xoves, 29 de outubro de 2009

PARABÉNS ASTÉRIX E OBÉLIX


XUNTA DE GALICIA
BIBLIOTECA CROCAIO
CEIP EDUARDO PONDAL


OLA BIBLIOCOLEGAS!
Crodila, o pequeno e máis eu estamos ledos por saudarvos.
Canto nos gusta escoitarvos cando por aquí estades, ollando, buscando e descubrindo. E iso que o poñedes difícil, pillabáns e pillabanas que para que non nos enteremos case nin ruído facedes. Sabémolo! aquí non se pode berrar nin molestar, por iso nós decidimos quedarnos aquí para sempre.

Como moitos de vós saberedes hoxe estamos de festa, porque celebramos o 50 aniversario de Astérix e Obélix, os nosos parabéns.





Con tal motivo poñemos a vosa disposición libros desta magnífica colección para a Hora de Ler.
Sabemos que estades facendo a Hora de Ler dende o principio de curso, e isto fainos felices porque disfrutades coma nós de todo tipo de lecturas: banda deseñada, libros de misterio e aventura, contos clásicos, xornais,...

Disfrutade moito cos nosos amigos.

Verémonos mooooooooi pronto.


CROCAIO

Un saúdo lector

luns, 15 de xuño de 2009

Lecturas segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria



AutorTISSERON, SERGE
Editorial:
GRAO EDITORIAL
Año de edición:2.006




GUÍA PARA PADRES - INTERNET - TELEVISIÓN Y EDUCACIÓN.

Vivimos nun mundo dominado polos medios de comunicación. Acompañar aos nosos fillo no descubrimento das imaxes é unha necesidade. Serge Tisseron responde neste libro a unha serie de preguntas que todos os pais plantéanse e que abordan aspectos suficientemente amplos e fundamentais. Propón tamén pistas e advertencias para cos pais e os nenos saquen partido das imaxes e o fagan conxuntamente.




Gramática y Ortografía para Primaria.

Guía clara e moi manexable que sirve de apoio aos alumnos como estudiantes.

Editorial Santillana. ISBN - 978-84-294-7055-0



LOS MEJORES JUEGOS PARA TUS VACACIONES.
Para o cumpreanos de tía Lupa organízáramos unha excursión ao campo con toda a familia Stiltos. Neste libro atopareis moitas ideas para divertirvos durante as vacacións, ao aire libre ou en casa, sós ou en compañía. Unha recopilación de xogos superratónicos...
Autor: Stilton Gerónimo.
Ed. Destino.





Autor: Ángels Navarro i Simón, Sonsoles Llorens.
Ilustradora: Carmen Queralt.
Editorial: Combel
Unha obra moi creativa na que cada páxina plantexa un xogo diferente que debe resolverse empregando o sentido da vista e da imaxinación .





OVOS DUROS.
Autora: Marisa Núñez.
Ilustraciones de Teresa Lima.
Editorial OQO.

A filla pequena dun carboeiro era coñecida pola súa intelixencia, xa que podía resolver os enigmas máis complexos. O rei comportá­base dunha forma caprichosa cos seus súbditos, a miúdo sometíaos a resolver adiviñas e probas, baixo a ameaza de seren castigados. Atraido polo o enxeño da xove, desafíaa a un xogo que, ao resolvelo ela con éxito, cambiará o seu destino. É unha adaptación dunha versión oral magrebí, con variantes noutras culturas e a importan­cia radica na capacidade intelectual desta moza, que foi capaz de abrandar o corazón do rei e volvelo máis humilde.



CANDO ESCOITO O TEU CORAZÓN



María Teresa Puig Calzadilla.
Edicións do Cumio.
Traducción María Lado.
Ilustración: Isao Llorens Ishikawa
Escoitar o corazón doutra persoa é pura maxia, fai que todo cambien nun intre. Lucas aprende da súa nai as cousas nas que fixarse para saber como se atopa unha persoa sen que che diga nada.








EL FINAL DEL VERANO
Stian Hole
Madrid: Kókinos, 2008





El último día del verano
empiezan las preocupaciones
de Garmann, un niño
noruego que ve cómo el
verano se termina y hay que
volver a la escuela. Una
narración poética acompañada
por una gran propuesta
visual sobre algo que está
a punto de acabarse y algo
nuevo que comienza.






LA ESCUELA ESTRAMBOTA
Inma Monsó.Il.: Miguel Gallardo.A partir de 10 años.Nº de pág.: 136.Ed.: RBA-Serres.Barcelona, 2005.
María Camescames y Brutus Castanyer se aburren en el colegio y están hartos de las mismas rutinas. Un buen día se enteran de la existencia de una escuela muy especial, que es todo lo contrario a un colegio normal.

Lecturas para o primeiro ciclo de Educación Primaria

VIDEOJUEGOS, INTERNET Y TELEVISIÓN
Autor: Nessia Laniado y Gianfilippo Pietra
Ediciones Paidós, 2004

Recomendamos este libro para os pais, porque para poder ensinar hai que saber orientar e educar.




Na actualidade, un número cada vez maior de nenos en idade escolar empregan o ordenador de manera cotiá, navegan por internet e adicar varias horas a ver a televisión e os videoxogos. Esta práctica guia ten por obxecto axudar aos paies e reforzar os vínculos afectivos cos seus fillos, manifestándolles o seu apoio por medio dunha actitude comprensiva e unha maior presencia nas súas vidas, proporcionando información moi interesante sobre aspectos que hai que coñecer para poder orientar aos nenos.



RECORTA
Un libro para jugar, recortar y enganchar
Autor/a: Zoo, La

Editorial: Coco Books. S.L.

Esta colección de libros deixa voar a imaxinación. Permite aos nenos sentirse libres e creativos, recortando, rasgando, dobrando e pegados as follas incluídas.











CUENTOS DE MONSTRUOS PARA COMPRENDER, LEER Y DIVERTIRSE.



Escritor: Michel Piquemal, Amélie Sarn y otros. Ilustrador: Frédéric Pillot Traductor: Consuelo Gallego Editorial: SM, Boadilla del Monte (Madrid) (2008)
Entretido libro de contos interactivos onde os protagonistas son os nenos e os monstruos. Cada historia é distinta: unhas explotan os pesadelos, outras o suspense, a tenrura ou a aventura para acabar cos monstruos ou reconduci-los polo bó camiño.


A CASA DE HABÍA UNHA VEZ







Autora: Ana Mª Fernández
Ilustrador: Enjamio.
Editorial: Xerais.

A autora recrea un mundo de fantasía propio da infancia, a través da poesía.



ORELLAS DE BOLBORETA
Autora: Luísa Aguilar
Ilustracións de André Neves
Traducción: Manuela Rodríguez
Kalandraka Editora

Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou regordecho... Ata a característica roáis nimia pode ser motivo de parodia entre uns nenos e outros. Por iso cómpre un libro que lles demostre a todos, tanto aos que dan como aos que reciben algún comentario despectivo, que eses comportamentos son reprobables.







BAJO LAS ESTRELLAS
Autora: SANDRA BARRILARO.
Editorial: Kökinos
Unha nena transita do seu espacio real (unha plaia, en compaña dos seus pais) a un de ensoñación: a eterna isla de “Nunca Jamás”, na que un grupo de muchahos xogan nun río, coas estrelas por testigos,...






SAM MCBRATNEY.
ILUSTRACIONES ANITA JERAN. Kökinos
Tres osos irmáns preguntan continuamente aos seus pais cal deles é o seu preferido. Sempre obteñan a mesma resposta: todos eles son importantes, maravillos e favoritos. Nun texto con abundantes diálogos, encontramoas mensaxes implícitos que transmiten ao neno seguridade e confianza: cada fillo é diferente e isto enrique as relacións da familia.




CLARA NON PARA




Autor : Braulio Llanero
Ilustradora Eíder Eíbar
Editora . Bahía
Clara é unha pequerrecha que non para quieta nin um segundo: preme os botóns da tele, tira as figuriñas da avoa e, cando lle poñen música, non deixa d ebailar. A súa irmá di que é como un bulebule,... Xuntas se divirten unha barbaridade.

Lecturas verán para Educación Infantil



Na actualidade, un múmero cada vez maior de nenos en idade escolar empregan o ordenador de xeito cotidiá, navegan por internet e adican longas horas a ver a televisión e os videoxogos. Esta práctica guía ten por obxecto axudar aos pais a reforza-los vínculos afectivos cos seus fillos, manifestándolles o seu apoio cunha actitude comprensiva e unha maior presenza nas súas vidas e lles proporcina as ferramentas para: comprender cómo inflúen o ordenador e a televisión na mente do neno, coñecer os perigos potenciais que este medios implican, intentar que se convirtan nun instrumento para o seu desenrolo intelectual e emocional, en lugar de potenciar o seu aillamento e saber diferenciar entre o enorme material dispoñible e propoñer aos seus fillos só contidos de calidade.














Josse GoffinBarcelona: MSV, 1991
Libro-xogo imasinativo e sorprendente sen texto. Todo dise a través das imaxes independentes que, en certo modo, relaciónanse entre sí. Ditas imaxes son aparentemente a dobre páxina, pero as follas están dobradas de tal xeito que a ilustración, unha vez desplegada, é aínda maior.





Autor: Zoo, La






Editorial: Cook Books. Libros para pensar.


Libros para disfrutar, participar e descubrir, onde o descubrimento e a imaxinación xogan un papel importante.






Autor: Antoinette Portis.

Editorial: Faktoria K.
Cunhas ilustracións moi sinxelas e un texto corto, concico e divertido, o conto introdúcenos na imaxinación que teñen os máis pequenos e cun óbxecto disfrutamos transformándoa nun sinfín de posibilidades.





UNHA MAN CHEA DE BICOS.
Autor: Antonia Rodenas.


Ilustracións de Carme Solé Vendrell .


Traducción de Mª Xesús Fernández

Edicións Xerais de Galicia.


Kati, a protagonista desta historia, ten unha caixa chea de bicos que vai regalando a
todos os compañeiros. Desta maneira fai que se sentan felices. Pero Diego chámalles
parvos, empúxaos, colle o que quere sen mirar quen o ten… Aínda así, a ledicia dos
demais compartindo bicos de todos os sabores fai que se sinta só e acabará pedindo
perdón e dando tamén bicos de caramelo.





MIRANDO FOTOGRAFÍAS




Autora: Noemí Villamuza





Editorial: Anaya.





Darío senta no sillón e descubro o albúm de fotos familiar. A partir de aquí, el protagonista curioseará na historia da súa familia e indagará sobre a súa propia historia.



ADIVINA CUÁNTO TE QUIERO





Autor: S. MC Bratney.
Ilustraciones: Anita Jeran.
Editorial: Kökinos.

Un libro para medir o cariño . Transmítenos que o realmente importante é expresar o amor que sentimos uns pólos outros, neste caso os pais polos fillos.


D




DON POL E PEQUENO PIN
Autor: Portela, Max


Ilustración: Rodrigo Chao.


Editorial: Bahía.


Don Pol, o vello polbo, non dá creto cando Pin, o cangrexo ermitán, lle pide que o coma, nunca o menú se lle ofrecera de modo tan directo!!A cousa é que Pin anda un pouco deprimido, porque se sente diferente ao resto dos cangrexos, e don Pol trata de animalo con bos argumentos.Pero Pin está deprimido, ou é unha estrataxema para escapar dos tentáculos de Pol??E ata aquí podo contarvos deste precioso conto.





martes, 19 de maio de 2009

Visita ao Museo de Pontevedra

Este venres día 22 de maio, os alumnos co CEIP Candeán e CEIP Eduardo Pondal terán a posibilidade de visitar un dos museos máis completos e interesantes da nosa provincia. Esto é posible grazas a colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, que faise cargo do custe do transporte escolar.




O Museo de Pontevedra é unha institución pública, sen fins de lucro, ó servizo da sociedade e do seu desenvolvemento. A súa misión é formar, conservar, investigar, difundir e exhibir unha colección permanente de obxectos de arte de todo tipo; ofrecer exposicións temporais que inclúan pezas en préstamo, e cultivar e fomentar a arte cos medios adecuados, dirixindo actividades axeitadas que conduzan ó desenvolvemento artístico e cultural da provincia, levando a cabo e participando en actividades de relevancia nacional e internacional.


COLECCIÓN
Dende a súa fundación, o Museo de Pontevedra ten reunido máis de 16.000 pezas entre as que figuran pinturas, esculturas, debuxos, gravados, obxectos arqueolóxicos, moedas, instrumentos musicais, útiles da vida cotiá, mobles, xoias, etc. Estes obxectos permiten coñecer, a través do seu estudo, a evolución da sociedade galega desde os seus inicios máis remotos ata a actualidade.

Castelao foi un dos fundadores deste museo e conta cunha colección relevante, que vos recomendamos visitedes in situ.





A continuación ofrecemos diversas imaxes do museo. Para disfrutar e coñecer as múltiples posibilidades que ofrece entrade no Museo.
As salas coas que conta, o equipo humano e as guías didácticas que elaboran son moi enriquecedoras para todos os que temos a oportunidade de coñecer este museo.

Celebración Letras Galegas





Con motivo das Letras Galegas todos coñecemos a figura do homenaxeado deste ano D. Ramón Piñeiro López, vimos OLLADAS DE RAMÓN PIÑEIRO. A vida de Ramón Piñeiro nunha línea do tempo con datos adicionales de cada data significativa. Elaborada por Julia González G. - Ceip Mestres Goldar. Os recursos das Letras Galegas son moi completos e interesantes, polo que vos remitimos a él. Atrevédevos coa Webquest Pero...¿Quen foi Ramón Piñeiro?, elaborada por Olga Rodríguez Díaz do Ceip Milladoiro- Malpica para o alumnado do 3º ciclo primaria?


Na biblioteca vimos e escoitamos Olladas de Ramón Piñeiro e logo os alumnos de sexto de educación primaria interpretaron varias obras coa frauta doce.








ROSCROCAIO DAS LETRAS GALEGAS


Benvidos a segunda edición do concurso RosCrocaio. Os concursantes, os alumnos de sexto de educación primaria, terán que completar un rosco de vintetrés palabras que teñen que ver coas Letras Galegas e libros galegos da nosa biblioteca.

¡Empezamos xa!


Os alumnos de cuarto de educación primaria fixeron a presentación e elaboraron as preguntas para realizar este xogo de investigación, identificación e coñecementos sobre a nosa cultura, os nosos escritores e ilustradores.




luns, 18 de maio de 2009

Letras Galegas 2.009

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 20 de marzo de 1963, Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega" porque naquel ano celebrábase o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro, libro emblemático que deu prestixio a nosa lingua.


Ata o de agora foron homenaxeados no dia das letras galegas:

1963 Rosalía de Castro
1964 Castelao
1965 Eduardo Pondal
1966 Francisco Añon Paz
1967 Manuel Curros Enríquez
1968 F. López Cuevillas
1969 Antonio Noriega Varela
1970 M. Valladares Núñez
1971 Gonzalo López Abente
1972 Valentín Lamas Carvajal
1973 Manuel Lago González
1974 X. V. Viqueira Cortón
1975 X. Manuel Pintos Villar
1976 Ramón Cabanillas
1977 Antón Vilar Ponte
1978 Antonio López Ferreiro
1979 Manuel Antonio
1980 Alfonso X, O Sabio
1981 Vicente Risco
1982 Luis Amado Carballo
1983 Manuel Leiras Pulpeiro
1984 A. Cotarelo Valledor
1985 Antón Losada Diéguez
1986 Aqullino Iglesia Alvariño
1987 Francisca H. Garrido
1988 Ramón Otero Pedrayo
1989 Celso Emilio Ferreiro
1990 Luís Pimentel
1991 Álvaro Cunqueiro
1992 Fermín Bouza-Brey
1993 Eduardo Blanco-Amor
1994 Luís Seoane
1995 Rafael Dieste
1996 Xesús Ferro Couselo
1997 Anxel Fole
1998 Martin Codax
1999 Roberto Blanco Torres
2000 Manuel Murguía
2001 Eladio Rodríguez
2002 Frei Matín Sarmiento
2003 Antón Avilés Taramancos
2004 Xaquín Lorenzo Fernández
2005 Xesús Lorenzo Varela V.
2006 Manuel Lugris
2007 María Mariño
2008 Xosé Mª Álvarez Blázquez
2009 Ramón Piñeiro López


