luns, 18 de maio de 2009

Letras Galegas 2.009

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 20 de marzo de 1963, Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega" porque naquel ano celebrábase o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro, libro emblemático que deu prestixio a nosa lingua.


Ata o de agora foron homenaxeados no dia das letras galegas:

1963 Rosalía de Castro
1964 Castelao
1965 Eduardo Pondal
1966 Francisco Añon Paz
1967 Manuel Curros Enríquez
1968 F. López Cuevillas
1969 Antonio Noriega Varela
1970 M. Valladares Núñez
1971 Gonzalo López Abente
1972 Valentín Lamas Carvajal
1973 Manuel Lago González
1974 X. V. Viqueira Cortón
1975 X. Manuel Pintos Villar
1976 Ramón Cabanillas
1977 Antón Vilar Ponte
1978 Antonio López Ferreiro
1979 Manuel Antonio
1980 Alfonso X, O Sabio
1981 Vicente Risco
1982 Luis Amado Carballo
1983 Manuel Leiras Pulpeiro
1984 A. Cotarelo Valledor
1985 Antón Losada Diéguez
1986 Aqullino Iglesia Alvariño
1987 Francisca H. Garrido
1988 Ramón Otero Pedrayo
1989 Celso Emilio Ferreiro
1990 Luís Pimentel
1991 Álvaro Cunqueiro
1992 Fermín Bouza-Brey
1993 Eduardo Blanco-Amor
1994 Luís Seoane
1995 Rafael Dieste
1996 Xesús Ferro Couselo
1997 Anxel Fole
1998 Martin Codax
1999 Roberto Blanco Torres
2000 Manuel Murguía
2001 Eladio Rodríguez
2002 Frei Matín Sarmiento
2003 Antón Avilés Taramancos
2004 Xaquín Lorenzo Fernández
2005 Xesús Lorenzo Varela V.
2006 Manuel Lugris
2007 María Mariño
2008 Xosé Mª Álvarez Blázquez
2009 Ramón Piñeiro López


LETRAS GALEGAS 2.009



A Real Academia Galega adícalle o Día das Letras Galegas do ano 2009 a D. Ramón Piñeiro López polo seu activismo cultural e a súa loita pola cultura e o idioma galego.
Ensaista, cofundador da editorial Galaxia, primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, liderou o pensamento galeguista da posguerra, tamén foi Deputado no Parlamento Galego. Os seus traballos sobre filosofía e pensamento contribuiron decisivamente á normalización do galego como lingua apta para expresarse en todos os ámbitos do saber.


D. RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ foi o home que liderou o galeguismo na segunda metade do século XX.

Unha das súas actividades favoritas, dende moi pequeno era a lectura, como reflexan estes comentarios:


“Eu de pequeno, quería ter tantos libros como estrelas hai nunha galaxia”


“Naqueles catro anos que residín en Lugo podería dicir que descubrín a lectura. Primeiro, igual que os outros nenos, a través de revistas infantís, como Pulgarcito, ou de novelas para rapaces, que mercaba e que logo intercambiaba con algúns compañeiros, despois de lelas”.



















Fomentou a nosa cultura e valorou a tarefa dos mestres, como queda reflexado nesta carta.ç


Compostela, 26-V-86


Sr. Director do Centro Escolar

Póboa de San Xulián

LUGO


Meu querido amigo:

Quero decirlles a todos Vds. que viñen emocionado e fondamente impresionado da visita que fixen a ese Centro. tanto a miña muller, como a Presidenta da "Fundación Penzol", que nos acompañaba, como eu mesmo, sentimos moito non poder continuar ahí unhas horas máis para ter ocasión de faláremos con todos, pro ocurría que tiñamos que estar ás 3 en Lugo. Nós quedamos admirados da exposición de traballos dos alumnos e da actuación que tiveron no programa dos diversos actos que levaron a cabo. Todo ese éxito súpón moito entusiasmo e moito traballo, non só nos protagonistas visibles senón tamén nos profesores que os dirixiron e os prepararon.

Os nosos sinceros e entusiastas parabéns para todos Vds.

