mércores, 29 de maio de 2019

5 de Xuño Día Mundial do Medio Ambiente

Compartimos esta estupenda montaxe do IES A Sangriña para lembrar o Día do Medio Ambiente na que A LOITA CONTRA A CONTAMINACIÓN DO AIRE
 será a protagonista deste ano. 
Será China o país organizador das celebracións porque aproximadamente 4 millóns de persoas morren cada ano a causa da contaminación do aire en Asia.
O Día mundial do medio ambiente 2019, insta aos gobernos, á industria, ás comunidades e as persoas de todo o mundo a unirse para buscar solucións a través das enerxías renovables e as tecnoloxías sostibles.

 

Coidar os bosques, plantar árbores, evitar a contaminación, defender a natureza: 











luns, 27 de maio de 2019

VI Quedada Literaria de Castrelos

No parque de Castrelos de Vigo, xuntámonos hoxe para compartir lecturas os coles de Vigo , un de Porriño o CEIP da Ribeira e o alumnado da ESO do  IES San Tomé que actuaron como contacontos. Fomos en total   un milleiro de alumnado dos coles:
CEIP Frián Teis - CEIP Emilia Pardo Bazán - CEIP O Rocío - CEIP O Pombal - CEIP Carrasqueira -CEP Doutor Fleming - CEIP Eduardo Pondal - CEIP Seis do Nadal - CEIP da Ribeira - CEIP Chans Bembrive - CEIP Castelao - CEIP Ria de Vigo - EEI Rúa Aragón - IES San Tomé
ORGANIZAN e COLABORAN: Concellería de Normalización Lingüística ,Concellería de Educación  e a Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas 
Unha fermosa mañá, cunha perfecta organización!


BEA CAMPOS E IAGO lÓPEZ ANIMARON O FIN DE FESTA:











venres, 17 de maio de 2019

Letras galegas 2019






                               






Arriba pobo galego!
Arriba lingua galega!
Que si morre a nosa fala,
non hai pobo nin hai terra!
                Darío X. Cabana- Romance: Historia da lingua galega


mércores, 15 de maio de 2019

Día das letras Galegas 17 de Maio

Lemos e falamos en GALEGO! Celebrarémolo con apadriñamentos lectores e un acto na Biblioteca de lembranaza de Antonio Fraguas, persoeiro ao que se lle dedica este ano o día.Tamén faremos unha pequena historia da lingua galega e leremos textos do escritor. Veremos as montaxes e cantaremos o himno galego.
 

luns, 13 de maio de 2019

Antonio Fraguas: LETRAS GALEGAS 2019

Cada 17 de maio,  celebramos que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propia.
 A Real Academia Galega elixiu nesta ocasión un home que traballou arreo para difundir os tesouros que herdamos dos galegos e galegas que nos precederon: a lingua e a cultura popular. A súa vida é un exemplo de paixón polo coñecemento e polo país.
FAI CLIC nas imaxes e xoga  para saber máis


Ficha colorear

Antonio Fraguas foi un galeguista, un defensor de Galicia e dos dereitos da súa cidadanía.



Fraguas foi un dos grandes valedores da cultura popular, herdanza que cada xeración lle transmite á seguinte para axudarlle a interpretar o mundo.

Un dos vellos soños do galeguismo era a creación dun museo que recollese a singularidade cultural de Galicia.Preme na imaxe para saber máis do MUSEO DO POBO GALEGO


Fraguas e as BIBLIOTECAS

A formiga fóra do carreiro

A formiga quería vivir novas experiencias, estaba aburrida da mesma rutina de sempre, andar no carreiro buscando comida coas súas irmáns e por iso marcha en busca do seu destino...No camiño atóp cunha araña famenta que a quere papar pero ela non sabe que a araña é un mal bicho e para que non se achegue á súa arañeira é advertida polas moscas aviadoras e as pulgas malabaristas do gran circo das estrelas...¿Atopará a formiga o seu destino? ¿Volverá ao carreiro onde tiña a comida asegurada?¿Será papada pola araña famenta?
Este é o argumento da obriña de teatro que o alumnado de 5º e 6º representou con gran acerto hoxe no auditorio do Concello de Vigo.repetiremos función no festival de fin de curso para todas as familias.




 Compartimos función e puidemos admirar as obras que prepararon os coles Javier Sensat e Pintor Laxeiro:
 E como no recibimos  noraboa do Señor Alcalde  Abel Caballero:
 E recibimos cadanseu diploma:
 Parabéns rapaces e rapazas!!