LETRAS GALEGAS 2.009



A Real Academia Galega adícalle o Día das Letras Galegas do ano 2009 a D. Ramón Piñeiro López polo seu activismo cultural e a súa loita pola cultura e o idioma galego.
Ensaista, cofundador da editorial Galaxia, primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, liderou o pensamento galeguista da posguerra, tamén foi Deputado no Parlamento Galego. Os seus traballos sobre filosofía e pensamento contribuiron decisivamente á normalización do galego como lingua apta para expresarse en todos os ámbitos do saber.


D. RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ foi o home que liderou o galeguismo na segunda metade do século XX.

Unha das súas actividades favoritas, dende moi pequeno era a lectura, como reflexan estes comentarios:


“Eu de pequeno, quería ter tantos libros como estrelas hai nunha galaxia”


“Naqueles catro anos que residín en Lugo podería dicir que descubrín a lectura. Primeiro, igual que os outros nenos, a través de revistas infantís, como Pulgarcito, ou de novelas para rapaces, que mercaba e que logo intercambiaba con algúns compañeiros, despois de lelas”.



















Fomentou a nosa cultura e valorou a tarefa dos mestres, como queda reflexado nesta carta.ç


Compostela, 26-V-86


Sr. Director do Centro Escolar

Póboa de San Xulián

LUGO


Meu querido amigo:

Quero decirlles a todos Vds. que viñen emocionado e fondamente impresionado da visita que fixen a ese Centro. tanto a miña muller, como a Presidenta da "Fundación Penzol", que nos acompañaba, como eu mesmo, sentimos moito non poder continuar ahí unhas horas máis para ter ocasión de faláremos con todos, pro ocurría que tiñamos que estar ás 3 en Lugo. Nós quedamos admirados da exposición de traballos dos alumnos e da actuación que tiveron no programa dos diversos actos que levaron a cabo. Todo ese éxito súpón moito entusiasmo e moito traballo, non só nos protagonistas visibles senón tamén nos profesores que os dirixiron e os prepararon.

Os nosos sinceros e entusiastas parabéns para todos Vds.

Unha forte e cordial aperta de


Ramón Piñeiro


D. ALFONSON RODRÍGUEZ CASTELAO influiu notablemente na vida e obra de D. Ramón Piñeiro López.



Algunhas das súas obras significativas





Para saber sobre a súa vida recomendamos Ramón Piñeiro López, onde poderedes en función dos intereses e idades coñecer máis a fondo ao homenaxeado deste ano, gústalles especialmente aos rapaces as actividades en liña.

mércores, 29 de abril de 2009

Roscrocaio do mes de abril

Con motivo do mes de abril, mes dos libros os alumnos de sexto de educación primaria elaboraron baseándose no xogo Pasapalabro o ROSCROCAIO.
O RosCrocaio é un xogo de identificación, documentación e investigación , para empregar os recursos dos concursantes e os da nosa biblioteca, para este fin cada equipo ten uns axudantes que poderán consultar, investigar e aportar información para que as respostas sexan correctas.
Os axudantes de cada equipo poderán consultar nos distintos andeis os tellolos para averiguar o nome do escritor ou ilustrador dun determinado libro, tamén poderán empregar o ordenador da biblioteca para as súas pesquisas.
No xogo os alumnos de sexto de educación primaria fixeron o RosCrocaio Galego e Castelán aos alumnos de cuarto de educación primaria. Aqui tedes unhas fotos desta actividade na biblioteca.



Para que vós tamén comprobedes os vosos coñecementos aquí tedes as preguntas dun RosCrocaio. Tedes 10 minutos para resolver tódalas letras. MOITA SORTE!!!!

ROSCROCAIO GALEGO:

Empeza por A: acción de abusar de algo ou alguén.

Empeza por B : lanzarse ou facer que unha cousa chegue a un sitio lanzándoa

Empeza por C: banda de terreo de terra preparado para poder ir dun sitio a outro.

Empeza por D : dicir a dous ou máis persoas que deixan de traballar.

Empeza por E : repetición dun son reflexado por un corpo que rebota repetindo a parte final das palabras.

Empeza por F : caixa de vidro ou outra materia transparente, dentro da cual ponse unha luz.

Empeza por G: madeira con forma curva e normalmente puntiagudo nun dos extremos, que serve para prender, agarrar ou colgar algo.

Empeza por H : ser vivo, animal racional que ten máis intelixencia.

Empeza por I: vivenda dos esquimais.

Empeza por L: gran masa permanente de auga depositada en depresións do terreo.

Empeza por M: festa de asar as castañas ao aire libre na época de outono

Empeza por N: sair do ventre da nai

Empeza por Ñ : Nome da décimo terceira letra do alfabeto galego e décima das consoantes.

Empeza por O : Tempo libre en que non hai que traballar

Empeza por P : Casa grande e moi luxosa onde viven persoas da realeza

Empeza por Q : Alimento que se fai coa leite das vacas.

Empeza por R : Nome colectivo dun conxunto de flores.

Empeza por S : Ferramenta utilizada para sachar

Empeza por T : Parede delgada que separa dous cuartos

Empeza por U : Que está ou vai detrás de todo

Empeza por V : Limpa-lo lixo , un lugar ou algo con vasoira

Empeza por X : Fenómeno atmosférico consistente na conxelación das gotas de auga nas superficies á intemperie cando baixa a temperatura de cero graos centígraos.

Empeza por Z : Calzado de coiro ou feltro que se pon durante o día.





Se realmente o conseguiches NORABOA!!

Para comprobar os teus acertos dámoste agora as respotas do xogo.

Abusar. Botar. Camiño. Despedir. Eco. Farol. Gancho. Home. Iglú. Lago. Magosto. Nacer. Eñe. Ocio. Palacio. Queso. Ramo. Sacho. Tabique. Último. Varrer. Xeada. Zapato.


Unha vez concluída a actividade os alumnos leváronse un RosCrocaio Galego e outro Castelán como recordo desta actividade.

Albéniz


Isaac Albéniz (1.860 – 1.909) , fue una persona cálida, encantadora y generosa, con un agudo sentido del humor, lo que le permitió siempre hacer muchas amistades y establecer importantes contactos.
A pesar de su falta de estudios formales fuera del campo de la música, era una persona muy instruida, hablaba varios idiomas y se interesaba activamente por la política y la filosofía.
Aunque contaba con credenciales extraordinarias como niño prodigio y como alumno de grandes maestros, a menudo difundía informaciones contradictorias sobre su juventud entre amigos, periodistas y biógrafos, especialmente en relación con sus viajes a las Américas y sus estudios en Leipzig con Liszt. Por este motivo, la mayor parte de las biografías sobre Albéniz contienen abundantes errores y discrepancias.
Los motivos de inspiración andaluza ocupan una parte importante de su producción como compositor - pese a su nacimiento en Cataluña, su producción de música de inspiración catalana no es tan abundante -. Esto no se obstáculo para que Albéniz fuera un hombre eminentemente catalán, de aquellos que actualmente podríamos denominar "catalán universal".
Entre 1905 y 1908 el compositor español Isaac Albéniz escribió su obra maestra, Iberia, un conjunto de cuatro suites para piano de excepcional complejidad
y virtuosismo.
«Hay que hacer música española con acento universal para que pueda ser entendida por todo el mundo».


Además de conocer algunos aspectos sobre su vida y su música, con curiosidades y ánécdotas, realizamos fundamentalmente dos audiciones didácticas: El puerto y Castilla (seguidillas). En las imágenes que aparecen a continuación son un ejemplo de estas audiciones en el aula de música, con los alumnos de segundo de educación primaria y los de educación infantil













































Se deseais saber más sobre Albéniz os recomiendo: Álbéniz
y también Albéniz
Es muy interesante el Museu de Camprodón