martes, 31 de outubro de 2017

6º xa son CIBEREXPERTOS

Rematamos o curso de formación de dez horas de duración e o alumnado de 6º curso xa é CIBEREXPERTOS.
Xa sabemos de identidade dixital, netiqueta, grooming, sexting, contrasinais seguras, adicción a internet e móbiles...Agora sentímonos máis seguros. Escoitamos moitos exemplos  reais de casos, de problemas, da man de Luis, o policía nacional que nos acompañou estes dez días e coa axuda dun Power Point nos ía introducindo temas moi interesantes, despois faciamos un test cada día e o derradeiro día foi un examen para lembrar todo aprendido. Moi interesante!

Moitas grazas Luis pola túa amabilidade!

mércores, 25 de outubro de 2017

Fertival de Cine de Ourense, premio ao mellor guión: CEIP EDUARDO PONDAL DE VIGO!!

  Aquí tedes o momento no que nomeaban ao cole para recibir o premio no festival de cine de Ourense. A curta "Árbores no camiño", realizada polas profes e nenos e nenas de Educación Infantil hai dous cursos foi premiada ao mellor guión , nada menos que entre 74 traballos  presentados. 
Que emoción!
Recollemos o premio:
:


Podedes ver máis fotos na montaxe feita pola profe Ángeles Formoso:

venres, 20 de outubro de 2017

24 de outubro "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"

Por fin chegou o GRAN  día da BIBLIO CROCAIO, o día das Bibliotecas, con inauguración oficial na que poñeremos a andar os préstamos e as mochilas e bota a andar o proxecto anual que ten a Biblio como base Este ano daremos a volta ao mundo con Crocaio: VIAXAREMOS!!
As viaxes, porque coa axuda dos libros podemos ir a calquer lugar: a países arredor do mundo, a planetas distantes, ao futuro, ao pasado, podemos penetrar nos misterios da natureza e mesmo chegamos a explorar o corazón dos outros. Só temos que abrir un libro!


ACTIVIDADES que comezaremos na hora de ler:
XIMCANA DE XOGOS: Lectura = Aventura. 
Repartidos en oito grupos de todas as idades pasarán por oito probas relacionadas coas viaxes
 na que demostrarán habilidades
1- Destreza manual, farán cadanseu barco de papel.
2.-Destreza física, percorrerán un labirinto no que subirán montañas, atravasarán pontes...
3-Habilidade lingüística, Xogo:De América chegou un barco cargado de.....
4-Rapidez e habilidade lingüística: O tren das palabras, xogo das palabras encadenadas.
5-Destreza visual: Puzzle do mundo
6-Memoria:  refrán de Cervantes: "O que le moito e viaxa moito ve moito e sabe moito"
7-Destreza no uso da Biblioteca: Buscarán o autor do libro "Unha viaxe inesperada"
8-Proba de atención na que deberán recoñecer oito monumentos e asocialos co seu nome.

Cada un leva un PASAPORTE LECTOR que irán enchendo de selos según vaian facendo as probas.
Ao rematar faremos un acto colectivo na Biblioteca no que veremos o vídeo La Huella de Bubisher
Con este vídeo viaxaremos ata o Sahara en África para coñecer a realidade de outra biblioteca,  o BUBISHER, o bibliobus que percorre os pobos refuxiados do deserto do Sahara levando libros e ilusións aos nenos e nenas e co que colaboramos hai anos enviando un libro para facer unha biblioteca fixa.
Despois escoitaremos unha canción infantil popular africana á flauta e cantada polo alumnado de sexto curso:

A continuación repartimos os carnés, carpetas, mochilas viaxeiras e agasallos a cada alumno e alumna.
Viaxaremos á China :
Remataremos coa canción das Maimiñas AS MAIMIÑAS NA MURALLA que practicaron na clase e que pertence ao CD Unha volta polo mundo destas cantantes que no ano 2014 estiveron na Biblio Crocaio e pasámolo xenial con elas.
Tamén repartiremos ás familias unha GUÍA DE USUARIOS para que coñezan horario e funcionamento da Biblio Crocaio e se animen a visitala.
A inauguración será o día 26 xoves xa que o propio día 24 o alumnado de 5º e 6º acudirá á Gala do Festival de Cine OUFF de Ourense.

xoves, 19 de outubro de 2017

Gala dos premios do Festival de Cine Internacional de Ourense

O vindeiro martes 24 de outubro o alumnado de 5º e 6º asistiremos á entrega de premios do FESTIVAL de CINE INTERNACIONAL de OURENSE, convidados pola participación coas dúas montaxes realizadas polo noso cole:
"A guitarra máxica" o  curso 16-17 e "Árbores no camiño" o curso 15-16.
 Estamos moi contentos de poder asistir a este evento xa que o cine foi o proxecto anual do curso pasado durante o cal ademais de actores e actrices, realizamos todas as tarefas relacionadas co feito de realizar unha película e como colofón deste proxecto asistiremos á gala de entrega de premios e posiblemente teremos algunha mención polo noso traballo.
O Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF, siglas que pertencen ao acrónimo Ourense Film Festival) presenta anualmente unha selección das produccións cinematográficas e audiovisuais máis innovadoras e destacadas de Galicia, Europa e o resto do mundo. Recibe cada ano traballos procedentes de moitos países , de temáica comprometida e formas innovadoras.
Con motivo desta viaxe deberemos pospoñemos a inauguración da Biblioteca para o xoves 26, aínda que nos lembraremos de que o martes 24 celebrase o Día das Bibliotecas Escolares.
Preme para volver a ver Árbores no camiño:
http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/rbores-no-camino-ceip-eduardo-pondal