Unha forte e cordial aperta de


Ramón Piñeiro


D. ALFONSON RODRÍGUEZ CASTELAO influiu notablemente na vida e obra de D. Ramón Piñeiro López.



Algunhas das súas obras significativas





Para saber sobre a súa vida recomendamos Ramón Piñeiro López, onde poderedes en función dos intereses e idades coñecer máis a fondo ao homenaxeado deste ano, gústalles especialmente aos rapaces as actividades en liña.

mércores, 29 de abril de 2009

Roscrocaio do mes de abril

Con motivo do mes de abril, mes dos libros os alumnos de sexto de educación primaria elaboraron baseándose no xogo Pasapalabro o ROSCROCAIO.
O RosCrocaio é un xogo de identificación, documentación e investigación , para empregar os recursos dos concursantes e os da nosa biblioteca, para este fin cada equipo ten uns axudantes que poderán consultar, investigar e aportar información para que as respostas sexan correctas.
Os axudantes de cada equipo poderán consultar nos distintos andeis os tellolos para averiguar o nome do escritor ou ilustrador dun determinado libro, tamén poderán empregar o ordenador da biblioteca para as súas pesquisas.
No xogo os alumnos de sexto de educación primaria fixeron o RosCrocaio Galego e Castelán aos alumnos de cuarto de educación primaria. Aqui tedes unhas fotos desta actividade na biblioteca.



Para que vós tamén comprobedes os vosos coñecementos aquí tedes as preguntas dun RosCrocaio. Tedes 10 minutos para resolver tódalas letras. MOITA SORTE!!!!

ROSCROCAIO GALEGO:

Empeza por A: acción de abusar de algo ou alguén.

Empeza por B : lanzarse ou facer que unha cousa chegue a un sitio lanzándoa

Empeza por C: banda de terreo de terra preparado para poder ir dun sitio a outro.

Empeza por D : dicir a dous ou máis persoas que deixan de traballar.

Empeza por E : repetición dun son reflexado por un corpo que rebota repetindo a parte final das palabras.

Empeza por F : caixa de vidro ou outra materia transparente, dentro da cual ponse unha luz.

Empeza por G: madeira con forma curva e normalmente puntiagudo nun dos extremos, que serve para prender, agarrar ou colgar algo.

Empeza por H : ser vivo, animal racional que ten máis intelixencia.

Empeza por I: vivenda dos esquimais.

Empeza por L: gran masa permanente de auga depositada en depresións do terreo.

Empeza por M: festa de asar as castañas ao aire libre na época de outono

Empeza por N: sair do ventre da nai

Empeza por Ñ : Nome da décimo terceira letra do alfabeto galego e décima das consoantes.

Empeza por O : Tempo libre en que non hai que traballar

Empeza por P : Casa grande e moi luxosa onde viven persoas da realeza

Empeza por Q : Alimento que se fai coa leite das vacas.

Empeza por R : Nome colectivo dun conxunto de flores.

Empeza por S : Ferramenta utilizada para sachar

Empeza por T : Parede delgada que separa dous cuartos

Empeza por U : Que está ou vai detrás de todo

Empeza por V : Limpa-lo lixo , un lugar ou algo con vasoira

Empeza por X : Fenómeno atmosférico consistente na conxelación das gotas de auga nas superficies á intemperie cando baixa a temperatura de cero graos centígraos.

Empeza por Z : Calzado de coiro ou feltro que se pon durante o día.





Se realmente o conseguiches NORABOA!!

Para comprobar os teus acertos dámoste agora as respotas do xogo.

Abusar. Botar. Camiño. Despedir. Eco. Farol. Gancho. Home. Iglú. Lago. Magosto. Nacer. Eñe. Ocio. Palacio. Queso. Ramo. Sacho. Tabique. Último. Varrer. Xeada. Zapato.


Unha vez concluída a actividade os alumnos leváronse un RosCrocaio Galego e outro Castelán como recordo desta actividade.

