Este novo libro de Greg contén  actividades, preguntas, test, chistes... así como algunhas páxinas en branco para que o lector poida escribir o seu propio diario e así imitar a  Greg. 
Kinney pretende con este libro, inspirar aos máis novos a debuxar e a escribir. Facer un diario" a modo de Greg" pode resultar extremadamente divertido e creativo.

E agora A XOGAR!!

Premendo nas imaxes podes facer actividades Lim relacionadas 
*co autor das letras galegas 2010
Lois Pereiro:



      *Actividades Lim sobre o  23 de abril  Día do libro


 *Actividades de repaso para 5º de primaria: