mércores, 4 de febreiro de 2009

Inauguración do décimo salón do libro de Pontevedra

O sábado 1 de febreiro tivo lugar no Pazo da cultura de Pontevedra a inauguración do X SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA, coa temática do Amor.
Realizaranse actividades do 1 de febreiro ao 15 de marzo de 2.009.
Resaltar a actuación de Dna Almudena Janeiro o sábado 7 de febreiro as 12.00 h e a continuación as 13.oo h o homenaxe a gran escritora galega Dna Final Casalderrey.
Para que poidan acceder as diversas actividades que se van realizar les facilitamos a páxina web http://www.salondolibro.org/

xoves, 15 de xaneiro de 2009

Boletín Nadal



CEIP EDUARDO PONDAL
Tendo en conta a próxima chegada das súas maxestades: Melchor, Gaspar e Baltasar, e para axudarlles na súa tarefa, Crocaio e Crodila aportan uns consellos sobre títulos de libros.


DE 3 A 12 ANOS
CONTOS EN CANTOS
Editorial: OQO
Autora: Almudena Janeiro.
Un libro para ler, escoitar e cantar todos xuntos.
Acompaña ao libro un cd coas cancións e un DVD - Karaoke das cancións dos contos





DE 3 A 5 ANOS.






COCORICO
Editorial: OQO
Adaptación: Marisa Núñez.
Cocorico é un poliño que vivía coa súa nai. Un día mamá galiña vai facer un biscoito...


¡A BAÑARSE!
Editorial: Faktoria K . 2.007
Texto e ilustracións: Taro Gomi.
Idiomas: Galego e Castelán.
Álbum protagonizado por un niño disfrazado de león, y también, bajo ese disfraz, ¡de oso! Y luego surge el propio niño.




¡ZAS PUM!
Editorial: Lóguez, 2.003.
Heinz Janish / Helga Bansch
Desde el día en que cayó del nido, ¡Zas Pum! Es lo único que puede decir Segismundo, el protagonista de esta historia entrañable que nos habla de los diferentes, la autoestima y la importancia de sentirse útil a la comunidad



EL GRAN OSO QUE SE TRAGÓ A UNA MOSCA




Combel Editorial. Colección Cu-cú glups. 2007.
Texto e ilustraciones de Trish Phillips. Traducido por Carmen Gil.
Un oso sale a buscar algo de comer, pero la tarea no le resulta nada fácil. Historia encadenada que empieza con la mosca que se quiere comer el oso. Antes de que lo haga llega la lombriz, y des­pués el pájaro y el gato, hasta llegar al animal más grande, que es el que por fin se come a todos. El libro tiene un formato pop-up y en él destaca la imagen de la gran boca del oso con los animales metidos dentro, además de que, gracias a la técnica del desplegable, nos ofrece esta visión en relieve de uno dentro de otro, desde el más grande hasta el más pequeño.




HOLA, MUNDO.
Editorial: Kókinos. 2.003
MICHAEL FOREMAN El oso despierta al niño, a los gatos, perros y demás animales de la granja. Juntos hacen un pequeño viaje, con la idea de ver el mundo. Un álbum que es una invitación para descubrir y disfrutar de todas las cosas bellas que hay a nuestro alrededor.



DE 6 a 8 ANOS


LOBO FEROZ
Ed: OQO
Adaptación: Patacrúa.
Había una vez un lobo tan preguiceiro que por non se esforzas só comía papas de arroz.


LEÓN DE BIBLIOTECA
Ed: Ediciones Ekaré. 2.007
Texto: Michelle Knudsen. Traducido por Carmen Diana Dearden. Ilustraciones de Kevin Hawkes.
¿Qué ocurre cuando el usuario de la biblioteca es un león? El león cumple todas las normas: guarda silencio y a la hora del cuento se sienta tranquilamente a oírlo. Pero un día no le queda más remedio que romperlas y entonces…



MANUEL Y DIDÍ
Y EL HOMBRE DE LAS NIEVES
Ed: Gaviota Junior Texto: Edwin Moser
¿Verán nuestros ratoncitos al hombre de las nieves?
¿Conseguirán escapar del malvado zorro?




A MIÑA VECIÑA ÉCHE UNHA BRUXA

Ed: Rodeira. Texto: Paloma Bordons.
Hoxe veu a nova veciña do ático e… éche unha
bruxa!!


PABLO EL ARTISTA
Ed: Fondo de Cultura Económica. Colección Los especiales de A la orilla del viento. México.D.F. 2.006.
Texto: Satoshi Kitamura. Traducido por Marisol Ruiz Monter.
Pablo, el elefante, quiere participar en una exposición de pintura, pero no tiene demasiadas ideas para pintar un cuadro. Buscará en el campo la inspiración que necesita.




DE 8 a 12 ANOS

La bruja Brunilda y su ordenador

Ed: Blume.
Texto: Valerie Thomas. Ilustrador. Korky Paul.
A la bruja Brunilda le encanta su nuevo ordenador. Todos sus hechizos serán posibles con solo hacer clic con el ratón, así que decide deshacerse de su libro de hechizos y de su varita. Pero, Bruno, el gato, salta sobre el ratón, que no es del tipo que él espera y las cosas se complican.




ORIÓN Y LOS ANIMALES MAGOS.
Ed. Anaya. Colección Sopa de libros.
Texto: Joan Manuel Gisbert.
Ilustrador: Francisco Solé
Orión y los animales magos nos habla de la amistad, del compromiso por defender al amigo, y de la posibilidad de vivir momentos mágicos.





A ESCOLA DOS PIRATAS
Ed: Rodeira.
Autor: Agustín Fernández Paz.
Levaba chovendo sen parar moito tempo, e de súpeto, todo empezou a moverse.



La palabra que se fue de vacaciones


Ediciones Brosquil.
Texto: Vicente Vilana.
Ilustradora: Carmela Mayor.
¿A que no sabéis dónde vienen las palabras cuando las pronunciamos? Pues de un libro grande donde viven todas juntas. De allí salen a trabajar cada mañana para unirse en las frases que decimos. Pero…
¿ Qué ocurriría si alguna de ellas desapareciera de repente?


UNHA RAÍÑA NEGRA
Ed: Edicións Rodeira – Edebé.
Autor: Fina Casalderrey.
Xenxo, o protagonista, namentres vai de excursión cos seus compañeiros, explica por qué leva á formiga Fara na procura dun novo fogar nunha caixa de pastillas.

35 KILOS DE ESPERANZA

Ed: Anaya.
Texto: Anna Gavalda.
Gregorio, un auténtico manitas, es un desastre como estudiante y ya ha repetido curso dos veces. Ante la incomprensión de sus padres, su único refugio es el cobertizo de su abuelo, con quien las horas transcurren volando mientras idean y fabrican todo tipo de artilugios. Sin embargo, cuando lo expulsan del colegio, su mundo empieza a tambalearse.


Os Megatoxos: E a espada esmeralda.
Ed: A Nosa Terra.
Texto: Anxo Fariña.
Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa están a vivir un curso escolar do máis emocionante. Tras desenvolver por accidente estraños poderes, un milleiro de problemas comezan a xurdir nas súas vidas. Na procura dunha solución para a súa mutación xenética, viaxarán desta vez ao medievo, onde atoparán un antigo e misterioso mosteiro no que nada é o que parece.Nesta nova aventura, os Megatoxos deberán medir a súa intelixencia e valor entre códices medievais, nunha biblioteca chea de enigmas e perigos, situación que porá en xogo a súa amizade.


BOAS NOITES

Editorial Xerais. Colección Biblioteca dramática galega. Teatro. 2.007
Autora: Paula Carballeira.

Como a rapaza non prende no sono, coñe­ce entón ás criaturas da noite: Pedro Chosco –que trae os soños– e o Monstro Fedorento ou a Muller do Saco –que carrexan os pesade­los–.

EL SUEÑO DE PIPA
Ed: Anaya. 2.006
Texto: Thomas Docherty.
Traducido por Gonzalo García.
¿Quién no ha querido atrapar un sueño, o quedarse en él? El calcetín es el elemento mágico que inicia el sueño, el hilo conductor de esta tierna historia. En ella, Perro es lo cercano, aquello que a veces por tener tan cerca no vemos. Pipa es la niña que sueña y vive sus sueños.
Es un libro, para soñar con él , para leer y contar.

ESPERAMOS QUE DISFRUTEIS MUCHO LEYENDO ESTOS U
OTROS LIBROS EN CUALQUIER MOMENTO O LUGAR.

Crocaio e Crodila.

xoves, 8 de xaneiro de 2009

Carta de Nadal de Crocaio

XUNTA DE GALICIA
BIBLIOTECA DO
C.E.IP. EDUARDO PONDAL




Ola bibliocolegas!

BRRRRRR! QUE FRÍÍÍÍO! Case non podemos asomar o nariz polo frío que vai! Tivemos que abrigarnos moitísimo, sobre todo, polas noites.
Comprobamos que participades nas actividades suxeridas por nós. Isto dannos unha grande SATISFACCIÓN e tamén traballo, pois temos que poñer os puntos nas vosas libretas e coma nós soamente somos dous,... digo tres, lévanos o seu tempo.
Nós quixemos facer unha árbore de Nadal pero era moi difícil. Estivemos collendo ideas e admirando os vosos traballos, transmitíronnos o amor e a maxia coa que estaban feitos. Coa axuda especial de Crodila, a súa cría e máis eu construímos a seguinte árbore. Esperamos que vos guste! Está adicado a todos vós: ¡BIBLIOCOLEGAS!


Que ledicia coa HORA DE LER, hai varios rapaces/rapazas que entenden perfectamente en que consiste. É un tempo de LECER, de disfrutar mirando, lendo e compartindo en silencio diferentes lecturas. Sabemos que varios compartides cos vosos compañeiros os vosos gustos e lles recomendades ler unha anécdota, un fragmento ou un libro enteiro co que pasáchedes momentos fantásticos. ¡ ASÍ SON OS AUTÉNTICOS BIBLIOCOLEGAS!
Xa vimos que estades elaborando as postais nas clases para felicitar estas festas a todos os que vos rodean e por suposto a nós. Temos tantas ganas de ve-los que decidimos darvos OUTRO PUNTO para a vosa libreta.
Estivemos mirando moitos libros e falando con amigos doutras bibliotecas para axudarlle un pouco aos Reis Magos, que sabemos están moi atarefados nestas datas. Vos enviaremos unha carta na que ademais de libros vos informamos da próxima MARATÓN LITERARIA que realizaremos á volta do Nadal. Traede os vosos Libros de agasallo para realizar a exposición.

CROCAIO e CRODILA

BO nadal

venres, 21 de novembro de 2008

Escoitar contos un dereito da infancia





ESCOITAR CONTOS





UN DEREITO DA INFANCIA

Declaración universal do dereito a escoitar contos


 Artigo 1: As nenas e os nenos, sen distinción de etnia, idioma ou relixión, teñen dereito a escoitar os máis fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.

 Artigo 2: Os nenos e as nenas teñen pleno dereito a pedir aos seus pais que lles conten contos.

 Artigo 3: As nenas e os nenos que por calquera razón non teñan nas súas casas a ninguén que lles conte contos, teñen absoluto dereito a pedir á persoa maior da súa preferencia que llos/llelos conte, sempre e cando esa persoa maior demostre que o sabe facer con amor e tenrura que é como se contan os contos.

 Artigo 4: Os nenos e as nenas teñen dereito a escoitar contos sentados nos xeonllos dos seus avós e avoas.

 Artigo 5: As nenas e os nenos teñen dereito a que nas súas escolas lles conten contos para poder gozar cos iguais deixando voar a fantasía.

 Artigo 6: Os nenos e as nenas teñen dereito a coñecer a Andersen, Beer, Lionni, Machado, Lorca, M. Hernández.... e moitos máis.

 Artigo 7: As nenas e os nenos teñen pleno dereito a coñecer as fábulas mitos e lendas do seu país e do resto dos países do mundo.

 Artigo 8: Os nenos e as nenas teñen dereito a inventar e contar os seus propios contos, así como a modificar os xa existentes creando a súa propia versión.