Albéniz


Isaac Albéniz (1.860 – 1.909) , fue una persona cálida, encantadora y generosa, con un agudo sentido del humor, lo que le permitió siempre hacer muchas amistades y establecer importantes contactos.
A pesar de su falta de estudios formales fuera del campo de la música, era una persona muy instruida, hablaba varios idiomas y se interesaba activamente por la política y la filosofía.
Aunque contaba con credenciales extraordinarias como niño prodigio y como alumno de grandes maestros, a menudo difundía informaciones contradictorias sobre su juventud entre amigos, periodistas y biógrafos, especialmente en relación con sus viajes a las Américas y sus estudios en Leipzig con Liszt. Por este motivo, la mayor parte de las biografías sobre Albéniz contienen abundantes errores y discrepancias.
Los motivos de inspiración andaluza ocupan una parte importante de su producción como compositor - pese a su nacimiento en Cataluña, su producción de música de inspiración catalana no es tan abundante -. Esto no se obstáculo para que Albéniz fuera un hombre eminentemente catalán, de aquellos que actualmente podríamos denominar "catalán universal".
Entre 1905 y 1908 el compositor español Isaac Albéniz escribió su obra maestra, Iberia, un conjunto de cuatro suites para piano de excepcional complejidad
y virtuosismo.
«Hay que hacer música española con acento universal para que pueda ser entendida por todo el mundo».


Además de conocer algunos aspectos sobre su vida y su música, con curiosidades y ánécdotas, realizamos fundamentalmente dos audiciones didácticas: El puerto y Castilla (seguidillas). En las imágenes que aparecen a continuación son un ejemplo de estas audiciones en el aula de música, con los alumnos de segundo de educación primaria y los de educación infantil













































Se deseais saber más sobre Albéniz os recomiendo: Álbéniz
y también Albéniz
Es muy interesante el Museu de Camprodón

Actividades na Semana do libro.

Ola bibliocolegas.

Crodila e máis eu quedamos abraiados coas actividades que realizáchedes estes días.

Enviamos un saúdo especial a todos vós e aos compañeiros e amigos do CEIP Paraixal, cos que intercambiamos diversas actividades.

A continuación imos presentarvos unhas imaxes sobre o conto que crearon e gravaron os alumnos/as de educación infantil: "A GOTIÑA EN BUSCA DAS SETE CORES ".

Seguidamente os alumnos/as de catro e cinco anos interpretaron a poesía : "El Sapo Verde".



Os alumnos/as de sexto de educación primaria fixéronnos disfrutar coa poesía: "El árbol que llegó a ser libro" e o trabalinguas "Madre Notabre", ambalas dúas populares.

Os alumnos do primeiro ciclo de educación primaria realizaron unha adaptación da Fábula: "A LEBRE E A TARTARUGA" para commemorar o día do libro.

E os alumnos de terceiro de educación primaria presentáronnos "A imprenta"

martes, 28 de abril de 2009

Ler e disfrutar no terceiro ciclo de educación primaria

A data do 23 de abril foi escollida pola Conferencia Xeral da Unesco para rendir un homenaxe mundial aolibro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o placer da lectura. Escolleron esta data porque grandes escritores naceron ou faleceron este día : Cervantes, Shakespeare, Garcilaso de la Vega,...
UN LIBRO É

· Un tesouro por descubrir.
· Unha aventura diferente cada día, no que ti serás o protagonista ao identificarte cos personaxes
· Un xeito de compartir: rindo, comentando, compartindo,...
· Un descubrimento contínuo de personaxes, lugares, culturas diferentes,...
· Un regalo especial en calquera momento e lugar.
Xa sabedes que podes contactar con Crodila e máis eu, no blog da biblioteca http://crocaiodesampaio.blogspot.com/ .

A continuación vós presentamos unha serie de libros dos que non poderedes perder palabra.


FRAY PERICO, CALCETÍN
Y EL GUERRILLERO MARTÍN

Autor: Juan Muñoz.
Editorial: SM
En el convento de fray Perico aparece un extraño personaje, armado con un trabuco. Es Juan Martín, el Empecinado. El guerrillero escapa al monte, y fray Perico y su borrico le acompañan.



OS PIRATAS DA ILLA DA ESPERANZA

Autor: X. H. Rivadulla Corcón.
Ilustrador: Adrián Solleiro.
Editorial: Xerais.



A illa do tesouro é o libro máis especial para os cinco membros do Club de Lectura Pedra dos Corvos. Cando coñecen ao Vagabundo, un vello navegante, e xa un amigo máis da panda, vivirán unha arriscada aventura.


LOS ZUECOS DE LA TÍA CASILDA

Autor: Ana Gómez-Pavón Alcocer.
Brief Editorial.
María recibe un regalo muy especial: Rojo y Azul, los zuecos de su tía Casilda. Rojo es atrevido y aventurero. Azul es tímido y tranquilo. Un día, en la playa, son arrastrados por las olas y conducidos hasta el continente africano. Allí harán nuevas amistades y descubrirán que, por separado, también pueden hacer felices a otros niños.



RICARDO O ESCULTOR
Autor: Gianni Rodari.
Ilustradora: Montse Tobilla.
Editorial: Baía Edicións.
As estatuas que confecciona Ricardo cobran vida e foxen do pedestal.
CARLOTA Y EL MISTERIO DEL CANARIO ROBADO

Autora: Gemma Lienas
Editorial: Destino.

La tribu de Camelot protagoniza esta historia es un equipo formado por Carlota, Berta Mireya, Eli, Said, Miguel y el gato Merlín que les encanta resolver misterior correr aventuras y meterse en líos…




O PEQUEÑO SEÑOR RAÚL
Autor: Martín BaltscheitIlustrador: Ull KEdicións Xerais de Galicia.O pequeño señor Raúl vivía nun mundo cheo de libros. Medrou, entre árbores cargadas de libros e dedica todos os días un tempo á lectura. Pero ás veces un libro ten un final errado e, sen pensalo, aló vai ver o escritor.

OS CINCO NARRADORES DE BAGDAD
Autor: Fabien Velhmann
Traductor: David Gippini
Ilustrador: Frantz Duchazeau
Comic.

As pericias de cinco contadores de historias, afanados na procura do mellor conto do mundo, para gañar o reto proposto polo califa de Bagdad e con el, lograr fama e riquezas.

Ler e disfrutar no primeiro ciclo




A data do 23 de abril foi escollida pola Conferencia Xeral da Unesco para rendir un homenaxe mundial aolibro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o placer da lectura. Escolleron esta data porque grandes escritores naceron ou faleceron este día : Cervantes, Shakespeare, Garcilaso de la Vega,...


UN LIBRO É

· Un tesouro por descubrir.
· Unha aventura diferente cada día, no que ti serás o protagonista ao identificarte cos personaxes
· Un xeito de compartir: rindo, comentando, compartindo,...
· Un descubrimento contínuo de personaxes, lugares, culturas diferentes,...
· Un regalo especial en calquera momento e lugar.

Xa sabedes que podes contactar con Crodila e máis eu, no blog da biblioteca http://crocaiodesampaio.blogspot.com/ .

A continuación vós presentamos unha serie de libros dos que non poderedes perder palabra.


CERCA

Autora: Natalia Colombo.
Editorial: Kalandraka.
Cerca es una fábula sobre la incomunicación, una reflexión poética e profunda sobre as relacións interpersoais e o individualismo, os desexos e as emocións




ABCD

Autora: Marion Bataille.
Editorial: Kókinos.
Libro troquelado hecho con talento y sutileza. Cada página cobija un troquel deslumbrante en el que las cartulinas se articulan con flexibilidad y armonía presentando las letras del abecedario.





PAPÁ, POR FAVOR, ACHÉGAME A LÚA.
Autor: Eric Carle

Traductor: Chema Heras.
Kalandraka Editora.
Mónica mira a Lúa e gustaríalle collela, para xogar con ela. Como non pode, pídelle a seu pai que lla traia. Coa axuda dun­ha longa escaleira, o pai consegue collerlla. Pero a Lúa é espe­cial, e deseguida desaparecerá do seu carón. Breves descricións e diálogos precisos; potentes ilustracións, collages de vivas co­res e páxinas despregables, conforman esta orixinal proposta. As imaxes están concibidas para interactuar con elas, en horizontal, en vertical, ou en todas direccións, coa eclosión da gran Lúa chea. Lectura, xogo e aprendizaxe, para compartir cos máis pequenos.


¿ENTONCES?

