domingo, 24 de febreiro de 2019

Poemas musicados de Rosalía na Biblio Crocaio para lembrala no seu día

Ambiente de escoita musical e de respecto pola figura de Rosalía de Castro no seu día.
Despois do traballo de aula, xuntámonos para un acto colectivo no que cada curso foi recitando  ou cantando o seu poema de homenaxe despois de escoitar a súa biografía narrada polo alumnado de 6º curso.
    3 e 4 anos: O Moucho
                           
4º-3º: Negra Sombra

5º: Onde hai homes hai pesares


 5 anis:Adios ríos adios fontes


6º: Un repoludo gaiteiro
E coñecemos a lámina de Abi Castillo que nos gustou moito, moito!
Resultado de imagen de abi castillo rosalia

mércores, 20 de febreiro de 2019

xoves, 14 de febreiro de 2019

Mamás contadoras

Eva, a mamá de Lucas de Infantil de tres anos veunos visitar xa dúas veces para contar dous estupendos contos aos nenos e nenas da aula de infantil. Moitas grazas mami, volve cando queiras!









Animádevos  máis  mamis, papis, avoas, avós...
Sempre seredes ben recibidos, e contaredes cun público excepcional e agradecido, podedes contarnos contos, experiencias, fantasías, ou ler contos da Biblio Crocaio!!

Os martes conto

martes, 12 de febreiro de 2019

CONTO : UN SEGREDO NO BOSQUE

Para escoitar, ler  e contar o día 14 de febreiro:
UN SEGREDO NO BOSQUE da editorial OQO, escrito por Javier Sobrino e ilustrado por Elena Odriozola




Mirade que versión tan chula fixeron os nenos e nenas do CPI Cabo da Area:


E logo, ti tamén neste día 14 de febreiro: dillo!

A muller na Ciencia

Acaba de saír  Pioneiras 2 


de Xerais



Galegas que abriron camiño. 

Coincidindo co día das mulleres na ciencia xa podemos disfrutar da lectura do segubdo tomo de Pioneiras.

Son fotógrafas, arquitectas, mestras, políticas, actrices, astrónomas, aviadoras... O segundo volume de «Pioneiras. Galegas que abriron camiño» fala de máis mulleres donas de si; galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan ás novas xeracións.
As súas ilustradoras merecen unha mención, son Anaïr Rodríguez e Abi Castillo.
 https://blog.xerais.gal/2018/anair-rodriguez-as-mulleres-de-pioneiras-demostraron-unha-capacidade-extraordinaria-para-conquistar-espazos-sociais-porque-o-tinan-todo-na-sua-contra/


 https://www.xerais.gal/autores.php?tipo=ilustradores&id=100129353

sábado, 9 de febreiro de 2019

24 de febreiro Día de Rosalía de Castro

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro. (Preme na foto para saber máis da súa vida e obra)
Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.
Para a edición de 2019 Ana Romaní é a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, que terá lugar o propio domingo 24 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. 
Para o ensino , propón que,  despois de facer un repaso da figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa da súa obra, para o venres 22 de febreiro a realización dunha Mani-FESTA-acción simbólica arredor de versos escollidos:
Cad titoría elixe uns versos de Rosalía que recitaremos nun acto na súa homenaxe na Biblio Crocaio







Estas son os poemas que recitaremos por aula e ao rematar, entre todos entonaremos este Maio longo, que nos canta Uxía: