mércores, 24 de xaneiro de 2018

obradoiro de lectura de xaneiro

Cada alumno e alumna recomendaba un dos seus libros favoritos aos demais, lendo un fragmento entretido superior a 25 liñas:
A profe recomendou:
La lección de August  de R. J. Palacio, publicado por Nube de Tinta, dunhas 400 páxinas.
Conta a historia dun neno de 10 anos August Pullman que naceu cun transtorno xenético polo que sempre se sentiu discriminado.
A historia está contada polos distintos personaxes que aparecen no libro e cada un dá a súa persoal visión da mesma historia.
Moi recomendable tamén a película, aquí tedes o trailer:

sábado, 20 de xaneiro de 2018

30 de Xaneiro Día escolar pola Paz e a non violencia

O día 16 de xaneiro Martin Luther King cumpliría 89 anos, pero morreu asasinado en 1968 cando a súa loita pola igualdade de negros e brancos era recollida e respaldada por millóns de persoas en Norteamérica. A súa mensaxe foi merecedora do Premio Nobel da Paz de 1964, sendo recoñecido como o principal militante da NON VIOLENCIA contra a discriminación racial e contra a lexislación americana que a permitía.
Crocaio preséntavos un libro no que a protagonista é unha muller negra Rosa Parks, que representa a loita polos dereitos os negros:
A canción que cantaremos no día da paz, todos xuntos será:
E para comprobar como é de grande o mundo e tamén como hai nenos e nenas que loitan duramente polo dereito a ter unha educación, unha formación que lle permita ter as mesmas oportunidades veremos este documental que conta os perigros e adversidades que atopan cada día estes nenos e nenas só para poder ir á escola. É algo longa pero moi entretida e sobre todo conmovedora porque nos fai pensar nas desigualdades que existen según onde un nace.

Os martes de contacontos voluntarios

Tamén preparamos as visitas dos autores cos libros de nadal:






Contacontos de 5º en 1º curso :

venres, 12 de xaneiro de 2018

Visitamos o aeroporto de Peinador

Hoxe tocou dentro do noso proxecto das Viaxes visitar o aeroporto da nosa cidade: PEINADOR. Alí, a pesar da baixa temperatura, fomos moi ben recibidos e guías, bombeiros, conductor e mesmo o cetreiro que podedes ver no vídeo co seu falcón femia, fixeron un gran traballo para mostrarnos con entusiasmo o aeroporto e a misión de cada un deles alí.

mércores, 10 de xaneiro de 2018

Visita a exposición Pergameo Vindel

O martes día 9 de febreiro , os cursos de 5º e 6º visitamos o Museo do Mar, na Avenida Atlántida de Vigo para ver oa exposición do Pergameo Vindel que estará ata o mes de marzo. Estupenda visita guiada na que, despois de visitar por libre as diversas salas do museo, unha guía nos acompañou pola sala do pergameo e nos foi informando da historia dos obxectos medievais que, ademais do pergameo, forman a exposición.