Autor: Kitty Crowther.
Traducción: Rafael Ros. Editorial: Corimbo.
Fascinante álbum que mantiene la emoción y la tensión narrativa hasta la última página. En la habitación del pequeño protagonista todo parece estar en una relativa calma, puesto que una muñeca lee, entretenida, un libro, mientras van apareciendo el osito azul, el conejo rosa, el pingüino a rayas, el gatito y el perro. Todos pre­guntan: ¿Entonces?, pero nada sucede hasta que, de repente, se escucha un ruido de fondo… ¿Qué sucederá?


O DÍA EN QUE A MAMÁ SE LLE PUXO CARA DE TETEIRA

Autor: Raquel Saiz
Ilustrador: Joao Vaz de Carvalho
Editorial : OQO

Un libro orixinal e creativo, na que a imaxinación xoga un papel relevante.




¿ QUÉ HACE UN COCODRILO POR LA NOCHE?

Autor: Karhrin Kiss
Ilustraciones: Emilio Uberuaga.
Editorial: Kökinos.
Historia de la amistad entre Paula, una niña despierta y extrovertida, y Coco, un cocodrilo tímido que huye de las personas.

Ler e disfrutar en educación infantil

A data do 23 de abril foi escollida pola Conferencia Xeral da Unesco para rendir un homenaxe mundial aolibro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o placer da lectura. Escolleron esta data porque grandes escritores naceron ou faleceron este día : Cervantes, Shakespeare, Garcilaso de la Vega,...



UN LIBRO É

· Un tesouro por descubrir.
· Unha aventura diferente cada día, no que ti serás o protagonista ao identificarte cos personaxes
· Un xeito de compartir: rindo, comentando, compartindo,...
· Un descubrimento contínuo de personaxes, lugares, culturas diferentes,...
· Un regalo especial en calquera momento e lugar.
Xa sabedes que podes contactar con Crodila e máis eu, no blog da biblioteca http://crocaiodesampaio.blogspot.com .

A continuación vós presentamos unha serie de libros dos que non poderedes perder palabra.

¡ A GARABATEAR !

Autor:. Hervé Tullet .
Editorial: El Aleph
Un libro creativo en gran formato para colorear. Con dibujos que estimulan la creatividad de los más pequeños. Los dibujos de colores van acompañados de textos que harán reflexionar a los niños, al tiempo que los motiva e incitan al aprendizaje.


COLORES SALTARINES
Autor: Kate Lee y Carolina Repchuk
Ilustrador: Derek Matthews.
Editorial: SM.
Con este libro, el niño disfrutará identificando los colores, los animales y jugando con las rimas.


KOALA ¡ ERES MUY ESPECIAL!
Autor: Jonathan Lambert
Editorial : Timun Mas, 2008

Pequeño Koala no está muy seguro de ser especial aunque
Mamá le confirme que para ella lo es, así que decide mejorar
su aspecto por su cuenta disfrazándose de los animales que se va encontrando por el camino.
Un libro troquelado con el que hablar sobre los sentimientos y reforzar la autoestima.


HERBALÚAAutor: Marilar Aleixan Ilustraciones: Enjamio.
Editorial: Galaxia. Colección Árbore.
H elena viaxa á Lúa na procura de herba para alimentar a súa ovella de trapo. A nena ten alí sucesivos encontros con varios per­sonaxes aos que pide axuda.


El PRIMER DICCIONARIO DE TUPI
Autor: Mercé Aránega.
Editorial: Edebé
Observa los pictogramas de cada página, búscalos en el gran dibujo central


y juega con Tupi a descubrir el mágico mundo de nombrar las cosas.




mércores, 15 de abril de 2009

Mes de abril, mes dos libros

OLA BIBLIOCOLEGAS:




Xa estamos en abril, ¡ben din que augas mil!, e axiña chegará o día do libro, que como recordarás celebramos todos os anos o 23.
E isto xa está que ferve. Bota unha ollada e verás que semana nos agarda. Estaba pensando en tomarme a semana de lecer, ben sabedes o pouco que me gustan os rebumbios, pero decidín non fuxir e, a agochadiño coma sempre, non perderme nen ripia. Ademáis sempre esta Codrila que me mantén ao tanto. ¡QUEIRA OU NON!
Le atentamente e participa nas actividades do 20 a0 24 de abril.
  • Lembrádesvos de Contarte, que ben o pasástedes, pois agora é momento de ver as vosas obras de arte, non esquezas de poñer o nome do artista e o título.
  • Lembra que se traes unha flor, natural ou non, no lugar de un libro poderás levar dous.
  • Seguro que a estas alturas do curso xa serás quen de falarnos dos teus favoritos da recén estreada "HORA DE LER", ou algún outro que caiu nas túas mans dende o cole ou dende a casa ou dende algures, BEN. Queremos construír o ANDEL DOS FAVORITOS. Podemos expor o libro ou fotocopiar a portada sen máis, por se non o remataches ou o queres coidar.
Ademáis:
  • As MOCHIMALETAS comenzarán a súa andaina neste mes de abril. Este ano estreámolas no primeiro ciclo de Primaria.
  • Disfrutaremos con poesías, contos, trabalinguas,... realizadas por vós.
  • Coñeceremos un pouco máis a Isaac Álbéniz e a súa música. Seguro que a estas alturas xa sabedes que foi un músico español moi recoñecido en todo o mundo e do que se celebra un século... !100 ANOS¡ do seu pasamento.
  • Faremos o biblioxogo: O ROSCROCAIO. Vós adiantamos que o Roscrocaio é un xogo, con características similares ao famoso "Pasapalabra", elaborado por alumnos e alumnas de sexto de educación primaria, e os xogadores serán de cuarto de educación primaria: que formarán dous equipos, que contarán con axudantes, axudaCrodilas. Este alumnado de cuarto, terá que demostrar dominio de vocabulario, búsqueda de datos nos libros,...
COMO XA VOLO DICÍA, EMPEZA O QUECEMENTO, CARGADE AS BATERÍAS QUE PARA SEMANA TODA ESTARÁ QUE FERVE.
UN SAÚDO LECTOATENTO
Crocaio ............ e Crodila

Contarte




OLA BIBLIOCOLEGAS:



Estamos eiquí de novo, xa nos enteramos que CONTARTE consistitu nunha campaña de animáción á lectura, grazas a colaboración do Concello de Vigo e OQO Editora. No que o arte estaba presente e tamén fixeron a narración de Soños de teteira con arte.
A actividade constou de dous obradoiros.
Obradoiro SOÑOS DE TETEIRA. Xogando co Surrealismo, para alumnos de primeiro, ata terceiro de educación primaria.




Con esta actividade todos disfrutamos coa narración de Raquel, que fixo participar a todos, xogando coa transformación de obxectos cotiás: espertador, zapatillas, tixola,...

O segundo obradoiro RETRATARTE. Plástica creativa.

Compartir o gusto pola pintura cos máis cativos, abrir xanelas cara á arte, romper as barreiras e afrontar un retrato clásico cos máis pequenos... son algúns dos obxectivos que presenta este libro, co que OQO Editora se achega ao mundo da arte, en concreto á pintura, nesta primeira entrega da nova colección OQart.


"Gran libro dos retratos de animais" foi concibido por Svjetlan Junakovic e OQO Editora para testemuñar que, ao longo da historia, os animais, vestidos coas súas mellores prendas, posaron para os máis considerados retratistas.Lonxe dos manuais de historia da arte convencionais, a verosimilitude dos retratados e as explicacións aportadas aos cadros que o ilustrador croata presenta neste libro, xogan cunha base histórica, respectada até o detalle, na que os animais fanse os verdadeiros protagonistas. As explicacións que acompañan á obra, ofrecen información sobre a época, o contexto, o artista, o animal retratado... que serán pistas clave para quen desexe afondar no coñecemento dos cadros orixinais, punto de inspiración e partida dos retratos.


Tivemos ocasión de disfrutar cunha proposta musical e unha animación audivisual no que os cadros orixinais vanse transformando nestes retratos de animais. Algo realmente abraiante! Observamos determinadas características de cadros e participamos activamente na realización dun retrato na que a consigna era que o rostro e o resto do corpo se correspondera cun animal como fixera Svjetlan Junakovic.