 Artigo 9: As nenas e os nenos teñen dereito a esixir contos novos. As persoas maiores están obrigadas a nutrirse permanentemente de novos e imaxinativos relatos, propios ou non, con ou sen reis, fadas príncipes e princesas, longos ou cortos....O único obrigatorio é que sexan fermosos e cativadores; e, para tal mester, están no libre dereito de facer uso das Bibliotecas Públicas, tesoureiras de contos onde as haxa.

 Artigo 10: Os nenos e as nenas teñen dereito a pedir outro conto e a demandar que se lles conte o mesmo conto todas as veces que o seu anhelo o necesite, sen que o demandado faga agravio a tan eloxioso empeño.





 ARTIGO FINAL: Todos os nenos e todas as nenas teñen dereito a crecer coa compañía de bruxas, de fadas, de duendes, de piratas, de reis e princesas, de xigantes e dragóns, de ogros, de homes do saco, de zapatos máxicos e castelos encantados...E do inmortal " Había unha vez. ". frase máxica e preciosa que abre as portas da imaxinación no sendeiro cara aos máis fermosos sonos da infancia.




Así que, maiores e pequenos: Aplíquense a lección:

e conten uns, escoiten outros,

e gocen todos da experiencia.

martes, 4 de novembro de 2008

Celebración do Samhaín


Como xa aprendíchedes estes días atrás os nosos ancestros crían que no Samhaín remataba o ano e que ademáis era unha noite moi especial… a diferencia do resto dos días do ano, a porta entre o mundo dos vivos e dos mortos abríase permitindo que os espíritus amorosos dos nosos antepasados nos visitasen para axudarnos, recordando as persoas queridas que xa non estaban conosco con amor e respeto.

O colexio encheuse de cabazas talladas, coa participación de todas e todos vós e as vosas familias: avós, pais, ... de debuxos.





Os rapaces e rapazas de terceiro de educación primaria tamén fixeron a representación-cantiga de Corre corre, cabaciña, pertencente o libro Contos en Cantos de Almudena Janeiro.

venres, 31 de outubro de 2008

Grazas, John



Moitas grazas John, tivemos a sorte de contar contigo nas actividades de inaguración da nosa biblioteca este curso. Cremos que o pasaches tan ben con nós coma nós contigo. Nunca te esqueceremos, por iso seguiremos en contacto contigo e os teus estudiantes. Seguro que Crocaio, a mascota da nosa biblioteca, algo tamén nos contará de ti e o teu pais

Bicos para os teus rapaces e rapazas de Sheffield de todos os bibliocolegas do noso colexio.


See you soon.

Hora de Ler


O vindeiro martes comezaremos coa hora de ler, co lema

LER DE MEDO. Todos disfrutaremos tódolos días coa lectura elixindo o que desexemos.


Será estupendo !

CROCAIO

venres, 24 de outubro de 2008

Saúdo e carta de CROCAIO

XUNTA DE GALICIA
BIBLIOTECA DO
C.E.IP. EDUARDO PONDAL

Ola bibliocolegas!

Confeso que xa os botaba de menos. Canto me gusta escoitarvos cando por aquí estades, ollando, buscando e descubrindo. E iso que mo poñedes difícil, pillabáns e pillabanas que para que non me entere case nin ruído facedes. Xa sei! Xa sei! que aquí non se pode berrar nin molestar, por iso decidín quedarme aquí para sempre.

Aínda así entereime, nun dos meus paseos as agochadas, de que hai moitas novidades pola nosa biblioteca. Non tedes máis que ver para Crodila , É DE MEDO O QUE MEDROU! E xa con crías!. Teriades que vela como sentada nese trono máxico desfruta ensinándolles novos contos, historias e aventuras. E sempre que algún ocupa o seu lugar favorito quédase ao pendente e moi atenta para que nada se lle escape e así logo correr a contarllelo aos seus.

Otra novidade, moi ben non o sei, é algo que lle din HORA DE LER. Pregúntadellelo ás vosas mestras, creo que só se trata de iso de LER, case nada.

Tamén falaron de algo de bibliotequeiros e bibliotequeiras, seguro que ten que ver con vos.

Ademáis déixovos novos carnés, algunha carpetas e os puntos de lectura e o noso himno, que xa ten 100 anos, nun póster xigante por se algunha vez vos esquecedes de el.

Por último entereime que vos tocará aforrar.
Teredes libretas onde puntos gañar.

Trátase de que cada vez que participades nunha actividade

puntos gañaredes
e á vosa conta os sumaredes.

Logo, ao final, poderédelo gastar
nunha tenda “libreira”
que no cole haberá.
CROCAIO

un saÚdo lector

xoves, 23 de outubro de 2008

SABEDES A NOVA ?



Eu sei que aínda está que ferve o libro que editou Almudena Janeiro: CONTOS EN CANTOS, cun encanto especial. É un libro coeditado por PAI Música e OQO, cunhas músicas e letras moi variadas e preciosas.

Almudena está percorrendo diversas localidades galegas presentándoo en concertos, nos que todos disfrutamos.
Se bos tamén queredes pasalo ben podedes escoitar o cd ou cantar co o karaoke que acompaña ao libro.
Son contos con moito conto e con moito encanto aos que ela adicoulles unha canción, quen non se lembra da cabaciña que corre ou dun tal Paco Papán e así ata un total de 13 historias engaiolantes.

martes, 22 de abril de 2008

Xogo da pirámide

Sabes que alimentos debes xantar?

Se queres un desafío, xoga coa pirámide dos alimentos que Conchi Barreiro nos deixou como agasallo. Grazas Conchi!

Estade atentos porque a min e a Crodila, escurríansenos os alimentos... e é que as nosas patas aturúllanse co rato.

Esperamos que disfrutedes e que teñades máis sorte ca nós!

XOGA!!!

La Cocina Encuentada

Recoméndovos esta páxina, na que combínanse contos, receitas, e outras actividades, que deberiades ver e saborear por vós mesmos. Crodila e eu xa o fixemos!!!

MMmmmm....

domingo, 20 de abril de 2008

Carta de presentación de Crocaio na semana do libro

Cóntovos que esta semana e coincidindo que o 23 de abril é o día do Libro, seguro que sabedes porqué, temos grandes novidades.

Ademáis da exposición da biblioteca e dos pasillos do cole sobre a arte e a alimentación sá, está semana faremos un montón de cousas especiais, das que eu vos adiantarei polo menos dúas.
  • A PRIMEIRA: "Un libro e unha froita".
Durante toda a semana cada vez que levedes un préstamo do meu recuncho tamén recibiredes unha fresca e fermosa froita coa que vos podedes deleitar, aínda que non creo que vos gusten tanto coma min. Direivos que vin: amorodos, tanxarinas, mazás, nísperos, prátanos... QUE DIFÍCIL ELEXIR! Creo que á noitiña, e antes de que se adiante Crodila, probarei algunha.

  • A SEGUNDA: "A froita animada"

Ademáis de comelas gústame miralas. "QUE BONITIÑAS SON! " de modo que, se me traedes debuxos divertidos delas ou atopades algunha ilustración, podedes levar dous libros de préstamo no canto de un. Para animarvos ensínovos algunhas que atopei eu nunha noite de rolda pola biblioteca, seguro que hai moitas máis.

Prométovos que todos os debuxos que traides terán aquí o seu recunchiño.


Comunicámonos pronto. CROCAIO



luns, 7 de abril de 2008

ABRIL MES DO LIBROS
Preparádevos este venres...
A BIBLIOTECA VAI ESTAR QUÉ FERVE:
Teremos animais maxifantásticos.
Contacontos de alumnos e mestres.

xoves, 3 de abril de 2008

Preséntovos a CRODILA!





Supoño que xa coñecedes á miña amiga, Crodila.

Ela é moi fotoxénica,

e coqueta....

só hai que vela!



Canto lle gustaron os libros que trouxestes polo Nadal...(A MIN TAMÉN, linos todos!)

e... cantas fotos fixo grazas a todos vós!












Agasallos de libros no Nadal

Envieilles unha carta a todos os alumnos e alumnas do centro, para realizar unha exposición cos libros que recibiron no NADAL...esperade a ver que fixen mentras non mirabades...

mércores, 26 de marzo de 2008