Podedes disfrutar das fotos destas actividades http://eduardopondalvigo.blogspot.com/


Crodila e máis eu, tivemos unha idea xenial, como observamos os comezos destras obras de arte, otorgaremos un punto máis a aqueles que expoñan a súa obra, na vindeira semana: do 20 ata o 24 de abril.



Un saúdo lector





xoves, 2 de abril de 2009

Os nosos reportaxes

OS NOSOS REPORTAXES



Con motivo da semana da prensa, os alumnos e alumnas de todo o colexio estiveron traballando coa prensa, analizando determinadas seccións, comparando noticias e algúns tamén convertíronse en reporteiros.




Aquí están algúns deses reportaxes











Luns 09 de marzo de 2.009 NOTICIAS





A HORTA


No noso colexio, o CEIP Eduardo Pondal, temos unha horta ecolóxica, onde plantamos hortalizas, plantas e froitos.
Colaboramos tódolos nenos do colexio e axúdanos a nosa mestra, Teresa.
Pasámolo moi ben plantando nos bancais, alí cultivamos moitas cousas como amorodos, fabas, repolos e espinacas.
Tamén temos que abonar, remover a terra, regala e poñer unha rede antipaxaros para que non coman o que plantamos.
Neste traballo utilizamos moitas ferramentas como por exemplo: o sacho para remover a terra que logo alisaremos co angazo. Se caen as follas das árbores próximas as recolleremos coa escoba de xardín que logo meteremos na carretilla.
REDACTORA - TAMARA MONTES REY - 6º

martes, 24 de marzo de 2009

Carta de Crocaio Semana da prensa,...

BIBLIOTECA CROCAIO

XUNTA DE GALICIA


Ola bibliocolegas!

Estivemos moi pendentes da Semana da Prensa e coma vós, limos varios xornais tranquilamente no vestíbulo do colexio cando todo estaba silencioso.
E que é iso de CONTARTE ? O arte dos contos, o arte de contar contos, contar sobre a arte,... xa nos contaredes.

Estamos pendentes e intrigados coas eleccións á presidencia na clase de educación infantil de catro e cinco anos. Sabemos que todo o proceso electoral está a cargo dos e alumnos e alumnas de sexto .Quen será elexido? Participarán moitos alumnos?

Un saúdo lector

martes, 10 de marzo de 2009

SEMANA DA PRENSA


A PRENSA

Os xornais e as revistas son medios de comunicación escritos, é dicir, preséntanse en papel o usan o texto escrito e a imaxe fotográfica ou debuxada. O uso da palabra prensa para referirnos a estes medios débese á utilización da imprenta na súa elaboración.


Os xornais tamén se chaman diarios, porque se publican tódolos días. As revistas son publicación periódicas (semanais, quincenais, mensuais, etc.) porque se publican con certa periodicidade.


Hai xornais xeralistas, que publican todo tipo de noticias. E hai xornais especializados en distintos tipos de noticias, normalmente, de deportes ou de economía.


A publicidade é unha das maiores fontes de ingresos para os xornais e as revistas.

Nesta semana o alumnado realizará diversas actividades relacionadas coa prensa, convertíndose en auténticos reporteiros: traballando coas imaxes, as seccións, ...

En primeiro lugar presentarvos a nosa Prensa Eduardo Pondal, que está no hall do noso centro, con variedade de xornais.




Para ver máis fotos sobre a hora de ler na semana da prensa podedes ver o blog do colexio.http://eduardopondalvigo.blospot.com
Algúns alumnos/as convertíronse en auténticos reporteiros, escribindo en tres seccións diferenciadas: noticias, ocio e deportes.




mércores, 4 de febreiro de 2009

Inauguración do décimo salón do libro de Pontevedra

O sábado 1 de febreiro tivo lugar no Pazo da cultura de Pontevedra a inauguración do X SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA, coa temática do Amor.
Realizaranse actividades do 1 de febreiro ao 15 de marzo de 2.009.
Resaltar a actuación de Dna Almudena Janeiro o sábado 7 de febreiro as 12.00 h e a continuación as 13.oo h o homenaxe a gran escritora galega Dna Final Casalderrey.
Para que poidan acceder as diversas actividades que se van realizar les facilitamos a páxina web http://www.salondolibro.org/